Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 31

Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34

Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estiloEditar

Ola a todos. Dende hai un tempo veño traballando nunha proposta para realizar algúns axustes e engadidos no libro de estilo, que considero temos pouco desenvolvido. É unha proposta múltiple, na que moitas das cuestións propostas están desenvolvidas a partir do que fun observando no día a día ademáis de tomar algunhas delas prestadas doutras wikis como a inglesa ou a española. A motivación detallada da proposta xunto coas instruccións para votar están detalladas na páxina da mesma. Creo que a data máis axeitada para comezar esta votación é o 15 de xaneiro, dentro de dous meses, tanto para dar tempo a que a xente revise, corrixa e propoña engadidos que poidan ser axeitados na votación, como para dar tempo a que pasen as catro votacións de políticas deste mes e cun marxe coas vacacións de Nadal. Calquera cuestión relacionada con esta proposta podemos comentala neste fío da taberna ou na propia páxina de conversa da votación. Como sempre, canta máis participación e opinións mellor. Grazas! Banjo tell me 15 de novembro de 2016 ás 15:09 (UTC)

A biblioteca da GalipediaEditar

Boas, hoxe engadín na miña páxina de usuario unha sección de biblioteca, semellante á de outros usuarios, cos libros máis interesantes que teño por casa e que poño a disposición dos que precisen consultar algo ou atopar algunha referencia. A maiores estiven pensando que ó mellor sería interesante facer unha páxina centralizada con esta información de forma semellante a como fan noutras wikis como es:Wikipedia:Biblioteca e outras. Desta forma teríamos unha biblioteca "virtual" de consulta para todos os editores, que vos parece? Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2016 ás 02:34 (UTC)

Adiante ( ). --. HombreDHojalata.conversa 12 de decembro de 2016 ás 08:13 (UTC)
Xenial HombreDHojalata, e ós demais, que vos parece? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2016 ás 19:56 (UTC)
Se se trata de libros en papel, creo que será pouco útil. Non imaxino levando e pedindo tal ou cual libro a vai saber qué esquina de Galicia. Aínda que para libros que non se poden sacar dunha biblioteca quizais podería ser unha solución. A miña primeira impresión ó ler o titular (IBiblioteca da Galipedia) era que se trataba de crear unha listaxe de ligazóns a libros ou revistas accesibles na rede, algo que non todos coñecemos e que pode dar lugar a verdadeiras sorpresas. Non sei se sería posible algo parecido para os textos en pdf que poidamos ter cada quen. Pero se credes que será útil subir o catálogo de cada unha das nosas bibliotecas, non teño inconveniente ningún. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de decembro de 2016 ás 20:12 (UTC)
Estou cargando tamén ( ), pero vai con calma; estou exportando datos dunha táboa de datos que tiña xa creada, pero creo que xamais vou dar actualizado o rexistro dixital da miña biblioteca. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de decembro de 2016 ás 20:10 (UTC)
Pero eu pretendía que a páxina estivera aquí na Galipedia, así como estamos todo o día aquí, poderemos tela en vixilancia e saber cando hai cambios e tal..., non me apetece usar unha ferramenta externa para ter unha información que preciso aquí... Non ten que ser unha páxina moi complicada, só unha lista cos datos do libro e unha ligazón ó usuario que dispón do libro, e unhas seccións para ordenalos por tipo. Que vos parece, Estevoaei e HombreDHojalata Se non queredes pasar os datos que tedes en LT, por iso non hai problema, encárgome eu de facelo.
Lameiro, a idea non é levar os libros de cada un dun lado para outro, iso non podería ser. A idea é crear unha listaxe de libros en papel, ou outros medios, co usuario que os ten dispoñible, para que os que o precisen poidan solicitarlle información para engadir algunha referencia concreta para algún artigo, ou tamén se pode mandar algunha páxina escaneada por correo.
Crear unha listaxe centralizada de ligazóns a libros accesibles na rede tamén sería moi interesante, e todos coñecemos algunhas pero descoñecemos moitas que tamén poderían ser de interese, e poden incluíse tamén na mesma páxina. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2016 ás 22:30 (UTC)
A páxina podería conter simplemente unha táboa ordenable, cos datos do libro en columnas e o usuario que o ten xunto co tema que trata, e así sería moi doado atopar libros dun autor, tema, ano, editorial, etc. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2016 ás 13:26 (UTC)
Por exemplo con esta táboa poderíamos ordenar os libros de forma rápida por tema para atopar os relacionados coa natureza, ou por editorial para atopar os de Baía, etc. Se queredes pode engadirse algunha columna máis que vexades interesante. Facémolo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2016 ás 17:03 (UTC)
Título Autor Editorial Ano Temática Usuario que ten o libro Comentario
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada VVAA. Grupo El Progreso 2005 Xeral Elisardojm
Espacios naturais de Galicia. Provincia de Pontevedra VVAAA Baía Edicións 1996 Natureza Oapalpador Colección Baía Verde nº 555
Espacios naturais de Galicia. Provincia de Pontevedra VVAAA Baía Edicións 1996 Galicia Oapalpador Colección Baía Verde nº 555
Diccionario de refráns. Correspondencias en castelán e francés Conde Tarrío, Germán Editorial Galaxia 2001 Xeral Oapalpador
Espacios naturais de Galicia. Provincia de Lugo VVAA Baía Edicións 1996 Natureza Oapalpador
Patatin patatan VVAA Baía Edicións 1996 Economía Oapalpador, Elisardojm
Patatin patatan VVAA Baía Edicións 1996 Biografías Oapalpador, Elisardojm
Estevo(aei) agora decátome, dis que estás pasando os datos dunha táboa que xa tiñas a LT? Se esa táboa está en EXCEL quizais hai algún programa automático que poida transformalo en wikitáboa. Tes eses datos en EXCEL ou noutro formato? Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2016 ás 17:08 (UTC)

Comezo a subir libros á biblioteca na miña páxina de usuario [1], de onde Elisardo pode collelos cando queira para ir creando esa táboa común. Pero creo que antes de meternos en faena cómpre definir uns criterios técnicos. Por exemplo, o autor en formato "apelidos, nome" (pensando nunha ordenación). Hai libros que cadran en dúas "temáticas": poden escribirse seguidas, con comas, pero iso non permite unha ordenación. Seguro que xurdirán máis dúbidas co tempo. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de decembro de 2016 ás 17:30 (UTC)

Xenial Lameiro. Primeiro, tes toda a razón que hai que poñer as cousas con sentidiño para que poidamos quitarlle o maior partido posible. Segundo, propoño algunhas cousas para estas primeiras dúbidas e logo xa me diredes o que vos parece: claramente o nome do autor debe ir como "apelidos, nome", se un libro queremos poñelo en dous temas, ou máis, eu optaría por poñelo repetido porque así aparecerá na ordenación de todos eles (aínda que procurando facer isto só en caso realmente necesario). O outro detalle, varios usuarios teñen o mesmo libro, que facemos?, eu propoño poñelos na mesma fila porque non gañamos nada separando os propietarios en varias liñas. Actualicei o exemplo para que se vexa o funcionamento.
Se atopades máis problemas ou pensades que se pode facer mellor doutra forma imos falando e a ver se nuns días podemos ter isto definido e comezamos a meterlle contido. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2016 ás 18:28 (UTC)
Por agora, de acordo:
  • Autor, por "apelidos, nome". Se son varios, pola orde na que aparezan no libro. Eu procuraía evitar a fórmula VVAA e, para evitar unha lista demasiado longa, utilizar "e outros".
  • Se son dous (ou máis) temas, repetir a entrada, pero con sentidiño.
  • Se o temos dous usuarios, ou máis, todos na mesma cela ordenados alfabeticamente.

Pedro --Lameiro (conversa) 14 de decembro de 2016 ás 18:36 (UTC)

Eu teño un .ods; de momento ten 4409 libros, pero aínda me faltan uns cantos por meter. Os autores téñoos en formato "apelidos, nome", e con "VV.AA." cando é o caso; amais teñen editorial, ano de edición e de primeira edición, nome do tradutor, e ligazón ao artigo na wiki se é que existe. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de decembro de 2016 ás 18:47 (UTC)
Estevo(aei), e ese .ods como ten a información? nunha táboa ou simplemente cos datos en ringleiras? Se queres mándamo por correo e miro se podo exportar os datos para o formato desta táboa.
Eu acabo de decatarme do tema dos varios autores, pero supoño que a opción máis "operativa" é facer como di Lameiro, poñelos todos na orde que na que aparezan no libro aínda que así perdamos un pouco a busca por autor, non podemos repetir os libros por cada autor porque se non teríamos demasiadas filas repetidas e a lista en pouco tempo faríase moi complicada de manexar. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de decembro de 2016 ás 19:00 (UTC)
Ah, e habería que unificar os temas, para que as buscas funcionen correctamente. Eu polo momento teño Natureza, Arqueoloxía, Xeral (para enciclopedias e dicionarios xerais), Etnografía, Natureza, Historia, Biografías. Vin que Lameiro a maiores ten Arte, Lingüística (aquí xa temos problema porque metes os dicionarios e eu púxenos en xeral, por isto é polo que hai que unificar os temas) e Política.
Propoño unificalas, por exemplo, cunhas baseadas nas que teñen en wiki.es e serían: Biografías · Ciencia · Enciclopedias, Arquitectura · Artes decorativas · Cine · Cómic · Escultura · Fotografía · Música · Pintura, Deporte · Medicina · Psicoloxía, Astronomía · Bioloxía · Física · Xeografía · Xeoloxía · Paleontoloxía · Química, Arqueoloxía · Antropoloxía · Política · Socioloxía · Economía · Educación, Historia, Dereito· Filosofía · Relixión, Dicionarios · Idiomas · Lingüística · Literatura, Matemáticas · Lóxica · Estatística, Informática e Enxeñaría. Que vos parece? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 00:00 (UTC)
Somos especialistas en complicarnos a vida. De 7-10 temas pasamos a ter 37 categoróas. diferentes, e con elas veñen as dúbidas. O que eu chamo Etnoloxía pasaría agora a ser "Antropoloxía"; ¿Castelao e Díaz Pardo son "Artes decorativas"? ¿e os textos de Castelao, "Literatura"?, o meu Libro da vaca ¿é "Bioloxía", "lingüística" ou "Antropoloxía"?; un dicionario Xerais sería "Dicionarios", claro, pero ¿un Dicionario dos seres fantásticos ou un dicionario de alimentación? Espérache moito traballo, Elisardo. Con paciencia, Pedro --Lameiro (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 15:59 (UTC)
E o facsímile do Tío Marcos da Portela, ou d'A Monteira, onde o clasifico? Pedro --Lameiro (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 16:15 (UTC)
Ben, pois as dúbidas hainas que ir resolvendo. Eu como o de Artes decorativas non sei moi ben ó que se refire propoño que se elimine, todas as artes "maiores" xa teñen categoría así que con esas, polo momento chegan abondo. Eu non sei disto pero consultando Etnografía di o artigo que "é un método de investigación da antropoloxía." así que parece que a Antropoloxía pode "comer" á Etnografía :) Os libros sobre Castelao e Díaz Pardo eu diría que son Biografías, os libros que fixo Castelao algúns poden ir en Pintura pero tamén en Antropoloxía. O "Libro da vaca" non o coñezo pero se non ten información biolóxica sobre a vaca, ou é mínima, eu diría que hai que metelo en Antropoloxía, e tamén creo que podería ir en Lingüística. Un Dicionario de seres fantásticos, se é de seres clásicos, irá en Antropoloxía, se é unha obra de literatura, en Literatura, e o Dicionario de alimentación en..., non sei..., a única que lle atopo senso é Bioloxía, non sei como o vedes vós...
Si, isto pode ser unha tolemia se non o organizamos un pouco, e ti non viches a lista de libros de Estevo!!! :D Pero pouco a pouco. Ademais as categorías non van ser inmutables, e poderemos organizalas como vexamos (co seu traballo, claro).
Lameiro, se ves a unha lista de categorías máis xeral, pona e falamos un chisco sobre ela, eu puxen o primeiro que vin en wiki.es porque pareceume que estaba ben (e iso que xuntei varias categorías máis que tiñan eles e que non lles vía moito futuro...). Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 16:40 (UTC)
Ah, non vira o do Tío Marcos da Portela e o da Monteira, como non hai tema de periodismo entón eu creo que poden ir en Literatura..., como o ves? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 16:48 (UTC)

A ver. Non imos nós a descubrir América a estas alturas. Se xa existe un sistema de clasificación feito ben podemos aproveitalo, facendo as modificacións que vexamos. É dicir, manter esa clasificación da es:wiki e adaptándoa. Eu uniría tódalas artes nunha soa categoría (artes ap'licadas+ arquitectura+ escultura+ pintura; non sei se arqueoloxía tamén podería ir aí). Medicina pode englobar a psicoloxía, como por outra banda Filosofía e Lóxica. Literatura serían novelas, ensaios e cousas así (Adral, de Filgueira, por exemplo, xunto a Escola de menciñeiros, de Cunqueiro ou as obras completas de Castelao), pero non poden englobar as Cruces de Pedra ou un catálogo das súas exposicións. Os facsímiles do Tío Marcos, a falta de categoría "periodismo" podemos crear unha nosa: Publicacións periódicas (onde tamén meteríam os os Almanaques). Polo que vin na biblioteca da es:wiki non só traballan con 37 categorías senón que logo se subdividen en centos de subcategorías. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 17:08 (UTC)

Na miña Biblioteca fago unha proposta de clasificación cos posibles temas -para empezar-, os conceptos que poden incluír cada tema, e algunha pregunta aberta que non teño claro como resolver. Pedro --Lameiro (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 17:33 (UTC)
Unha Guía de Santiago de Compostela ¿onde iría? Pedro --Lameiro (conversa) 15 de decembro de 2016 ás 17:45 (UTC)
Perdoa Lameiro, non vin o teu último comentario ata agora. Eu penso que esas guías turísticas poden ir en Xeografía, a non ser que se centren nos edificios, porque entón poderían ir en Arquitectura-
Sobre as categorías que puxeches na túa páxina, primeiro cópioas aquí e logo comento, poño en grosas as que son diferentes:
Antropoloxía (inclúe etnografía), Arte (arte en xeral, artes decorativas, arquitectura (incluída a popular), escultura, pintura), Artes gráficas (inclúe cine, cómic, fotografía), Astronomía, Biografías, Bioloxía, Deporte, Dereito, Dicionarios (inclúe enciclopedias, glosarios xerais ou locais (Léxico do Grove)), Educación, Enxeñaría, Filosofía, Física, Historia, Idiomas, Informática, Lingüística, Literatura, Matemáticas, Medicina (inclúe medicina, anatomía, farmacoloxía, veterinaria, psicoloxía), Música, Política, Publicacións periódicas (inclúe xornais, revistas, etc, orixinais ou en facsímile), Química, Relixión, Xeografía, Xeoloxía.
Ten moi boa pinta a túa clasificación Lameiro, pero aínda que non me gusta moito entendo a túa agrupación de Arte e Artes gráficas, e paréceme ben para reducir os temas principais, se isto funciona poderemos detallar máis no futuro. Concordo tamén cos temas de Dicionarios e Publicacións periódicas, son temas de bastante utilidade. Agora imos coas preguntas que tiñas.
Os dicionarios específicos van na categoría de dicionarios, e tamén deberían repetirse para engadilos no tema que tratan. E si, para min as matemáticas poden incluír a estatística sen problema. O dos Camiños de Santiago eu non o poría noutro tema, polo menos polo momento, e penso que poden ir en Relixión, que aínda que moita xente non o faga por ese motivo, o que está claro é que existe por iso.
Eu Agricultura e Gandería meteríaos en Economía, Arqueoloxía en Historia, Ecoloxía en Bioloxía, Paleontoloxía en Bioloxía, e Socioloxía non lle atopo onde metela, case se pode poñer soa. Saquei esta ordenación das categorías que teñen aquí e noutros casos nas que teñen en en.wiki.
E xa que estamos, e por se non vos decatáchedes, comento que xa está dispoñible a Biblioteca de Estevoaei, un mar de case 4.500 libros...! Hai que amañala un pouco porque a lista orixinal está organizada por unha especie de estilo-tema. Sobre esta lista temos que falar de como a imos a achegar á Biblioteca. Eu penso que o mellor vai ser dividila por temas, cada tema nunha subpáxina, porque co tamaño que ten agora non é moi útil xa que tarda moito en cargarse, é moi difícil ou imposible editala, e así non conseguimos gran cousa con ese ficheiro. Así que estea dividida en subpáxinas podemos facer unha páxina de portada da Biblioteca que ligue con todas elas como en wiki.es. O que tamén deberíamos comentar é se imos engadir na biblioteca tódolos libros que temos, sexan de referencia ou non, é dicir, engadimos os libros de narrativa e poesía tamén ou só engadimos libros de consulta? Xa me contades. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de decembro de 2016 ás 05:47 (UTC)
De acordo, Elisardo, excepto en fundir Camiños de Santiago dentro de Relixión. Podo entender que sexa unha subcategoría de Relixión pero, insisto, teñen entidade propia dabondo e, antes ou despois, será necesario darlles categoría (ou subcategoría) propia. Xa modifiquei a clasificación da miña páxina de acordo coas modificacións que introduces e agora poreime a reclasificar os libros que xa teño subidos. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 17 de decembro de 2016 ás 10:39 (UTC)
Vale, pois metemos ese tema tamén, xa se irá refinando a cousa en canto vaia medrando. Pero eu sigo preguntando, imos meter na biblioteca as novelas, poesía, banda deseñada..., ou só metemos os libros de referencia(guías, dicionarios, enciclopedias, libros de consulta...)? A narrativa e poesía pode ser un mundo (xa o vedes na biblioteca de Estevo), e na maioría dos casos só será de utilidade para usar de referencia no artigo que trate ese libro en concreto, que non son tantos. Poñémolos tamén ou non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2016 ás 05:38 (UTC)

Polas miñas partes, non. Non creo que compense o traballo que nos daría listar toda esa temática, e logo ía dificultar o manexo da táboa. Pedro --Lameiro (conversa) 18 de decembro de 2016 ás 16:10 (UTC)

Moi ben, pois irei traballando na adaptación da biblioteca de Estevo ás categorías que están definidas e cando o teña xa vos aviso. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de decembro de 2016 ás 22:42 (UTC)


Cabería crear unha categoría (oculta) tipo "Bibliotecas de galipedistas" e meter nela Usuario:Lameiro/Biblioteca, Usuario:Estevoaei/Biblioteca etc? --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de decembro de 2016 ás 13:55 (UTC)

InterculturEditar

Amigas! Amigos!
A xente de Wikimedia España está a organizar o Intercultur, un proxecto a medio camiño entre un Wikirreto e un Wikiproxecto, quizais. A idea é escoller oito artigos existentes na Galipedia relacionados co campo da cultura (o cal é un abano bastante amplo) para os traducir a outros nove idiomas. Pido, xa que logo, a vosa colaboración para escoller eses oito artigos, e dou exemplo propoñendo festa gastronómica e carballeira de San Xusto.
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de decembro de 2016 ás 19:34 (UTC)

Máis propostas: Árbores senlleiras de Galicia e Meiga chuchona. --Atobar (conversa comigo) 13 de decembro de 2016 ás 19:52 (UTC)
Máis propostas: Rúa da Acibechería (Santiago de Compostela), Liga Galega de Fútbol Gaélico, Cabra galega e Loita Tradicional Galega, Olláparo, Pepa a Loba, Raíña Lupa, Nicer, fillo de Clutoso. Que vos parece?--Breogan2008 (conversa) 13 de decembro de 2016 ás 21:56 (UTC)
Para atopar as páxinas que só temos na Galipedia podedes usar ferramenta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2016 ás 21:58 (UTC)
Eu acabo de atopar Parador de Santo Estevo, e tamén propoño Dorotea Bárcena que nas últimas semanas foi bastante ampliado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2016 ás 22:44 (UTC)
Ah, tamén atopei Avelina Valladares que ten foto e todo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2016 ás 22:46 (UTC)
Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, por destacar en dúas disciplinas (música e arquitectura); O arame, por ser unha ópera en galego (non hai moitas) e ser unha obra contemporánea (2008), aínda que habería que ampliar o noso artigo tamén (se é elixido e ninguén o quere facer dareille prioridade para facelo eu, ou tentalo); Juan Martínez Buján, recoñezo que non coñezo a súa obra e non lin o artigo (procurei algún artigo longo que non coñecera), pero vendo o artigo podería ter potencial para ser mesmo artigo de calidade nesta Wikipedia; o artigo da Asociación Galega de Compositores podería estar ben, é relativamente extenso, habería que darlle unha voltiña na referenciación, pero máis aló diso, e unha posible pequena ampliación, non creo que haxa moito máis; oso de Salcedo, unha personaxe interesante do Entroido brollonés; Festa da Istoria; Romaría Viquinga de Catoira, canto de cego... Ocórrenseme eses. Piquito (conversa) 13 de decembro de 2016 ás 23:54 (UTC)
Intentei equilibrar as temáticas dos artigos, e procurei escoller os de maior tamaño, referencias, imaxes etc. Suxerinlle a Rubén Ojeda, o coordinador do Intercultur, que incluíse estes artigos: Festa gastronómica, carballeira de San Xusto, árbores senlleiras de Galicia, rúa da Acibechería (Santiago de Compostela), romance de Don Gaiferos (en certo modo relacionado con canto de cego), Dorotea Bárcena, O arame e Romaría Viquinga de Catoira. O resto podemos traducilos alén do Intercultur, abofé! :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de decembro de 2016 ás 18:15 (UTC)

Wikipedia:Detector de homónimosEditar

Estiven revisando e na wiki inglesa teñen un sistema máis sinxelo que o que temos aquí funcionando, cun simple css no lugar dun js. Alí márcanse as ligazóns a homónimos en cor laranxa, sen necesidade de JavaScript.

Creo que poderíamos adaptalo aquí tamén, pero mantendo o fondo amarelo para que destaquen algo máis, e eliminando o texto en superíndice de "homónimos", que pode dar problemas de visualización de formatos en táboas e caixas de información, por exemplo.

O resultado sería que as ligazóns a homónimos, para aqueles que teñen activado o detector, manterían o fondo amarelo pero sen o texto superíndice (ex: Can (homónimos)), aforrando ademais a execución do JS.

Que vos parece? Banjo tell me 15 de decembro de 2016 ás 09:38 (UTC)

Great! --. HombreDHojalata.conversa 15 de decembro de 2016 ás 10:42 (UTC)
  Feito! Semella funcionar sen problemas, debería axudar para aforrar lixeiramente os tempos de carga das páxinas, aínda que na maioría de casos a diferenza será case imperceptible. Se alguén detecta algún problema co trebello que avise por aquí. Grazas! Banjo tell me 15 de decembro de 2016 ás 18:31 (UTC)

Mini-encontro en PontevedraEditar

Boas a todos, esta semana estou de vacas en Ponteareas, se vos animades podemos quedar nalgún sitio, Pontevedra, Vigo ou onde vexades, para tomar un café e charlar un pouco. Que dicides Estevoaei, Lameiro, Mvence, Pontesiño, Servando2, Xas, JaviP96, Andrespe, Beninho, Francisco J. Gil, ArtaiGZ, Paradanta, VaiPolaSombra, Vigués orgulloso de selo, Harpagornis e , Vivaelcelta? E todos os que se queiran achegar, claro está. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 03:04 (UTC)

@Estevoaei: Eu vivo no Rosal. Si, podo quedar. --Vivaelcelta (conversacontribucións) 27 de decembro de 2016 ás 15:13 (UTC)
Sen problema ningún. Decide día, hora e lugar. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 19:35 (UTC)
Lameiro; Vivaelcelta: quedei con Elisardo hoxe ás 20 horas en Redondela (ArtaiGZ?); vaivos ben? --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de decembro de 2016 ás 07:50 (UTC)
¿E non será unha inocentada do Estevo(aei)? Un pouco lonxe pero, bueno, concreta o sitio. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de decembro de 2016 ás 14:29 (UTC)
:D non sei Lameiro..., eu vou ir e logo veremos o que pasa :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de decembro de 2016 ás 15:40 (UTC)
Ó final hoxe non puido ser, se vos animades podemos quedar outro día, anímase alguén máis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de decembro de 2016 ás 02:30 (UTC)
Si. Eu vou. --Vivaelcelta (conversacontribucións) 30 de decembro de 2016 ás 18:59 (UTC)
Síntoo compañeiros, non me decatei que o sábado xa é o 31, e eu o domingo xa marcho. Queda para outro día, a ver se o podemos organizar un pouco mellor. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 20:20 (UTC)
Calquera cambio para outra día, estarei ao tanto. Saúdos --Harpagornis (Talk) 2 de xaneiro de 2017 ás 23:45 (UTC)

Wiki Speaks Your LanguageEditar

Hello all and sorry for writing this message in English. It is my pleasure to inform you about the launch of the Wiki Speaks Your Language initiative with the goal of enriching the Wikimedia projects with freely licenced audio (and video) files documenting spoken examples of every language, language variety and dialect in the world.

The idea originates from the curiosity of many readers viewing language articles not only to read about the language but also to hear how does it sound. In most of the cases, our language articles lack such files and readers usually end up searching videos on YouTube, notwithstanding that we have the capacity as a movement and the resources to meet their wish.

The initiative lists three possible ways of acquiring the freely licenced audio (and video) files: 1) by adapting existing audio and video files on Wikimedia Commons (mostly from the Spoken Wikipedia projects), 2) by liberating existing audio and video files from the repositories of GLAM and educational institutions, and 3) by engaging Wikimedia communities, GLAM and educational institutions in the recording of new audio and video files.

In the first phase of the initiative, the easiest way to start is by working with the resources we already have and therefore my proposal and kind request to the Galician Wikipedia community is to get involved in adapting existing videos from the Wikiproxecto Galipedia falada. There are some useful tips on what the existing files should be adapted to. The adapted files should be categorised under "Category:Wiki Speaks Galician" and added to the list of languages.

Best regards.--Kiril Simeonovski (conversa) 13 de xaneiro de 2017 ás 14:05 (UTC)

AportarEditar

Do mesmo xeito que aspiramos a ter artigos bos tamén pretendemos ter artigos ben escritos. Para conseguir ese obxectivo na Galipedia acudimos as fontes normativas que nos permiten, xunto ao respecto de distintas escollas no léxico, traballar na procura da calidade da escrita. O revisor ortográfico semella un bo recurso para axudar a conseguir ese obxectivo. Onte saiu do revisor aportar porque aparece como forma menos recomendable de achegar na RAG. Cómpre definir ese «menos recomendable»: aportar é o exemplo típico de mal uso coa acepción de achegar. No Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega, Benigno Fernández Salgado p. 106. di

«ETIM. palabra comodín adaptada como o español do francés apporter (< tal. APPORTARE), que tamén ten en italiano a voz paralela apportare. NORM. E SEM: Co senso de achegar, contribuír, fornecer ou proporcionar é voz condenada pola normativa galega. Este vocábulo non existe en portugués.

Os servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas teñen recursos onde avisan do mesmo: a Universidade da Coruña en Sobre a calidade da nosa lingua, Goretti Sanmartín Rei (coordinadora) p. 66. recolle aportar como forma incorrecta como sinónimo de achegar, en Lingua galega. Dúbidas lingüísticas da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo p. 71. di:

aportar: significa ‘chegar a porto’. Non se debe utilizar co significado de ‘achega’, ‘contribución’.

O Servizo de Normalización Lingüística da USC na páxina de consultas di o seguinte:

Consulta: É correcto utilizar "aportar"? Resposta: Si, pero "aportar" significa "chegar a porto", e non se pode utilizar co significado de "proporcionar algo novo ou distinto a unha determinada cousa". Ex: *Aportou unha nova visión do problema? / Achegou unha nova visión do problema?

A Xunta de Galicia no Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia Glosario de expresións e termos (en formato wiki) afirma:

En galego o verbo aportar só se utiliza na acepción de «chegar o barco a porto».

Como conclusión a miña proposta é que recuperemos aportar como forma incorrecta co significado achegar no revisor ortográfico. Un cordial saúdo. --Prevertgl 26 de xaneiro de 2017 ás 16:43 (UTC)

  • Creo que todos aprendimos que aportar era chegar a porto e non subministrar, achegar, etc. Todos tiñámolo claro ata que a RAG veu dicirnos que non, que non é incorrecto ese segundo uso aínda que sexa menos recomendable. Non sei cando adoptaría esta decisión pero antes non era así: "O uso deste verbo co significado de 'contribuír con algo para algún fin' é incorrecto" (DRAG en papel, 1997). Pero tamén creo -xa o dixo alguén antes- que si hoxe a RAG xa non o considera incorrecto, nós non podemos facelo e teremos que afacernos a esta segunda opción, guste que non guste. O mesmo razoamento, por suposto, pode aplicarse a tódalas voces que a RAG considere correctas aínda que as tache de menos recomendable. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 00:40 (UTC)
Manuel Rodríguez Alonso explica perfectamente o asunto en Boas e malas palabras: aportar/aportación. Na miña mensaxe non cuestiono a autoridade normativa da RAG senón que ese «menos recomendable» é interpretable, nin ten o mesmo significado para todas as palabras nin quere dicir que sexa correcta esa escolla: simplemente aparece como «tolerada». O VOLGa, respecto das formas toleradas, no documento Vocabulario ortográfico da lingua galega. Criterios de elaboración recolle:
Recoñecemos que entre os sinónimos prohibidos, os tolerados e os admitidos non hai unha fronteira clara; fóra dos casos en que se poden aplicar razóns obxectivas moi claras, a maioría dos casos teñen unha fronteira borrosa e meter unha voz dentro dunha das tres categorías depende bastante da intuición (ou, se se quere, da teima) persoal. A dos dous responsables deste dicionario non coincidían sempre, así que unhas veces ía a dun por riba e outras a doutro (oída a opinión dos axudantes). Hai daquela moita materia para discutir e discrepar, á parte das incoherencias e erros e disparates que puidésemos cometer, que non serán poucos.

As referencias que incluín tentan poñer no seu contexto ese aspecto interpretable. Outro exemplo, supoño que todos nos temos sorprendido por ver unha cadea de tendas de bricolaxe co lema «o rei do bricolaxe» cando sabemos que a norma sobre as palabras terminadas en -axe ditamina xénero feminio agás as excepcións que todos coñecemos. Durante un tempo no dicionario estivo esa entrada co xénero masculino sen significar que fose correcta. Por último, non me gusta usar este exemplo, con todo, penso que é expresivo abondo para valorar o significado de «menos recomendable»: en castelán teñen como entrada do dicionario almóndiga e a ninguén que fale e escriba con corrección se lle ocorre usar esa palabra por moito que Karlos Arguiñano chegue a empregala nun programa televisivo. Nese punto, é no que estamos co «menos recomendable». Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de xaneiro de 2017 ás 03:46 (UTC)

Vou poñer eu outro exemplo que se me ocorreu onte á noite, aínda que non é o mesmo problema pero que si creo que pode ter importancia neste caso. Hai bastantes artigos de lugares que de cando en vez son modificados por usuarios porque din que non é o nome correcto da súa aldea, e que facemos na Galipedia nesas ocasións? O máis habitual é que se reverta a edición e que se avise ó usuario de que na Galipedia usamos os nomes dos lugares baseándonos na referencia do Nomenclátor, e que se queren facer algunha reclamación ou modificación teñen que poñerse en contacto coa entidade encargada desa fonte. Para min este é un caso semellante, non sei por que nin por que non nin dende cando nin ata cando, a RAG acepta un termo e publícao na súa web. Unhanova acaba de comentar que segundo lles consultou ós da academia o DRAG está máis actualizado que o VOLG, polo tanto, aínda que non estou de acordo, como noutras cousiñas que fai a RAG, eu non me vexo na "autoridade" de dicir que na Galipedia non se pode usar ese termo e adicarme a substituílo "sistematicamente" dos artigos. Penso que poderíamos preguntar á Academia a razón desta inclusión ou incluso solicitar que a desfagan achegando as referencias que coñecemos, pero polo momento eu creo que as formas que eles aceptan nós non as podemos "perseguir". Ó mellor dentro duns meses xa non é correcta e, en canto nos decatemos, poderemos comezar a "caza de bruxas" e despois da caza xa ninguén poderá dicir nada, pero antes de que pase iso penso que debemos "convivir", aínda que non nos guste, con elas. E estou falando de tódalas formas "menos recomendables" da RAG porque facer unha excepción para unha delas non me parece correcto, xa que o problema de todas elas penso que é o mesmo.
No exemplo da almóndiga, é certo que non se escoitará ese termo de forma habitual e que no caso de escoitarse sonará raro, pero mentres estea aceptado pola RAE a ninguén que o use se lle pode dicir que ten un erro ortográfico, pode dicirse que usa termos rebuscados, argot ou algo así, pero non que é un erro ortográfico... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 09:24 (UTC)

A consulta sobre as discrepancias entre o VOLG http://academia.gal/recursos-volg#http://academia.gal/Volga/? e o DRAG http://academia.gal/dicionario en liña fixéralla ao Portal das Palabras http://portaldaspalabras.gal/ Unhanova (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 11:14 (UTC)

  • É evidente que nós non somos unha autoridade normativa, por iso, necesitamos fontes como o nomenclátor ou o dicionario da RAG. Do mesmo xeito é patente que unha enciclopedia non se escribe en linguaxe coloquial. Por exemplo, aínda que todas son palabras admitidas pola RAG non escribimos: «Castelao foi un nacho que naceu o primeiro mes do ano, que ten trinta días e un días…» nin «Rosalía era unha tipa que naceu no inverno do século no que inventaron a locomotora de vapor…» Os exemplos poden parecer esaxeracións, con todo, implican, na práctica, que determinadas escollas ou construcións verbais non se admiten. Cada vez que editamos estamos aplicando un conxunto de escollas veñan do libro de estilo, da procura da coherencia en artigos dun mesmo tipo, en acordos tácitos ou noutras directrices que nos axudan a decidir. Todo iso respectando a variedade do léxico e as diferentes preferencias dos colaboradores que fan a primeira edición. Mesmo, agora, está aberta unha votación onde hai que decidir en cuestións de estilo moi minuciosas. Máis exemplos, nos artigos de ciencia escollemos entre litros e canados, entre metros e ferrados… E así sucesivamente. Non temos capacidade para revisar as formas «menos recomendables» do dicionario da RAG, conforme. Tampouco temos capacidade para determinar se é correcto o nome no nomenclátor dun pequeno lugar afastado de dous habitantes, por iso desfacemos a edición. En troques, se vemos no nomenclátor escrito Saint-Jacques-de-Compostelle, de inmediato recoñecemos que algo vai mal. Nesas estamos. A proposta é recuperar o aviso desa entrada na listaxe do revisor ortográfico, non se trata de perseguir a ninguén. Penso que podemos acordar unha fórmula aceptable que nos permita atopar unha solución, iso é o que propoño. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de xaneiro de 2017 ás 15:49 (UTC)
Síntoo Prevert, estes días estiven liado e pasóuseme o teu comentario ata este momento. O que eu dixen de "perseguir" non ía por perseguir ós usuarios, ía polo tema de que se deixamos un termo na lista de erros do revisor ortográfico, máis tarde ou máis cedo, alguén porase a revisar os artigos para eliminar esa forma "incorrecta"... Entendo o que dis, pero non estou seguro de que sexa o máis axeitado..., debería comentar máis xente o que opina deste tema.
E unha segunda cuestión ó respecto, esta "acción" só sería para o termo *aportar, ou debería ser de aplicación para tódalas formas "menos recomendables" que indica a RAG? Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2017 ás 01:24 (UTC)

Colaboracións con institutosEditar

Boas, estes días, a raíz dun pequeno obradoiro que fixen nun colexio, estiven pensando na posibilidade de facer algunha actividade similar nos institutos. A idea sería contactar cos departamentos de Normalización Lingüística dos institutos que teñamos preto, comentarlles que na Galipedia queremos que o proxecto se achegue un pouco ás aulas, que creamos os Wikipedia:Proxectos pedagóxicos, e que poderíamos facer unha actividade relacionada con isto. O que se podería facer sería un pequeno obradoiro de edición da Galipedia usando o Wikipedia:Editor visual e como actividade pediríaselle ós alumnos que amañaran a ortografía dun dos artigos de Categoría:Wikipedia:Artigos que precisan de revisión ortográfica. Esta podería ser unha forma sinxela de comezar a introducir o proxecto nas aulas, os alumnos coñecerían a Galipedia mentres melloran a súa ortografía.

Eu podo contactar co instituto de Culleredo e tamén co de Coristanco, no que xa fixemos un obradoiro o ano pasado, outros podedes contactar cos centros que teñades na vosa vila. Tamén nos próximos días porei na Galipedia a presentación que usei para facer o obradoiro de edición en Coristanco, e se alguén a precisa tamén lla podo mandar por correo electrónico. Se queredes, podemos redactar entre todos unha carta de contacto para os departamentos de Normalización.

Penso que podería ser unha boa actividade e que podería abrir portas para ir facendo no futuro proxectos máis interesantes. Todos os que queirades sumarvos a esta iniciativa sodes benvidos e as ideas e achegas que teñades, tamén. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2017 ás 23:39 (UTC)

A min paréceme un dos proxectos máis importantes, e imprescindibles, que se poden realizar na Galipedia neste momento. Non podo colaborar de xeito presencial pero tentarei adicar parte do tempo do que dispoño para axudar, se é preciso, aquí mesmo. Grazas Elisardojm. Un cordial saúdo. --Prevertgl 7 de febreiro de 2017 ás 17:01 (UTC)
Prevert, o apoio xa é unha axuda :).
Polo momento xa subín aquí a presentación de introdución ó Editor Visual, está aquí (teño que engadir unha pantalla pero a gran parte do contido xa está dispoñible, as revisións e achegas son benvidas), se alguén a quere en formato odp que me avise. O que tamén se pode facer ó contactar cos institutos é comentar outro tipo de colaboracións posibles para os alumnos, como por exemplo traducir artigos de calidade ou bos da Wikipedia en inglés, de forma individual ou en equipo, ou traballar nos artigos relacionados co Wikipedia:Wikiproxecto Matemáticas... Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2017 ás 17:44 (UTC)
  Discordo. Creo que este non é un proxecto para levar aos institutos. Que a coñezan si, que a consulten tamén, pero eu persoalmente non metería a moz@s de instituto a participar neste proxecto, se logo se queren meter é outra cousa, pero non facelo como unha actividade máis da clase. Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2017 ás 14:41 (UTC)

Explico por que non concordo para que non haxa malentendidos. Cada día vexo ducias de moz@s pola rúa, nas prazas, esperando polo autobús, todo o tempo mirando unha pantalla, ás veces vexo grupos de estudantes de instituto que están mirando cada un o seu móbil. Creo que poñerlles máis horas no instituto a mirar unha pantalla non é o que precisan. Si creo que se pode publicitar a Galipedia para que a usen, pero creo que nesas idades unha actividade como esa non é o que precisan. Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2017 ás 20:45 (UTC)

Piquito, os mozos cada vez van ter que facer uso das tecnoloxías da información, diso non cabe dúbida, a escola dixital non é o futuro, a escola dixital xa está chegando. Como exemplo podo comentarche que o meu fillo de dez anos comezou este curso sen libros e cada neno ten en clase un pequeno portátil cos contidos das materias en formato dixital, con exercicios, acceso a Internet e diferentes tipos de actividades, ós que poden acceder dende calquera lugar grazas a un aula virtual.
Non se pretende con esta actividade que teñan máis tarefas, o que se pretende é que poidan utilizar ferramentas novas, que aprendan a diferenciar a calidade da información e das fontes, que teñan un incentivo na súa aprendizaxe pola reutilización do seu traballo, que aprendan o que é a cultura libre e a compartir, que aprendan a traballar en equipo, etc. Creo que todas estas cousas son positivas e que poden axudar ós nenos a formarse dunha forma máis eficaz. Pero claro, eu non teño experiencia neste campo, tan só é unha idea, unha proposta, que deberán valorar os responsables da formación dos mozos, pero para que poidan valorala primeiro haberá que facer que coñezan que existe esta posibilidade, que a proben, e logo que decidan.
Pero se a comunidade considera que esta actividade pode ser contraproducente pois non pasa nada, seguiremos con outra cousa :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 17:15 (UTC)