Normalización (sociolingüística)
A normalización é un termo sociolingüístico referido a dúas acepcións relacionadas.
O termo máis comunmente usado como normalización lingüística refírese a reorganizar as funcións lingüísticas dunha sociedade para reformar as funcións sociais da lingua segundo as condicións “externas” cambiantes. Máis concretamente, é o proceso de reversión da substitución lingüística que pretende favorecer as condicións nas que as linguas que sufriron procesos de minorización ou que non desenvolveron todo o seu potencial, recuperen a condición de lingua «plena» ou «normal» e incorporar elementos que lle permitan consolidarse como instrumento de comunicación e cultura.
Terminoloxía
editarOrixe do termo
editarO termo foi popularizado por Lluís V. Aracil[1]; até finais dos anos 60 empregábase «planificación lingüística».
Variacións
editarNon existe unha definición unívoca deste concepto xa que se trata dun proceso con características únicas en cada contexto sociolingüístico. Así, a normalización pode afectar ao código lingüístico, aos seus usuarios e á organización lingüística territorial, o que implica a demarcación de dous procesos paralelos: o social e o lingüístico.
Desambiguación
editarUtilizáronse varios termos relacionados coa normalización: codificación ou normativización, máis ligados aos aspectos lingüísticos (neste caso tamén se inclúe outra acepción de normalización, referida á normalización da lingua estándar , tamén chamada estandarización[2]); e a planificación e a política lingüística, vinculadas aos aspectos sociais e políticos (a outra acepción de normalización (normalización lingüística) incluiríase neste último ámbito).
Contexto
editarAsí, a normalización lingüística non só comprende aspectos puramente lingüísticos, senón que tamén debe considerar factores sociais e políticos. Respecto destas últimas, a subordinación política a outra comunidade que impón unha lingua dominante fai que a situación na que se desenvolve este proceso de normalización teña uns parámetros únicos, tendo en conta a falta de estado político propio e a existencia dun conflito lingüístico[3]. É o caso de Cataluña, País Vasco, Galiza ou Quebec.
O proceso de normalización lingüística comprende a elaboración e difusión de normas de uso lingüístico que permitan adquirir unha actitude favorable, por parte da sociedade, en relación coa lingua. Toni Mollà e Amadeu Viana[4] insisten en que o proceso de normalización lingüística ten un carácter prospectivo de resposta ao conflito lingüístico, sendo polo tanto dinámico e preditivo.
Notas
editar- ↑ Aracil, Lluís V. (1983). Dir la realitat. Barcelona. p. 96.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es; estandarización. Consultado o 2022-06-25.
- ↑ "Sociolingüística. AS FUNCIÓNS SOCIAIS DA LINGUA. CONFLITO E DIGLOSIA. ESTEREOTIPOS E PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS: A SÚA REPERCUSIÓN NOS USOS" (PDF). edu.xunta.gal/centros/iesescolasproval. Consultado o 25 de xuño de 2022.
- ↑ Mollà, Toni; Viana (1989). Curs de sociolingüística 3. Alzira.
Véxase tamén
editarLigazóns internas
editarVexa a entrada do Galizionario acerca de Normalización (sociolingüística) |
- Contacto lingüístico
- Comunidade lingüística
- Estandarización da lingua galega
- Normativa oficial do galego
- Normativa reintegracionista do galego
- Normalización lingüística
Bibliografía
editar- Aracil, Ll. V. (1982). Papers de sociolingüística. Barcelona: La Magrana.
- Aracil, Ll. V. (1983). Dir la realitat. Barcelona: Ed. Països Catalans.
- Junyent, M. Carmen (1999). “El català: una llengua en perill d'extinció?”. Revista d'Igualada, 1.