Benvida á Galipedia, Moniquiña!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 5 de maio de 2016 ás 18:22 (UTC)Responder


Las Maestras de la República editar

Ola, Moniquiña. Vin que no artigo Las Maestras de la República puxeches en negra o título traducido ao galego. Existen versión galega? Se é así, por favor achega a referencia. Se non, o título debe figurar na lingua orixinal do filme. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 9 de decembro de 2017 ás 13:09 (UTC)Responder

Ola! Retirei do artigo a biofilmografía da autora, porque esa info debe aparecer no propio artigo de Pilar Pérez Solano. Aproveitei de paso para incluír ligazóns internas ao filme no artigo da directora. Tamén modifiquei as referencias e a bibliografía, deixándoo no orixinal en castelán. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de decembro de 2017 ás 15:03 (UTC)Responder

Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller editar

Boas Moniquiña, vin hoxe que estás no grupo de Cuarto Propio en Wikipedia, e quería comentarche que o vindeiro 10 de marzo imos facer o Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, se te animas a achegarte seguro que poderás botar unha boa man. Se non tes a oportunidade de achegarte, outra forma de colaborar podería ser axudarnos a organizar as listas de traballo. Eu fixen as listas que hai agora mesmo na páxina pero foron un pouco ó chou, a miña idea centrouse en buscar artigos de calidade noutras wikis para que fosen doados de adaptar á Galipedia ós novos usuarios que irán ó obradoiro. E claro, como eu non teño moitos coñecementos do tema, pois non sei o que sairía de aí. Xa que ti estás metida no grupo, quizais poderías indicarnos algúns artigos, dez ou quince, que tamén sexan de interese.

Na Galipedia buscamos achegar artigos de calidade en vez de cantidade, por iso escollín eses artigos, para que as achegas se fagan de contidos revisados e contrastados, e que así o traballo sexa "redondo". E iso, xa me dirás. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de febreiro de 2018 ás 20:04 (UTC)Responder

Boas de novo Moniquiña, mira, acabo de engadir unha sección de bibliografía na páxina de Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, a idea é engadir aí algúns libros que poidan servir de fonte e referencia para facer os artigos, e que os que os teñan na casa ou poidan collelos nunha biblioteca, os leven ó evento. Como eu non controlo do tema, se ti coñeces algúns que sexan de interese, cando teñas un momento, a ver se os podes anotar por alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 01:47 (UTC)Responder
Xenial, moitas grazas. O que me comentaron dende a concellaría de Igualdade de Ourense era se podiamos engadir máis artigos relacionados con galegas, por iso acabo de xuntar as que xa estaban na páxina nunha nova lista, se tes información sobre ese tema, penso que estaría ben amplialo. As outras listas penso que xa teñen traballo máis que de sobra :), o que podes facer, se che apetece sería revisalas e mudar unhas por outras segundo vexas que teñen máis interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 10:59 (UTC)Responder
Pois penso que non temos taller na Galipedia, pero aínda que non coñezo moito iso, paréceme que simplemente son subpáxinas de usuario, se só é iso, podes "simulalo" simplemente facendo novas subpáxinas da túa páxina de usuaria. Para isto tan só tes que poñer unha barra "/" e o nome da subpáxina, na caixa de dirección do navegador cando estás na túa páxina de usuario. É dicir, na barra de direccións web de arriba tes: "https://gl.wikipedia.org/wiki/Usuaria:Moniqui%C3%B1a", se engades ó final "/Taller 1", terás a dirección "https://gl.wikipedia.org/wiki/Usuaria:Moniqui%C3%B1a/Taller 1", que é esta páxina. Podes facer tódalas subpáxinas que queiras e cos nomes que queiras. Logo, cando as remates, simplemente tes que movelas premendo na pestana de "Mover". Iso fai que apareza unha páxina para poñerlle o nome que queres que teña, aí tes que indicar tamén que queres que se mova ó espazo de nomes principal (na caixa que pon Usuario tes que escoller a opción (Principal)). Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 18:13 (UTC)Responder
Si, moi ben :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de febreiro de 2018 ás 19:46 (UTC)Responder

100wikidays editar

Bo día!

Grazas polas achegas. Síntete libre para aumentar a lista. Aínda que rematarei en breve o reto 100wikidays, é bo coñecer as carencias e saber cales son os artigos pendentes por facer. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de febreiro de 2018 ás 11:26 (UTC)Responder

Premio Xoán Manuel Pintos para a Galipedia editar

Boas, o concello de Pontevedra acaba de anunciar os gañadores do Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua e a Galipedia foi escollida nun dos seus apartados. Tedes máis información na Taberna. Parabéns a toda a xente que colabora e que colaborou no proxecto, e que este recoñecemento sexa un impulso para facer a enciclopedia aínda mellor cada día. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 14:21 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Actividades do décimo quinto aniversario, sábado 10 de marzo editar

Boas, como sabedes o vindeiro día 10 de marzo, sábado, vanse realizar en Ourense as diferentes actividades de celebración do décimo quinto aniversario da Galipedia. Ese día comezaremos co Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller, no que degustaremos a torta de aniversario, despois faremos unha galecomida para charlar de todo o relacionado coa Galipedia, e o que non estea relacionado con ela, e para rematar faremos un Wiki Takes para facer fotos pola cidade. Nesta ocasión, e grazas á bolsa concedida pola Fundación Wikimedia, temos dispoñibles unhas bolsas de transporte para facilitar que as persoas interesadas poidan achegarse sen problema, hai que apuntarse na páxina das actividades, Wikipedia:Actividades do décimo quinto aniversario, igual que para a galecomida. Canto antes vos anotedes mellor, así poderemos organizalo todo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de marzo de 2018 ás 17:13 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:8 de marzo Día Internacional da muller editar

A verdade é que tes razón, e o único problema foi que non nos decatamos a tempo, o proceso de escolla de artigos de portada faise en Wikipedia:Artigo destacado/Propostas e os artigos na Galipedia cámbianse mensualmente, pero teñen que ser artigos que estean bastante revisados e corrixidos, o proceso normal dura 15 días, aínda que podería abrirse unha consulta na taberna para preguntar á comunidade que lle parecería cambiar o artigo deste mes. Outro problema é que precisamente o artigo do Día Internacional da Muller tivo algúns problemas de contidos incorrectos que houbo que corrixir estes días, polo que precisaría unha revisión polo miúdo. O que está claro é que hoxe xa non se pode poñer, se queres que pregunte á comunidade podo ocuparme sen problema, pero ese debate pode levar tranquilamente tres ou catro días... É unha mágoa que non nos decataramos antes disto porque podiamos ter o artigo listo e presentado a votación hai tempo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 18:31 (UTC)Responder

Para o ano que ven seguro que non hai problema, pero hai que revisalo e engadirlle as referencias que falten, como dixen. Traballando un pouco nos contidos penso non sería complicado conseguir que fose Wikipedia:Artigos bos :)
Sobre o artigo do grupo, non hai problema en poñelo na lista, xa che digo que esa lista foise creando de forma aleatoria sen seguir un criterio fixo, polo que non hai restricións para engadir os artigos que sexan interesantes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 23:39 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Moniquiña. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 10 de marzo de 2018 ás 12:39 (UTC)Responder

Si, os títulos das referencias achegadas van na lingua en que estean dispoñibles e se poidan consultar. Un saúdo.--Chairego apc (conversa) 10 de marzo de 2018 ás 12:56 (UTC)Responder
  Feito! Tamén o podes retirar ti mesma cando consideres que un artigo xa non precisa de revisión ortográfica. Parabéns polo teu traballo e un saúdo. --Chairego apc (conversa) 11 de marzo de 2018 ás 12:22 (UTC)Responder

Foto de A banda da Loba editar

Boas Moniquiña, o das fotos está moi ben, pero como din por aí, "ten o seu intríngulis" :) Vin que falaches en Commons con HombreDHojalata e comentaches que xa se enviou o correo a OTRS. Iso está xenial e é o que se debe facer, porén o problema é que o sistema OTRS recibe moitos correos e non dan abasto e poden tardar algún tempo en revisar o correo que se enviou. Eu non son revisor de OTRS, pero coñezo a un par deles da wiki en castelán, poreime en contacto con eles para ver se poden revisar esa comunicación e, se confirman o envío e os datos, logo poderase solicitar que restauren o ficheiro. Iso si, ata hoxe pola noite non vou poder contactar coa xente esa, e dependerá do ocupados que estean tamén eles..., polo que non sei cando poderá estar todo amañado.

Por outra banda, revisei as outras subas que fixeches a Commons e hai outras con problemas que habería que amañar a súa licenza, de non ser posible, sentíndoo moito, terán que ser borradas porque sen un permiso axeitado estarían a violar os dereitos de autor. Pero non te preocupes, intentaremos amañalo :)

O que tes que ter en conta é que se algunha persoa ou entidade che da un permiso para usar unha foto, non chega con que ti poñas iso na descrición e que ti o saibas, ten que haber un sistema co que se poida verificar, por calquera usuario e en calquera momento do futuro (pensa se alguén ven dentro de tres anos a reclamar algo por esa foto, se non temos unha forma de xustificar a licenza, hai un problema), ese sistema é o OTRS. Por iso, vas ter que usar o mesmo sistema para que se garden en OTRS os permisos que che deu a xente dalgunhas das fotos que subiches. Pero claro, non vale calquera correo, ten que ser un correo que diga claramente a licenza libre coa que se libera e a persoa que libera eses dereitos e en representación de que organización. Pero imos ir pouco a pouco, vale? Primeiro resolvemos o da foto da banda e logo resolvemos as outras, paréceche? :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 06:54 (UTC)Responder

Ola, falei cun compañeiro de es.wiki que está no de OTRS e dixo que o correo enviado estaba mal porque non indicaba a licenza de forma correcta. Xa lle respondeu explicándolle como facer. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de marzo de 2018 ás 23:16 (UTC)Responder

música editar

Ola, Moniquiña! Como vai?

Onte pregunteille a Virginia e a Ana se había algún proxecto relacionado coa creación de artigos sobre mulleres músicas, e explicáronme que unha rapaza fixera sobre creadoras de música electrónica. Como vin que creaches o da Banda da Loba, déixoche esta lista de artigos pendentes de crear en galego. Algúns artigos existen xa noutras wikis, e outros aínda non.

Xa me contarás. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de marzo de 2018 ás 00:49 (UTC)Responder

Informe sobre a bolsa da Fundación Wikimedia editar

Boas, na taberna está dispoñible un pequeno resumo do borrador do informe da bolsa da Fundación Wikimedia para realizar as actividades do décimo quinto aniversario da Galipedia e coméntase que quedan 416 EUROS por gastar e hai que decidir que se fai con eles, se devolverllos á Fundación ou organizar algunha outra cousa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada editar

Boas, na taberna hai unha proposta para engadir á páxina da portada o logotipo do Premio Xoán Manuel Pintos, outorgado á Galipedia este ano. Tódalas ideas e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 18 de abril de 2018 ás 07:41 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada editar

Boas, na taberna anunciouse a votación para engadir o logotipo do premio Xoán Manuel Pintos na portada da Galipedia. Pode participarse nela ata o 2 de xuño. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

A Wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyright editar

Boas, na taberna hai unha proposta para bloquear a Galipedia durante 24 horas como medida contra a votación de certos puntos da nova lei europea de copyright. Precísase un consenso da comunidade para poder realizar esta acción, por eso animamos a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:55 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Seguindo coa asociación editar

Boas, na taberna hai unha proposta para continuar avanzando na creación da asociación de amigas e amigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de agosto de 2018 ás 23:17 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación administradores da interface e enmendas administradores editar

Ola. Acaba de comezar a votación para a proposta de definición do novo grupo de administradores da interface e dúas enmendas para a actual política de administradores. As conversas previas a esta votación pódense atopar neste fío da Taberna e na propia páxina de conversa da votación. Saúdos. Banjo tell me 10 de agosto de 2018 ás 18:21 (UTC)Responder

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación editar

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo editar

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)Responder

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia editar

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia editar

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Modiificación en texto de portada editar

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións editar

Ola, Moniquiña! Como vai?

Segundo indica o contador, na Galipedia levas 226 edicións, pero delas só 115 foron feitas en artigos, e os requisitos para votar requiren 150 edicións nese campo. Afortunadamente o voto non é decisivo nesa votación. Mágoa.

Para aumentar o número de edicións túas en galego, anímote a traducir os artigos de Cristina Segura Graíño e María Victoria López-Cordón Cortezo, entre outros :) Este luns non vou poder estar en Madrid na BNE. Agardo que saia moi ben a xornada.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de outubro de 2018 ás 18:43 (UTC)Responder

Moitas grazas polas aclaracións! Levas razón, teño que poñerme a traducir. A ver se collo ritmo. Mágoa que non esteas o luns na BNE, eu tamén desexo que a xornada sexa ben proveitosa. Unha aperta --Moniquiña (conversa) 12 de outubro de 2018 ás 15:28 (UTC)Responder

Preparación do servizo ORES na Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos editar

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Cuarta malla de artigos da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:06 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Entrega do Premio Rosalía de Castro editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Nova firma dos estatutos de A3GAL editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principal editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía política editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Categorización_de_persoas_por_etnia,_raza,_sexo,_xénero,_relixión,_orientación_sexual,_ideoloxía_política,_etc. comezou un debate para falar sobre diferentes categorizacións dos artigos de biografías, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 14:11 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de modificación en efeméride do 26 de agosto editar

Boas, en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Modificación en efeméride do 26 de agosto presentouse unha modificación da efeméride Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de agosto que precisa a revisión da comunidade para acadar un consenso sobre a cuestión, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:12 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Colaboración en evento sobre normalización lingüística editar

Colaboración en evento sobre normalización lingüística editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística presentouse unha solicitude para participar nun encontro de normalización lingüística organizado polo Consello da Cultura Galega. As persoas interesadas en participar poden comentalo nese fío. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 23:42 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Primeira asemblea de A3GAL editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL anúnciase a primeira asemblea da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre para o vindeiro 9 de marzo en Ourense. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 14:02 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Poñer aviso nas páxinas da wikimaratona deste sábado editar

Boas, ó final da proposta Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Contacto_da_concelleira_de_Igualdade_de_Ourense hai unha proposta para engadir un aviso na cabeceira de tódalas páxinas dos artigos para anunciar a todo o mundo a wikimaratona que se vai realizar este sábado 9 en Ourense. Se estás de acordo coa idea, pon un concordo ó final e asina co teu usuario. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:03 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Accións a tomar contra o artigo 13 da Directiva Europea editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Accións_a_tomar_contra_o_artigo_13_da_Directiva_Europea hai unha votación para decidir que accións realizar en contra do artigo 13 da Directiva Europea de dereitos de autor. Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2019 ás 14:24 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Aberto proceso de votación á administración editar

Boas, en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Maria zaos está aberto unha votación para decidir se escoller, ou non, á usuaria Maria zaos como administradora. Anímase a votar a quen reúnan os requisitos para participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:39 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Quen pode votar? editar

Boas Mónica, como vexo que o teu voto tivo que ser eliminado na votación para a escolla de María Zaos como administradora, procedo a explicarche cales son os requisitos mínimos para poder envíar o teu voto. Recoméndoche, así pois, que botes unha ollada ao artigo Wikipedia:Votacións para revisar esta información ampliada. Moitas grazas por colaborar na Galipedia! A Seguir!

A participación nas votacións, ao contrario que nas simples conversas de debate, está restrinxida a certos usuarios con experiencia e que xa están recoñecidos pola comunidade. Polo tanto, o primeiro requisito é ser un usuario rexistrado nesta Wikipedia. Pero non abonda con iso só, antes débese obter o estado de autoconfirmación, que dá o software automaticamente a aqueles editores despois duns días do rexistro da conta. Aínda con estes permisos, o usuario debe:

  • Ter feito un mínimo de 150 contribucións válidas nos artigos.
  • Ter unha antigüidade mínima de 60 días, a contar desde a primeira edición e antes do inicio da votación.

Con estas limitacións conséguese que os wikipedistas que deciden o resultado da votación cos votos exercidos teñan un mínimo de coñecemento e experiencia na comunidade.

Todos estes requisitos pódense consultar introducindo o nome de usuario neste contador de edicións. RubenWGA (conversa) 1 de abril de 2019 ás 19:38 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola Moniquiña. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 2 de abril de 2019 ás 19:05 (UTC)Responder

Xestión dun premio editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio, hai un comentario sobre a xestión do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018. Todos os comentarios e propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:49 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proceso de reválida como administrador de Elisardojm editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Reválida_como_administrador_de_Elisardojm, hai un aviso do proceso de reválida como administrador do usuario Elisardojm. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Xurado do Premio Rosalía de Castro editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xurado_do_Premio_Rosalía_de_Castro, hai un aviso para participar como xurado no premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. As persoas interesadas que avisen nese fío o antes posible xa que urxe responder á Xunta. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 13:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Proposta_de_novo_funcionamento_para_a_imaxe_da_semana, hai unha proposta para xestionar de forma diferente as imaxes da semana, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de maio de 2019 ás 22:37 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións para xestión do premio da Galipedia editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Votacións, están a votarse os proxectos que se van financiar co premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018, tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Solicitude para poñer anuncio do concurso de fotos na cabeceira dos artigos editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Solicitude_para_poñer_anuncio_na_cabeceira_dos_artigos, hai unha solicitude para poñer un anuncio do próximo concurso fotográfico da Galipedia na cabeceira dos artigos. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:32 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Artigos destacados na portada editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_destacados_na_portada, hai unha proposta para modificar a escolla dos artigos destacados na portada. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

RE:Capturar foto de vídeo editar

Boas, si, a foto de Guadi ven dun vídeo, e ese vídeo ten unha licenza libre que é compatible coa de Commons, nese caso é CC-BY-SA. Outro exemplo dun vídeo que ven de Youtube é, por exemplo, File:Caminandes- Llama Drama - Short Movie.ogv, nos datos dese vídeo podes ver a ligazón á fonte en Youtube, e se lle das a "Mostrar máis" verás que pon que a licenza é Creative Commons e permite a reutilización. No vídeo que ti me comentas, non se indica a licenza e neses casos asúmese que ten copyright, polo que non se poden facer capturas del para subilas a Commons. A única posibilidade sería tentar contactar en Youtube coa persoa que fixo o vídeo e pedirlle que lle poña esa licenza... Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de setembro de 2019 ás 22:30 (UTC)Responder

Evento Aprendendo Wikidata este sábado en Lalín editar

Boas, en Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019 están os detalles do próximo evento da Galipedia, un encontro para falar e aprender sobre Wikidata dende o nivel máis básico. Tamén aproveitaremos para comentar o estado da asociación A3GAL e avanzar coas súas actividades.

Os que estean interesados poden apuntarse nesa páxina para organizarnos co transporte e na xestión da actividade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 13:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Quinta malla de artigos da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Quinta_malla_de_artigos_da_Galipedia abriuse un fío para organizar a Wikimalla da Galipedia deste ano, no que hai que escoller os artigos nos que se vai traballar e a semana na que se vai facer. Tódalas propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 13:03 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para poñer aviso do concurso fotográfico editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta_para_poñer_aviso_do_concurso_fotográfico hai unha proposta para poñer un aviso nas páxinas da Galipedia para anunciar que vai rematar o concurso fotográfico da Galipedia, Wikipedia:Wiki Loves Parroquias. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 21:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Recibidos os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Recibidos_os_cartos_do_premio_da_Galipedia_na_conta_de_A3GAL hai un aviso indicando que xa se recibiron os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL e que xa pode ser xestionado pola Comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 17 de outubro de 2019 ás 08:30 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikiclubs de editores da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Wikiclubs_de_editores_da_Galipedia hai unha proposta dunha nova actividade na Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 12:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Traducións automáticas editar

Ola Moniquiña.

Retirei algúns dos marcadores. Porén, hai cousas que os tradutores automáticos fan especialmente mal, por exemplo traducir e adaptar correctamente os modelos {{cita libro}}, {{cita novas}}, {{cita publicación periódica}}, {{cita web}} etcétera. Eses son os modelos que inclúen, moitas veces, as referencias do artigo, que, como probablemente xa saberás, son algo moi importante en Wikipedia (WP:V, WP:NFP, WP:CITE, WP:FF ...). Por iso e por outros motivos máis obvios, as traducións automáticas deben ser revisadas e completadas (exemplo). ¿Poderías ti proseguir a revisión do artigo "Chelo Loureiro", achegando os contidos que quedaron atrás no proceso automático?.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2019 ás 18:35 (UTC)Responder

Outra cousa :-)
Vin que nos modelos pos cousas do tipo |apelidos=Vigo |nome=Faro de, |apelidos=Ferrol |nome=Diario de, |apelidos=Coru�a |nome=La Opini�n de A, |apelidos=Galiza |nome=Sermos….
Por favor evítao. O correcto sería: |xornal=Faro de Vigo, |xornal=Diario de Ferrol, |xornal=La Opinión A Coruña, |xornal=Sermos Galiza
Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2019 ás 19:01 (UTC)Responder

Día_do_Galizionario_na_Galipedia editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla editar

Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.

Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)Responder

Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Ánxela Loureiro editar

Ola, xa subín a imaxe ao Commons e xa está incorporada en WD. Agora non deberías ter problema en ningunha wikipedia. Un saúdo.--Maria zaos (conversa) 27 de maio de 2020 ás 08:51 (UTC)Responder

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro editar

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.

 

Estilo no artigo Brenda Navarro editar

Ola Moniquiña. Por favor, bótalle unha ollada ao libro de estilo da Galipedia para aprender os patróns a seguir de cara á edición e creación no noso wiki e mais a estrutura que debe cumprir un artigo, con respecto ás túas edicións no artigo Brenda Navarro.

Grazas, un saúdo e a seguir! --RubenWGA (conversa) 26 de outubro de 2021 ás 19:59 (UTC)Responder

Jacinta Landa editar

Ola, Moniquiña! Como vai todo?

Esta mañá fixen en Wikidata o Q de Jacinta Landa Vaz (d:Q111993642); anímaste a facer artigo sobre ela? Coido que sería ben interesante. Sen ningún tipo de obriga, claro, só se apetece! :) Unha aperta!! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de maio de 2022 ás 17:36 (UTC)Responder

Ola @Estevoaei Todo ben, grazas, espero que ti tamén ben.
Anoto a suxestión, máis teño unhas cantas bios pendentes entre a Galipedia e a Wikipedia. Direino tamén no Cuarto Propio en Wikipedia por se alguén se anima en español. Apertas! Moniquiña (conversa) 14 de maio de 2022 ás 18:42 (UTC)Responder
Ola @Estevoaei! rematei o artigo de Jacinta Landa Vaz seguindo a túa proposta. Seguro que se botas un ollo poderás mellorar algo. A foto que puxen é a única que atopei... unha "de familia", ainda que podemos facer un recorte dela...non sei como quedará. Seguimos. Moniquiña (conversa) 4 de xaneiro de 2024 ás 18:23 (UTC)Responder

Reducción de brecha de género "multilingüe" editar

Hola Moniquiña,

Como seguramente sepas, desde WMES llevamos un par de años promoviendo la edición multilingüe en editatonas y actividades para reducir la brecha de género en Wikipedia.

Te comparto la última editatona que hemos hecho este año por si te apetece traducir alguna bio a galego.

Nos encantaría poder colaborar más estrechamente en 2023 con los distintos grupos y personas que tienen como propósito reducir la brecha de género, para lograr que cuando creamos una bio, en cualquier idioma, pueda estar también en otras lenguas, al menos, las cooficiales del Estado y en otras internacionales que se animen.

Saludos cordiales y deseo que 2023 esté lleno de salud y proyectos ilusionantes!

Mentxuwiki (conversa) 24 de decembro de 2022 ás 13:23 (UTC)Responder

Gracias! Te informaré de las actividades que hagamos multilingües. La siguiente que tenemos no es específicamente de reducción de brecha de género, pero también puede ser un 2x1 = 1lib1ref. A partir del domingo 15/01 hasta el 5/02, incluye en tu resumen de edición cuando añadas referencias fiables la etiqueta #1lib1ref. Mediremos el impacto de la campaña en las distintas wikis con lenguas del Estado. Y también hemos creado un evento específico para medir de esta otra manera. Si quieres sumarte, esta es la dirección. Mentxuwiki (conversa) 10 de xaneiro de 2023 ás 19:35 (UTC)Responder

Susana Martín Gijón editar

Ola Susana.

En "Susana Martín Gijón" poderías poñer os nomes dos meses en galego?

Graciñas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 6 de marzo de 2023 ás 21:34 (UTC)Responder

Ola @HombreDHojalata
Graciñas por estar pendente. Coido que xa estaría. Non me cambies o nome ha ha ha!
A ver se retomo a actividade. Saúdos! Moniquiña (conversa) 7 de marzo de 2023 ás 11:44 (UTC)Responder