Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 18

Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34

Conversión de artigos a PDFEditar

Ola! Conversando cuns amigos sobre as wikipedias castelá e galega, comentáronme que unha das vantaxes que consideran máis significativa da española é que dá a posiblidade de convertir os artigos a formato PDF, o que lles resulta moito máis cómodo para gardalo ou imprimilo (por exemplo, permite seleccionar moi doadamente as páxinas que se queren imprimir, o cal na nosa "versión para imprimir" fáiselles moito máis difícil). A verdade é que estiven facendo probas agora e levan razón. Podemos nós tamén crear esa posibilidade? Eu non teño nin idea de como facelo, pero se alguén sabe penso que sería bó. Esta é, en definitiva, a miña proposta. Saúdos!--Paradanta 13:44, 2 de xullo de 2010 (UTC)

  • Ata onde eu sei, esa posibilidade tan só está dispoñible nas dez wikipedias máis grandes. Conste que a min tamén me parece unha boa funcionalidade. De feito, podo dicirvos que a exportación en PDF forma parte dunha característica coa que tamén se poden crear libros personalizados da Wikipedia. É dicir, ti creas un libro coas páxinas e artigos que queiras e logo pódelo descargar ou mesmo pedilo impreso e que cho manden á casa. Pero, como digo, isto só está ao alcance das dez grandes wikipedias; a activación disto non depende de nós, como o recente cambio da nosa interface (e a do resto). As wikipedias máis pequenas teremos que agardar, aínda que coido que a curto/medio prazo non será posible (non teño nin idea de se a Fundación Wikimedia está cavilando esta posibilidade). Tedes máis información en: Help:Books. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15:33, 2 de xullo de 2010 (UTC)
Mágoa! Pois que haberá que medrar e medrar...a ver se algún día..:-(--Paradanta 17:27, 2 de xullo de 2010 (UTC)
Não sei se ajuda, mas tem a opção de copiar o conteúdo de uma página daqui para uma subpágina da sua página de usuário em uma das maiores Wikipédias e uma vez que o conteúdo esteja lá, pode usar a ferramenta. Helder 01:27, 5 de novembro de 2010 (UTC)
Boas, estiven revisando varias páxinas relativas a este tema e, polo que parece, pode solicitarse en Bugzilla tal como me comentaron eiquí, despois de ter sido discutido na wiki. Esta ferramente permite crear libros con grupos de artigos e descargalos en formato PDF ou OpenDocument e tamén convertir os artigos a formato PDF.
Ó principio haberá que facerlle algúns axustes para configuralo pero penso que pagará a pena. Si tedes algunha dúbida tentarei contestala ou buscar máis información ó respecto.
Supoño que todos estamos dacordo en que esta ferramenta pode ser bastante útil pero que quede reflexado nunha votación tampouco está de mais, así que eu:
  1.   Concordo --Elisardojm (conversa) 00:59, 8 de novembro de 2010 (UTC)
  2.   Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:04, 8 de novembro de 2010 (UTC)
  3.   Concordo --Adorian (fálame) 09:12, 8 de novembro de 2010 (UTC)
  4.   Concordo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 09:30, 8 de novembro de 2010 (UTC)
  5.   Concordo, claro!--Paradanta (Cóntame) 10:11, 8 de novembro de 2010 (UTC)
  6.   Concordo. E creo que non facía falla a votación. É evidente que se trata dunha ferramenta fantástica. Eu, por exemplo, imprimín pdfs a esgalla (de en.wiki) este verán cos artigos das cidades que quería visitar nas miñas viaxes. Ese é un de tantos usos. --Atobar (conversa comigo) 11:18, 8 de novembro de 2010 (UTC)
  7.   Concordo--Beninho 12:34, 8 de novembro de 2010 (UTC)
  8.   Concordo. --Toliño Fala aquí comigo 13:54, 8 de novembro de 2010 (UTC)
  9.   Concordo--Cheluco 14:56, 8 de novembro de 2010 (UTC)
  10.   Concordo--Xa me está tardando. --Servando2 (Dime) 00:02, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Feita a petición en Bugzilla, agora hai que agardar e logo a ver cómo funciona. Mentras vou ir traducindo as páxinas de axuda, as plantillas e categorías que hai en en:. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:15, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Boas novas! Xa está listo e funcionando o creador de libros e mais a exportación en PDF. --Toliño Fala aquí comigo 12:34, 13 de novembro de 2010 (UTC)
  • Fabuloso. --Atobar (conversa comigo) 12:46, 13 de novembro de 2010 (UTC)
  • Desde logo, unha marabilla que dá uns resultados espectaculares. Noraboa a tódolos que o fixéchedes posible. Unha observación: non me parece moi propio iso de "renderizando", "renderización", "renderizado". ¿Non sería máis correcto "convertendo", "finalizou a conversión", etc.? Pedro --Lameiro (conversa) 14:16, 13 de novembro de 2010 (UTC)
  • Parabéns ós artífices. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:46, 13 de novembro de 2010 (UTC)
  • Estupendo! Xa lle podo dicir aos meus amigos que xa non teñen excusa, que na Galipedia xa hai conversión a PDF tamén! Teño que dicir que o de renderizando tampouco me gusta moito, non atopei o verbo renderizar en ningún dos meus dicionarios (Xerais e Ir Indo) nin no VOLGA. Paréceme máis acaído convertendo ou algo polo estilo. Saúdos!--Paradanta (Cóntame) 12:32, 16 de novembro de 2010 (UTC)
As traducións veñen do inglés, onde teñen render, rendering etc. en todas as mensaxes. Paréceme normal que non aparezan estes termos nos dicionarios. Se así se desexa, pódense cambiar as traducións. --Toliño Fala aquí comigo 17:00, 16 de novembro de 2010 (UTC)
  • Unha curiosidade: cantas das 276 linguas contan con esta ferramenta a día de hoxe? Alguén ten o dato por aí? Graciñas --Atobar (conversa comigo) 17:08, 16 de novembro de 2010 (UTC)
Polo que me parece, a lista das wikis que teñen a ferramenta dos libros podes atopala eiquí, busca wmgUseCollection. Hai unhas 53 wikis que a teñen, pero de idiomas hai sobre unhas 38 (hai varias wikiversitys, wikibooks, etc). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:04, 17 de novembro de 2010 (UTC)

Modelo:Traducido refEditar

Hai uns días pensei que sería bo ter a posibilidade de engadir no apartado de referencias un modelo similar a este que se emprega na Wikipedia castelá, e que serve para indicar que se trata dun artigo traducido doutra Wikipedia. Intentei crealo na Galipedia traducíndoo, pero se cadra foi moito pretender para ser a primeira vez que me dá por crear un modelo a partir de nada, así que tiven que pedirlle axuda a Toliño, que parece que xa o ten arranxado. A miña intención non é propor que sexa obrigatorio usar este modelo para indicar traducións, senón máis ben consultar coa comunidade sobre a conveniencia de usalo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:20, 3 de xullo de 2010 (UTC)

A min, se entendín ben, paréceme innecesario. Temos o cadro resumo, no que é obrigatorio indicar a procedencia da información. --Atobar (conversa comigo) 12:55, 3 de xullo de 2010 (UTC)

A miña consulta non é sobre a súa necesidade (hai moitos modelos innecesarios e sen uso, pero existen), senón sobre a súa conveniencia ou inconveniencia. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:44, 3 de xullo de 2010 (UTC)

  • ¿un modelo, na sección "Véxase tamén" -ou onde-, que indique que o artigo foi traducido? Semella boa idea e boa información pero habería que matizalo máis. O feito de indica-la orixe (a tradución) no resumo é insuficiente xa que, salvo que se queira investigar, ninguén vai buscar no historial a primeira edición. Pero non me gustaría ve-lo modelo nun artigo que naceu traducido pero que logo foi aumentado, corrixido, reelaborado por nós; tampouco ninguén que vexa ese marcador vai comprobar canto é tradución e canto é mellora galipédica. Pedro --Lameiro (conversa) 13:59, 3 de xullo de 2010 (UTC)

Precisamente ese mergullamento no historial tíveno que facer eu máis dunha vez para comprobar se estaba indicada a orixe de algúns artigos, e crédeme que non é divertido. Sobre este último pero que lle pon Lameiro, creo que sería unha boa medida redactalo máis ou menos así: Este artigo incorpora contidos procedentes do artigo <<Título>> da Wikipedia en <<Idioma>>. Tamén encontro razoable que, cando o artigo sexa maiorciño e non teña moito que ver coa súa nai, se reitre o marcador. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:27, 3 de xullo de 2010 (UTC)

Perdoa a miña ignorancia, pero ¿quen sería o encargado de comprobar e retirar esas mensaxes innecesarias? [ Furagaitas * ] 16:06, 3 de xullo de 2010 (UTC)
Quen as faga innecesarias, por exemplo, como se fai agora con tantas outras, como {{senreferencias}}, por exemplo: quen aporta referencias suficientes retira o marcador por innecesario. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:06, 3 de xullo de 2010 (UTC)
¿E cándo un artigo deixa de ser unha tradución? (Desculpa se parezo parvo; simplemente quero que reflexionemos sobre as consecuencias de empregar este proto-modelo) [ Furagaitas * ] 17:15, 3 de xullo de 2010 (UTC)
Por exemplo, cando a súa forma e/ou o seu contido difiren substancialmente das do artigo orixinal. Vexo ben que reflexionemos sobre o que suporía usalo, do mesmo xeito deberíamos reflexionar sobre o que suporía non usalo: hai moitos artigos traducidos doutras wikipedias nos que non se indica a orixe, contravindo a licencia baixo a que esas wikipedias están publicadas, e actualmente non hai estipulado ningún modo de indicalo nunha edición posterior á da propia tradución; eu entendo que esta é unha gran tara do sistema actual. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:15, 3 de xullo de 2010 (UTC)
Eu como Toliño, tamén vexo innecesario o modelo cando no campo resumo é doadamente solucionable. Incluso nos casos onde non se cumpriu a licenza e o artigo mudou pode indicarse dun xeito tal que "as primeiras edicións do artigo son unha tradución da Wikipedia X". Algunha vez na Galipedia algún usuario tamén indicou a tradución na páxina de conversa. --Alberte Si, dígame? 23:58, 3 de xullo de 2010 (UTC)
    • Eu xa o dixen, pero repito despois de ler o exposto: é un modelo que non convén. --Atobar (conversa comigo) 00:15, 4 de xullo de 2010 (UTC)
Agora, sen defender nada, vexo que o sistema de inclusión deste marcador vai dar os mesmos problemas ca o resumo de edición: se hai usuarios que non indican a licenza no resumo tampouco se van preocupar de incluír o marcador nas referencias. --Toliño Fala aquí comigo 09:26, 4 de xullo de 2010 (UTC)
A diferencia é que, se o usuario que fai a tradución esquece indicalo, pódoo indicar eu máis tarde no apartado de referencias ou similar, pero o que non podo facer eu é alterar o historial para que quede indicado no resumo da primeira edición. Eu non me empeño en que isto ten que ir para adiante, só intentaba consultar se algún de vós vía no uso deste marcador algo que puidese ser contraproducente. Sé "é un modelo que non convén", só esperaba comprender por que o é. Todos os días fanse modelos novos e ninguén o somete á sanción da comunidade, non vexo que este haxa nin que discutilo. O modelo creado está, que o use quen lle guste. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:23, 4 de xullo de 2010 (UTC)
Acabamos de ter un exemplo da conveniencia/necesidade dunha marca para indica-la tradución dun artigo. Unha IP anónima acaba de incorporar no artigo lura un cacho do artigo homónimo portugués, sen indicar nada no resumo. Para min, un marcador como o que se discute axudará a recoñece-las fontes e as autorías orixinais, marcador que colocará o editor -solución ideal- ou quen detecte a tradución -segunda alternativa-, e que retirará, como retiramos calquera outro marcador de atención, quen considere que xa non está xustificado. Pedro --Lameiro (conversa) 14:26, 4 de xullo de 2010 (UTC)

Xuntanza 2010Editar

Ola. Propoño unha xuntanza este verán para intercambiarmos ideas e coñecernos un chisquiño. Así que hai que ver datas e cidades: eu finais de xullo, todo agosto e os 5 primeiros días de setembro en principio téñoos libres. As cidades ás que podo achegarme son Vigo, Pontevedra, Compostela, A Coruña e Ourense. Agora todo depende de todos vós. Que dicides? Cando e onde vos vén ben? --Alberte Si, dígame? 13:46, 8 de xullo de 2010 (UTC)

Paréceme fantástico e necesario. Propoño quedar un venres de tarde-noite. Pontevedra paréceme boa idea por dúas razóns: Hai uns cantos usuarios desta zona (Cambados, Marín, Pontevedra, Salceda, Lalín, O Grove...), e non hai taaaanta xente como en Compostela, que estará impracticable. Eu estarei fóra do 1 ao 13 de agosto. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:56, 8 de xullo de 2010 (UTC)
A mín eme posible dende o xoves 29 de xulio ata o venres 6 de agosto. Polo da cidade teño preferencia para Santiago, Vigo e Pontevedra, pero outros lugares porque non. Elvira (conversa comigo) 14:46, 8 de xullo de 2010 (UTC)
Eu teño previsto pechar unha viaxe a Galiza en setembro, se o facedes eses días, cádroa para ir á xuntanza e festa rachada posterior, que xa lle teño gana. Contando coa axenda de Alberte, tería que ser entre o 1 e o 5. Para min antes desa data será imposíbel. Se vos cadra ben, caralludo; e se non, xa irei para a vindeira. Unha vez en Galiza, optaría por Compostela, Pontevedra Ourense ou Lugo. De Lugo, activos, estamos Adorian e mais eu, e quen queira quedar durmir a chea, colchón non lle ha faltar. --Atobar (conversa comigo) 18:37, 8 de xullo de 2010 (UTC)
Paréceme unha moi boa proposta. Eu téñool bastante complicado, coas vodas e as vacaciois podería só a primeira fin de semana de agosto; en setembro si que xa non tería problema. De tódolos xeitos, non quero condiciona-la data, porque pode ser que me xurdan máis cousas, así que penso que o mellor é que alguén a poña e se poido ir irei, e senón xa contaredes que tal foi a cousa. En relación ó sitio, téñool mui claro: "... e pra comer, Lugo". Un saúdo. --Lala Lugo 16:53, 9 de xullo de 2010 (UTC)
Propoño o 4 de setembro. A cidade a escoller entre Compostela, Pontevedra e Lugo, que semellan a que teñen máis adeptos. --Alberte Si, dígame? 15:50, 20 de xullo de 2010 (UTC)
Sábado 4 de setembro, en Pontevedra estamos coa feira franca. Paréceme fantástico, aínda que quizais mellor o venres 3 (tamén feira franca, pero non tanta xente). --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:23, 20 de xullo de 2010 (UTC)
  • A min váleme calquera dos dous días. Eu son festeiro, quere isto dicirq que poida que demore até a mañá seguinte. Como xa ofrecín colchón en Lugo de celebrarmos a xuntanza alí, véxome en condicións de deixar a caer unha petición: que algún dos/das pontevedreses/sas me ofrezades o mesmo (ou no seu defecto uns coxíns no chan) se ao final o facemos aló. --Atobar (conversa comigo) 15:44, 22 de xullo de 2010 (UTC)
  • Imos concretando o choio? Eu teño dispoñibilidade total de lugar e data. A opción de Lugo non me parece mal, se queredes Pontevedra sodes benvidos, e se queredes outro lado, fantástico. A xente que teña problemas para algún sitio ou para algún día, que o comente. Era bo ir perfilando a cita. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:56, 19 de agosto de 2010 (UTC)
Venres 3, Pontevedra
  1.   Concordo --Alberte Si, dígame? 18:41, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  2.   Discordo Moi lonxe pra min. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:34, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  3.   Concordo--Lala Lugo 21:18, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  4.   Concordo Por proximidade, pero de ter xeito de desprazarme dánme igual as opcións. De ser aquí teño algunha cama de sobra en Marín para quen precise. --Beninho 20:07, 23 de agosto de 2010 (UTC)
  5.   Concordo Home, por proximidade para min é a mellor!--Paradanta (Cóntame) 21:37, 29 de agosto de 2010 (UTC)
Venres 3, Lugo
  1.   Concordo mais preciso de transporte de ida e volta. --Alberte Si, dígame? 18:41, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  2.   Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:34, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  3.   Concordo Non hai problema pra acoller a unhas cantas persoas, quen necesite aloxamento que o diga--Lala Lugo 21:18, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  4.   Concordo; Paréceme unha boa elección, e ten boa acollida; @Alberte: Quizais poida levar eu carro. --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:47, 23 de agosto de 2010 (UTC)
  5.   Discordo Excesivamente lonxe para min--Paradanta (Cóntame) 21:37, 29 de agosto de 2010 (UTC)
Venres 3, Compostela
  1.   Concordo --Alberte Si, dígame? 18:41, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  2.   Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:34, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  3.   Discordo--Lala Lugo 21:18, 19 de agosto de 2010 (UTC)
Sábado 4, Pontevedra
  1.   Discordo Moi lonxe pra min. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:34, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  2.   Concordo--Lala Lugo 21:18, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  3.   Concordo--Beninho 20:07, 23 de agosto de 2010 (UTC)
  4.   Concordo--Paradanta (Cóntame) 21:37, 29 de agosto de 2010 (UTC)
Sábado 4, Lugo
  1.   Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:34, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  2.   Concordo Non hai problema pra acoller a unhas cantas persoas, quen necesite aloxamento que o diga --Lala Lugo 21:18, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  3.   Discordo--Paradanta (Cóntame) 21:37, 29 de agosto de 2010 (UTC)
Sábado 4, Compostela
  1.   Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:34, 19 de agosto de 2010 (UTC)
  2.   Discordo--Lala Lugo 21:18, 19 de agosto de 2010 (UTC)

  1.   Comentario: Usuari@s, anímense a participar, caramba! --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:41, 29 de agosto de 2010 (UTC)
  2.   Comentario: Xa sinto facer a do Guadiana, pero eu, con toda a pena do mundo, en setembro non poderei, por moito que fose un dos entusiastas promotores de facelo daquela. O caso é que vin truncada/adiada a principal escusa que me había traer de visita ao país (visitar a familia, que en setembro coincide, xa digo que ao meu pesar, que sae de viaxe); con todo, dispoño de datas confirmadas nas que andarei de visita por Lugo e arredores, e dounas por se polo que for a xuntanza deste setembro non chega a se concretar. Do 17 ao, mínimo, 23 de outubro pararei en Galiza. Ficarei atento ao devir das vosas conversas, pasádeo ben se ao cabo vos arrexuntades, e tomádelle unha á miña saúde. Un saúdo. Alejandro --Atobar (conversa comigo) 20:12, 29 de agosto de 2010 (UTC)
  3.   Comentario Vaia, que sorpresa, acábome de decatar agora da preparación desta xuntanza, pois si que é boa idea! Pontevedra para min é a mellor opción (voto a favor), Lugo éme imposible (voto en contra) e Compostela dependería dun par de cousas (abstéñome). Nas datas que comenta Atobar en principio non tería problema ningún tampouco. A ver se se chega a algunha decisión en breve, porque tiña un plan para esa fin de semana do 3-4 setembro, pero estaría disposto a adialo para ir á xuntanza. Saúdos!--Paradanta (Cóntame) 21:37, 29 de agosto de 2010 (UTC)
  4.   Comentario Eu nesta finde non podo por causas de forza maior, así que si vos xuntades que o pasedes moi ben!! (si cambiárades a data entón xa falaría eu coas causas...;). Saúdos, --Elisardojm 08:27, 30 de agosto de 2010 (UTC)
  5.   Comentario: Por culpa dunha lesión que me ten medio inmobilizado e me impide conducir, a miña participación queda en suspenso ata que saiba se podo confiar no transporte público interurbano de viaxeiros, alias RENFE. Como sigamos así, esta xuntanza se vai facer por Messenger. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 08:59, 30 de agosto de 2010 (UTC)

Wikipedia:Elección de administradores#ProcedementosEditar

Está aberta unha Votacións á administración/Revogacións/Usuario:Miñato--. HombreDHojalata.conversa 15:24, 9 de xullo de 2010 (UTC)

Wikipedia:Elección de administradores#ProcedementosEditar

Está aberta unha Votacións á administración/Revogacións/Usuario:Rocastelo--. HombreDHojalata.conversa 15:33, 9 de xullo de 2010 (UTC)

SantosEditar

Quería propor un modo de categorizar os santos. Actualmente temos a Categoría:Santos, que non fai diferenzas por relixión ou estado. Eu a dividiría en Categoría:Persoas veneradas na Igrexa Católica, Categoría:Persoas veneradas na Igrexa Ortodoxa, etc. Ademáis, dentro da categoría da igrexa católica crearía as categorías de Servos de Deus, Venerables, Beatos e Santos.--Norrin_strange (Fala-me) 08:29, 27 de xullo de 2010 (UTC)

Paréceme unha moi boa idea. Porén, debo apreciar que a clasificación que propós é un pouco sinxela de máis. Lembremos que as igrexas cristiás son moitas e mal avenidas. Por unha banda están as igrexas católicas (aquelas que están en comuñón con Roma e aquelas que non o están), logo as ortodoxas (as que están en comuñón con Constantinopla e as que non o están), as monofisistas, as nestorianistas, as protestantes, as igrexas africanas independentes, as igrexas apostólicas, as evanxélicas, as swedenborgianistas, as restauracionistas, as gnosticistas, as non trinitarias e algunha outra que haberá por aí. Sei que non todas elas canonizan nin recoñecen santos, pero non se pode esquecer toda esta sopa de letras. De categorizarmos os santos habería que atopar un xeito de facelo que non supuxese esquecer á metade das igrexas. Por outra banda, a clasificación entre Servos de Deus, Venerables, Beatos e Santos paréceme moi curiosa, pero non entendo ben de onde sae. Correspóndese coa doutrina católica? De ser así, esta doutrina ten algún tipo de correspondencia coas doutras igrexas? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 08:40, 27 de xullo de 2010 (UTC)

  • Por partes (que son moitas)...
En canto aos nomes das igrexas, pois é verdade que hai "igrexas católicas" que non están en comuñón con Roma. Pero tamén é verdade que cando se di "Igrexa Católica" refírese un á de Roma. Das Igrexas Ortodoxas, pois mais ou menos o mesmo: están as igrexas católicas de rito ortodoxo, as igrexas ortodoxas que non están en comuñón con roma pero sí entre elas, etc, pero é o de sempre, as 15 maiores están en comuñón entre sí e adoitan ser chamadas "Igrexa Ortodoxa". Logo ven a "Comuñón Anglicana", que tamén considérase católica pero que de común é chamada "Comuñón Anglicana", e nela tamén se veneran santos. As demáis Igrexas, de raíz luterana, metodista, calvinista etc non veneran aos santos, e tampouco empregan ese título. Podes ver máis en [1].
En canto ao de servos de Deus e demáis.... iso son as etapas no proceso de canonización. é dicir, de declarar santa a unha persoa na igrexa católica. Non sei se nas outras igrexas hai as mesmas etapas. Cómpre sinalar que, tanto no catolicismo como na ortodoxia e no anglicanismo, non se "fai" santo a ninguén. Para eles "santas" son aquelas personas que están no ceo. Pero dáselle o título de Santos a aqueles que considérase un modelo para os cristiáns vivos. --Norrin_strange (Fala-me) 09:22, 27 de xullo de 2010 (UTC)
Penso que "Categoría:personas veneradas..." non é axeitado. Como é sabido, moitos santos, mesmo da igrexa catolica apostostólica romana, non son "persoas" no sentido de que nunca existiron como tales. Algúns proceden da adaptación de mitos anteriores ó cristianismo--. HombreDHojalata.conversa 10:59, 27 de xullo de 2010 (UTC)
Home, se suxires un título mellor.... Seica simplemente Categoría: Venerados na Igrexa X. Perdón, esquecera asinar --Norrin_strange (Fala-me) 12:51, 27 de xullo de 2010 (UTC)

Engadindo información:

  • No cristianismo:
    • Igrexa Católica: Xa sabemos máis ou menos cal é o seu concepto de santo. Pásase por varias etapas: servo de Deus, venerable, beato e santo. Considéranse santos a todos aqueles que están no ceo, pero dáselle o título só a algúns para poñelos como exemplo.
    • Igrexas Ortodoxas: Aínda que pode haber certas diverxencias, máis ou menos teñen santos comúns. Seica senón pódese dividir logo a categoría en máis subcategorías segundo a necesidade. Concepto equivalente ao do catolicismo. Non ten as mesmas etapas.
    • Comuñón Anglicana: Mesmo concepto que no catolicismo ou na ortodoxia. A diferenza é o trato que se lles da, pero si que se considera a existencia de santos.
    • Protestantismo:
      • Metodismo: Cren que tódolos cristiáns son santos, pero empregan principalmente este termo para os personaxes bíblicos, lideres cristiáns e mártires.
      • Luteranismo: Con santoral propio, común co católico até a reforma, e empliado logo con persoeiros luteranos.

Máis ou menos isto a modo de resumo. Os católicos e ortodoxos, e en menor medida os anglicanos, empregan o título. Os luteranos, por exemplo, aínda que recoñecen a súa existencia, non adoitan empregalo. Creo que tería só sentido no caso dos tres primeiros. --Norrin_strange (Fala-me) 06:41, 30 de xullo de 2010 (UTC)

A min estas novas categorías, insisto, parécenme incorrectas--. HombreDHojalata.conversa 15:08, 30 de xullo de 2010 (UTC)

Non pesquisei moito, pero, por citar dous cousas:

  • En es.wiki non o fan. Pero é unha categorización de tolos a que teñen. Por exemplo, teñen a categoría:Santos musulmanes dentros da categoría:Cristianos. A categoría:beatos non indica a confesión, e aparece ao mesmo nivel que a de santos católicos, cando a beatificación é unha etapa do proceso de canonización. Non vale como exemplo, é un caos absoluto.
  • Máis arriba puxen que poderíamos chamalas Categoría:Venerados na Igrexa XX, aínda que non o vexo moi correcto ao non especificar qué se venera. Xa te digo, se tes unha suxerencia mellor, escóitoche.--Norrin_strange (Fala-me) 15:35, 30 de xullo de 2010 (UTC)

Non sei se non me estou a explicar ben. Ó que me refiro é a empregar a palabra "persoas". Para que empregar esa palabra? O conto funciona igual se se fai con "Santos venerados na...oquesexa". Porqué nunha subcategoría de "Santos" mudas o concepto "santos" por "persoas"? Son cousas moi diferentes. E, como diría Manquiña, o concepto é o concepto--. HombreDHojalata.conversa 15:52, 30 de xullo de 2010 (UTC)

E permitídeme que sinale que cando se crean categorías novas hai que poñerlle as ligazóns interlingüísticas, igual que se lle poñen ós artigos.--. HombreDHojalata.conversa 15:57, 30 de xullo de 2010 (UTC)

Pois mira, por ser un termo máis xenérico. Explícocho:

  • Os anglicanos recoñecen santos, si. Pero rara vez lle dan ese título a algún. Por iso non tería sentido chamarlles santos cando nin eles mesmos o fan.
  • Os católicos veneran a unha serie de persoas (reais ou non), pero non lle dan a todas o mesmo título, senón 4 sucesivos: servo de Deus, Venerable, Beato e Santo. Aínda que segundo a teoloxía católica santo é todo aquel que está no ceo, só se lle da o título a algúns.
  • Os ortodoxos son o único colectivo co que se podería mudar o nome.

Ocúrreseme, xa que logo, a seguinte solución:

  • Trocar as Categoría:Persoas veneradas pola Comuñón Anglicana' por Categoría:Venerados pola Comuñón Anglicana (e o mesmo co de católico), que ao meu ver é menos correcta porque non especifica que é o que se venera.
  • Trocar a Categoría:Persoas veneradas nas Igrexas Ortodoxas a Categoría:Santos venerados polas Igrexas Ortodoxas.
  • Crear dentro da categoría pertencente a igrexa católica as categorías "venerables (catolicismo)" e "servos de Deus (catolicismo)"--Norrin_strange (Fala-me) 17:28, 30 de xullo de 2010 (UTC)
  • Edito para engadir unha corrección: na Igrexa Ortodoxa tamén hai unhas etapas. Os nomes en inglés son saint, venerable e righteous . Polo tanto, tampouco se podería englobar nunha categoría xeral de santos. --Norrin_strange (Fala-me) 17:40, 30 de xullo de 2010 (UTC)
    • Non acabo de entende-la discusión. En principio, prefiro Santos da igrexa xxx (ou, secundariamente, Santos venerados por xxx) que a fórmula Persoas .... Dis que unha categoría: Venerados por xxx "é menos correcta porque non especifica que é o que se venera". ¿Que vai ser máis que unha persoa santificada (se é que metemos na mesma categoría santos, beatos e demais familia, que creo máis lóxico). O Santo Prepucio tamén se venera pero ¿quen o meterñía nesa categoría? Segundo, se antepoñemos "persoas" ¿que facemos cos santos fantásticos, lendarios, inexistentes, non-santos-oficialmente? Penso agora en San Xurxo, que seica nunca existiu, ou en San Telmo, que nunca foi declarado santo que eu saiba. Pero estes dous, e supoño que moitos máis, son venerados, teñen imaxe, día santo e parroquia. É dicir, son tan santos coma outros "oficiais". Creo que para empezar a categorizar non deberiamos complicarnos tanto. Xa haberá tempo cando as categorías estean cheas e conveña dividir. Por último estarían os santos fantásticos, unicamente existentes na fraseoloxía popular: Santa Lilaina (que pariu por un dedo), San Pito Pato, a Virxe do Puño e outros. Ferro e Filgueira escribiron sobre eles. Non sei se algún día merecerán artigo de seu pero apetecíame poñelos riba da mesa. Pedro --Lameiro (conversa) 19:58, 30 de xullo de 2010 (UTC)

Que vos parece? --Norrin_strange (Fala-me) 20:54, 30 de xullo de 2010 (UTC)

Pois agora son eu quen non entende: sen non ando errado, das "persoas" veneradas pola igrexa X, só os santos son santos, porque os beatos, os venerables e os servos de deus aínda non o son e nunca se sabe se chegarán a selo, que aquí non hai promoción automática. Meter Categoría:Santos (Catolicismo) dentro de Categoría:Venerados na Igrexa Católica e esta dentro de Categoría:Santos é coherente, pero esa coherencia pérdese cando metemos no mesmo saco a Categoría:Beatos (Catolicismo), a Categoría:Venerables (Catolicismo) e a Categoría:Servos de Deus (Catolicismo), porque estes aínda non chegaron a santos. Se cadra, a Categoría:Santos sobra como elo intermedio. Xa postos, e dado que é certo que non todos os santos son (foron) persoas (que me dicides de San Miguel Anxo ou San Rafael Arcanxo, que tampouco tiveron nunca corpo mortal?), que sentido ten que a Categoría:Santos estea dentro da Categoría:Personalidades do cristianismo? Non ten moito siso, non si? Para ser propositivo:

Sen ánimo de resultar polémico (pero sen que me importe selo), nótese que propoño que toda esta árbore estexa incluída dentro da Categoría:Mitoloxía cristiá. E para rematar: no canto de "venerados na Igrexa X" penso que sería mellor "venerados pola Igrexa X". Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:56, 30 de xullo de 2010 (UTC)

Dis "só os santos son santos, porque os beatos, os venerables e os servos de deus aínda non o son e nunca se sabe se chegarán a selo". É un erro frecuente. Na igrexa católica, a verba santo ten dúas acepcións: 1. Santo é todo aquel que estea no ceo. 2. Título que se lle da a unha persoa que pasa a recibir veneración en toda a Igrexa. Segundo 1., os servos de Deus, Beatos, etc son santos porque están no ceo segundo a igrexa, pero non levan o título de santo. No anglicanimo non hai isto das "santidades intermedias", pero para eles tódolos anglicanos son en certo modo "santos". Non sei se me entendes. Por iso sí que ten sentido colgalo dunha categoría xeral de santos. Non me emociona a idea de colgar isto de "Mitoloxía cristiá". Se non che gusta a de Personalidades do cristianismo... poderíase trocar por figuras do cristianismo, se queres. Pero un mito establece que é completamente falso.--Norrin_strange (Fala-me) 06:31, 31 de xullo de 2010 (UTC)

  • Eu engadiría dos cousas. De momento non crearía subcategorías para as categorías dos anglicanos nin dos ortodoxos, nin para os católicos servos e venerables, etc, non as necesitamos, non temos artigos para enchelas. E fixaríame nas interwikis. Insisto no tema das interwikis [2]--. HombreDHojalata.conversa 10:03, 31 de xullo de 2010 (UTC)
  • Levo seguindo esta conversa desde hai algún tempo e debo recoñecer que descoñecía moitas das cousas que aquí explicou Norrin strange de xeito moi lúcido e didáctico. Mais polo que lin e o pouco que sabía de antes, a clasificación máis razoábel paréceme a de Xoacas. Explícome, concordo coa Categoría:Mitoloxía cristiá. Un mito non é necesariamente falso, como afirma Norrin Strange, é unha interpretación, ou mellor explicación, alegórica da realidade, xa que logo , éo dun feito real. Se se invalidase o termo de "mitoloxía" aplicado ao cristianismo, deberían invalidarse as categorías Categoría:Mitoloxía grega ou Categoría:Mitoloxía exipcia, por poñer algúns exemplos, porque aplicando un prisma estritamente obxectivo e científico, que elementos do cristianismo sustentan a inaplicación do termo que non posúan as relixións gregas ou exipcias antigas? Outra cousa ben diferente é a fe ou crenzas persoais que cadaquén poida profesar.
Por outra banda, malia a definición de santo que pedagoxicamente aporta Norrin, pode resultar bastante confuso para os lectores non iniciados na materia (coma min) incluir na Categoría:Santos outra categoría de santos xunto con outras de beatos ou servos de Deus. Penso que é mellor a clasificación de Xoacas por ser menos confusa, introducindo o matiz que propón Norrin na propia definición de Santo, isto é, no seu artigo propio.
Con respecto ao que di HombreDHojalata, penso que se está a propoñer Norrin esa clasificación, é porque ten pensado traballar na confección deses artigos, polo que non está demáis crear as súas categorías para logo ilas enchendo. Si que é impotante, dende logo, o tema das interwikis.
Resumindo,   Concordo coa clasificación de Xoacas. Un cordial sáudo a todos!--Paradanta 10:27, 31 de xullo de 2010 (UTC)
  • Ben, semella que nalgúns aspectos xa hai consenso:
  1. Categorías de SErvos de Deus, Venerables, Beatos e Santos dentro da de venerados polo catolicismo (haberá artigos).
  2. Trocar o de "Persoas veneradas por" por "Venerados" (Isto eu non sei facelo, o de mover categorías)
  3. Substituír a categoría:Santos pola de "venerados polo cristianismo"
En canto ao de "Mitoloxía cristiá".... non acabo de velo. Seica poderíase colgar, tendo en conta que os santos nas crenzas cristiás teñen bastante importancia, directamente da Categoría:Cristianimo. --Norrin_strange (Fala-me) 22:17, 31 de xullo de 2010 (UTC)
  • Non habendo consenso sobre a Categoría:Mitoloxía cristiá (para min a máis axeitada) e asumindo o que dixen de que a Categoría:Santos podería dar lugar a confusións, a proposta que acaba de facer Norrin strange semella unha boa solución. Un saúdo! --Paradanta 22:36, 31 de xullo de 2010 (UTC)
  • As categorías non se poden mover. Hai que copiar todo o contido (commons, interwikis, etc), crear a categoría nova, cambiar a categoría en cada un dos artigos que estaba dentro, e marcar a categoría vella con {{lixo|explicación do motivo para borrar}}--. HombreDHojalata.conversa 08:43, 1 de agosto de 2010 (UTC)
  • Ok, irei facéndoo pero con certa calma. --Norrin_strange (Fala-me) 23:59, 31 de xullo de 2010 (UTC)

Atención Norrin!

1º Estas a destruír traballo que fixen. Antes de marcar categorías con {lixo} cómpre que pases o contido á categoría nova.

Poño un exemplo. Estou falando de todo isto [3]:


{{commonscat|Eastern Orthodox saints}}

[[ar:تصنيف:قديسون في الكنيسة الأرثوذكسية الشرقية]]
[[be:Катэгорыя:Праваслаўныя святыя]]
[[be-x-old:Катэгорыя:Праваслаўныя сьвятыя]]
[[bg:Категория:Източноправославни светци]]
[[en:Category:Eastern Orthodox saints]]
[[fi:Luokka:Pyhät]]
[[ko:분류:정교회 성인]]
[[lt:Kategorija:Stačiatikių šventieji]]
[[mk:Категорија:Православни светци]]
[[pl:Kategoria:Święci prawosławni]]
[[ru:Категория:Православные святые]]
[[sk:Kategória:Pravoslávni svätci]]
[[sr:Категорија:Православни свеци]]
[[uk:Категорія:Православні святі]]

2º Que pasou coa Categoría:Santos? Agora baleiráchela de contidos. Penso que non podemos prescindir desa categoría e que o nome é correctísimo. Ten o mesmo nome, cada unha na súa lingua, en unhas 50 wikipedias!

[[an:Categoría:Santos]]
[[ar:تصنيف:قديسون]]
[[ast:Categoría:Santos]]
[[az:Kateqoriya:Müqəddəslər]]
[[be:Катэгорыя:Святыя]]
[[bg:Категория:Светци]]
[[br:Rummad:Sent]]
[[ca:Categoria:Sants]]
[[ceb:Kategoriya:Mga santos]]
[[cs:Kategorie:Svatí]]
[[da:Kategori:Helgener]]
[[de:Kategorie:Heiliger]]
[[en:Category:Saints]]
[[eo:Kategorio:Sanktuloj]]
[[es:Categoría:Santos]]
[[et:Kategooria:Pühakud]]
[[fi:Luokka:Pyhimykset]]
[[fr:Catégorie:Saint]]
[[fy:Kategory:Hillige]]
[[hr:Kategorija:Sveci]]
[[ia:Categoria:Sanctos]]
[[id:Kategori:Santo dan Santa]]
[[it:Categoria:Santi]]
[[ja:Category:聖人]]
[[kw:Klass:Sens]]
[[la:Categoria:Sancti]]
[[lb:Kategorie:Helleger]]
[[li:Categorie:Heilige]]
[[lv:Kategorija:Svētie]]
[[mk:Категорија:Светци]]
[[nl:Categorie:Heilige]]
[[nn:Kategori:Helgenar]]
[[no:Kategori:Helgener]]
[[nrm:Category:Saints]]
[[os:Категори:Сыгъдæджытæ]]
[[pms:Categorìa:Sant catòlich]]
[[pt:Categoria:Santos]]
[[ru:Категория:Святые]]
[[sc:Categoria:Santos]]
[[scn:Catigurìa:Santi]]
[[simple:Category:Saints]]
[[sk:Kategória:Svätci]]
[[sr:Категорија:Свеци]]
[[sv:Kategori:Helgon]]
[[tr:Kategori:Aziz ve azizeler]]
[[uk:Категорія:Святі]]
[[vls:Categorie:Illige]]
[[zh:Category:聖人]]

--. HombreDHojalata.conversa 08:43, 1 de agosto de 2010 (UTC)

Eu non consigo ver o problema. A categorøia Santos váleme perfectamente. --Atobar (conversa comigo) 16:38, 1 de agosto de 2010 (UTC)
A categoría nin é confusa nin deixa de selo. O que non pode haber é unha categoría santos dentro doutra categoría santos na que ademais hai outras categorías de cousas que non son santos. Un pouquiño de seriedade, ou somos santos ou non o somos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:06, 1 de agosto de 2010 (UTC)

Quero manifestar o meu desgusto coa actuación de Norrin_strange. Finalmente, e a pesar das advertencias, o meu traballo destruíuse. Bastante hai que facer na Galipedia como para ter que investir tempo en facelo mesmo dúas veces. As categorías vellas tiñan postas as ligazóns a Wikimedia Commons e as ligazóns interlingüísticas. Ese contido non se copiou ás novas e perdeuse. --. HombreDHojalata.conversa 19:56, 1 de agosto de 2010 (UTC)

Toliño ofreceuse a axudarme e arranxeino. Compañeiros, se se quere mudar unha categoría hai que crear a nova, copiar ós contidos que poida haber na vella cara a nova, e despois marcar a vella con {lixo}. Graciñas --. HombreDHojalata.conversa 20:18, 1 de agosto de 2010 (UTC)
  • Eu o que dixen arriba é que a categoría:santos pode levar a confusión se nela se mete outra subcategoría:santos e outras como beatos e servos de Deus, que estritamente non son santos. Paréceme lóxico dabondo! Se outras 50 wikis a teñen é porque quizáis non se meteron tan a fondo na cuestión como Norrin e non viron esa distinción, ou quizáis a teñen como subcategoría doutra máis xenérica ao xeito das que se levan proposto aquí (Categoría:mitoloxía cristiá ou algo polo estilo). Aínda que despois de ler atentamente as palabras de Norrin, cando di os servos de Deus, Beatos, etc son santos porque están no ceo segundo a igrexa, pero non levan o título de santo, a cousa xa se encerella demáis. Que criterio seguimos? A definición da Igrexa ou o título literal que se lles dá? --Paradanta 21:55, 1 de agosto de 2010 (UTC)

Sobre o criterio a seguir: se estamos falando do diploma que cada un leva baixo o brazo, o que hai son santos, beatos, servos de deus e esas cousas, se estamos falando da denominación coloquial/popular, o que hai son santos por unha banda e por outra xente normaliña coma min. Creo que o que se está seguindo ata agora aquí, maiormente, é a denominación oficial, calquera outra cousa só contribúe a embarullar a discusión. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:25, 1 de agosto de 2010 (UTC)

Sobre o {{Arquivo}}Editar

Levo xa tempo pensando que a categorización que fai o modelo {{Arquivo}} é completamente prescindible. Vendo a Categoría:Wikipedia:Arquivo, credes que é necesaria? --Toliño Fala aquí comigo 09:00, 3 de agosto de 2010 (UTC)

Xuntanza do venres 3Editar

Ola de novo. Nas preferencias do lugar para face-la xuntanza empataron Lugo e Pontevedra. No caso de Pontevedra Xoacas argumenta que é moi lonxe, igual que Lugo para Paradanta. Semella que Estevoaei ten dispoñible un coche que poderemos compartir para irmos de Pontevedra a Lugo. Eu xa me gardei un sitiño no coche, supoño que os que temos problemas co transporte ata Lugo podemos optar por esa opción, e así compartimos gastos coa gasoliña (ou o gasoil). A ver se Estevoei comenta os ocos que ten no coche. Se todos acabamos por non ter problemas en ir a Lugo, creo que podería se-lo destiño final da nosa xuntanza. --Alberte Si, dígame? 16:01, 30 de agosto de 2010 (UTC)

En principio para a viaxe desde Pontevedra están anotados Beninho e Alberte, sobran 2 sitios no carro. Quen se queira apuntar, benvido. Que me lo quitan de las manos, oiga. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:26, 30 de agosto de 2010 (UTC)

Apróbase pois Lugo pasado mañá? Cant@s somos? @Lala: Encárgaste ti de reservar sitio pra cear? Propoño irmos de excurisón ao templo de Santalla de Bóveda antes de cear, que queda pretiño. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:55, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Sexa Lugo. Que os anfitrións nos digan un lugar e unha hora aproximada para xuntármonos. Concordo coa idea de Estevoaei de dar unha visita ó templo, sen esquecer darlle outra á muralla, que algúns nunca estivemos en Lugo. --Alberte Si, dígame? 15:10, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Tomade nota: Santalla está aberto de 8 a 15 e de 16 a 19, de martes a venres; e de 11.30 a 19 sábados e domingos. A chica que alí estaba foi moi amable e pódense facer fotos, sen flash (levade trípode). O camiño é malo, malo, e mal sinalizado (coma case sempre). Sorte e pasádeo ben. Pedro --Lameiro (conversa) 16:06, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Perdoade q tardara en contestar, taba torrándome nunha cala :) Cantos imos ser? Se non somos moitos non fai falla reservar, podemos cear por Viños. Traede algún saco pq non sei se vai haber dúas ou tres camas. Mañá volvo a Galicia e xa vos contesto con sitio, hora, etc. Vou pensar tamén máis cousiñas pra ver. Abur!--Lala Lugo 17:45, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Compañeiros, como xa comentei levo uns días lesionado e medio inmobilizado, motivo polo que finalmente decidín non ir Lugo o venres. Síntoo ben, porque xa tiña curiosidade por coñecervos as caras a moitos de vós, pero será mellor así. Non bebades moito, pero tampouco pouco, e lembrádevos de remitir crónica detallada e ilustrada da xuntanza. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:35, 1 de setembro de 2010 (UTC)

A min gustaríame moito acudir, pero teño que marchar de Lugo estes días por mor dos exames (estarei medio entre Lugo e Madrid até o 15), pero se se repite xuntanza contade comigo. Agardo que o pasedes ben :).--Adorian (fálame) 11:49, 2 de setembro de 2010 (UTC)
Dado que só iamos ser catro persoas no encontro, decidimos adiar a cita para outra ocasión. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:48, 4 de setembro de 2010 (UTC)

Categorías de concellos, parroquias e lugares: proposta de reformaEditar

Ola a todos. Atopei un lixeiro problema nas categorías relacionadas cos concellos, que é sistemático. Creo que deberiamos facer unha modificación gorda, pero quería consultalo antes de meterme nesa sachadura.

Esta situación ten a súa orixe lóxica cando as categorías dos concellos só contiñan parroquias e lugares, pero agora teñen tamén imaxes, nados en, monumentos, equipos de fútbol e demais.

Propoño:

--Xabier Cid Talk, please 11:29, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Concordo coa filosofía da proposta de Xabier pero non coas categorías Parroquias de Galicia nin Lugares de Galicia. O argumento é o mesmo que dá Xabier: demasiado extensa e inoperativas. A primeira chegaría a conter 3.500 artigos e a segunda 70.000. Absolutamente inasumible.
  • Categoría: Concellos galegos
    • Categoría: Concellos de Pontevedra
      • Categoría: O Grove
        • Categoría: Parroquias do Grove
          • Categoría: Lugares do Grove

Ou algo así, con esa estrutura arbórea. Pedro --Lameiro (conversa) 12:19, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Concordo con Lameiro. Pero entendo que se refire a:
  • Categoría: Concellos galegos
    • Categoría: Concellos de Pontevedra
      • Categoría: O Grove
        • Categoría: Parroquias do Grove, Categoría: Lugares do Grove.

--Xabier Cid Talk, please 12:46, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Concordo coa categorización proposta por Lameiro, mais cambiaría a Categoría: Concellos de Pontevedra por Categoría: Concellos da provincia de Pontevedra. Pepe --PepedoCouto (dimo aquí) 12:50, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Concordo coas dúas correccións, que melloran unha contraproposta feita ás presas. A miña idea era esa. Pedro --Lameiro (conversa) 12:52, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Paréceme unha proposta moi correcta; Haberá que andar con ollo nas parroquias e lugares que pertencen a dous concellos, e mesmo dúas provincias. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:58, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Concordo coa proposta coas últimas correccións. E tamén cos advertencia de Estevoaei. --Xas (conversa) 14:08, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Xa existen categorías para as parroquias e lugares nesas circunstancias :) --Xabier Cid Talk, please 14:21, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Si, pero o problema é precisamente onde irían esas categorías se se suprime a cat:Parroquias e lugares. --Xas (conversa) 14:34, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Ahá. Por ese lado o esquema sería
  • Parroquias de Galicia (categoría de categorías, pero non con artigos dependendo dela)
    • Parroquias do Grove, Parroquias en dous concellos

--Xabier Cid Talk, please 14:42, 1 de setembro de 2010 (UTC)

  1.   Comentario Aquí témo-las cousas clariñas e cada lugar está en cadansúa parroquia, pero tendes razón en que hai que ter presente ese caso. Pedro --Lameiro (conversa) 15:32, 1 de setembro de 2010 (UTC)
Eu tamén concordo coa proposta de reorganización e coas revisións posteriores. Saúdos, --Elisardojm 20:17, 1 de setembro de 2010 (UTC)
  •   Concordo e sobre todo fíome de vós (de categorías sei ben pouquiño). --Atobar (conversa comigo) 20:24, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Galiencontro o 23 de outubro de 2010Editar

Visto que houbo que adiar a xuntanza do venres 3 de setembro, propoño retomala nas mesmas condicións, é dicir, Lugo e con ofrecemento de espazo para durmiren os visitante de fóra, o sábado día 23 de outubro de 2010. Eu xa confirmo dende agora mesmo que ese día acudiría seguro. Vós diredes. --Atobar (conversa comigo) 16:23, 5 de setembro de 2010 (UTC)

Eu ese día estarei noutras latitudes, dios mediante. O 17 non ven ben? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:32, 5 de setembro de 2010 (UTC)
Coas presas non lin ben, pensei que falabamos de setembro. Daquí aló sabe dios o que pasará, supoño que non haberá problema. En principio apúntome. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:44, 6 de setembro de 2010 (UTC)
Eu dende mañá ata mediados de decembro estarei fóra, así que comigo tampouco se pode contar. --Alberte Si, dígame? 01:29, 6 de setembro de 2010 (UTC)

  Concordo Eu con tanta antelación non vos podo confirmar nada de forma segura, pero polo momento estaría libre para calquera das dúas datas. Saúdos, --Elisardojm 09:13, 6 de setembro de 2010 (UTC)

  Concordo; 23 de outubro, cea en Lugo. A tope! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21:40, 17 de setembro de 2010 (UTC)

  Concordo Eu en principio apúntome pra esa data, a non ser que me poñan unha viaxe de última hora (que todo pode ser...). Se é finalmente en Lugo sigo ofrecendo aloxamento, agora cun colchón máis (3 en total), así que quen necesite sitio pra durmir que o diga. Abur!--Lala Lugo 21:54, 17 de setembro de 2010 (UTC)

  Concordo Un colchón deses vai ser para min, polo que estou vendo, porque eu non podo conducir. A idea é saír a rachar? Non son eu moi amigo da rexouba. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:27, 17 de setembro de 2010 (UTC)

  Concordo. Poño tamén eu o meu concordo. Poida que até as 21.00 ou así non chegue, iso si. --Atobar (conversa comigo) 23:10, 18 de setembro de 2010 (UTC)

Oes, ¿en qué queda isto??. Que o 23 xa é este sábado!, non me quededes durmidos! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:18, 19 de outubro de 2010 (UTC)

  • Eu manteño o concordo (e comigo a usuaria Guldhammer), pero non podo ocuparme da organización/reserva de restaurante, porque aínda que esta semana paro por Lugo, ando coa axenda completa, e porque este sábado só poderei chegar contra as 21.30 ou así. O que si ofrezo é lugar para durmir quenqueira quedar tras a troula. Lala Lugo, pódeste ocupar ti de reservar sitio e o que cumpra? Saúdos e supoño que atéo sábado. --Atobar (conversa comigo) 09:42, 19 de outubro de 2010 (UTC)

  Concordo. Eu apúntome pero precisarei de coche e de colchón. --Beninho 09:51, 19 de outubro de 2010 (UTC)

  Concordo. @Beni: Vés comigo no carro. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:50, 19 de outubro de 2010 (UTC)

  Comentario. Eu non me manifestei porque por desgraza non podo asistir en ningunha das datas previstas. Agardo vervos na próxima xuntanza, a ver se é posíbel. Pasádeo ben! --Xas (conversa) 11:39, 19 de outubro de 2010 (UTC)

  Comentario. Se estou en Lugo acudirei encantado, pero non o poido confirmar aínda seguro.--Adorian (fálame) 12:00, 19 de outubro de 2010 (UTC)

  Comentario. Lamentándoo moito non me é posible acudir a Lugo nesas datas. Pasádeo ben!--Paradanta (Cóntame) 12:58, 19 de outubro de 2010 (UTC)

  Comentario Eu neses días teño unha viaxe programada e non estarei o 23 en Galicia, outra vez será. Boa festa a todos. Cheluco 14:03, 19 de outubro de 2010 (UTC)

  Comentario Vale, xa imos espertando :), e agora, ¿cómo se organiza a cousa?. ¿Cándo se queda e ónde?. Eu podo acercar ós que queran dende Coruña ou arredores (Xoacas si queres lévote eu), pero eu teño que voltar máis ou menos cando se remate a cousa porque só teño licenza para ese día. Aviso que a usuaria Lala Lugo non editou dende o 17 de setembro..., parece que está liada últimamente e non sei si se decataría desta historia...

Boa tarde a todos. A usuaria Lala Lugo non perde detalle de ningunha das cousas que se levan a cabo na Galipedia, outra cousa é que non lle cheguen as horas do día porque anda a tope no choio últimamente (é dicir, fai xa casi medio ano que por motivos alleos á súa vontade non pode editar nada decente...) :) Pra organizar necesito saber dúas cousiñas: cantos imos ser e onde se quere cear. Restaurante ou tapeo? En función de ahí xa organizo que non creo que vaia haber problemas de espacio. Abur!--Lala Lugo 17:50, 20 de outubro de 2010 (UTC)
Estevoaei vai, e prefire tapeo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:59, 20 de outubro de 2010 (UTC)
Beninho tamén vai e tamén prefire tapeo. --Beninho 18:04, 20 de outubro de 2010 (UTC)
Xoacas, se fose, que aínda no se sabe, preferiría tapeo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:31, 20 de outubro de 2010 (UTC)
Atobar e Guldhammer van. Tamén tapas. --Atobar (conversa comigo) 18:33, 20 de outubro de 2010 (UTC)
Vale, xa metín a zoca, perdón 'usuaria' Lalaaaaaa! ;). Elisardojm tamén vai e dalle o mesmo o sitiño. Saudiños, --Elisardojm (conversa) 21:19, 20 de outubro de 2010 (UTC)
haha, que va ho, é que me fixo moita gracia a análise tan exhaustiva da situación :) Unha cousiña máis: alguén necesita aloxamento? Quen necesite que o diga canto antes, graciñas--Lala Lugo 21:32, 20 de outubro de 2010 (UTC)
  • Para a vosa desgraza :P, vou seguir co meu anonimato. Pasádeo ben! --Toliño Fala aquí comigo 19:34, 20 de outubro de 2010 (UTC)

  Comentario Boeno, pois como isto marcha haberá que ir poñendo un sitio e hora para quedar, ¿non?. Eu non coñezo moito Lugo así que a ver si poñedes un sitio doado de atopar, xa para nota que se poda aparcar perto... ;). Outra cousa que se me ocorreu é que si alguén tel unha grabadora ou algo así poderíamos cantar unha cancionciña popular para poñer nun artigo, ¿que vos parece?. Non busquei moito pero como A Rianxeira parece que pode ter dereitos de autor, eu pensara na de Catro vellos mariñeiros... Saudiños, --Elisardojm (conversa) 00:41, 22 de outubro de 2010 (UTC)

Ah, non, para iso comigo non contedes. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 07:36, 22 de outubro de 2010 (UTC)

Boeno, pois nada, foi só unha tolemia que se me pasou pola cachola, é que estes días estiven con gripe e tiven un pouco de febre... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 07:56, 22 de outubro de 2010 (UTC)

Síntool Elisardo, pero eu ando moi mal de voz que ando acatarrada :) SITIO E HORA: SÁBADO 23 ÁS 22:00 HORAS NA PRAZA MAIOR (NO FONDO, A CARÓN DA LIBRERÍA "SOUTO"). Pra os que non sexades de Lugo, é moi doado de atopar e queda preto da zona de Viños. Abur!--Lala Lugo 12:40, 22 de outubro de 2010 (UTC)

Oki!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:01, 22 de outubro de 2010 (UTC)

  • Elisardo, eu tampouco me animo co do folclore, que cantar canto de pena e o meu galeguismo non vai por aí, o que non quere dicir que non poña en valor que tires a iniciativa; ou sexa, que se cantas/cantades o catro vellos mariñeiros, eu comprométome a aplaudilo despois, máis non. Vémonos ás 22.00 diante da libraría Souto, na Praza Maior. --Atobar (conversa comigo) 22:15, 22 de outubro de 2010 (UTC)

Proximamente estarán listas as fotos que sairan algo ben. Saúdos e ide para cama xa, trouleiros! ;), --Elisardojm (conversa) 00:00, 25 de outubro de 2010 (UTC)

As fotos comprometedoras que se vexan tamén, por favor. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:11, 25 de outubro de 2010 (UTC)

Oíde, alguén dos que foi se anima a facer unha pequena crónica para o Xornal? Que o temos baleiro para o vindeiro mes... --Toliño Fala aquí comigo 17:17, 28 de outubro de 2010 (UTC)
Eu comecei isto, non é gran cousa pero si alguén lle da un 'toque' persoal aínda pode saír algo con xeito. Hai unha fotiño pero é das poucas que se salvaron (é que me andiveron fuchicando na cámara e deixáronme todo desconfigurado :( ), as demáis nos próximos días. Isto parece que vai por fascículos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:29, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Puxen as fotos que non sairon movidas en Categoría:Imaxes de galipedistas, éche o que hai..., para a próxima a ver si saen mellor :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:47, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Filtro de abusosEditar

Estes días propúxoseme na miña conversa considerar o traer á Galipedia a ferramenta denominada Filtro de abusos. Explícovos polo miúdo: basicamente serve para combater os vandalismos máis comúns e evitar que os vándalos poidan gardar a páxina e o que escriban apareza publicado no artigo. Algunhas das wikipedias maiores xa o teñen activado (a interface está completamente dispoñible en galego!). Coido que sería un bo xeito de reducir o labor de reversión destas accións vandálicas que fan perder o tempo.

Tedes máis información en:

Podémolo votar aquí mesmo sen entrar nunha votación máis rigorosa, non si? Preguntade se tedes algunha dúbida. --Toliño Fala aquí comigo 17:15, 28 de outubro de 2010 (UTC)

  1.   Concordo. (Se servise o voto; non se trata dunha política, polo que penso que podemos decidilo na Taberna.) --Toliño Fala aquí comigo 17:15, 28 de outubro de 2010 (UTC)
  2.   Concordo. Líchesme o pensamento, eu estaba esperando a que volveses para consultarche se era posible facelo, pero xa vexo que si. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:35, 28 de outubro de 2010 (UTC)
  3.   Concordo. Polo que lin os parámetros son modificables polo que se entende que a votación é para telo en principio cos mesmos da wikipedia inglesa, non?--Cheluco 17:41, 28 de outubro de 2010 (UTC)
      Comentario. A ver se te refires a isto: Os filtros teremos que ilos creando aos poucos segundo vexamos que fagan falla. Nun primeiro momento intentarei traer os filtros básicos (hai que adaptalos ao galego). Dado que é unha ferramenta moi potente, cómpre ter tino e estar seguros do que se fai. É dicir, que en caso de activar a función, ata que non creemos ningún filtro localmente na Galipedia non vai facer nada. Respondín a pregunta? --Toliño Fala aquí comigo 19:25, 28 de outubro de 2010 (UTC)
    Xusto era iso, grazas.--Cheluco 19:41, 28 de outubro de 2010 (UTC)
  4.   Concordo. Completamente. --Xas (conversa) 17:42, 28 de outubro de 2010 (UTC)
  5.   Concordo Calquera ferramenta que reduza vandalismos e aforre tempo para revisar, comprobar e discutir, benvida sexa. Pedro --Lameiro (conversa) 18:41, 28 de outubro de 2010 (UTC)
  6.   Concordo. Adiante. --Beninho 19:26, 28 de outubro de 2010 (UTC)
  7.   Concordo, como non. O difícil é configura-los filtros, pois un mal posto pode evitar que se acheguen boas edicións. --Alberte Si, dígame? 20:07, 28 de outubro de 2010 (UTC)
  8.   Concordo, canto menos vandalismo mellor. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:05, 28 de outubro de 2010 (UTC)
  9.   Concordo. --Atobar (conversa comigo) 21:34, 30 de outubro de 2010 (UTC)
Por certo, xa fun creando a páxina Wikipedia:Filtro de abusos e outras relacionadas para ir adiantando traballo e non ter tanto traballo xunto en canto teñamos a extensión activada. --Toliño Fala aquí comigo 21:37, 6 de novembro de 2010 (UTC)
Vão usar o nome "filtro de abusos" mesmo ou preferirão "filtro de edições"? Helder 10:16, 7 de novembro de 2010 (UTC)
Non creo que sexa necesario un cambio de nome con respecto ao do software, pero tampouco me opoño vendo que o fixeron noutras wikipedias. Un inconveniente sería cambiar as traducións das mensaxes localmente, que podería resultar un choio un tanto tedioso. --Toliño Fala aquí comigo 10:33, 7 de novembro de 2010 (UTC)
Non vexo a necesidade. Filtro de abusos acáelle ben. --Atobar (conversa comigo) 10:36, 7 de novembro de 2010 (UTC)

Habilitar recursos experimentais para multimídiaEditar

Gostaria de sugerir a adição do recurso experimentais para multimídia, que disponibilizam para os editores um assistente ("Add-Media-Wizard") para incluir imagens nos artigos, a reprodução de vídeo e o carregamento de arquivos com o Firefogg. O Add-Media-Wizard é bem interessante pois facilita a inserção de imagens do Wikimedia Commons nos artigos (imagem de exemplo). Os recursos estão explicados (em inglês) na en:Wikipedia:Multimedia beta (ou em Português, na pt:Wikipedia:Beta de multimídia).

Para quem não conhece o gadget e os novos recursos que o utilizam, existem vários tópicos no blog da Wikimedia, dos quais indico este e este.

Quem quiser testá-lo pode se dirigir a qualquer uma das duas Wikipédias indicadas mais acima.

Para instalá-lo aqui, basta fazer o seguinte:

Helder 23:54, 17 de novembro de 2010 (UTC)

Modelo de concellosEditar

Boas, para o Wikipedia:Wikiproxecto:Concellos 2011 queriamos facer un modelo de base para unificar a estrutura de tódolos concellos. Fíxose un esquema inicial pero para crear o modelo definitivo sería bó contar coa axuda de tódolos galipedistas posibles, polo que o que quera pode pasar pola Conversa Wikipedia:Modelo de concellos para aportar as súas ideas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:12, 15 de decembro de 2010 (UTC)

Boas a todos. Precisamos definir o antes posible o modelo dos concellos para continuar co traballo do proxecto. Eu teño unhas pequenas dúbidas sobre a estrutura proposta, facía falta que vos pasárades pola conversa e entre todos apañemos este modelo que xa tarda en crearse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:01, 8 de febreiro de 2011 (UTC)