Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 5
Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 |
---|
User:Chlewbot (bot de interwikis)
editares: He estado corriendo un bot de enlaces interidiomas (interwiki) en varias Wikipedias, incluyendo esta. El bot utiliza código pywikipedia, el cual mantengo actualizado con CVS. Las contribuciones del mismo pueden verse aquí.
Si no hay objeciones, estoy solicitando el status de bot en meta. Gracias.
— Chlewey 23:35, 24 xaneiro 2006 (UTC)
- Solicitud acordada. --Ascánder 16:45, 7 febreiro 2006 (UTC)
Usuario por identicicar
editarATENCIÓN: É moi importante debatir esta cuestión. A día 16 de marzo do 2006, as 19:09:36 sengun tempo universal apareceu creado iste Usuario. Que, segundo se plantexa na páxina di estar rexistrado no wiki.es; pero non así na Galipedia. Lido por enriba o exposto, dame a sensazón de que é spam. Polo que seguro o obrar nas normas da Galipedia seria eliminado automáticamente. Nembargantes pido o resto de administradores e demáis usuarios en xeral que deen o seu punto de vista sobre do tema.
- A favor de respalda-la proposta que espón citado usuario:
- Na contra da proposta do citado usuario:
- Debese de eliminar porque se considera spam (maila o que espón puidese ter veracidade); outra razón que me impulsa a soicitar borrado é que non está rexistrado correctamente na Galipedia (polo que se pode considerá que ésta non o recoñece provabelmente coma un dos seus usuarios), amén de no ter nengunha contribución a o proxecto por parte da mesma. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 02:04, 17 marzo 2006 (UTC)
- Mirei nas outras páxinas do usuario George McFinnigan (wiki es, pt, en), é non creo que vai mellorar a galipedia, xá que non fai nada nas outras menos que discutir. --Dannycas 15:50, 17 marzo 2006 (UTC)
- Non direi que non esteas na túa razón Dannycas, é máis: de feito e consultado a súa paxina en español atopamos que iste usuario adícase a dalos "premios o mellor wikipedista", (cando o mellor premio do wikipedista é o mérito de contribuir co seu -pouco ou moito- traballo o proxecto) a curiosidade el tal que figura encabezando a lista "Ecemaml"; que no seu momento fixo plaxios e arranxos en commons para que saíra gañadora Anna. Eso sen contar como nos puxo a os que votamo na contra.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:55, 17 marzo 2006 (UTC)
Categoría:Cans
editarCreo de necesidade crear a categoría cans, e dentro dela ir metendo tódalas razas de cans existentes. Do mesmo modo podería facerse cos demais animais.grazas e saúdos.--Alberte 19:21, 25 abril 2006 (UTC)
Atalhos
editarSe importam se eu criar atalhos para as páginas do domínio wikipédia? Ex: WP:AT, para a A Taberna. --Slade T 19:04, 12 maio 2006 (UTC)
Proposta de nivel de fiabilidade dun artigo
editarDespois de tantos problemas co vandalismo e todo iso, e pensando en posibles solucións, chegue a unha conclusión que podería axudar a comprobar o nivel de fiabilidade dun artigo. Por suposto, só sería orientativo, pero penso que estaría bastante acertado.
A fiabilidade dun artigo pode ser estimada en función dos lectores que corroboran que está correcto. Así, podemos valorar esa fiabilidade en función dunha cantidade numérica entre 0 e 100.
- 0 O artigo foi marcado como gravemente incorrecto.
- 100 O artigo foi marcado como revisado por expertos na materia, está correcto, e ademais
está protexido.
Dado que esta valoración non é suficiente, é necesario poder calcular un nivel intermedio, que seguiría a fórmula seguinte, onde i indica a revisión actual:
Onde:
- A = Número de usuarios que, desde distintas ips, marcaron o artigo como correcto trala súa lectura.
- B = Número de usuarios rexistrados distintos que marcaron o artigo como correcto trala lectura.
- C = Número de usuarios rexistrados e con rango maior que marcaron o artigo como incorrecto trala lectura.
- D = Número de usuarios rexistrados de alto rango e que se declaran expertos na materia que marcaron o artigo como correcto trala súa lectura.
- F = Ponderación que se lle da á versión anterior do artigo. O mellor é que teña que ver co número de liñas, así que podería ser algo como (número de liñas totais - número de liñas modificadas) (ignorando as engadidas por completo), e que estea dividido por algún factor (por exemplo, 4). Isto é para evitar que es modificacións non inflúan na repercusión. Ademáis, estaría ben que tamén dependa de quén fixo o cambio (do nivel que tenga, é dicir, que non reste tanto que un cambio o faga un usuario sen rexistrar que un administrador ou un bibliotecario).
Os valores 1, 50, 100, 5000 e 60000 controlan o nivel de ponderación de cada usuario. Desta forma, 60000 usuarios terían que darlle o visto bo, ou 1200 usuarios rexistrados, 600 usuarios con rango ou 6 expertos para que alcanzase un valor maior que 1. Estes valores deberían ser axustados en función do que se queira.
Por suposto que probablemente alguén xa suxeriu algo mellor, e esta é una idea que debe ser criticada e modificada ata que sexa desestimada ou se axuste por completo ao que se necesita.
¿Suxestións?
--IvanPerez 19:22, 13 maio 2006 (UTC)
Novas
editarTenho duas propostas:
- Alterar a cor de fundo dos namespaces. O domínio artigo continuaría branco mas os outros poderiam ter as cores trocadas por grupos - wikipédia+ajuda, usuário, catgeoria+predefinição+imagem - como a de: faz.
- A segunda está em User:Slade/Cartografia e é um mapa aonde você marca um ponto onde mora. Quando estiver pronto aviso.
Obrigado a todos. --Slademsx 23:25, 21 maio 2006 (UTC)
A Taberna
editarVin que noutras wikipedias hai un enlace no menú de navegación para a taberna. Nós podíamos facer o mesmo. --O Tin 16:36, 25 maio 2006 (UTC)
Bots
editarFixen a tradución da páxina de peticións de bots da Wikipedia en inglés en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación, se alguén quere engadir ou comentar algo podemos facelo aquí. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:33, 27 maio 2006 (UTC)
Toponimia
editarOla: Estou traducindo artigos do territorio do País Vasco e decátome o incómodo que é ter que pór o nome do artigo en varios idiomas. Penso que poñer no texto do artigo como se di nas diferentes linguas é de abondo e no complica tanto as cousas. Ademáis o territorio histórico do País Vasco quedaría fora das normas da Toponimia de España, xa que son rexións que están na Francia tamén. Creo que é mellor que o mome do artigo estea só en galego coas posteriores traduccións nas linguas oficiais dese territorio, pero xa no texto. Un saúdo, --Porto 13:20, 30 maio 2006 (UTC)
- A dupla de nomes nos títulos dos artigos é unha política aprobada na Galipedia, iso non significa que todos os artigos teñan que levar a dupla, só aqueles nos que exista o nome galego e sexa diferente do orixinal. No caso que sinalas só algúns requiren a dupla de nomes. Non te preocupes por iso que xa o faremos nós. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:36, 30 maio 2006 (UTC)
- Grazas Prevert! --Porto 13:45, 30 maio 2006 (UTC)
estades seguros de que País Vasco non é con B en galego?
editarEu sempre o estudiara con B na Escola e no Instituto, mais non sei se trocou oficialmente agora na RAG ou é posíbel escribilo con V tamén. Se alguén sabe algo... Saúdo, --Porto 13:23, 30 maio 2006 (UTC)
- Vasco no Dicionario Xerais da Lingua: 1. Relativo ou pertencente ó País Vasco... , 2. Natural do País Vasco , 3. Habitante do País Vasco, 4. Lingua falada no País Vasco... Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:33, 30 maio 2006 (UTC)
- Entón que pasou coa B? Pódese usar tamén ou non? Sabes se nalgún diccionario acepta as dúas versións? --Porto 13:47, 30 maio 2006 (UTC)
Borrar algunhas imaxes de escudos, bandeiras e mapas de países das que hai versións en Commons
editarComo sabedes estamos revisando as licenzas e a información de todas as imaxes da Galipedia. Atopamos que hai moitas imaxes de vello sen marcar. Son imaxes de escudos, bandeiras e mapas de países que polo xeral son imaxes libres pero das que habería que ir comprobando a licenza e a orixe. En moitos casos unha a unha. A miña proposta é: no caso concreto desas imaxes borralas da base de datos da Galipedia e utilizar as versións de Commons que case sempre son de maior calidade (por non dicir sempre). Dese xeito evitamos unha parte do traballo de asignación de licenzas que queda pendente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:29, 2 xuño 2006 (UTC)
- Paréceme unha boa idea.--Rocastelo(fálame aquí) 19:55, 2 xuño 2006 (UTC)
- Concordo--Sobreira (responder) 14:52, 5 xuño 2006 (UTC)
¿Arianismo?
editarVexo algo no artigo nazismo, que pode dar lugar a confusións. Aquí dise que o nazismo exaltaba a raza ariana.
Temos que poñernos de acordo: na Galipedia chamamos ó arrianismo (corrente cristiá) arianismo, e se agora tamén chamamos á raza aria raza ariana, podemos confundir a moita xente.
¿Cómo chamamos á raza aria e cómo a arrianismo?
--O Tin 10:44, 10 xuño 2006 (UTC)
- O artigo é unha tradución feita por un programa de tradución automática desde o portugués polo que pode estar cheo de lusismos como é o caso de raza ariana que en galego é aria, ese é o perigo de traducir artigos con programas automáticos polo que para evitar iso as traducións se deben revisar sempre --Rocastelo(fálame aquí) 10:50, 10 xuño 2006 (UTC)
Moedas
editarComentario ¿Unha categoría de moedas? --Adalbertofrenesi 23:32, 15 xuño 2006 (UTC)
Concordo Na wikipedia en castelán teñen artículos por cada moeda de euro de cada país da UE, e supoño que nas demáis tamén. Creo que se poden facer un monte de artículos sobre moedas. --O Tin -- Contradíceme se te atreves 15:09, 17 xuño 2006 (UTC)
Que tal category:numismática (xa fun metendo algo) --Sobreira (parlez) 20:47, 15 xullo 2006 (UTC)
Concordo Queda máis profesional :-) chamarlle numimática que chamarlle moedas. --O TinContradíceme se te atreves 17:57, 9 agosto 2006 (UTC)
Templates
editarDeberiamos facer unha categoría con todos os templates, xa que a veces non os dás atopado.--AlberteSi, digame? 12:35, 16 xuño 2006 (UTC)
- Aquí hai moitos do mantemento Wikipedia:Mantemento para outos como xeografía e demáis recoméndote que busques en artigos similares ata atopar o que buscas. Noutro caso, sempre podes preguntarlle a Prevert :D --Adalbertofrenesi 13:28, 16 xuño 2006 (UTC)
Categorías
editar¿Pódense facer categorías libremente? É que teño pensado poñerme a facer artigos sobre o planeta Marte e preferiría poñerlles eu xa a categoría para que ninguén se teña que molestar. Saúdos. --O Tin -- Contradíceme se te atreves 14:17, 20 xuño 2006 (UTC)
- A miña opinión é intentar ser coherente co que xa existe. No caso de traballar con categorías xa acordadas e votadas debémonos restrinxir a elas, pero no caso de terras incógnitas sen orde categorial, mellor intentar seguir un pouco o que xa existe co cal convén informarse/cheirar/navegar un pouco. Tanto neste caso coma se non existe nada feito dun tema determinado e o editor é especialista, sempre pode ir creando unha estrutura e ila sometendo a proposta e votación. Para colaborar Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías ou informarse: Wikipedia:Wikiproxecto Categorías. --Sobreira (responder) 14:47, 20 xuño 2006 (UTC)
- É preciso para a creación das categorías, polo xeral, a presentación dunha proposta e a aprobación da comunidade, pois pode haber que tomar decisións (uso de tecnicismos ou vocábulos patrimoniais,...) nalgúns casos. Outras veces, en cambio, é moi evidente. Se, poñendo os cinco sentidos, por calquera circunstancia (non é frecuente) especial, se decide crear a categoría, débese aínda despois de creada avisar na Taberna, e débese saber que a categoría pode ser eliminada en caso de non haber acordo.
Exemplos:
1º exemplo
editarWikipedia:A Taberna (propostas)#Categoría NBA
Acabo de observar unha pequena incoherencia estrutural. O arquivo Roma antiga (que presenta tódalas etapas: monarquía, república e imperio) estaba categorizado en Category:Imperio romano. Observando que existía a categoría Grecia antiga e vendo que había bastantes artigos clasificables en Category:Roma antiga, procedín para solucionar o problema a crear dita categoría e incorporar á mesma os artigos que achei. Se vedes algunha opción mellor, eu mesmo me encargo de desfacer o que fixen e compoñer de novo a gusto de todos. --Lmbuga Commons - Galipedia 10:35, 17 agosto 2006 (UTC)
Articles that don't have an image that might be available in Commons
editarHi, I can't speak in Galician. I have done a list with articles that don't have an image that might be available in Commons. The incomplete list is here User:Emijrp/Commons. I hope it help to improve Galician Wikipedia. Bye! --Emijrp 19:26, 6 xullo 2006 (UTC)
Cambiar nome ós concellos
editarComentario Na miña opinión, sería conveniente cambiar o nome ós concellos, porque algúns coma Cervo, cambióuselle a Cervo (concello) para distinguilo con cervo (animal). O mesmo pasa con Carballo, e posiblemente con moitos outros concellos de Galicia. ¿Creedes, coma min, que sería conveniente cambiarlle o nome a tódolos concellos por Concello de ~ ou ~ (concello) para lograr homoxeneidade nos títulos dos artigos? --O Tin
- A política sobre nomes dos concellos é que estes ocupen a entrada principal. Na práctica creo que hai dous concellos no que non se cumpre pero modificalo produce unha chea de problemas. Para os homónimos neste caso úsase Artigo (homónimos) e ponse un enlace na parte superior do artigo á páxina de homónimos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:51, 13 xullo 2006 (UTC)
Ano da memoria
editarComo seguramente saberedes este ano foi denominado pola xunta o ano da memoria. Creo que dende a Galipedia cadaquén podía facer un esforzo para achegar os seus coñecementos ó tema. Así podiamos facer artigos sobre os asasinados, os fuxidos ou os que merezan especial reseña ademais de ampliar outros como o de Alexandre Bóveda e outros mártires. Sería unha especie de Wikiproxecto deses, creo que paga a pena. Pero opinade vós. --AlberteSi, digame? 14:41, 13 xullo 2006 (UTC)
- É interesante. Descoñecía que este ano fose denominado "Ano da memoria". Se creamos artigos en relación a este tema, poderíase facer unha referencia na entrada do ano e que constasen algúns dos artigos que referidos a ese tema merecesen mención. Eu estou disposto a traballar nalgún artigo. Gústame en especial o de Alexandre Bóveda, pero creo que sería ideal que alguén que soubese algo máis ca min de Historia de Galicia nos dese unha lista con artigos que serían pertinentes. Claro que é necesario que sexamos varios. --Lmbuga Commons - Galipedia 14:54, 13 xullo 2006 (UTC)
- os artigos que se poderían tratar son: alcaldes, políticos e persoeiros en xeral asasinados, así como algunhas reseñas importantes na nosa historia como a Illa de San Simón como campo de concentración ou o suceso do bou Eva, etc.--AlberteSi, digame? 14:14, 3 setembro 2006 (UTC)
- Por min, vale. Pero por motivos ideolóxicos (sé que as miñas ideas son bastante discutidas na Galipedia) non creo que faga moitas colaboracións ... se acaso proporcionar nomes e datos concretos Un saúdo.--Norrin_strange (Talk) 17:26, 3 setembro 2006 (UTC)
- Véxome na obriga de aclarar e contradicir algunha das afirmacións do comentario anterior de Norrin strange. Na Galipedia non se valoran as contribucións dos seus colaboradores polas súas ideas, opinións ou crenzas, alo menos non por parte da maioría dos usuarios e dos administradores. É misión do administradores intentar que se respecte o Punto de vista neutral e os principios fundadores da Wikipedia, manter a Galipedia independente de calquera influencia, evitar todo o que supoña propaganda, proselitismo ou vanagloria. Ocorre en ocasións, por regra xeral con persoas que consultan a enciclopedia ocasionalmente ou fan unha edición illada que interpretan erroneamente que isto ten as mesmas características cun foro, blog ou calquera outra páxina web de opinión. Con frecuencia vense contrariados se se desfai unha das súas edicións ou se borra unha das súas aportacións. Deducen neses casos que a enciclopedia defende unha ideoloxía ou a contraria segundo a edición da que se trate. No caso particular de Norrin strange cómpre deixar claro que as accións dos administradores da Galipedia sempre foron no sentido de garantir que se cumprira todo o exposto anteriormente ademais de cuestión referidas a licenzas de imaxes, os procedementos de traballo nos wikis, o respecto das políticas, etc. A afirmación "sé que as miñas ideas son bastante discutidas na Galipedia" é particularmente inexacta. Basta ollar a páxina de discusión de Norrin para comprobar como os feitos desminten esa sentenza, precisamente o xeito de actuar dos que aquí estamos foi o contrario do que aparece nese enunciado. O conxunto dos administradores optamos por axudar a Norrin a coñecer o funcionamento do wiki e resolver os problemas en lugar de bloquealo, mesmo cando na fase inicial a violación das políticas era constante. Non está de máis lembrar outra vez que a Galipedia non é o lugar apropiado para facer promoción de ningún tipo de ideas, colectivos ou persoas. Sempre que os administradores detectan algún caso desfaise independentemente das ideas que teña quen o desfaga. Estaríamos metendo paus nas rodas do proxecto se fixeramos o contrario. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:31, 4 setembro 2006 (UTC)
- En primeiro lugar, dicir que concordo con Prevert.
- En segundo lugar, expresar que a “persecución”, que aparentemente se indica, non ten os seus alicerces en motivos ideolóxicos, pois como creo que demostrarei co seguinte texto, hai máis proximidade ideolóxica ca distancia.
- En terceiro lugar, considero crucial para a Galipedia o mantemento dun punto de vista neutral tanto dende unha perspectiva teórica como práctica
- Dende unha perspectiva teórica
- Convén lembrar previamente que un dos maiores atrancos que tivo -e probablemente ten- o desenvolvemento de Galicia en tódolos aspectos foi -e é- a ausencia dunha burguesía pudente que, con fondas raíces na cultura galega e optando polo emprego da lingua, fose quen de conformar un futuro nacional, como -creo- ocorreu en cataluña. Os usuarios, que día a día, de semana en semana ou de mes en mes asumen dedicar un pouco ou un moito do tempo que teñen libre, teñen claro que a Galipedia é unha ferramenta que permite a dignificación da lingua e que facilita que a cultura galega e a universal se poida vivenciar en galego. Pero non leamos a historia incorrectamente: a Galipedia non se debe escribir exclusivamente para aqueles que posibilitaron ou que posibilitan, ou quizais posibilitarán, que a cultura e a lingua galega chegase, chegue ós nosos días ou avance. Non hai futuro sen construírmos unha sociedade moderna, global, onde todo o pobo -tamén a burguesía, as clases pudentes con toda a súa diversidade- vivan e defendan todos e cada un dos valores sociais, culturais e económicos de Galicia ante agresións globalizadoras, alén das ideoloxías, das crenzas relixiosas, das peculiares mentalidades posibles. A Galipedia débese escribir para todos. Debe ser unha ferramenta de integración das múltiplas diferencias. Só se construímos unha sociedade galega sen eivas, global, poderemos afrontar con garantías os retos que nos depare o futuro; e para construírmos esa sociedade é preciso que superemos diferencias de toda índole (relixiosas, ideolóxicas, partidistas,...) para nos sentirmos unidos por todo aquilo que nos aporta identidade.
- A plasmación na Galipedia de perspectivas persoais -incluso as miñas-, ideolóxicas, políticas, partidistas -todas elas probablemente efémeras- imposibilitan que a Galipedia sexa unha ferramenta que sirva para construír a sociedade galega que Galicia precisa.
- Dende unha perspectiva práctica
- É unha cuestión de verosimilitude. Todos máis ou menos somos capaces de interpretar, cando lemos unha páxina, se concorda coa nosa ideoloxía, se está en desacordo con esta ou se mantén un punto de vista neutral. Nunha enciclopedia só unha destas tres alternativas é correcta. Se o texto concorda coa nosa ideoloxía, poderémonos sentir cómodos, pero, de termos unha mente crítica, estaremos á espreita, ó axexo, pois na páxina seguinte pódesenos intentar convencer, inculcar valores ou sentimentos. O texto deixa de ser unha referencia que axuda a crear unha opinión libre e, polo mesmo, deixa de ser plenamente verosímil, para pasar a ser un artigo de opinión. Se discrepa co que pensamos, ben abandonarémo-la lectura, ben a continuaremos dándolle moi escaso valor as reflexións que nela se reproduzan. Calquera destas dúas posibilidades imposibilitan que a Galipedia sexa xa non só unha ferramenta verosímil, senón ademais unha ferramenta unificadora de cara ó expresado nas liñas anteriores.
- Dende unha perspectiva práctica
- Ben, ben! Non vos votedes todos enriba de min... vale, fíxeme un pouco a vítima, e estou disposto a recuar.. Participarei, de acordo.--Norrin_strange (Talk) 12:15, 5 setembro 2006 (UTC)
arte
editarparécevos se movemos este breve listado terminolóxico sobre arte a unha páxina independente? --Sobreira (parlez) 23:08, 15 xullo 2006 (UTC)
A traducir
editarEstou vendo que hai moitos artigos que estar por traducir. Creo que deberíamos prestarnos a traducilos por quendas, cada un traducindo un pouquiño acabaríamos antes de facelo e non nos estresaríamos.
Creo que viría moi ben para a Galipedia que artigos coma Mundial de Fútbol Alemaña 2006 ou Guerras Médicas fosen traducidos ó tratarse de artigos extensos.
¿Alguén que queira participar en quendas pra traducir algún destes artigos?
--O Tin -- Contradíceme se te atreves 17:03, 17 xullo 2006 (UTC)
Voluntarios
editar- Eu estou disposto se participa alguén máis. --O Tin -- Contradíceme se te atreves 17:03, 17 xullo 2006 (UTC)
- Eu xa estaba a traducir o de Mundial de Fútbol Alemaña 2006, polo que vou seguir a traducir. Por desgraza o meu coñecemento de francés é nulo.--AlberteSi, digame? 17:10, 17 xullo 2006 (UTC)
- Unha idea sería crear un Wikiproxecto:Tradución dende o que colgasen os artigos a traducir e só pasar o espazo de nomes xeral cando estiveran traducidos e corrixidos entre os participantes dos wikiproxecto. Podería servir para buscar bos artigos para traducir e axuntar a xente que tivera interese. Pero só se debe crear se hai verdadeiro interese por parte de varios colaboradores.
- Paréceme boa idea. Se se presta a traducir máis xente, eu xa dixen antes que me presto encantado. Se ten éxito e logramos traducir todos eses artigos podemos comenzar a traducir os artigos destacados das demáis wikipedias. Saúdos a todos. --O Tin -- Contradíceme se te atreves 18:01, 17 xullo 2006 (UTC)
- Estou de acordo. Cando empezamos?--Norrin_strange (Talk) 17:52, 22 agosto 2006 (UTC)
- Eu tamén estou de acordo, presentome voluntario. --Fryant 18:25, 22 agosto 2006 (UTC)
Comentario ¿Entón creamos un wikiproxecto de traducción e decidimos por qué artigo empezamos? Anque vexo que tanto Norrin coma Fryant estades en proxectos bastante intensos (un con traduccións e outro ca NBA), e eu tamén, podemos telo como actividade wikipedística secundaria. Creo que o mellor sería que empezásemos por traducir os artigos de Categoría:Wikipedia:Artigos que precisan tradución, antes de traer artigos novos. Un saúdo. --O TinContradíceme se te atreves 20:12, 22 agosto 2006 (UTC)
- Comentario Considero que vos estades lanzando sobre dalgo no cal aún a xente non está debidamente preparada. Para empezar non podemos coller así, polas boas e tentar "pastorear" sobre o de fora cando aún temos moito que "pastorear" na casa (é dicir, sobre Galiza). Dende o meu punto de vista non é nada bo que se collan os artigos destacados (sexan extensos e de outros idiomas) para traducilos aquí "tal, cual". Para elo compre reformalos e ampliarlles máis a información (e iso supón recursos que están en moi poucas mans), coa sana finalidade de que sexan das outras wiki's quenen se vexan abocados a vir a nosa a copiar e non (podendo ser) a viceversa. Quizáis non entendades moi claro os aspecto que vos propoño, pero si poño un exemplo: o ano 1805 (podedes mirar as comparacións das outras wiki's da mesma data a traves dos interlink's) e de seguido veredes a diferencia, a par de darvos conta do que vos digo. Como punto de remate, eu abogo polas cousas da casa antes que as de fora (pero iso non quere dicir que tampouco non has queira), despois deste breve comentario tedes tempo suficiente para sopesar os pros e os contras da exposición do wikiproxecto de traducción e, se renda ou non; cando aún non temos a madurez suficiente para o da casa. Un saúdo.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:31, 22 agosto 2006 (UTC)
- Concordo Tes razón, a Galipedia non se pode poñer a traducir os artigos destacados dun día para outro, xa desde o feito de que os artigos destacados doutras wikipedias avanzan a un ritmo moito maior (por moito que traballáramos, non seríamos quen de segui-lo ritmo á wikipedia inglesa, por exemplo, que saca un por día :-S...). Eu nun principio decíao por limpar o lixo que hai na galipedia, e é que hai uns cantos artigos que están por traducir. Depois podíamos intentar traducir artigos doutras wikipedias. Pese a que estou dacordo con que non podemos poñernos a traducir taaaaantos artigos destacados, non estou dacordo con iso que dis de que aún temos moito que "pastorear" na casa (é dicir, sobre Galiza). É verdade, pero non podemos traballar só en temas relacionados con Galicia, pois na miña opinión sería absurdo. Moitos usuarios perderían gran parte do seu potencial coma colaboradores e a galipedia só se consultaría para coñecer cousas de Galicia, cando ten moita calidade en canto a artigos sobre historia, gracias a usuarios coma User:Servando2; sobre filatelia, gracias a usuarios coma User:Penny Black; ou sobre a NBA, gracias a User:Fryant (este foi dos que se prestaron a traducir). Un saúdo, Xelo.
- Xelo, non entendo ese afán de competición entre wikipedias que deixas ver cando dis que teñen que ser as outras as que teñen que vir a traducir. Eu creo que o noso obxectivo é facer a enciclopedia de maior calidade en galego, e non facer unha wikipedia de mellor calidade que as doutras linguas. Hai artigos fundamentáis que non teñen a calidade suficiente e non son sobre Galiza, véxase Célula, Fútbol ou Jose María Aznar, e que é necesario traducir, pois non creo que nadie da Galipedia (e non só me refiro a estos tres artigos), teña o coñecemento suficiente como para facer un artigo extenso e de calidade. Que quero dicir con isto? Que non temos que cerrarnos a nada. Entendo a túa postura, pero a Galipedia creo que ten que expandirse en tódalas direccións á vez de maneira organizada. Vaia, creo que non me expliquei moi ben. --Fryant 20:21, 23 agosto 2006 (UTC)
- Neutro Antes de nada quero clarexarlle unha dúbida a O Tin (coido que o comentario proben del) e no que non tiña claro o que quería expresar o seguinte termo: "aún temos moito que "pastorear" na casa (é dicir, sobre Galiza)" Perante an entrada de darlle unha resposta concreta, aproveito a dalos parabens pola adicación que cada un de vos estades tentando facer en cada traballo. Voltando o asunto a resposta aunque parezca absurda é absolutamente necesaria e se me apurades un pouco, diría con prioridade total, xa que Galiza é unha absoluta desconecida para as demáis wiki's que publican artigos (en bo numero de casos) con ínfima información dela por no dispor de un medio fiable de onde extraela; ese medio (fiable ou non -segundo o criterio da xente-) somos nos. Polo que se os que vivimos en Galiza non sabemos nada dela; como creedes que os de forma poden saber máis que nos, se non viven nin coñencen por outros medios internos a historia que nos coñecemos?. Con respecto a --Fryant direiche que "cada mestre ten o seu libriño" e en base disto especifico o seguinte o iste proxecto non persegue nengún afán de competición (aqui non pode rezalo dito de "o novo quere cantidade e o vello calidade") porque decididamente a competición rechama na cantidade, namentres che pareceu interpretar iso, eu estaba refirindome a calidade. Ti podes coller un artigo da wiki.es, aplialo coa información que vexas noutras wiki's; pero ahí non debemos de cerralo camiño, as enciclopedias dixitais, as de papel, libros que toquen os temas nos que estamos a traballar e, mesmamente, moverse de vez en cando ata a biblioteca, serve de gran axuda a espalla-lo e remodelar o artigo con máis información da que nun principio dispomos. Agora dime: vendo esta derradeira exposición (que é traballosa dende sí), ti crees que non aparecerán doutras wiki's xente que verá o artigo e se adiquen a copialo sen máis?. Como podes ver non existe ningún afán de competición. Eso sí, agradezobos as criticas, xa de que por seu soen ser constructivas e axundan a crear un punto de vista máis global sobre do tema que se esta a tratar. Un saudo a todos.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:25, 23 agosto 2006 (UTC)
- En primeiro lugar, gabar o voso pulo e a implicación que tendes coa Galipedia. Eu, inda que probablemente non teña moito tempo por mor de quefacers que desenvolvo, tamén estou disposto a colaborar, pero temo que, con respecto a como vos estades expresando, con matices que considero importantes.
- Noutro tempo traducín bastantes artigos. Hoxe non estou de acordo con todo o que fixen. Traducín mesmo artigos que case non entendía (sobre as estrelas). Eu estou disposto a colaborar, a traducir artigos que estean dentro da miña especialidade, ou dos que sexa un bo coñecedor. Creo que non lle facemos ningún favor á Galipedia traducindo por traducir ou por aumentar o número de entradas. Temos que ter criterio. Temos que procurar que a información sexa seria e, se nós non podemos acreditar os datos todos da información (porque nas wikipedias tamén hai erros) non debemos poñelos.
- Se ti es licenciado en medicina, ou aínda alumno, traduce artigos de anatomía; eu non debo facelo. Non debemos esquecer que somos responsables da información que damos e que, se a información é falsa, parcialmente correcta ou mesmo matizable, non lle estamos a facer un favor á Galipedia.
- Traducir por traducir pódenos levar a medrar cuantitativamente pero nunca cualitativamente. ¿Que Galipedia queremos?
- O papel que habitualmente os máis de vós desenvolvedes é correctísimo: Un gran afeccionado á NBA traballa e traduce sobre a NBA, outro con coñecementos de historia (non sei a que nivel, pero superiores ós meus) dedícase a ese labor... ¿Credes realmente correcto chegar a traducir secuencias de artigos que non podedes acreditar ou que mesmo case non entendedes porque vos comprometestes a colaborar nun wikiproxecto? Eu colaboro convosco (se podo): traduzo unicamente arquivos de lingüística e literatura (e non todos), pero vos aseguro que nos máis dos artigos que eu traduza haberá secuencias, frases, ideas, que non estean no orixinal, que eu aporte, porque sei exactamente o que se está a dicir e, aquilo que sexa traducido literalmente terá o creto que poida ter eu como especialista e como usuario. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 00:13, 24 agosto 2006 (UTC)
- Comentario Evidentemente, para os artigos que traducimos pola nosa propia iniciativa, teremos que traducir artigos que controlemos. Sen embargo, aquí expoñíamos traducir os moitos artigos que están por traducir na galipedia, e se temos éxito intentar traducir artigos destacados. Eu nunca traduxen ningún, eu só traduzo artigos de tema que coñezo (aínda que só sexa un pouquiño). Suponse que os artigos destacados, alomenos en teoría, son neutrais e toda a súa información é verdadeira. Polo tanto, -digo eu- non se fai mal que un usuario que non domine o tema traduza un artigo destacado doutra wikipedia. Eu tamén son partidario que medremos, como dis ti, cualitativamente, pero temos que intentar tamén medrar cuantitativamente, porque canto maiores sexamos máis nos consultarán. Temos que intentar, polo tanto, medrar dun xeito equilibrado entre cantidade e calidade (e o ano pasado, según publicou User:Prevert en Wikipedia:Actualidade fixémolo, triplicamos os artigos e o 86% deles eran de máis de 200 caracteres - que tampouco debemos avalar a calidade dun artigo coa súa extensión, pero normalmente os artigos longos son moi bos).
- Creo que, anque Lmbuga e Xelo non esteades dacordo connosco en facer un wikiproxecto de traducción, supoño que si que estaredes dacordo en intentar traduciros tantos artigos que están por traducir na galipedia. Só hai que ver Categoría:Wikipedia:Artigos que precisan tradución para ver que temos bastante traballo de traducción. Un saúdo a todos. --O TinContradíceme se te atreves 11:04, 24 agosto 2006 (UTC)
1º comentario: Parece que o proxecto se vai inclinando cara traducir artigos destacados. Eses artigos teñen de bo que foron xa valorados positivamente. Agora ben, velaquí artigos destacados da wikipedia española: es:Autovector y autovalor, es:Efecto térmico de memoria (polímeros), es:Latín vulgar.
Eu non estou disposto a traducir os dous primeiros (inda que poder podo) se non hai un usuario especializado que se comprometa a facer unha revisión minuciosa do artigo e da miña tradución.
O terceiro, en cambio, non só podería traducilo, senón que me sinto capaz de valorar o artigo, de corrixir se vexo erros (pode habelos) e de aportar (indo que non o lin, xa vexo que hai cousas que non aparecen, que eu teño relacionadas nos meus apuntes). Podería mesmo facer un traballo especializado de revisión.
Traballar deste xeito, con tradutores e especialistas que revisen a tradución e desenvolvan o artigo, paréceme serio; outro xeito de traballar, non. ¿Como pensades propoñer os artigos?, ¿Por ser bonitos? ¿Sen censor?
Para os artigos presentes en Categoría:Wikipedia:Artigos que precisan tradución penso exactamente o mesmo.
2º comentario: ¿Non tería máis sentido pillar un campo do coñecemento en que vos sintades os máis de vós seguros e mellorar o que xa hai na Galipedia e, como non, crear novos artigos? --Lmbuga Commons - Galipedia 12:28, 24 agosto 2006 (UTC)
- O tema das traducións xa ten dado lugar a debate no pasado, e desde sempre hai diferentes posturas ao respecto. Como ben dixeron outros compañeiros estamos na liña de conseguir un nivel de calidade superior e non entrar nunha carreira por conseguir máis artigos. Hai unha serie de problemas asociados as tradución que hai que considerar antes de comezar un proxecto de tradución sistemático, o primeiro de deles e verificar a fiablilidade dos datos e a exactitude das afirmacións que se fan nos artigos. Non basta con que un artigo estea publicado nunha Wikipedia para consideralo fiable, cando se fai unha tradución (tal e como se está facendo case sempre) pérdese o historial do artigo (un instrumento moi valioso para coñecer a fiabilidade do artigo). Com ben dixeron Xelo2004 e Lmbuga só se deberían traducir artigos no campo do saber no que o traductor teña coñecementos para acreditar que o texto ten os niveis de calidade requiridos e non se están reproducindo na tradución os erros do orixinal. Por outra banda, tamén a tradución supón problemas asociados á estrutura tanto do propio artigo como da clasificación do material, con frecuencia fanse afirmacións que só teñen sentido no contexto dunha determinada Wikipedia e que non terían sentido aquí ou créanse categorías que contradín as que aquí temos. Coincido plenamente con Xelo2004 cando di que o que se trata e recoller o coñecemento relacionado con Galicia porque é nesa liña na podemos conseguir mellores resultados. Iso non quere dicir que debamos abandoar outros campos do coñecemento nin que teñamos que descartar por completo facer traducións pero sempre debemos ter presente os problemas que estas supoñen e procurar os medios para corrixilos, traducir por aumentar artigos o por publicar un que nos falta neste momento non parece o máis apropiado sobre todo despois do traballo que se ten feito para chegar ata o punto onde estamos hoxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:51, 24 agosto 2006 (UTC)
Categoría NBA
editarGostaríame comezar unha nova subcategoría dentro da de baloncesto con todo o relativo á NBA, como xa hai noutras wikipedias, e quería a aprobación dos usuarios. ¿Que vos parece? Fryant 18:28, 24 xullo 2006 (UTC)
Concordo A min paréceme ben, en caso de que teñas pensado traballar nesa categoría. Non fagas coma min que sempre deixo as cousas pola metade e teño por aí un par de artigos pola metade... :-) --O TinContradíceme se te atreves 18:51, 24 xullo 2006 (UTC)
Concordo Xosé (✉) 22:55, 24 xullo 2006 (UTC)
Concordo --Lmbuga Commons - Galipedia 09:05, 25 xullo 2006 (UTC)
Category:Glosarios
editarCreo que é unha categoría que existe noutras wikipedias. Podería permitir o acceso á información dun xeito diferente (quizais ás veces confluíse coas categorías). Non o teño demasiado claro, pero creo que os glosarios poden ter cabida a pesar das categorías.
¿Compensa crear dita categoría? Creo que si.
Polo momento só temos tres glosarios: Glosario de termos lingüísticos, Glosario de primeiros auxilios e Glosario de antropónimos galegos--Lmbuga Commons - Galipedia 21:22, 25 xullo 2006 (UTC)
- Procedo a crear a categoría. Se se estima conveniente bórroa. A presente discusión continúa aberta --Lmbuga Commons - Galipedia 14:50, 28 xullo 2006 (UTC)
- En relación co anterior. Óllese Lista de marcas de automóbiles, Lista de autores, creo que non son glosarios, creo que neste caso o apropiado é lista. A categoría listas está sen crear. Debería haber referencia na primeira liña á categoría glosarios e nesta á categoría listas.
- sobre a categoría de listas xa se falou algunha vez, xa buscarei onde. Daquela fixera esta selección: User:Sobreira/ANDOcategorizANDO. Sobre se temos listas/glosarios ou non, véxase tamén #arte. --Sobreira (parlez) 13:12, 9 agosto 2006 (UTC)
Categoría ONU
editarPropoño crear a categoría ONU para incluír todas as entidades e actuacións dependentes das Nacións Unidas, así coma os seus persoeiros máis relevantes.--Xabier Cid 03:24, 26 xullo 2006 (UTC)
Irmanamento
editarPenso que poderíamos irmanarnos con outra wiki. Podería ser bonito e útil para intercambiar artigos sobre temas concretos.Que pensades disto?--Norrin_strange (Talk) 18:23, 31 xullo 2006 (UTC)
- ¿Cómo é iso de irmanarnos con outra wiki? --O TinContradíceme se te atreves 17:59, 9 agosto 2006 (UTC)
- Non será irmandar, irmandamento? --Sobreira (parlez) 10:43, 11 agosto 2006 (UTC)
- Si, posiblemente, sería máis lóxico... pero sigo sen saber que é iso do irmanamento ou irmandamento. --O TinContradíceme se te atreves 00:17, 14 agosto 2006 (UTC)
Títulos bilingües
editarDespois de moito cavilar sobre o tema dos partidos políticos, e sobre como deberían estar encabezados os artigos, queguei á conclusión de que habería que seguir o mesmo criterio que cos territorios, e poñer asi, por exemplo, Partido Laborista - Labour Party no canto de Partido Laborista (Reino Unido)
Seguindo cos idiomas, penso que non só dberíamos poñer os nomes noutro idioma cando este sexa oficial. Eu son dos que pensan que Oviedo debería estar en Oviedo - Uviéu, aínda que o asturiano non sexa idioma oficial. Iso tamén faime pensar no caso de Suecia ou Luxemburgo, onde poñemos o nome nas dúas linguas malia non ter estes Lingua oficial. Agardo que respostedes algo.--Norrin_strange (Talk) 11:32, 9 agosto 2006 (UTC)
- Eu o do Partido Laborista non o vexo moito. Ao igual có resto das institucións, creo que deberían entrarse polo nome galego. En todo caso, no texto, pódese consignar como se di iso nos outros idiomas, porque, p.ex., o Partido laborista británico tiña que estar cando menos en inglés, galés e escocés. E acho que iso é bastante farragoso.
Polo dos nomes oficiais, perfectamente de acordo. Supoño que a entrada será Ovieu - Uviéu.--Xabier Cid 11:39, 9 agosto 2006 (UTC)
- Eu no dos exotopónimos non vexo ningún impedimento, salvo que se produzan confusións coma Uesca, onde en galego dáme a impresión (xa me fai dubidar) que é con H Concordo. No tema a maiores, dos partidos-institucións (extensible a moitas cousas), é verdade que é un pouco farragoso. É certo que pode consignarse no texto do artigo, ou cos interwikis, pero de momento non teño claro se é tan boa ou tan mala idea e que posición tomar Neutro. --Sobreira (parlez) 13:17, 9 agosto 2006 (UTC)
E como poñer os partidos políticos suízos con cinco formas no título e os canadenses con tres e os belgas con catro (flamengo, francés, alemán e galego e mesmo aínda que non sendo oficial o valón ten certo recoñecemento o que sería cinco), paréceme absurdo e inoperante. Tamén o das dobres formas dos topónimos pero ó ser política aceptada non entro.--Miñato 13:49, 9 agosto 2006 (UTC)
A categoría Category:Literatura ten máis de 200 artigos, polo que está a resultar incómoda a localización de moitos deles. Vexo necesario crear máis subcategorías. A primeira que pensei é Category:Personaxes.
Esta categoría estaría categorizada en Category:Literatura e Category:Cine. Nun futuro, quizais se poderían crear dentro dela as subcategorías Category:Personaxes da literatura e Category:Personaxes do cine, deixando só en Category:Personaxes a aqueles que aparecesen tanto nun medio coma no outro.
Se vos parece ben, dentro duns sete días procedo a creala. --Lmbuga Commons - Galipedia 11:21, 21 agosto 2006 (UTC)
- Concordo. Eu estou de acordo.--Norrin_strange (Talk) 10:07, 22 agosto 2006 (UTC)
- Desculpade por traer esta cuestión á Taberna. É algo que xa está presente en páxina de discusión das categorías de Arte e Cultura.--Lmbuga Commons - Galipedia 11:19, 22 agosto 2006 (UTC)
Un usuario creou esa categoría Propoño movela a Category:Personalidades da fotografía en coherencia coas categorías presentes en Category:Personalidades. --Lmbuga Commons - Galipedia 11:50, 21 agosto 2006 (UTC) e categorizouna en Category:Personalidades da fotografía e Category:Fotografía galega (as dúas aínda sen crear).
Considero o nome totalmente inapropiado. Propoño Category:Fotógrafos galegos e para propolo fago unha reflexión persoal sobre a lingua e o xénero na lingua.
Aínda que tradicionalmente se considera que a linguas romances teñen o xénero masculino e o xénero feminino, os estudosos, os linguístas, non utilizan esa terminoloxía por ser falsa. Linguas como o galego, o castelán e o portugués, tecnicamente, só posúen un xénero (deixando á parte o neutro) que é o feminino. Co feminino se marca todo aquilo que é feminino, de aí que en vez de denominarse linüisticamente este xénero como xénero feminino se denomine como xénero marcado. Para todo aquilo que non é feminino utilízase a marca do xénero non marcado, tradicionalmente masculino (vocábulo inadecuado para os estudosos, pois tal xénero non existe).
Considero unha aberración lingüística e considero tamén que non é económico nin resulta expresivo no caso desta categoría a dupla os/as. Entendo que obedece a unha falsa lectura do que é a realidade da lingua, que se ben moitas veces deixa entrever problemáticas de xénero -non hai dúbida de que coa lingua reflectimos o machismo imperante na sociedade- non o fai neste caso. Considero ademais que é este un dos poucos casos en que a lingua é feminista, pois só existe en verdade o xénero feminino. --Lmbuga Commons - Galipedia 12:05, 21 agosto 2006 (UTC)
Efectivamente Lmbuga, describes exactamente os feitos. Pero tamén é verdade como dis que co que dicimos condicionamos a realidade. Hai solucións para evitar esa forma non marcada (que non por casualidade é sempre a masculina). Acho que esa categoría de Personalidades da fotografía é boa, útil e respectuosa con todos os que non nos identificamos cun xénero non marcado masculino, ademais de coherente con outras solucións da Galipedia. --Xabier Cid 06:57, 22 agosto 2006 (UTC)
- Desculpade por traer esta cuestión á Taberna. É algo que xa foi discutido na páxina de discusión das categorías de Arte e Cultura. As categorías admitidas son Category:Fotografía, Category:Personalidades da fotografía e Category:Fotógrafos.--Lmbuga Commons - Galipedia 10:05, 22 agosto 2006 (UTC)
Portais
editarPor que non facemos algúns portais, como noutras wikis? Poderíamos comezar cun Portal:Galicia (claramente). Que vos parece?--Norrin_strange (Talk) 19:43, 23 agosto 2006 (UTC)
- ¿Qué son os portais? Tamén me gustaría que me aclarases que é o irmandamento... Ó mellor estou dacordo con estas dúas propostas se sei qué son. --O TinContradíceme se te atreves 20:13, 23 agosto 2006 (UTC)
- Podes ver aquí o que é un Portal.--Norrin_strange (Talk) 09:39, 25 agosto 2006 (UTC)
Concordo Paréceme boa a idea. Pero é mellor que non contes comigo en facer portais... vexo que hai un monte de cuadros e eu aínda non sei facelos demasiado ben. Un saúdo. --O TinContradíceme se te atreves 14:43, 26 agosto 2006 (UTC)
- Se non hai oposición, en breve comezarei o Portal:Galicia.--Norrin_strange (Talk) 19:46, 29 agosto 2006 (UTC)
- Os Portais son un sistema de navegación que utilizan as Wikipedias cando o número de artigos ou a cantidade de material sobre algúns temas chegan a certo grao de desenvolvemento. Por outra banda a creación de Portais está relacionada cos espazos de nomes. Os espazos de nomes supoñen un tratamento especial por parte do software MediaWiki. Ademais para a toma dunha decisión dese tipo hai que seguir o procedemento de votacións establecido: faise a proposta seguindo o formato, ábrese a votación e permanece aberta durante o tempo requirido. Posiblemente teñamos material sufiente para un Portal Galicia pero semella que non o temos para comezar a desenvolver ese espazo de nomes e aínda teremos que esperar para crealo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:02, 29 agosto 2006 (UTC)
- Acabo de crear o Portal da Historia no meu espazo de usuarios. A ver se vai para adiante a discusión sobre espazos de nomes que está aberta na Taberna. --Xosé (✉) 14:28, 19 maio 2007 (UTC)
- Comentario Vexo que neste mes profileran os portais. Lembro unha cousa nos meus tempos de bagar e dí o seguinte "Caeu a pucha, pronto ha de baixa-lo peón". Pois ben, un pouco diso se trata. E sén ánimo de que ninguen se sinta no meollo da cuestión. Vamos pois a enumera-lo tema:
1º) Norrin_strange fixo unha proposta que foi secundada por O TinContradíceme se te atreves. Pero tanto por unha parte coma pola outra a cousa quedou aplazada, é máis, quizáis esquecida.
2º) Xosé (✉) Propón o seu (Portal da Historia) baseada na historia. Pero de quitado Xosé, existen outros usuarios que están a traballar nas súas propias. Velaí unhos exemplos:
A) Portal da Informática, no portal xa di de que vai.
B) Portal, simple e discreto, pero que non se basea nun tema concreto polo de agora; semella querer reemplazar o portal actual.
C) Portal da Música Galega, sen palabras.
D) Portal da Química (por crear), Portal do Futbol (por crear) e outros......
Que se persegue?. Tampouco se deixa claro o que se persegue con iste sistema. Dise que nas outras wiki's xa existe e, por ende aquí tamén. Noutro aspecto, se nas outras wiki's se tiran o río ou se dan ... (alá por onde todos sabemos); necesáriamente temos que facelo aquí?. Para unha persoa xoven, a cousa non lle da a lata. Pero, e os maiores?. Como o verían?.
Que falta?. De seguro que faltan moitas cousas, pero basta ver que os novos cando empezan, ven o tema moi embarullado para crear artigos, e por riba non coñecen a reglas do wiki, como para andar o resto con portáis. Ahora só quedan agregarlle unha imaxe de fondo e un contador de visitas e asunto rematado. Logo crearemos outro portal para a prensa do corazón e así iremos, a trancas e barrancas.
Que non se viu?. Arriba o usuario Prevert(talk) deixou claro que iste tipo de causas implican un remuiño de ideas e, por suposto; "seguir un procedemento de votacións establecido". Agora a xente só mira as cousas de cara o novo pero, e o vello?. Quen garda a esencia e a experiencia sobre do vivido; tamén a garda o novo?. Señores, se non facemos unha cousas sinxela (como de momento está a ser aún) o vello non vai a querer colaborar, posto que se perdería entre portais. Deixemos de facer unha liña intelixente (como a 902) en portais xa que non se vái a ir a nengures. Lembren que hoxe en día existen problemas para poñer imaxen e buscar artigos adecuados para a portada actual como para andar creando outras novas. E dende aquí, sen ánimo de que todo o comentado non sente mal a ninguén, deixase aberta a porta para que a xente diga o que pensa sobre do que está a ver e pasar, que espoña ideas etc... --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 22:22, 20 maio 2007 (UTC)
- Comentario Quero dicir que o portal que fixen eu non o propoño para nada, quero dicir, que é unha subpáxina de usuario e así vai quedar, non pretendo facer un portal en serio, senón que é para o meu uso. De todos xeitos se alguén quere sacar ideas para os seus portais ou para outras cousas do meu portal, adiante! Un saúdo. AlberteSi, digame? 22:38, 20 maio 2007 (UTC)
- Comentario Penso que os portais poden ser útiles xa que recollen artigos e categorías relacionadas según un tema concreto, con eles preténdese axilizar as buscas de información de temas en particular. Quizáis Xelo2004 teña razón en que aínda queda moito por facer na Galipedia como para empezar a implementar portais xa que para moitos portais os contidos é escaso nestes momentos. De todas formas non vexo problema en que se vaian facendo nos espazos de nomes dos usuarios e máis adiante se implementen cun espazo de nomes propio. De todas formas antes de facer isto deberá pasar un certo tempo, para que aumenten os posibles contidos dos mesmos e para que se adopten as políticas correspondentes para a súa implementación. --BaNjO(tell me) 23:51, 20 maio 2007 (UTC)
políticos
editarVou crear unha caixa de información para políticos "Infpolitico", a ver se podedes axudarme a ilas colocando, e outra cousa, hai que grear subcategorías en políticos, que xa hai moitos.--Norrin_strange (Talk) 14:54, 27 agosto 2006 (UTC)
- Vou crear, se vos parece ben: as categorías Políticos galegos, políticos estadounidenses e políticos españois.--Norrin_strange (Talk) 18:26, 29 agosto 2006 (UTC)
- Concordo Será posíbel que nos cargos se poda clicar en cada un deles? Por exemplo "Presidente do Partido X", "Secretario Xeral do Governo de X", etc.. Xosé (✉) 18:57, 29 agosto 2006 (UTC)
- Como ten dito Lmbuga nunha mensaxe anterior as decisións e debates sobre categorías tratanse nos enlaces sobre categorías que hai na parte superior dos cambios recentes. Seguimos ese sistema para crear un sistema coherente e unitario. Algunhas categorías están aprobadas de xeito implicito pero este non é o caso, nin sequera se debatiu a rama Política. Sería interesante comezar o debate aproveitando o exposto por Norrin strange e facer unha proposta sobre a rama. Por outra banda estamos evitando unha clasificación baseada en exceso na divisións territoriais (aínda que neste caso o comentario ter un caracter máis xeral porque posiblemente aquí si que haxa que usala pero en lugar de Políticos galegos -> Políticos de Galicia, etc, pero debe debatirse nas páxinas citadas). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:11, 29 agosto 2006 (UTC)
- Aberto ese debate en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Políticos