Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 15
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 |
---|
Bloqueos
editarNon é a primeira vez que se di isto.
Teoricamente un usuario bloqueado pode editar na súa páxina de discusión, pero non é certo. Deberíase amañar isto.
Ademais, semella pouco ético -mesmo ilegal- que un usuario bloqueado non poida editar as imaxes que el mesmo subiu, sobre todo se pretende darlle maior amplitude á licenza. En concreto: Son Lmbuga, pretendo que unha, varias ou todas as miñas imaxes, que actualmente son exclusivamente GFDL, poidan ser ademais Cc-by-sa-2.0. (preferiblemente que sexan todas as posibilidades de Cc-by-sa). Creo que é un dereito que teño, fose bloqueado por min mesmo ou por outro, dá igual.
Rogo que a imaxe da portada (Ficheiro:Glaucopsyche alexis.Mandaio,Oza dos Ríos.jpg) incorpore unha licenza múltipla GFDL e Cc-by-sa en tódalas súas versións (non existente actualmente, hai que creala). A presenza das dúas licenzas que propoño supón menos restrición de dereitos para aquel que desexe empregalas, polo que é lícito e legal, ademais de ser un dereito que eu teño como autor das imaxes, dereito que teño mentres non restrinxa eu o uso das imaxes.
O bloqueo non pode atentar contra os dereitos de autoría, teño dereito a ampliar a licenza da imaxe (tampouco debería impedir os dereitos de expresión nas paxinas adecuadas e ofrecidas: porque se ofrecen e non é posible).
Non podo nin demostrar que son Lmbuga, pois non podo editar como tal nin na miña páxina de usuario (inda que se me expresa que se me permite).
Nun futuro próximo pode haber máis imaxes nas mesmas circunstancias ca esa. Se hei de denunciar o caso, terei que facelo. O problema é que con esa licenza que agora ten esa imaxe, nin sequera eu dou empregado as miñas propias imaxes. Grazas--83.45.143.250 03:23, 1 febreiro 2009 (UTC)
- Concordo Estou totalmente dacordo co prantexamento de Lmbuga, e creo que os administradores deberían proceder a esa extensión da licenza que el pide. Cando un sube fotos á Galipedia ou a Commons especifícase que a doazón é irrevocable, pero o que non se limita é que o propio autor decida posteriormente ampliar a esfera de uso das imaxes que creou e subiu, anque logo estea bloqueado; é unha irrevocabilidade no sentido de que non pode restrinxi-la licenza, pero non sobre o suposto contrario. É unha situación na que nos podemos ver calquera dos que subimos fotos, e conforme a Galipedia medre, este problema cada vez será máis frecuente. --Iago 14:08, 19 marzo 2009 (UTC)
- O tema de que na mensaxe saia que o usuario pode editar a súa conversa (e as súas imaxes) non é culpa nosa. Na mensaxe xenérica que se traduce a cada lingua pon iso, así que os tradutores manteñen o que esta di. A redacción pódese cambiar, non o impide ninguén, pero se está na orixinal será por algo. Non digo que o que dis non sexa certo, seguramente o é, pero, polo menos localmente, non podemos facer nada, senón que é unha cousa que depende dos "de máis arriba". Tampouco che sei dicir de certo onde se pode pedir consello oficial, pero en Meta seguro que haberá alguén que saiba máis ca min. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:06, 21 marzo 2009 (UTC)
- Dado o aquí falado -e xa esperei tempo abondo a que o caso se puidese solucionar-, ¿alguén me pode desbloquear para editar nas imaxes que eu mesmo subín e ampliarlles as licenzas ás que me apeteza? (Lmbuga)--88.0.214.253 18:02, 22 xuño 2009 (UTC)
- Se non desexades desbloquearme, dádeme solución--88.0.214.253 18:02, 22 xuño 2009 (UTC)
- Dado o aquí falado -e xa esperei tempo abondo a que o caso se puidese solucionar-, ¿alguén me pode desbloquear para editar nas imaxes que eu mesmo subín e ampliarlles as licenzas ás que me apeteza? (Lmbuga)--88.0.214.253 18:02, 22 xuño 2009 (UTC)
- Antecendentes:
- Lmbuga bloqueouse a si mesmo o 9 de decembro de 2008 para abandonar o usuario debido ao acoso que estaba sofrindo naquel momento (o usuario conecta coa súa identidade real)
- O bloqueo non se produciu por vulnerar as políticas e normas do wiki
- Unha vez abandonado dito usuario Lmbuga creou outro usuario que non vinculaba a súa identidade real co nome de usuario, precisamente para protexer a súa identidade real
- O novo usuario quedou comprometido
- O novo usuario non está sometido a ningún procedemento disciplinario no wiki
- Recuperar o usuario permanentemente non supón ningunha violación das políticas do wiki sempre e cando non se volva a usar o novo usuario (por abandono ou por bloqueo no que se indiquen as circunstancias de bloqueo por abandono)
- Sendo o Lmbuga o autor das fotografías, se se trata de ampliar as licenzas ten dereito a facelo sexa mediante o seu usuario ou mediante outro procedemento no que acredite a súa identidade diante dos administradores do wiki, máxime cando a Wikipedia está comezando a ampliar a licenza e vai ser preciso revisar as licenzas dunha chea de imaxes. Tamén ten dereito a recuperar o usuario permanentemente se así o manifesta de acordo coas políticas e normas do wiki. Por ese motivo non vexo ningún impedimento para que se lle devolva o control do seu usuario. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:43, 22 xuño 2009 (UTC)
- O usuario foi desbloqueado atendendo ó anteriormente exposto. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:49, 23 xuño 2009 (UTC)
(Non teño dereito ético a propoñer sen rexistrarme, pero si a expresar e non a votar. Se algún usuario está parcialmente ou totalmente de acordo, creo que ratifica o que acabo de dicir)
Se alguén quere entender para que serve esa categoría (Categoría:Benvida ip), acceda a ela e vexa a introdución (feita por min), para facilitalo, colócoa aquí:
En Categoría:Benvida ip están rexistradas as páxinas de usuario das ips ás que lles foi realizada algunha comunicación, habitualmente unha benvida coa intención de que se rexistren: {{Benvida ip}}. Empregando este modelo a categorización é automática.
O motivo desta categorización é ter unha listaxe das páxinas que permita doadamente o seu borrado, cando se desexe, por un bot.
Propoño que se mude o nome desta categoría a Categoría:Conversas ips, Categoría:Páxinas de conversa ip ou semellante.
Mudalo nome da categoría é doado, abonda con ir a {{Modelo:Benvida ip}} e trocar a categoría en que se categorizan as páxinas en que se emprega dito modelo. Creo que só quedaría unha páxina por mudar a que eu agora como ip estou empregado Conversa usuario:83.37.195.179.
Isto facilitaría (quizais estea confundido) que se poidan categorizar as páxinas das ips na nova categoría que se empregue, pois en Categoría:Benvida ip, especialmente se non se deu a benvida, semella que non procede.--83.37.195.179 01:04, 1 marzo 2009 (UTC)
Incorporo o dito na páxina de discusión do artigo:
- Non lin máis ca tres parágrafos, non soporto seguir lendo. Creo que o primeiro parágrafo atenta xa contra o punto de vista neutral, semella pretender desculpar a ditadura. No xeito de expresar as cousas pode haber contido ideolóxico. Considero inaceptable o que se di nese parágrafo sen haber referencias--83.37.195.179 02:46, 1 marzo 2009 (UTC)
- Como todo sexa como o inicio, paga a pena borrar o artigo ou propolo para borrar--83.37.195.179 02:49, 1 marzo 2009 (UTC)
- En concreto, o texto di O réxime político que tivo España entre os anos 1939 e 1975 pode ser cualificado como a ditadura franquista. ¿Como que pode ser cualificado como ditadura? ¿ou é que non pode ser cualificado como franquista?
- iso non significa que fose algo especificamente español. Vaites, tras o visto, semella iso e o que vén a continuación unha desculpa da ditadura.
- foi expresivo dun talante ditatorial que mantivo notorias semellanzas con outros existentes nalgúns países de Europa e América. Eufemismo: A ditadura é talante ditatorial, e máis desculpas a favor do réxime.
- O verdeiramente peculiar del foi que durante a vida do xeneral Franco, sen cambar de forma substancial, pasou da semellanza dun tipo de ditadura a outro e manténdose sempre á fronte, a mesma persoa. Semella, tras o anterior, un panexírico a favor de Franco
- Ou a revisión é profunda ou mellor borrar o artigo--83.37.195.179 03:07, 1 marzo 2009 (UTC)
- Alucinante: "pode ser cualificado como a ditadura franquista" (coma se se puxese en dúbida ou non se estivese de acordo). "...iso non significa que fose algo especificamente español" (Descúlpase ó réxime considerando o que acontece, por exemplo, no Chile de Pinochet). "...produto de xeito exclusivo dos trazos persoais de quen estaba á fronte do mesmo" (por algo foi Xeneralísimo -perdón pola ironía-). "talante ditatorial", eufemismo sen dúbida tras o dito...... Non sigo, pero unha enciclopedia debe chamar a realidade polo seu nome --83.37.195.179 03:18, 1 marzo 2009 (UTC)
- Ou a revisión é profunda ou mellor borrar o artigo--83.37.195.179 03:07, 1 marzo 2009 (UTC)
Non me estraña que non haxa ese artigo en ningunha outra wikipedia--83.37.195.179 03:22, 1 marzo 2009 (UTC)
Importante sobre especies
editarNon sei o porqué, mais na galipedia non se usan os nomes dos animais en latín, e o que é peor, galeguízanse os nomes dos dinosauros sabendo sobradamente que a forma correcta de dicilos e en latín, penso que isto debería estar máis que regulado, os artigos de especies de rango de conservación: fósil deben estar en latín xa que é así en todalas linguas, dende o inglés ao feroés pasando polo gaélico.
Os taxonomos, biólogos e paleontólogos adoptaron iso e debemos respetalo se queremos ser unha wiki respetada e cun nivel.
Grazas a todos por ler este comentario e a todos os que resposten. --Hanibaal 20:34, 23 marzo 2009 (UTC)
- Por que? Coido que houbo toda unha discusión/conversa ao respecto, e finalmente decidiuse poñer o nome común. Agora, se non che importa, téñoche que comentar unhas cousiñas: 1) "xa que é así en todalas linguas" non me parece un argumento válido pra defender unha opinión, 2) "Os taxonomos, biólogos e paleontólogos adoptaron iso e debemos respetalo se queremos ser unha wiki respetada e cun nivel", coido que xa os respetamos. Creo que en todos os artigos aparece a forma binomial das especies. Pero estamos falando de se debemos poñela no título do artigo, ou se debemos poñer a forma común (a que usan as persoas de a pé e que non creo que debamos desprezar como se non valese nada).
- Dito isto, supoño que alguén que participase activamente no tema podería indicarche onde atopar a conversa que houbo e que decidiu o que agora está, de xeito que poidas ver os argumentos que houbo por ambas as dúas partes, para que se inicias de novo un diálogo sobre esta política teñas polo menos coñecemento do que entón se opinou. Un saúdo! --GallaecioE logo? 20:49, 23 marzo 2009 (UTC)
- Máis información pode atoparse aquí Wikipedia:Votacións/Nomes científicos como entrada. Eu votei a favor de que o título fora o nome común e que o nome científico fora unha redirección (no corpo do texto van os dous, o nome común e o científico). A día de hoxe manteño a mesma opinión. Saúdos. Alberte Si, dígame? 20:58, 23 marzo 2009 (UTC)
Dacordo co dos animais, pero o dos dinosauros segue sen resolverse, son especies que obviamente non teñen nome común e polo tanto penso eu que deberían estar en latín. En realidade a miña proposta iía máis encamiñada a este aspecto da miña exposición.--Hanibaal 21:43, 23 marzo 2009 (UTC)
- En tal caso quizáis coincida contigo. Pero podes poñer algún exemplo? O único que me sei é o rex e polo que vexo parece estar xa en binomial. --GallaecioE logo? 22:18, 23 marzo 2009 (UTC)
- Digo igual que Gallaecio, tes que pór as ligazóns a exemplos concretos, porque é verdade que si temos en galego nomes vernáculos de dinosaurus, pega a pena de estudalo máis adiante e debe ser un erro, vexase Categoría:Dinosauros. ElviraConversa comigo 22:38, 23 marzo 2009 (UTC)
- Vistos os artigos na categoría Dinosauros, entendo xa a que te refires, Hanibaal. Pero non vou decantarme por unha ou outra opción. Coido que en certo modo os argumentos aplicados para defender a postura de cara aos animais "normais" poderían aplicarse aos dinosauros, pois algúns deles teñen un nome "de pía" (por dicilo dalgún xeito) en galego. Así que, se alguén non está d'acordo en facer un caso especial nos dinosauros (e o fósiles?), vai haber que reabri-lo diálogo. Por tanto, insisto en que, Hanibaal, deberías botarlle unha ollada á páxina que che forneceu Alberte. --GallaecioE logo? 22:52, 23 marzo 2009 (UTC)
- Sen exemplos concretos non hai ningún problema, Gallaecio, os dinosaurus da categoría non levan un suposto nome común, levan o mesmo nome en case todas wikis, o Diplodocus, o Tricerátops etc. Sen exemplos concretos que podense resolver aqui e que non ten que ver ca conversa das entradas sobre nomes cientificos, non vexo eu onde está o problema : para os dinosaurus a Galipedia ten a mesma politica de entradas cas outras WP. Saúdos ElviraConversa comigo 23:02, 23 marzo 2009 (UTC)
- Bueno, tecnicamente Tricerátops está galeguizado, posto que non debería levar til (na súa forma latina). Imaxino que é un exemplo claro do que fala Hanibaal. Eu non sabería decidirme se poñelo con ou sen til. --GallaecioE logo? 23:18, 23 marzo 2009 (UTC)
- Vistos os artigos na categoría Dinosauros, entendo xa a que te refires, Hanibaal. Pero non vou decantarme por unha ou outra opción. Coido que en certo modo os argumentos aplicados para defender a postura de cara aos animais "normais" poderían aplicarse aos dinosauros, pois algúns deles teñen un nome "de pía" (por dicilo dalgún xeito) en galego. Así que, se alguén non está d'acordo en facer un caso especial nos dinosauros (e o fósiles?), vai haber que reabri-lo diálogo. Por tanto, insisto en que, Hanibaal, deberías botarlle unha ollada á páxina que che forneceu Alberte. --GallaecioE logo? 22:52, 23 marzo 2009 (UTC)
- Digo igual que Gallaecio, tes que pór as ligazóns a exemplos concretos, porque é verdade que si temos en galego nomes vernáculos de dinosaurus, pega a pena de estudalo máis adiante e debe ser un erro, vexase Categoría:Dinosauros. ElviraConversa comigo 22:38, 23 marzo 2009 (UTC)
- Os dinosauros terán que ter o seu nome en galego, claro, se o teñen, igual cás bolboretas ou os arácnidos.
- Algúns dinosauros aparecen cun nome galego nalgúns dicionarios, e outros non. Por exemplo, no VOLGa vén Iguanodonte (non iguanodon, nin iguanodón, artigos que ademais habería que fusionar. O dicionario de Ir Indo inclúe tiranosauro, pero non tricerátops. E en diplodócidos di que inclúe catro xéneros (e cítaos pola súa denominación científica, con maiúsculas: Brontosaurus, Diplodocus, etc. Non recolle diplodoco, pero si brontosauro, do que di que é un dinosauro do xénero Brontosaurus. É dicir, parece claro que os dicionarios, se ben non dunha forma sistemática, tenden a recoller os nomes dos dinosauros na súa forma galega común.
- Non é o nome en latín. É a denominación dentro da sistemática binomial. O latín non ten practicamente nada que ver con isto. --Xabier Cid Conversa 12:01, 16 abril 2009 (UTC)
Nova portada para o Galifontes
editarBoas, fíxen unha proposta para unha nova portada do Galifontes, podédela ver aquí. Se tedes un momento revisadea e dicidesme que vos parece (aceptanse suxerencias e críticas por igual :D ) Saudos! --☣Banjo tell me 15:27, 30 marzo 2009 (UTC)
- Ten boa pinta, quizais moi semellante á portada daquí, e poida facérselle algunha mellora. Mirareina máis polo miúdo nestes días. Saúdos. Alberte Si, dígame? 11:39, 4 abril 2009 (UTC)
Categorías de países
editarSaúdos. Co ánimo de dotar de maior coherencia ás categorías de cada país, redactei un modelo que coido que pode ser de utilidade á hora de organizar a información que sobre eles teña a Galipedia. A idea é que se reproduza un mesmo esquema en todos os países (algúns agotarán todas as subdivisións, a maioría non chegarán a tanto) para que sexa máis doado atopar e categorizar un artigo. Actualmente a Galipedia non conta cun esquema unitario, o cal dificulta esta clase de tarefas. Por favor, dade as vosas opinións para melloralo, e se vos parece oportuno, podemos adoptalo coma modelo.
Ó carón de cada apartado fun poñendo as categorías nas que iría o artigo, á que se lle engadiría a do país ou a cidade da que se trate. Algunhas partes son un esbozo, xa que intentei prever todos os supostos aínda nos casos nos que non aínda non hai nada escrito. --Iago dime 10:29, 16 abril 2009 (UTC)
Países
editar- Cultura (en Categoría:Cultura por países máis o país)
- Arte
- Arquitectura (Categoría:Arquitectura por países, Categoría:Arquitectura por cidades).
- Cine (Categoría:Cine por país).
- Museos (Categoría:Museos por países)
- Música (Categoría:Música por países).
- Literatura(*).
- Pintura (*).
- Deportes (en Categoría:Deportes por países)
- Economía. (Categoría:Economía por país)
- Empresas (Categoría:Empresas por orixe).
- Transporte (Categoría:Transporte por países).
- Aeroportos (Categoría:Aeroportos por países)
- Estradas (Categoría:Estradas por país).
- Ferrocarril (Categoría:Ferrocarril por países).
- Portos.
- Sindicatos (Categoría:Sindicatos por países).
- Ensino.
- Escolas.
- Institutos.
- Institutos de investigación.
- Universidades (Categoría:Universidades por países).
- Historia (Categoría:Historia dos estados e das nacións e Categoría:Historia de cidades). Aquí podíamos ter unhas categorías recurrentes, coma por exemplo, Guerras por países, e as demáis ilas creando específicamente para cada país.
- Imaxes (Categoría:Imaxes de América e Categoría:Imaxes de Europa).
- Medios de comunicación.
- Radios.
- Sitios de internet.
- Televisións.
- Xornais (Categoría:Xornais por procedencia).
- Xornais dixitais.
- Personalidades.
- Política (Categoría:Política por países).
- Administracións públicas.
- Eleccións (Categoría:Eleccións por país).
- Forzas políticas (Categoría:Forzas políticas).
- Leis.
- Símbolos (Categoría:Símbolos de países).
- Bandeiras (Categoría:Bandeiras de países).
- Escudos (Categoría:Escudos de países).
- Relixión.
- Arquitectura relixiosa (Categoría:Arquitectura relixiosa por países).
- Divisións territoriais relixiosas.
- Divisións territoriais cristiás (Categoría:Divisións territoriais cristiás).
- Sociedade (quizáis o contido poida encadrarse noutras categorías).
- Asociacións (Categoría:Asociacións por países).
- Gastronomía (Categoría:Gastronomía por países)
- LGBT.
- Xeografía (Categoría:Xeografía por país).
- Accidentes xeográficos.
- Desertos.
- Golfos e Baías.
- Illas e arquipélagos.
- Lagos.
- Mares e océanos.
- Montañas.
- Penínsulas.
- Praias.
- Rías.
- Ríos (Categoría:Ríos).
- Volcáns.
- Demografía (Categoría:Demografía por países).
- Subdivisións de países (Categoría:Subdivisións de países).
- Divisións políticas e administrativas. (Categoría:Divisións de nome do país).
- CCAA/Estados/Landers/Prefecturas...
- Provincias.
- Concellos (Categoría:Concellos).
- Cidades (Categoría:Cidades).
- Divisións relixiosas.
- Divisións políticas e administrativas. (Categoría:Divisións de nome do país).
- Accidentes xeográficos.
Comentarios
editar- Ben, deixade aquí a vosa opinión.
- A min paréceme ben. Non estou moito de acordo coa división da historia. -- Norrin_strange (Fala-me) 12:42, 16 abril 2009 (UTC)
Artigo destacado sobre Galicia para Maio
editarSei que é precipitado e que pode romper coas normas pero penso -un pronto, si- que o artigo destacado para este mes de maio debería se-lo de Ramón Piñeiro, personaxe destacado co Día das Letras Galegas. Teño máis bibliografía con máis información que ir metendo e supoño que nesta ponte podo engadila. Á marxe do que pensedes desta idea, tamén haberá que ir deseñando un cadro para a portada como o que se fixo noutros anos ([1]). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:22, 30 abril 2009 (UTC)
- Pode ser. Porén, ao meu ver, cómpre engadir algúnhas fotos e facelo máis diáfano. Pero si, poder ser, claro, abofé que si.--Atobar (conversa comigo) 23:55, 30 abril 2009 (UTC)
- O artigo de Ramón Piñeiro polo momento queda como artigo sobre Galicia para xuño, vou poñelo agora. Andamos moi escasos de propostas, a ver si damos cuberto máis... --☣Banjo tell me 07:24, 1 maio 2009 (UTC)
Proposta múltiple principalmente no tocante á lingua
editarLevo un tempiño madurando algunhas ideas coas que na miña opinión se poderían apuntalar certos aspectos da Galipedia. Así, procurarei deixalas expostas a modo de puntos da maneira máis diáfana posíbel e coa ilusión de que calen na comunidade e deveñan temas de debate. Cantas máis opinións, mellor. Esta proposta, lémbrovos, como todo na Galipedia, a partir de figurar aquí deixar de ser miña para ser de todos.
1)Datas de nacemento e falecemento. Non vin por ningures que haxa unha forma común para indicar as datas de nacemento e falecemento. Así, podémonos atopar con Pepiño (Lugo, 4 de marzo de 1934 – Ourense, 23 de outubro de 1988) foi un... ou Fulano, nado en Becerreá o 3 de xaneiro de 1765 e finado en Madrid o 17 de agosto de 1854, foi un ... Eu, sen ir máis lonxe, comecei empregando formulas similares ao primeiro caso, mais dende hai un tempo opto pola segunda opción, despois de que o usuario Xabier Cid me corrixira coa escusa da elegancia (certa) desta última, sen as parénteses, cando editaba uns artigos sobre os novos conselleiros da Xunta. O dito, que habería que mirar de estabelecer unha forma común a fin de facer os encabezamentos máis uniformes e xeitosos, se é que aínda non existe tal cousa.
2)Personalidades / Persoeiros. Malia que non se trata dunha cuestión maior, non vexo a razón pola que non empregamos o termo persoeiro na clasificación por categorías. (Personalidades da Física / Personalidades da música salsa / ...) Copio deseguido o que lle comentaba ao usuario Iago Pillado hai uns días: «Xa sei que dende sempre se emprega o termo personalidade nas categorías da Galipedia. Así e todo, non estou certo de que sexa a mellor forma. Por que razón non persoeiro? Ao meu ver, sería unha palabra igual de válida e se cadra unha miga máis galega (enxebre) ca personalidade. Persoeiro en IrIndo: s m Personaxe público e importante. SIN: personalidade, personaxe. // Persoeiro en Cumio: m. Personaxe público relevante. Sin. personalidade, personaxe.» Dicíame Iago con moito tino que se nos poñemos de acordo en mudala para as categorías, daquela el non tería ningún problema en usala tamén. Pois iso, a ver que opina o persoal.
3)Uso do alomorfo –lo. «O alomorfo -lo é de uso obrigatorio só despois da preposición por e do adverbio u. Non se debe utilizar no resto dos casos». Esta recomendación polo que vexo está bastante estendida dentro da comunidade, e vén da RAG, que algo ten que dicir na materia, polo que creo que sería un avance corrixir os textos que empregan a forma nos casos non recomendados pasándoos á forma recomendada pola Academia. Isto é cousa de a ir facendo paulatinamente. O mesmo rexe para o resto de recomendacións académicas, e principalmente no que atinxe ás formas de contracción preposición e artigo, é dicir: ao, á, aos, ás e non a fórmula de vello ó, á, ós, ás. E tamén para as terminación –aría en substitución de –ería. Insisto, todas as opcións son correctas, pero as primeiras son as formas recomendadas, de modo que creo que sería importante ir mudándoas progresivamente. Cómpre, así mesmo, non confundirse con formas que coexisten, como Galiza/Galicia ou até/ata. Nestes casos si se deben de respectar as opcións do primeiro editor. Hai, con todo, máis casos ca os que eu expoño aquí, pero se cadra non de tan común uso na Galipedia. En calquera caso, están expostos polo miúdo e con exemplos nas páxinas 31 e 32 do libro de Calidade da Lingua.
4)Estranxeirismos. Hai poucos días o usuario Lameiro se laiaba da cantidade de estranxeirismos innecesarios que pululan pola Galipedia. Eu concordo con el, e me remito aos exemplos que nos deu: stereo, e-mail, e-learning, fast food ou ranking, que en galego serían respectivamente estéreo, correo electrónico, teleformación, comida rápida e clasificación. Sempre que teñamos palabra galega, palabra galega temos que poñer. Porén, cando a RAG recolla o estranxeirismo, daquela haberá que o deixar estar se foi a opción do primeiro editor. Un exemplo: récord, que eu teño a tendencia de arramplar para pór marca, o que terei que deixar de facer.
5)Editores de garda. Este punto é novidade e polas características propias da Galipedia coido que sería viábel e que achegaría moi bos resultados. Explícome: existen unha serie de editores que cunha certa frecuencia editan na Galipedia, xa sexa Toliño, RNC, Banjo, Lameiro, PepedoCouto, Albert galiza, Adorian, Hugo, Gallaecio, Estevoaei, etcétera. E dáme no fociño que moitos destes editores son así mesmo lectores de xornais dixitais en galego e para o caso xornais en galego que se valen da Galipedia para faceren ligazóns dentro das súas novas. Polo que eu sei, nos xornais Vieiros, ElProgreso, Xornal de Galicia, A Nosa Terra e mais nalgúns blogs coma o de Santiago Jaureguízar, Marcos Valcárcel ou Alema fanse decote ligazóns á Galipedia dentro das novas ou posts correspondentes. Daquela, cando falo de editores de garda estou a referirme a comprobar que o artigo ao que enlazan nas súas edicións dixitais ten calidade abondo para estar aí. Son dez minutiños diarios que se perden mirando por riba as novas dos xornais colaboradores coa Galipedia e non está de máis que dado que enlazan a artigos desta enciclopedia estes sexan o máis completos posíbel. Amais, así acougamos e aseguramos a confianza que estas publicacións poñen na Galipedia ao referenciala como fonte. Eu fixen correccións sobre artigos galipédicos varias veces chegando a eles dende os devanditos portais de información. Un exemplo é o artigo de Lingua bretoa, que corrixin tras ler esta nova, mais non o único. Esta idea haberá que madurala moito máis, pero aquí quedan postas as bases.
6)Eu de bots non entendo nadiña pero sería moi útil que os usuarios que si saben disto fagan o esforzo extra de crearen un ou varios chirimbolos deses que corrixen as grallas máis repetidas, que están expostas en Wikipedia:Erros de ortografía. Este punto non achega nada novo, xa sei que isto se vén facendo dende hai tempo, pero eu non quero deixar de mencionalo, aínda que soamente sexa para refrescalo e coa esperanza de que algún informático se poña decontado mans á obra coas últimas incorporacións á listaxe de erros comúns.
7)Como dicía RNC nesta mesma Taberna, non existen unhas palabras que sexan máis galegas ca outras unha vez que aparecen recollidas como parte da lingua polas institucións competentes. Así, é moi difícil poder falar dunhas opcións preferenciais fronte a unhas palabras de segunda. O que sucede é que moitas veces, pola situación desnormalizada e anómala na que vive o galego, moita xente emprega sempre unhas mesmas e únicas formas sinxelamente porque non coñece outras ou porque dalgunha maneira o que está facendo é traducir como boamente pode da súa lingua nai, moitas veces o castelán. Deste xeito, na miña opinión, resultaría de grande axuda o engadido dunha listaxe de sinónimos que permiten aportar maior amplitude á lingua da Galipedia, servindo de axuda aos seus usuarios menos seguros en cuestións de lingua. Por suposto, cada usuario é libre de empregar unha ou outra opción segundo lle pete; aí xa entra unha cuestión de gusto. Así as cousas, deixo unha pequena restra de termos ―escritos ao chou, sen orde alfabética― que fun anotando nas últimas semanas co gallo de fornecer cun maior número de opcións a lingua dos usuarios menos familiarizados co galego. Cómpre, iso si, empregalos con xeito, pois a sinonimia é parcial. Velaí queda logo:
Listaxe de sinónimos útiles
editar
|
|
|
gardaría > xardín de infancia (recomendación) // máster > mestrado (recomendación)
Esta é unha listaxe que pode devir interminábel, como tamén pode selo a dos erros comúns de ortografía. Imaxino que sempre vai estar incompleta, mais sen dúbida cada nova palabra que figure nela vai ser unha axuda, nunca un atraso, iso é algo a ter moi en conta. De igual maneira, aproveito para pór de relevo a enorme cantidade de usuarios que sendo rigorosos distan moito de escribir ben en galego e xa que logo se poderían ver beneficiados pola existencia da listaxe proposta. Pola súa parte, a Galipedia pode valerse, e moito, do aumento nas capacidades lingüísticas dos seus usuarios, moitos deles estudantes.
Pecho aquí a miña proposta múltiple, que seica é longa abondo. Perdoade por vos ter roubado este tempo de lectura e repito que cantas máis opinións e argumentacións haxa ao respecto mellor para a Galipedia, mellor para a lingua e mellor para todos. Saúdos, graciñas e aburiño.--Atobar (conversa comigo) 20:22, 3 xuño 2009 (UTC)
- Vaiamos por partes, como dixo Jack.
1: concordo con Xabier Cid no de que é mellor evitar o uso de parénteses.
2: Non me pronuncio. Sería unha tarefa dura mudar todas as categorías, e persoeiros é tan válido como personalidades.
3: Ata hai pouco usaba tódolos/as, ós/ás, ámbolos/as, pero por razóns laborais mudei a todos os/as, aos/ás e ambos os/as. O respecto á edición primeira debe ser máximo. Tampouco me vou pronunciar.
4: Francamente, na fala cotiá utilizo moitos estranxeirismos, pero na escrita prefiro ver as palabras propias do galego. Prefiro "correo electrónico" a "e-mail", e así todos os exemplos.
5: A prensa dixital é unha fonte fantástica para aprender galego. A galipedia tamén. Existe unha retroalimentación fantástica, e agardo que así continúe.
6: Non pretendo ser exemplo, pero ás veces é útil poñer no buscador da propia gali palábras ou expresións erróneas (como "sen embargo", ou "soer", ou etcétera...) e mudalos. Pero si, o dos bots (e eu tampouco sei do tema) é un asunto moi útil.
7: Vivan as achegas novas do estudantado da lingua galega! E vivan as achegas vellas! Neofalantes ou non, filólog@s ou non, toda a achega á galipedia é benvida. Ben sexa con gheada, co verbo Xido, ou coa versión de cada quen. Respecto máximo ás versións particulares, sempre e cando se siga a norma escrita da RAG.
Grazas, Alejandro Tobar, por esa túa achega heptapuntaica.
--Estevo(aei)pa o que queiras... 23:48, 3 xuño 2009 (UTC)
- Moitas gracias Atobar ! Teño que leer tranquilamente, pero de arranque todo vaime mui ben. Cada lingua é un espello para ver o mundo diferente das outras linguas, o coñecemente recollido en galego falla a pena si a lingua galega da Galipedia mostra a sua personalidade. Xa opinarei en particular en cada puntoElviraConversa comigo 07:17, 4 xuño 2009 (UTC)
- Ola, antes de nada felicitar a Atobar polo magnífico traballo que fixo con esta proposta. E xa pasando á sustancia:
- 1. Paréceme ben o ter uns xeitos de referencia para comeza-los artigos de biografías, incluíndoo no libro de estilo. Porén penso que non debería restrinxirse a unha única opción. Unha páxina na que inspirarse podería ser fr:Wikipédia:Conventions de style#Biographies.
- 2. O de Personalidades vs persoeiros tanto me ten, a verdade. As dúas son válidas. Eu deixaría Personalidades para non facer un traballo pouco produtivo mudándoo.
- 3. Sobre formas recomendadas. Creo que cadaquén debe emprega-la preferencia que queira, xa que son válidas. Iso si, unha vez comezado un artigo hai que respecta-la elección do primeiro editor. Nos títulos si que debería i-la forma recomendada (enerxía renovable e non enerxía renovábel, pirataría e non piratería). Pero non obrigar a usar sempre ao por exemplo, xa que eu non o vou facer (co ao non podo, é horrible para min).
- 4. Sobre estranxeirismo: paréceme ben mudar estranxeirismos non recollidos na nosa lingua e mudalas por palabras galegas. Os estranxeirismos si recollidos non hai problema con eles, aínda que é bo ter unha táboa para que os editores poidan saber formas equivalentes ós estranxeirismos.
- 5. É complicado o de estar de garda, pero eu cando menos inténtoo. Eu tamén teño editado nalgún artigo despois de ver que facían unha ligazón dende algunha páxina. Pero é complicado estar a todo.
- 6. Eu mesmo fixen un bot coa intención de ir facendo iso, porén escarallóuseme a computadora e canda ela todo o que había dentro (bot incluído). Cando teña unha nova, instalarei de novo o bot. E conste que eu non tiña nin idea de bots, e arrisqueime a facer un, e non me saíu mal, así que calquera que quera embarcarse nun, se quere asesoramente que me pida o email e que me agregue ó msn, ou senón polo chat de wikipedia, e alí podemos axudarnos entre todos.
- 7. As palabras que son erróneas teñen que ir sendo progresivamente mudadas polas formas galegas. Se dúas son correctas aí xa é máis complicado. Se é un texto cheo de castelanismos, se alguén fai unha corrección exhaustiva do texto si que podería, na miña opinión empregar formas que el considere máis oportunas. Nun artigo coidado no que o editor preferiu empregar unha palabra galega coincidente coa castelá e non unha non coincidente, non creo que outra persoa deba entrar a trocar todas esas palabras.
- Xa sen máis, despídome. Parabéns, Atobar, pola proposta. Alberte Si, dígame? 15:28, 5 xuño 2009 (UTC)
- Tan só unha matización sobre o Libro de calidade da lingua da UDC, non é un libro feito nin avalado pola RAG, de feito no caso dos alomorfos fala de cousas que non están nas normas, que establece que se poden utilizar nunha serie de contextos e son plenamente correctas. Non é obrigatorio pero non di nada semellante a que "non se deben utilizar". No caso de ao ou ó non recomenda ningunha ou dito doutra forma as dúas son igual de recomendadas. Polo demais que haxa unha lista de sinónimos para que non se utilicen sempre as mesmas formas paréceme ben.--RNC 15:05, 6 xuño 2009 (UTC)
- Tes razón, RNC. Veño de o revisar e, en efecto, o Libro de Calidade da USC recolle a normativa RAG e engade algunhas recomendacións que nesta non aparecen por ningures, como se pode comprobar nas normas da RAG en .pdf, nas páxinas 83 e 84, que falan dos alomorfos e de ao/ó. Ambas as dúas, a Academia e a USC son referentes para a lingua, pero evidentemente aquí cómpre que nos guiemos pola RAG, de modo que polo de agora non hai necesidade de tocar estes dous aspectos aspectos da lingua. Cómpre, supoño, esperar uns aniños. Daquela, seica xa só quedan cinco dos sete puntos iniciais da proposta. Graciñas, RNC Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 16:32, 6 xuño 2009 (UTC)
Acabo de crear a páxina cos sinónimos útiles. Non sei moi ben se é así como cómpre facelo. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 11:13, 9 xuño 2009 (UTC)
Data na que se acaden os 50.000 artigos
editarA experiencia que temos doutras ocasións nas que se chegou a un momento importante do wiki é que coincidindo coas informacións que se publican sobre a Galipedia achéganse novos usuarios, colaboradores que chegan con novas forzas, editores que supoñen un gran impulso e un fito na evolución deste wiki. Se se sigue a progresión dos últimos días posiblemente os 50.000 artigos cadren na segunda quincena de xullo ou en agosto perdéndose gran parte do efecto publicitario e multiplicador que supón a chegada de novos colaboradores. A miña proposta é que os colaboradores habituais ralenticen a creación de novos artigos e se centren máis na mellora dos que xa temos, dos que teñen problemas, dos que son curtos de máis, dos que están en progreso desde hai unha chea de tempo, dos que necesitan referencias, etc. Por outra banda hai certos grupos de artigos que obxectivamente cumpren os requisitos de borrado e que por unha ou outra razón permanecen e que poden servir de bolsa de entradas para axudar a ralentizar. Lembro que fixemos algo semellante cando estabamos preto dos 20.000 artigos para retrasar uns días ese número. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:09, 22 xuño 2009 (UTC)
- Paréceme unha boa idea aproveitar que estamos a piques de chegar aos 50.000 para botar man aos artigos con eivas diversas. Creo, eu tamén, que é un momento especialmente bo para se pór a choiar neles. Non obstante, que os 50.000 caian cando teñan que caer, eu non me comprometo a deixar de crear artigos, porque quero dar caza aos novonoruegueses, que carallo. E adiante co borrado dos que non cumpren os requisitos, calidade o primeiro! Un saúdo e boa achega, Prevert. --Atobar (conversa comigo) 21:38, 23 xuño 2009 (UTC)