Benvido á Galipedia, Xabade!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de decembro de 2013 ás 08:33 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, Xabade. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 25 de xaneiro de 2021 ás 21:41 (UTC)Responder

Formato editar

Ola Xabade. Algúns dos teus artigos non seguen o formato wiki da Galipedia como en Asemblea Federal da Rexión Galega e non contan con referencias nin con categorías. Poderíalo mellorar un pouco. Tes como axuda para o formato diversos epígrafes, na parte superior, da estrutura da Benvida. Grazas. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 28 de xaneiro de 2021 ás 10:12 (UTC)Responder

Ola, Xabade. Moi wai estes artigos que acabas de crear. Son moi interesantes. Xa vexo que xa fixeches algunhas cousas das que che indicou MAGHOI, pero non te inquedes. Estás empezando e xa irás facendo as cousas pouco e pouco. Ademais, se hai cousas que non fas aínda, como o de poñer categorías, xa virá outro usuario poñerllas, que esta é unha obra grande e que facemos entre todos. :) Dígoche algunhas cousas, para que se queres teñas en conta.
  • Se queres poñer listaxes, podes facelo cun asterico. Iso vaiche resultar moi cómodo.
  • Se queres poñer ligazóns, na barra superior, cando editas tes unhas especie de elo, que che vai facer o traballo moi cómodo (aínda que xa vexo que o fas moi ben).
  • O das categorías é moi sinxelo en canto lle colles o tranganillo, e de feito creo que noutros artigos xa as empregaches. Pero en concreto nese artigo da Asemblea saber en que categorías o pos, pois non é sinxelo. Vou tentar facelo eu, pero seguramente che pida axuda. Co sistema "visual" é supersinxelo, pero metelas a machete é máis lioso. O caso é que non lembro como se fai para habilitar o sistema de categorñias visuais.
  • As referencias: temos costume na Galipedia, dende hai moitos anos, de chamarlles 'Notas'. Pero non te inquedes por esas pequenas cousas. Se lle pos fontes, alguén nalgún momento xa o mudará por Notas.

Un saudiño, e moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de xaneiro de 2021 ás 16:18 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Xabade. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 28 de xaneiro de 2021 ás 21:50 (UTC)Responder

Moitas grazas --Xabade (conversa) 28 de xaneiro de 2021 ás 22:42 (UTC)Responder

Isaac Herzog editar

Ola, Xabade. Bo traballo o que estás a facer, tapando algúns buratiños. No artigo de Isaac Herzog, na súa páxina de conversa indicas a fonte do artigo pero non o asinaches. Se che parece, eu cando traduzo un artigo, na páxina de conversa indico a fonte empregando este formato, e queda un cadradiño bastante chuli (pódelo ver en Conversa:Claustra Alpium Iuliarum). Pégoche as intrucións por se o queres facer e así queda agrupado nunha páxina de orixes das traducións. Son estas

Normalmente, métese na páxina de conversa do artigo cunha estrutura determinada porque permite facer categorías e estatísticas automáticas. Serían 5 elementos separados por | (normalmente conséguese con AltGr+1)--> {Traducido de|código da lingua|Texto en cursiva|artigo orixinal|Texto en negra|data da tradución|Texto en negra|número da revisión} ////Aquí poño só unha chave, para que non apareza código.

O proceso sería así:

  • Ábrense e péchanse con 2 chaves
  • Escríbese: "Traducido de"
  • Código da lingua (en, para o inglés; es para o castelán; it, para italiano)
  • Artigo orixinal (nome do artigo orixinal)
  • Data de tradución (cóllese da páxina do historial; normalmente será o derradeiro; formato: dd-mm-aaaa)
  • Nº de revisión (na mesma páxina do historial, premendo sobre a data ; verás que aparece na barra de menú do explorador que teñas onde se fai referencia ao artigo no que estás (https://it.wikipedia.org....... e todo o demais) un número (que é o número despois de "&oldid="). Pois, ese é o que se copia.


Máis nada. Se tiveres algunha dúbida non te cortes epregunta. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 1 de xuño de 2021 ás 21:12 (UTC)Responder

Moitas grazas polas indicacións. Terei conta delas! Graciñas de novo Xabade (conversa) 1 de xuño de 2021 ás 21:38 (UTC)Responder

Naftali Bennett editar

Ola, Xabade. Lembra que hai que cómpre facer o recoñecemento das fontes das que se parte. Se o artigo non é de creación propia, temos que indica-la orixe. Refírome ao artigo Naftali Bennett.

Xa postos, outra cousiña. Na sección anterior desta túa páxina de conversa, vexo unha resposta anterior que a min non me chegou. Coméntoche. Hai dúas posibilidades para respostar a un usuario: ou ben na páxina de conversa do usuario, abrino unha nova sección e, no título poñemos (RE:o que corresponda), ou coma neste caso, podes respostar dende a túa páxina seguindo o fío; mais para que lle/me chegue, a resposta debe ter a seguinte forma @nome de usuario (resalto para que se diferencie; na pantalla de edición sería: @[[Usuario:nome|nome]]). Máis nada, un saúdo e a darlle duro. MAGHOI (conversa) 14 de xuño de 2021 ás 09:10 (UTC)Responder

@MAGHOIBos días: Incorporo as túas indicacións. Moitas grazas pola axuda e comprensión. Saúdos: Xabade

Detalliño editar

Ola, de novo, Xabade. Estou seguindo o teu estupendo traballo en Benjamin Netanhayu, e vexo como vai medrando progresivamente. E quería comentarche só un detalliño. As referencias é mellor que vaian despois dos puntos ou/e das comas, como se indica aquí; en concreto, no subapartado Como crear as citas ao pé. Eu xa fun modificando case todas as anteriores e son un detalliño sen moita importancia, pero así o artigo quedará perfecto. Un saúdo e a seguir así. MAGHOI (conversa) 21 de xuño de 2021 ás 17:53 (UTC)Responder

@MAGHOI Moitas grazas polos azos e polas indicacións. Vouno corrixir proximamente. Grazas de novo Xabade (conversa) 21 de xuño de 2021 ás 18:15 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia editar

Ola Xabade.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de xaneiro de 2022 ás 08:36 (UTC)Responder

@Estevoaei Graciñas pola indicación, intento telo sempre presente: poderías sinalarme o artigo en cuestión para emendalo? Gracias, saúdos: Xabade (conversa) 4 de xaneiro de 2022 ás 09:14 (UTC)Responder

Asembleas estadounidenses editar

Ola, Xabade. Grazas polos artigos sobre as cámaras estadounidenses. Só un par de detalliños: lembra que non adoitamos colocar dous puntos despois dos títulos "Outros artigos" ou "Ligazóns externas". E en segundo lugar, se queres, procura colocar antes o control de autoridades, antes das categorías. Un saúdo e a seguir.--MAGHOI (conversa) 29 de agosto de 2022 ás 08:19 (UTC)Responder

Boas tardes, incorporo os consellos @MAGHOI! Graciñas, saúdos: --@Xabade 29 de agosto de 2022 ás 12:52 (UTC)Responder

Patrimonio Galego editar

Ola, Xabade! Como vai?

Existe o Modelo:Patrimonio Galego, que facilita o uso de ligazóns externas cara á súa web. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de novembro de 2022 ás 12:08 (UTC)Responder

Moitas grazas polo consello, @Estevo(aei) Tereino presente no futuro. Graciñas de novo Xabade (conversa) 21 de novembro de 2022 ás 13:17 (UTC)Responder

Timoteo Sánchez editar

Estiven á procura na hemeroteca dalgunha necrolóxica de Timoteo Sánchez Freire, pero non atopo ningunha de seu, vese que ninguén a enviou á prensa. Coido que só aparece esta conxunta cunha monxa. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de setembro de 2023 ás 12:07 (UTC)Responder