Wikipedia:Wikiproxecto modelos/Funcionamento xenérico
Internalización infocaixas
editarUnha infocaixa "internacionalizada" é aquela que permite ser instalada noutra WP sen ter que modificar ren dentro do seu códido, nin tampouco o seu nome.
Na estrutura de Wikipedia, a plataforma de cada lingua contén a súa propia versión de calquera módulo ou modelo, tal como pasa cos artigos.
Cando unha comunidade WP decide copiar algún modelo dende outra WP faise responsábel do seu mantemento. É dicir, as futuras mudanzas e melloras que se fagan sobre a versión orixinal da que se partiu, non se aplican automaticamente na versión copiada. Polo tanto, a copia queda conxelada coma o primeiro día, agás que se fagan mudanzas con total autonomía do funcionamento do seu equivalente noutra WP.
Cando a modificación non se limita a manter o aliñamento coa versión orixinal, senón que incorpora particularidades locais para adaptala, por exemplo, á súa lingua, afástase da orixinal e complica unha incorporación rápida dos cambios realizados no orixinal cando sexa preciso.
Fixéronse diversos intentos de crear un corpus estábel das funcións básicas para minimizar o requirimento de perfís técnicos dentro de cada WP. Actualmente moitas funcións básicas son estábeis abondo e nunca requiren a nosa atención, mais en pezas complexas e con fortes variacións para a incorporación do tratamento de novas propiedades WD, requírese pensar en fórmulas para facilitar as actualizacións nas WPs que adoptaron infocaixas.
Por que facemos cambios cando copiamos dende outra WP?
editar- Porque queremos adaptar as funcionalidades ás nosas necesidades e partir dunha copia serve de base e afórranos facer unha nova ao 100%. É o motivo máis xustificado e o menos frecuente. Neste caso o mellor que se pode facer para evitar confusións é cambiarlle o nome desvinculala da súa orixe para evitar que alguén pense que é ou fai o mesmo.
- Para poñerlle o nome na nosa lingua. Non é un problema para as utilizacións que faremos dentro da nosa WP. Porén, se no futuro copiamos outro modelo que chame a este, farao co nome que tiña e que cambiamos. Polo tanto, teremos que cambialo dentro do código desta segunda peza copiada para que dirixa á nosa. Noutras palabras, sen ter un motivo funcional para cambiar o código, vímonos obrigados por unha dependencia que creamos co cambio de nome inicial.
- Para poñer na nosa lingua o nome dos parámetros que se lle pasan. Isto é moi lóxico nos modelos que utilizan os editores de artigos xa que facilita a comprensión do contido que están aportando, como é o caso das infocaixas. Porén, moitos modelos de funcións técnicas só se chaman dende outros modelos e, polo tanto, son utilizados por editores experimentados familiarizados co código wiki e os aspectos técnicos. Nestes casos, non cumpriría ningunha adaptación lingüística, xa que só as empregarán os editores de perfil técnico.
- Para que dea os resultados na nosa lingua ou con unidades de medida ou formatos de datos da nosa lingua ou eido. Neste caso, ou o modelo orixinal está listo para funcionar en varias linguas (i18n e semellantes) ou estaremos nun caso como o devandito en primeiro lugar.
Como funcionan as infocaixas internacionalizadas que teñen en CAwiki
editarA infocaixa internacionalizada contén un código que fai o tratamento de todas as propiedades WD previstas que atope no ítem do artigo. Cada unha destas propiedades ten un parámetro manual asociado cun nome interno que é un acrónimo da propiedade relacionada, mais non está escrito en ningunha lingua específica.
Aproveitando o multilingüismo de WD, os resultados amósanse na lingua da WP; se estamos a traballar fóra do espazo principal (documentación, usuario, etc.), a lingua estará determinada principalmente polo que contén o parámetro lang=xx
ou a lingua nas preferencias do usuario conectado. Isto permite facer probas mantendo a coherencia da linguaxe amosada no espazo enciclopédico.
Os textos, como agora, etiquetas, seccións, etc. son externos á infocaixa para que o seu mantemento e tradución non supoña modificar o código. Principalmente, a infocaixa obtén estes textos de elementos WD cun nome que cadra co texto que nos interesa. Xa que as etiquetas dos elementos están en todas a linguas, o mantemento do seu contido é independente do código. Para os casos nos que non hai un texto axeitado para WD ou o existente non é axeitado ou demasiado longo e non podemos cambialo porque prexudicaríamos o significado do propio elemento, pódese definir no módulo:Wikidades/labels.
Todo o relacionado co formato da infocaixa: fonte do texto, cores, ancho etc. está personalizado usando TemplateStyles.
Para manter o código orixinal sen modificacións, a infocaixa só entende os parámetros polo nome interno.
Cando na nosa WP queremos utilizar outros nomes máis axeitados, a solución é ter unha pre-infocaixa como paso previo de conversión que chamará á infocaixa internacionalizada polo seu nome orixinal (como se fose unha redirección) e, ademais:
- traduce todos os nomes de parámetros posibles utilizados nos artigos ao nome interno.
- pon un "NONE" neses nomes internos das propiedades que trata a infocaixa e que esta comunidade decidiu non amosar (por conflito, contido non axeitado, extensión excesiva,...)
- permite facer pequenos axustes que poden requirir os datos antes de ser presentados e que se facían previamente pola antiga infocaixa.
- o nome da pre-infocaixa é o que queiramos poñerlle para esta WP, de xeito que os editores de artigos chamarán a unha infocaixa na lingua da WP con algúns parámetros na mesma lingua ou en diferentes sinónimos. Por outra banda, os perfís máis técnicos deben manter os elementos de personalización e uso particular da WP (pre-infocaixa, subpáxinas do módulo:Wikidades, etc.).
Internacionalizar modelos comúns de carácter técnico
editarA miúdo atopamos subfuncións comúns (feitas con modelos ou con módulos), normalmente copiadas de ENwiki, que foron renomeadas na lingua da WP; nalgúns casos, mesmo se creou unha redirección nome-inglés → noso-nome por se alguén o usaba.
A nosa proposta de manter a maior igualdade posible entre as versións que queremos que fagan o mesmo é non cambiar nin o nome nin o contido.
Se o que queremos é facilitar lingüisticamente o seu uso por parte de todos os editores e evitar anglicismos ou semellantes, é necesario aplicar unha solución de pre-infocaixa como a que comentamos anteriormente. É dicir, un modelo anterior co nome que nos interesa, que cambia o nome dos parámetros e chama a subfunción da forma nativa. Deste xeito os nosos editores empregarán un modelo “propio da súa WP” e con parámetros na súa lingua, pero en realidade o código que faga a función será unha copia exacta do orixinal.
Se isto non é posible, porque queremos que faga algo diferente ou porque os resultados teñen unha dependencia lingüística, non estamos ante un caso de "mesmo funcionamento".