Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 21

Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36

Catedral de Santiago de CompostelaEditar

Deixei unha proposta na Conversa:Catedral de Santiago de Compostela. Non sei se é un contido axeitado, se non é importante ou ben acreditado por expertos, a verdade é que eu escoitara o caso e logo o lin nun libro de Historia de Galiza da Ed. A Nosa Terra, descoñezo se os expertos (ou non) que sosteñen que poda ser certo que quen está enterrado na Catedral é Prisciliano son personalidades de crédito. O dito, eu lin esta información e non a puxen por non saber se é axeitada, se pensades que é axeitada tiramos para adiante, e se alguén sabe máis desta hipótese e o tema sae aceptado, animoo a traballar no asunto (eu son un profano neso) Un saúdo, Piquitoconversa 13:53, 8 de Agosto do 2011

Leeches o artigo "Prisciliano"? Alí explícase o tema--. HombreDHojalata.conversa 12:06, 8 de agosto de 2011 (UTC)
Lin, mais o que digo é se debería incluirse no artigo da Catedral, xa que está relacionado. Xa sei que é unha hipótese moi discutible, mais penso que debería meterse nun pequeno artigo dentro do da Catedral explicando as teorías ao respecto. É unha idea, púxena aquí para que a comunidade opine porque vexo que nas páxinas de conversa vai todo moi lento e coido que o artigo da Catedral de Santiago ten méritos para ser de calidade, o único propósito da discusión é ampliar o artigo e falar do máximo que se poda no mesmo, persoalmente paréceme unha hipótese importante para incluír no artigo a fin de que sexa o máis completo. Saúdos, Piquitoconvesa 15:09, 8 de agosto do 2011

Galego WikinewsEditar

Ola Galicia!

Eu son brasileiro e son gl-2. Eu descubrín un xeito de contribuír a Galipedia, e é creando un dos únicos dous proxectos que faltan por aquí, Galego Wikinews! [1]

O proxecto está no Incubator, e eu pido a axuda de todos vostedes para termos un proxecto galego, polo que debes escribir alí!

Eu, aínda sendo brasileiro, amo a Galicia, entón conten comigo na Galinews!

Entón, pido que apoien a creación aquí!

MetalBrasil 21:23, 8 de agosto de 2011 (UTC)

Xa din o meu apoio. Paréceme un interesantísimo proxecto, que debo de recoñecer que descoñecía. Anímense a expresar o seu apoio, compañeiros! --Paradanta (Cóntame) 12:52, 10 de agosto de 2011 (UTC)


Si estaria ben pode-lo ter, pero non vexo onde estàn os recursos para poder. Polo de momento os proxectos WIKIMEDIA que andan son
  • a Galipedia (enciclopedia) mui ben tendo sempre un nucleo de usuarios a cotío,
  • o Galizionario (dicionario) vai tirando a bastante calidade con usuarios de calidade e algùns de fidelidade de moitos anos (dos que destaca Furagaitas sen botarlle agarimo ningùn),
  • o Galibros e a 'Galicitas' van vivindo a poucas con usuarios de calidade que botan un pulo por tempadas,
  • a Galifontes esta parada con 355 artigos.
  • E podese decir que temos usuarios en lingua galega que danlle arreo todo o que podén à ises proxectos. Non vexo onde van nacer outros recursos ? Os proxectos citados poden durmir un pouco sen perder, poden agardar para medrar en calidade e en cantida, as achegas poden sumarse no tempo. Un Galego Wikinews non pode aturar un funcionamento e unha actividade de usuarios dispersa no tempo e no traballo colectivo (por exemplo non me parece posible que un usuario ande a traballar por tempadas en solitario, cousa que é soportable nos outros proxectos).
  • Conclusion. De non ter en Meta unhas lineas de proxecto que da por minimo, a periodicidade ( semanal, mensual, anual) dos eventos, o tipo de eventos, o tipo de fontes e os limites, e un minimo de usuarios que se comprometen a editar en coherencia co proxecto proposto, poìs   Discordo.

Agardo ùns dìas polo caso que xurda unha proposta, non quero frear nada, antes de ir discordar en Meta. --Elvira (conversa comigo) 14:02, 10 de agosto de 2011 (UTC)

Hoxe apuntei en meta que ainda non é viable na actualidade (agosto 2011) crear Galego Wikinews, xa que dende o 10 de agosto non brotou ningun elemento de compromiso concreto. Saúdos --Elvira (conversa comigo) 12:32, 24 de agosto de 2011 (UTC)
Suxestión

E se fixésemos unha páxina no meta a fin de xuntar unha lista de usuarios con compromiso de manter a Galinews actualizada, con algunhas información xeral, sobre periodicidade, etc.? Que pensan? Así non necesitamos de medo do proxecto parar ás moscas MetalBrasil 12:01, 28 de agosto de 2011 (UTC)

  • Así pois a solución vai por ise camiño, a ver quen pode polo momento ? Eu non teño disponibilidade mais da que dou --Elvira (conversa comigo) 13:55, 28 de agosto de 2011 (UTC)
Podo volvelo, pero non sei o lugar correcto no meta de iniciar esta páxina de assinaturas. Alguén me pode axudar con un link? MetalBrasil 22:51, 28 de agosto de 2011 (UTC)

Arquimedes ou ArquímedesEditar

Eu son de ciencias, e chocoume que, sendo o título na Galipedia do artigo Arquimedes, comece dicindo "Arquímedes (287 a.C. - 212 a.C.) foi un..." Como non teño acceso a moitas fontes galegas sobre o personaxe (nin sequera sei se as hai), o único que podo dicir é que o seu nome en grego antigo é Ἀρχιμήδης, polo que a súa trascrición latina sería Archimēdēs, con acento tónico no primeiro e xa que, ao ser este un e longo, non pasa o acento tónico para a sílaba anterior, polo tanto, a adaptación ao galego debería ser Arquimedes (como, por outra parte, é en portugués e en catalán; en italiano é Arquimede, coa mesma acentuación). O acento no i parece, a simpe vista, cousa do castelán e, como (case) todos nós fomos escolarizados en castelán, estamos afeitos a falar do principio de Arquímedes (e penso que aos novos, escolarizados —parcialmente— en galego, os seus profes de física tamén lles falarán de Arquímedes).
Outro asunto é o de Arquimedes/Arquímedes do título. Dado que se buscamos Arquímedes se nos liga á páxina Arquimedes, penso que o editor (ou editores) deste artigo pensan que ambas as pronuncias son equivalentes, a primeira por criterio etimolóxico, e a segunda, por razóns de uso. Pero tamén penso que isto deberíanolo aclarar.

A miña modesta opinión é a de que debe prevalecer a forma consonte coa etimoloxía. --XoioÉche o que hai 23:42, 10 de agosto de 2011 (UTC)
  •   Feito!, e boa explicación. Xoio, lembra que non fai falla que traslades o exposto nas páxinas de conversa para A Taberna. Entendo que queiras aburar a xogada e reducir os tempos, pero o que se crea é unha confusión e un dobre espazo de debate innecesario. Se algunhas veces os comentarios nas páxinas de conversa non atopan resposta, tende a ser máis porque os outros non temos claro que poidamos achegar unha opinión de interese ca porque non o lésemos. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:50, 10 de agosto de 2011 (UTC)
Certamente Alejandro. As veces ábrense tres ou maís conversas paralelas do mesmo tema (na conversa dun artigo, na taberna e nas conversas dun ou varios usuarios). Se se quere comentar na taberna, ou noutro lugar, que hai un tema aberto na conversa dun artigo, pódese deixar unha anotación do tipo:
Na [[conversa:ArtigoX]] abrín un fío. Por favor pásate/pasádevos a dar a vosa opinión.
Sen máis. E centralizar así a discusión nun so lugar--. HombreDHojalata.conversa 07:05, 11 de agosto de 2011 (UTC)

DólarEditar

Propoño eliminar a redirección de Dólar para o artigo Dólar estadounidense, paréceme darlle demasiada importancia á moeda dos Estados Unidos, é máis, propoño transformar a páxina de Dólar nunha páxina similar á das wikis en inglés, catalán, castelán ou francés. Hai moitos tipos de dólar (como nos pasou no caso do rublo) polo que penso que é un erro moi grave esta redirección. Un saúdo, Piquitoconversa 00:41, 13 de Agosto do 2011

  Concordo; Piquito: anímote a converter a redirección nun artigo de homónimos; se precisas axuda, bótoche unha man. Moi boa proposta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:48, 12 de agosto de 2011 (UTC)

  Concordo --Elisardojm (conversa) 01:09, 13 de agosto de 2011 (UTC)

Adiante, dálle duro!--. HombreDHojalata.conversa 05:34, 13 de agosto de 2011 (UTC)
  •   Concordo Non sei se podo votar, pero concordo plenamente coa proposta.--Xabier Cancela (fálame) 19:07, 15 de agosto de 2011 (UTC)
  •   Concordo por demais penso ca páxina Dólar pode servir para homónimos --Elvira (conversa comigo) 21:42, 24 de agosto de 2011 (UTC)
  Feito! MetalBrasil 13:15, 28 de agosto de 2011 (UTC)
  • Continuei o traballo de MetalBrasil na páxina Dólar e recollin os complementos de Dólar (homónimos) (páxina creada no ano 2007). Tratandose da fusion, eu estou a favor de gardar Dólar para os homónimos, xa que non queremos favorecer ningún dólar, e que sabemos ben que sempre van seguir ligazóns incorrectas, penso que é mais produtivo cas ligazóns incorrectas da palabra dólar caian na páxina dos homónimos (tanto para o lector, como para o usuario que anda patrullando) --Elvira (conversa comigo) 15:15, 28 de agosto de 2011 (UTC)
  • Sintoo, mais non concordo coa idea de que a páxina de Dólar sexa unha páxina de homónimos (considero máis axeitada a deDólar (homónimos). Eu convertiría a páxina de dólar nalgo parecido ao caso do rublo explicando as orixes do nome, o símbolo, etc. Non sei qué pensades do tema, co que digades deixamos o tema. Saúdos, Piquitoconversa
    Concordo con Piquito. Non vira o que di Piquito, pois si, no caso dunha páxina Dólar xenérica, tal como rublo, pois concordo cos homonimos queden en Dólar (homónimos), xa que a)non favorecemos ningún dólar e b)cando as ligazóns non axustadas caen nos homonimos ou nuha páxina xenérica, non é drama e podese esperar o axuste sen problema. Para fazer o translado hai que crear ao artigo xenérico, penso eu. Si alguén quere botarse, para mín non hai problema, adiante--Elvira (conversa comigo) 19:41, 14 de setembro de 2011 (UTC)

SepulturaEditar

Ver aquí —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoio (conversacontribucións) o 26 de agosto de 2011 ás 16:09

*Pais da Igrexa ou Padres da IgrexaEditar

Ver aquí —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xoio (conversacontribucións) o 27 de agosto de 2011 ás 15:29

Lista de sinaturas de editores interesados na GalinewsEditar

Baseado nos comentarios dos usuarios que discordan da creación dunha Wikinews para Galicia, o argumento principal e presente en todos entre é que a Galinews non tería editores interesados e quedaría abandonada. Vendo iso, e considerando o argumento prudente, atopei unha solución para descubrir realmente da viabilidade dunha Galinews:

Creei unha lista de sinaturas no meta de usuarios que están realmente interesados na creación dunha Galinews. Polo tanto, só asine se está realmente interesado!

Pido a participación da comunidade galega ao apoio deste proxecto tan importante na esfera Wikimedia, que a comunidade galega xa merecía ter a esa altura (na miña opinón)!

Entón, se están interessados, pido que asinem aquí

MetalBrasil 19:30, 3 de setembro de 2011 (UTC)

Os dous talosEditar

Propóñovos para a vosa consideración se a solución provisional que lle din ao problema da distinción so talo, un dos órganos en que se divide o cormo das plantas vasculares ou cormófitos (canda a raíz e as follas) do talo dos talófitos ou vexetais inferiores, corpo indiferenciado en raíz, talo e follas, ou se é posíbel mellorala (eu penso que é imprescindible que se mellore). Ver Talo#Os dous talos, ou o talo e o cuale? --XoioÉche o que hai 11:19, 22 de setembro de 2011 (UTC)

  • Para mín, despois de ler ben, non é provisional, esta ben claro coa páxina Talo (homónimos), quedando o artigo Talófitos, que según entendo vai ser Talófitas, retrandólle a #REDIRECCIÓN[[]]? . --Elvira (conversa comigo) 20:59, 22 de setembro de 2011 (UTC)
    • Non é tan simple a cousa. Resulta que talo e caule son sinónimos aínda que, como acontece tantas veces, non son sinónimos estritos: talo pode aplicarse tanto a plantas superiores como inferiores (talo da verza, caule da verza, talo da alga), mentres que caule só pode aplicarse a plantas superiores (caule da verza, non *caule da alga). Iso non me queda claro nesa sección. Máis: nesa sección creo que se dá unha opinión non referenciada. Dicir que en galego (e portugués) adoita diferenciarse talo do cultismo caule, aínda que se matice que nos textos botánicos, debe referenciarse. Desde logo, creo que caule só se empregará nos textos científicos, e nunca no galego común. Pedro --Lameiro (conversa) 21:24, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Para Elvira:
Efectivamente,   Concordo co de talófitas (aínda que persoalmente non concorde, as normas son as normas, e a elas debemos aternos), e agradezo a súa corrección.

Para Pedro (Lameiro):
Espero que, despois de último retoque que fixen, quede máis claro o que quixen dicir en dita sección. Efectivamente, talo (voz patrimonial) e caule (cultismo de recente entrada) son sinónimos parciais, e   Concordo en que caule só debe usarse en contextos botánicos cultos.
Como non tiña hoxe a man o Houaiss, fixen a referencia (pedida) co dicionário de Porto Editora, no que creo que quedan claros os significados de ambos os terrmos. Polo que respecta ao galego, algúns usan (usamos) o cultismo caule en libros e artigos científicos ou de divulgación e, de feito, xa está recollido no VOLG. Así, na lingua falada diremos: o talo da verza ou cañoto..., pero nun libro ou nunha clase de botánica, mesmo no ensino primario e secundario, deberemos dicir: nas plantas superiores ou cormófitas o corpo vexetativo está constituído pola raíz e o vástago ou parte aérea que, á súa vez, está formado polo caule e as follas. --XoioÉche o que hai 14:57, 23 de setembro de 2011 (UTC)

Clima nas cidades galegasEditar

Estou a incluir nas cidades galegas unhas táboas de datos climáticos como hai un tempo fixen con A Coruña, acabo de incluír unha igual á da Coruña en Santiago de Compostela, mais hai unha táboa anterior con datos do IGE. Non creo que a que incluín eu sexa mellor ou peor, o único que penso é que hai que eliminar unha das dúas, e dende o meu punto de vista debería ser a do IGE, xa que se entras na ligazón se pode ver que son datos dun ano, a táboa que incluin eu é da AEMET e inclúe datos dende 1971 e rexistros de máximas e mínimas absolutas, polo que me parece máis completa e fiable (un ano non me parece moi significativo), sen desmerecer o traballo do outro usuario que creou a outra. Un saúdo, deixo a decisión en mans da comunidade, Piquitoconversa17:59, 22 de setembro do 2011

  1.   Concordo Totalmente de acordo, Piquito. Para que os datos meteorolóxicos sexan representativos dun clima os expertos coinciden en que son precisos series de datos de como mínimo 30 anos. De feito, era algo que eu xa pensara en facer hai tempo. Un saúdo, meu! --Paradanta (Cóntame) 15:33, 23 de setembro de 2011 (UTC)
  1.   Concordo Porque os datos da nova táboa ten razón Piquito que son máis completos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:32, 24 de setembro de 2011 (UTC)

LugoEditar

Aínda que xa hai unha proposta no referente ás táboas de clima das cidades galegas (referíase ao caso concreto de Santiago de Compostela), quería abrir un novo debate para falar do caso do artigo de Lugo, xa que como é un artigo de calidade penso que é mellor abrir un fío novo de debate. A miña proposta é incluír unha táboa igual á que xa hai nos artigos do resto das cidades galegas (se ben no caso de Ferrol a táboa é menos completa, xa que foi tirada de datos da web do concello) co fin de estandarizar tódalas táboas de clima das cidades galegas, non se trata de eliminar o que hai (as fontes sinaladas na sección son fiables), senón de mudalo para o modelo estilístico que hai nos outros casos e ampliar os datos que xa hai. Sei que é un cambio mínimo pero prefiro consultalo á comunidade para que decida, xa que o artigo é do mellor da wiki e non quero tomar eu individualmente unha decisión que non comparta a comunidade. Un saúdo, Piquitoconversa

  •   Concordo. É unha táboa moi moi completa e con moita información.--Adorian (fálame) 13:42, 28 de setembro de 2011 (UTC)
  •   Concordo Tamén tes o meu apoio. Pedro --Lameiro (conversa) 13:53, 28 de setembro de 2011 (UTC)
  •   Concordo --Atobar (conversa comigo) 13:59, 28 de setembro de 2011 (UTC)
  •   Concordo ----Elisardojm (conversa) 01:51, 29 de setembro de 2011 (UTC)

Espazo de nomes PortalEditar

Abro este fío de debate para decidir o que se pode facer co espazo de nomes Portal. Actualmente, a Galipedia ten habilitado para o seu uso este espazo de nomes xunto co de conversa asociado. Nin sequera temos configurada a tradución para os seus nomes, que están en inglés: Portal (este coincide co galego) e Portal_talk (que por coherencia debera ser Conversa_portal). Apenas temos 15 páxinas pertencentes a dous portais completamente abandonados: Portal:Historia (que en realidade está en Usuario:Xosé/Portal:Historia) e Índice portais. Que facemos cos portais? Vedes viabilidade en que sigan a existir? Pedimos que eliminen este espazo de nomes?

Persoalmente opino que se non imos crear portais a curto ou medio prazo, é innecesaria a súa existencia. As páxinas que temos no espazo de portais ou ben podemos conservalas no espazo Wikipedia ({{Xacemento wikipédico}}) ou ben borralas. A ver que dicides. --Toliño Fala aquí comigo 13:43, 12 de outubro de 2011 (UTC)

Innecesario e sen uso por anos. Borrar. --. HombreDHojalata.conversa 14:01, 12 de outubro de 2011 (UTC)
Vós sabedes mellor ca min se hai pulmón na Galipedia pra facer algún portal. Gustaríame saber a opinión de Lameiro. --Xabier Cid Talk 2 me, please 15:36, 12 de outubro de 2011 (UTC)
Formalmente os wikiproxectos son os pulmóns para portais. Noutros proxectos hai correntes a favor dos potais por ser elementos de coordinación entre usuarios e factores de navegación, tamén hai correntes a contra. Concretamente eu, polo que vexo istes anos, penso que temos recursos para un portal "concellos de Galicia" e un ou dous sobre temas mais cientificos. Polo de momento semella que os colaboradores colaboran sin wikiproxecto (escriben prosa sen sabelo, cf. Molière) e non piden portal, un portal poderia axudar, coordenar e atraer outros usuarios ? Non sei. Como di Xabier : a ver o que di Lameiro ... e Xas para os concellos ? --Elvira (conversa comigo) 18:47, 12 de outubro de 2011 (UTC)
Non teño opinión, amigos. Nunca souben para que serven os portais. Síntoo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:07, 12 de outubro de 2011 (UTC)
Eu tampouco sabería dicir moito. Se á comunidade lle parece positivo e consegue coordinar e atraer usuarios, pois adiante... Eu procuro ir facendo cousas (sen moito proxecto) nos concellos e parroquias... Agora ando coa actualización dos alcaldes e das eleccións... Se se fai un portal "concellos de Galicia", pois claro que colaboraría nel. --Xas (conversa) 19:12, 12 de outubro de 2011 (UTC)

¿Alguén pode explicar a diferencia entre un portal e un wikiproxecto?. Para min son básicamente o mesmo e como os portais non se usan eu diría de borralos. Por certo, xa hai wikiproxecto para os concellos, e o wikiproxecto para os concellos polas eleccións do 2011 xa se fixo no seu momento e alí quedou... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:40, 13 de outubro de 2011 (UTC)

Corrector ortográficoEditar

Creo eu que deberiamos crear un corrector ortográfico como ten a Wikipedia en español. http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Corrector_ortogr%C3%A1fico Xa que así nos axudaría a corrixir os erros dos artigos. --Vivaelcelta 17:26, 15 de outubro de 2011 (UTC)

  • ¡Medo me dan os correctores ortográficos! Pedro --Lameiro (conversa) 18:10, 15 de outubro de 2011 (UTC)
Pois eu creo que é unha idea estupenda Vivaelcelta. Lameiro este corrector ortográfico que propón Vivaelcelta non é un corrector automático, o único que fai é, unicamente si tes activado nas túas preferencias o corrector, poñer en fondo vermello as palabras que vexa incorrectas cando estás visualizando un artigo (creo que non funciona no modo en edición pero iso non o mirei a fondo). E outra vantaxe que ten este corrector é que as palabras que revisa controlámolas nós xa que só avisa dos erros que estean nunha lista que hai na wiki (na castelá está en http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Corrector_ortogr%C3%A1fico/Listado). Isto pode ser moi útil porque se nesa páxina poñemos unha lista de palabras que son incorrectas sen discusión posiblemente conseguiríamos reducir un pouco a creación de artigos con eses erros e sería máis doado amañar os artigos que os conteñan xa que saltarán moito máis á vista... Eu usaba este corrector na wiki en castelán e axudábame moito, non sabía como funcionaba pero agora que o vexo paréceme máis útil aínda. Ademais de erros ortográficos poden engadirse á lista descoidos frecuentes como qeu en vez de que.
  Concordo e moito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:18, 15 de outubro de 2011 (UTC)
Como sabedes, xa existe esa función. So hai que empregar o navegador Mozilla Firefox e engadirlle o complemento que fixeron os amigos do Proxecto Trasno. --. HombreDHojalata.conversa 18:35, 16 de outubro de 2011 (UTC)
Si pero esta funcionalidade non estaría integrada no navegador e ademáis a lista de palabras a correxir estaría totalmente controlada por nós... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:22, 16 de outubro de 2011 (UTC)
Não sei se já usaram, mas recentemente o gadget WikEd foi instalado aqui na Galipédia (confiram nas preferências), e ele está configurado para permitir o uso de um botão de typos ( ) que consulta a lista que está esboçada na Wikipedia:AutoWikiBrowser/Typos para fazer correções de erros comuns. A lista é a mesma lista que serve para fazer correções tipográficas com o AWB. Helder 18:27, 17 de outubro de 2011 (UTC)
Non o usara ata o momento, acabo de probalo, só polo corrector e non funciona igual. O corrector que di Vivaelcelta funciona sen editar as páxinas co cal mostra de forma automática dos erros que ten o artigo pero é tarefa do usuario editar o artigo e amañalo, a ferramenta WikEd faino no modo de edición e faino automáticamente. Por outra banda habería que revisar ben a lista de palabras a correxir de ese editor porque mete máis erros dos que amaña, na primeira proba que fixen nun artigo ó chou quería cambiar facer > ir, este > leste (sen saber se é o punto cardinal ou non e así pode meter un cento de erros), e moitas máis, este é o tipo de corrector ortográfico que lle daría medo a Lameiro ;). Para que se pudera usar habería que quitarlle tódalas conversións que non dependan do contexto e aínda así habería que ter ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:19, 18 de outubro de 2011 (UTC)
De fato, a lista atual de correções ainda precisa de revisão, pois conforme podem ver no histórico ela foi obtida por uma simples conversão da lista que já existia na Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións para o formato que é usado pelo AWB e pelo WikEd. Seria muito bom se mais editores, principalmente os falantes nativos do galego, pudessem reivisá-la, removendo ou corrigindo aquelas que não são "válidas em geral", para evitar os falsos positivos do tipo que mencionou. Se ficarem em dúvida por causa das expressões regulares, também podem criar um tópico na página de discussão.
Enfim... Nas outras wikis esse tipo de lista também é mantido pelas próprias comunidades (en, fr, pt), e como já existem por lá há mais tempo, já estão mais estáveis e causam menos erros do que o esboço feito para o galego.
Embora as abordagens dos dois scripts sejam diferentes, achei que valia a pena mencionar o WikEd aqui, pois quem se interessa por uma ferramenta pode também se interessar pela outra. Helder 18:17, 18 de outubro de 2011 (UTC)
Elisardojm no corrector so se poderían meter palabras que sempre sexan incorrectas, como camion en vez de camión, pero non mais por máis, xa que as dúas son correctas. --Vivaelcelta 14:27, 23 de outubro de 2011 (UTC)
O do mais eu si que o poría porque esa ferramenta non é un corrector automático, máis ben é un chivato ortográfico, e é o usuario que está vendo o artigo o que decide en última instancia se esa palabra hai que correxila ou non. Eu penso que deberiamos engadir mais xa que o número de aparicións da palabra sen acento e de forma incorrecta é moito maior ca sen el (e outra cousa, como ó pasar o cursor por riba da palabra resaltada a ferramenta indica a forma correcta nunha etiquetiña, nesa información podemos poñer un comentario aclaratorio). Ademais como a lista de correccións vai a estar nunha páxina da Galipedia podemos cambiala sempre que queramos según vaiamos vendo como funciona. Xa contactei co usuario que fixo o script e díxome que non hai problema, que temos que crear as páxinas Wikipedia:Corrector ortográfico e Wikipedia:Corrector ortográfico/Listado de xeito similiar ás da wiki en castelán e logo avisalo para crear el o script no Toolserver e despois de configurar un par de cousas máis xa funcionará (ou iso espero ;). Cando teña un rato a ver si fago esas páxinas e logo xa vos conto como vai indo a cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16:00, 23 de outubro de 2011 (UTC)
A ver si eu tamén dou en usar esa ferramenta. Polo de momento non se me da. Non desespero--Elvira (conversa comigo) 16:09, 23 de outubro de 2011 (UTC)
Mais eu penso que non. Que un corrector non ten que marcar o "mais", que é correcto en infinidade de casos. --. HombreDHojalata.conversa 17:07, 23 de outubro de 2011 (UTC)
e mais... :), a min non me parece que se use tanto "mais" sen acento, e eu considero esta ferramenta non coma un corrector ortográfico (e que non o é xa que non corrixe nada, a corrección ten que facela o ususario) senón coma un chivato ortográfico. E xa dixen, podemos probar poñendoa ó comezo e si ó usala vemos que da demasiados "falsos positivos" quitámola da lista e listo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:58, 24 de outubro de 2011 (UTC)
Non sei a procura que fixeches, pero a min sáenme de entrada 1766 resultados para "mais" sen acentuar. E botando unha ollada por riba hai varios erróneos que deberan sen "máis". Vou ir con tino co bot para corrixir os máis posibles. E non estou seguro de se é bo engadir esta gralla: creo que ao principio debemos incluír só palabras e termos que son sempre incorrectos e logo xa falaremos doutras cousas. --Toliño Fala aquí comigo 11:54, 24 de outubro de 2011 (UTC)
Pois busquei coa busca avanzada do Google por mais -máis pero non seu por que non funcionou ben, xa me parecía a min raro que houbese tan poucos... Boeno, pois primeiro imos facer que funcione o choio este e logo imos vendo como turra :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:26, 24 de outubro de 2011 (UTC)

Xa fixen unha primeira versión da páxina Wikipedia:Corrector ortográfico, teño que revisala e despois comezarei a Wikipedia:Corrector ortográfico/Listaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:57, 24 de outubro de 2011 (UTC)

Xa fixen tamén a primeira versión da listaxe de erros, só cos erros que comenzan por A de momento. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:27, 24 de outubro de 2011 (UTC)

Xa está instalado o "revisor automático", coa súa páxina de axuda e listaxe e palabras a revisar. Os que o queran probar só teñen que activalo nas súas preferencias no apartado de Trebellos. A listaxe hai que seguir a enchela pero eu penso que ata que non estén metidas tódalas letras e probado un pouco o invento quizais non deberíamos engadir tanto detalle como hai ata agora non vaia ser que se atragante... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:53, 1 de novembro de 2011 (UTC)

  • Pois, eu andabao buscando dende o 24 de outubro ! e anduven cambiando un monton de cousas nas preferencias, e ... estou perdida coas miñas marcas , xa non dou metido sen unha grande preparacion os poucos acentos que sei deles (agas o é non teño posibilidade co teclado). Para ir pa diante hai que dar primeiro algunhas voltas. Polo de momento vou voltar as preferencias basicas e xa volverei ao corrector, porque ten que ser de utilidade para min. Moitas gracias Elisardo --Elvira (conversa comigo) 02:23, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Eu xa crei a caixa de usuario sobre o corrector ortográfico. Modelo:Usuario Corrector --Vivaelcelta 13:48, 1 de novembro de 2011 (UTC)

  • Teño que recoñecer que esa reticencia miña a ferramentas automáticas, como entendín este corrector, está completamente esquecida. A ferramenta é útil, utilísima, e cando teñamos completada a lista de posibles erros a calidade da Galipedia vai subir moitos enteiros. Parabéns ós pais da criatura. Pedro --Lameiro (conversa) 13:23, 5 de novembro de 2011 (UTC)
E eu animo a tódolos usuarios a que a proben, só hai que activala nas preferencias mirar como funciona nun par de artigos, e si non vos gusta podedes desactivala ó momento no mesmo setio. Tamén vos animo a que revisedes e, no que podades, ampliedes a listaxe de termos en Wikipedia:Corrector ortográfico/Listaxe xa que esa é a base e a potencia que terá o revisor (prefiro chamalo revisor porque realmente a ferramenta non corrixe nada, só revisa o artigo e marca os termos incorrectos, o que fai a corrección é sempre o usuario, quizais deberíamos cambiarlle o nome...). Iso si, mentras non coñezamos ben como vai tirando a ferramenta pídovos que só acheguedes termos que sexan bastante comúns e que non podan dar lugar a dúbidas da súa incorrección para non facer unha listaxe demasiado longa. Podemos quedar en revisar o funcionamento da ferramenta dentro dun mes ou así, e según vaia o conto pensar en ampliar, ou reducir, esa listaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:35, 5 de novembro de 2011 (UTC)

Detector de homónimos (desambiguacións)Editar

Creo eu que poderiamos crear unha ferramenta para detectar os enlaces que enlazan a homónimos (desambiguacións), para así cambiar ditos enlaces polos correctos como ten a Wikipedia en español es:Wikipedia:Detector de desambiguaciones. A ferramenta marcaría en amarelo os enlaces que enlazan a homónimos (desambiguacións). Isto é porque hai páxinas de homónimos que no título non teñen a palabra "homónimo" Ex:Alguén que puxo o enlace Alberto García nun equipo de fútbol crendo que este enlace enlaza a Alberto García Salgueiro. --Vivaelcelta 14:19, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Xa está creado Wikipedia:Detector de homónimos. -- Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:00, 3 de novembro de 2011 (UTC)

Boa iniciativa e bo traballo! Vivaelcelta, Toliño ... Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 20:54, 3 de novembro de 2011 (UTC)

Grupo Martín CodaxEditar

Boas, hai xa un tempo (varios meses) que se propuxo a fusión dos artigos Grupo Martín Códax e Martín Códax (grupo de música antiga), eu comprometinme a pasar contidos, non sei moi ben cómo se fai pero estou disposto a aprender a facelo, o que non está claro é: que nome queda? o primeiro ou o segundo, eu paso os contidos, mais teño que saber de onde a onde facelo. Na páxina de conversa da segunda HombreDHojalata e Atobar opinaron que preferían Grupo Martín Codax, dúas opinións me parecen poucas a pesar de ser de dous usuarios de peso (polo que teño visto) neste proxecto, anímovos a todos a que expresedes a vosa opinión para acabar con este asunto. Un saúdo, Piquitoconversa 20:37, 1 de decembro do 2011

Grupo Martín Codax

  1.   Concordo para evitar parénteses. Piquitoconversa 20:37, 1 de decembro do 2011
  2.   Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 20:19, 1 de decembro de 2011 (UTC)
  3.   Concordo --Paradanta (Cóntame) 20:31, 1 de decembro de 2011 (UTC)
  4.   Concordo --Elisardojm (conversa) 23:09, 1 de decembro de 2011 (UTC)

Martín Codax (grupo de música antiga)

Criterios nas categorías dos artigos de calidadeEditar

Vendo a páxina de Artigos de Calidade vexo que Lugo está na categoría Galicia. Na miña opinión non é correcto, debería ir en xeografía, porque: e se dentro dun mes París sae elixido ertigo de calidade? que imos facer, crear unha categoría que sexa Francia? e se despois sae Pretoria, facer outra que sexa Sudáfrica? Penso que debemos ter un pouco de criterio e lóxica á hora de categorizar os artigos de calidade, vendo os que temos todos poderían ir en Galicia. Eu a categoría Galicia a deixaría para cousas típicas do país (festas, tradicións, mitos, lendas...) e non metería cidades ou elementos arquitectónicos (aínda que o caso de hórreo galego non me resulta tan sangrante). O modelo que vexo eu para seguir é o da wiki vasca, que divide cada categoría en Euskal Herria e Mundo, ou símplemente non poñer nada, mais penso que cada cousa no seu sitio. Onde vai ir o Estatuto do 36, en Galicia ou en Política? Que ninguén dos que categorizan os artigos de calidade se sinta ofendido, é unha proposta de mellora que penso pode ser interesante, un saúdo, Piquitoconversa 21:02, 7 de decembro do 2011

Concordo plenamente contigo. O tema xa se falou na correspondente páxina de conversa (Conversa Wikipedia:Artigos de calidade#Simplificar o índice baleiro)--. HombreDHojalata.conversa 10:47, 8 de decembro de 2011 (UTC)

O tesouro da GalipediaEditar

 
Atopaches o tesouro da Galipedia?

Seguro que todos temos pasado horas e horas navegando polos artigos deste proxecto e atopando moitas das pedras preciosas que contén. E seguro que hai outra xente que tamén o fai aínda que non participe na súa creación. E podemos facer que máis xente as busque...

Estes días estou a darlle voltas a unha idea pero como "rompe" un pouco a filosofía xeral do proxecto non sei o que vos parecerá. A proposta é facer un xogo de busca do tesouro pero dentro da Galipedia. Sería un xogo para novos usuarios e usuarios noveis coa idea de darlles a coñecer o proxecto, e quizais facer que queran participar nel tamén.

O funcionamento penso que podería ser bastante sinxelo de desenrolar: comezamos cunha pregunta que faga que os participantes busquen un artigo inicial, nese artigo habería que poñer un modelo/pista que comentara algún detalle e fixera unha pregunta para enlazar co seguinte artigo con modelo/pista, e así ata que nos cansemos... ;), ata que a última pista leve á páxina do tesouro onde cada participante tería que firmar para confirmar o seu achado. Ó mellor tamén habería a posibilidade de incluir algúns traballiños no medio da busca, facer algún artigo pequeno de cousas sinxelas ou poñer controis de "paso". Tamén dependería do nivel que lle queramos dar, ensino primario, bacharelato ou aínda máis, e dos controis que queramos meter.

Pero isto aínda levaría un bó traballiño: buscar os artigos axeitados, preparalos e relacionalos, facer os modelos e as páxinas relacionadas que fagan falta, poderíamos buscar alguén que puxera algúns agasallos para animar un pouco a cousa, e o que penso que é máis importante, dalo a coñecer ben e con tempo para que poda participar toda a xente posible.

Penso que isto estaría ben facelo para celebrar o noveno aniversario da Galipedia, en marzo, pero tería que estar medio listo a finais de xaneiro para poder avisar con tempo e que a xente se enterara. Non sei que vos parecerá a idea pero se queremos poñernos con isto teríamos que comezar xa, pouco a pouco, porque nestas datas as cousas van máis a modo. Ademais se queremos levar isto adiante teríamos que xuntar un grupo de usuarios que se propuxera traballar nisto durante os vindeiros meses. ¿Que vos parece o conto?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:47, 17 de decembro de 2011 (UTC)

Todo iso está moi ben, mais non damos feito para mudar a portada unha vez o mes (andamos pola segunda quincena e Artigo destacado/Votacións esta completamente baleiro! e Sobre Galicia/Votacións case) e ti pensas que estamos par meternos noutras leas? --. HombreDHojalata.conversa 08:10, 17 de decembro de 2011 (UTC)
Iso depende do que estimemos que se pode conseguir con esta proposta. Penso que a Galipedia precisa "sair á rúa" de cando en vez para lembrarlle á xente que está aquí e pode aportar moito porque ten moitas cousas interesantes, e tamén, e isto é o realmente importante, que para seguir adiante precisa a axuda de toda a xente posible. Se cun par de meses de traballo conseguimos aumentar o número de lectores ou conseguir un par de editores, ¿valerá a pena?. Penso que si, e moito. Por outra banda eses traballos que propós, van facer que se derrumbe a Galipedia se non se fan?, hai algo malo en que neste mes e o seguinte se repita a portada ou se repesquen os artigo do ano pasado, por exemplo o de O Nadal na cultura popular galega que é ben bonito? E para este proxecto penso que tampouco se precisa que tódolos usuarios da Galipedia se poñan a traballar nel, penso que cinco ou seis usuarios experimentados que non o deixen de lado poden sacalo adiante.
Por outra banda é algo diferente, unha nova perspectiva dende a que traballar na Galipedia, que non todo vai ser facer sempre artigos e modelos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:58, 17 de decembro de 2011 (UTC)
Paréceme unha boa idea, espero que poda saír adiante. Eu non me podo comprometer (tampouco considero que teña experiencia e control suficiente para colaborar con bos resultados) poque non vou poder contar con moito tempo e quero tentar ampliar un pouco a sección de ópera e algunha outra (que falta fai), sen embargo, se precisades axuda puntual tentarei axudar na medida das miñas posibilidades. Sorte e esperemos que prospere, un saúdo, Piquitoconversa 20:06, 18 de decembro do 2011

Votación para permitir que as traducións sexan artigos de calidadeEditar

Abreuse unha votación para cambiar os criterios dos artigos de calidade e así permitir que as traducións de artigos doutras wikis podan ser artigos de calidade sen restricións máis que as que lle impoñan o proceso de validación da comunidade coma ó resto de artigos que se propoñan. A votación está en curso aquí e o debate inicial atópase nesta páxina de conversa no apartado Traducións e relación dos artigos con Galicia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:12, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)