Aurora Beltrán

cantante española

Aurora Beltrán Gila, nada en Pamplona, o 26 de agosto de 1964, é unha cantante española. Liderou os grupos Belladona e Tahúres Zurdos, e tras a disolución dos últimos en 2004, segue a súa carreira en solitario.

Modelo:BiografíaAurora Beltrán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoAurora Beltrán Gila
26 de agosto de 1964 en Pamplona (España)
Pamplona, España Editar o valor en Wikidata
Membro do consello directivo AIE (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, música Editar o valor en Wikidata
Membro de
AIE (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPop rock
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Facebook: aurorabeltranmuseopurpura Twitter: auroragila MySpace: aurorabeltran BNE: XX1078284 Spotify: 3GnMrfvoW6rrZxbau2b6fu Musicbrainz: a385bb2e-23d5-49f4-a21a-084080143663 Songkick: 2254612 Discogs: 1004627 Allmusic: mn0001864056 Deezer: 1659653 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Aurora Beltrán nace o 26 de agosto de 1964 en Pamplona, aínda que desde moi pequena viviu en Potasas (Beriáin, Navarra). Sendo nena padece unha enfermidade que a obriga a permanecer moitas horas sentada. Para que o tempo non se lle faga tan longo, o seu pai regálalle unha guitarra. Aos 13 anos compón a súa primeira canción, Muerte ven, que grava no seu primeiro disco con Tahúres Zurdos.

Sendo moi nova comeza a percorrer bares de Pamplona interpretando cancións, ela tocando o violín e El Drogas tocando a guitarra. A mediados dos anos 1980 comeza a súa andaina musical como guitarrista do grupo navarro Belladona, que tras gravar un elepé, Las mujeres y los negros primero, disólvese.

En 1987 forma en Pamplona, xunto ao seu irmán Lolo e dous vellos coñecidos, o grupo Tahúres Zurdos.[1] Gravan unha maqueta e dan concertos en Navarra e outros lugares do norte de España. Desta forma conseguen gravar en 1988 o seu primeiro disco, Tahúres Zurdos, co selo Ohiuka. Tras este disco chega outro co mesmo selo discográfico e pasan a gravar con EMI.

Aurora Beltrán grava con Tahúres Zurdos un total de oito discos de estudo, dous recompilatorios, un acústico e un directo que repasa toda a súa carreira. Este último disco en directo grávase na Sala Noboo de Tudela, o 5 de decembro de 2003, e sae á venda en abril de 2004 co título 17 anos (co selo discográfico Do it records). 17 anos[2][3] supón o ramo final para a carreira do grupo durante o seu dezasete anos de existencia. En 2004, meses despois de sacar o directo á venda, o grupo disólvese.

Entón Aurora Beltrán comeza a dar unha serie de concertos acústicos acompañada por Eva Rada, corista e instrumentista de Tahúres Zurdos durante os últimos anos do grupo, mentres prepara temas novos que incluiría no seu primeiro traballo en solitario.

Non sería até o ano 2007 cando Aurora Beltrán grava o seu primeiro disco en solitario, Clases de Baile, no que colaboran Enrique Bunbury, Loquillo e Carmen París. Clases de Baile sae á venda en marzo de 2008 e conta con nove temas, oito deles compostos por Aurora ademais de Candy de Iggy Pop, adaptado ao castelán por ela.

En 2008 participa na xira Otra noche sin dormir xunto a Rosendo e Barricada. A xira arrinca o 4 de abril no velódromo de Anoeta de Donostia e finaliza o 26 de setembro na praza de touros de Las Ventas en Madrid.

En 2008 colabora achegando un tema inédito no disco benéfico "Música en defensa de los animales"

En setembro de 2009 realiza unha xira por varias cidades de Estados Unidos: Nova York, Jersey City, Boston, Filadelfia.

Aurora Beltrán ten colaboracións, tanto en gravacións de estudo como en directos, con grupos e artistas españois tales como Kutxi Romero, Babylon Chat, Estrago, La Fuga, Big Member, Los Secretos, Amaral, Burning, Luz Casal, Barricada, Rosendo, Mägo de Oz, Rafa Pons, Sin Tregua, Lilith, Enblanco, Básico, Porretas, Garaje Jack, Sínkope e Mercedes Ferrer.

En setembro de 2011 grava en directo o seu novo disco "Museo Púrpura" no Teatro Arteria Campos Elíseos de Bilbao. Na gravación acompáñana Eva Rada, Israel Santamaría e Rosa Cedrón (Luar na Lubre). Museo Púrpura é o espazo onde se expoñen as pezas de coleccionista que compoñen este álbum, o último da cantautora. Un recompilatorio de clásicos con novos arranxos, e un tema inédito gravado en castelán e en inglés titulado "Invicta" escrito desde a enfermidade renal crónica que ten diagnosticada desde 2005 da que fala a artista:

“Agora, quítolle absolutamente a importancia a todo, porque a importancia, realmente, dáslla ti ás cousas. Iso axúdame a ter ilusión e seguir. «Invicta» fala disto, de que non podes perder a fe, como di unha das frases da canción: «Debilitada quizais, pero xamais vencida». Creo que é algo que nos pode pasar a moitísima xente, por iso, estou a colaborar con ALCER, Federación Nacional de Asociacións para a loita contra as enfermidades do ril, para que esta canción, lles axude tanto como a min a manter a ilusión pola vida, que cada día nos regala o seu abrazo. E como a música é universal, graveina en estudo tamén en inglés e decidín incluíla tamén no disco.”

Consciente da delicada situación que atravesa a música, Aurora Beltrán aínda ten moito que ofrecerlle ao público: “creo que o importante, á marxe de modas, idades e ideoloxías, é transmitir algo moi común no xénero humano. Todos pasamos por momentos bos, malos, tristes, surrealistas... E cando sabes dar nese punto é cando conectas coa xente”.

O 28 de febreiro de 2012, a artista Aurora Beltrán recibiu o Premio Global da Música Aragonesa na súa décimo terceira edición. É un premio especial á traxectoria dunha persoa, colectivo ou institución que, sen nacer en Aragón, teña un estreito vínculo coa terra. O 14 de xuño de 2012, a súa terra envórcase con ela, outorgándolle un recoñecemento á súa carreira artística na VIII Gala da Música Navarra.

En xullo de 2019, anunciouse a volta aos escenarios de Tahúres Zurdos. En agosto de 2019, a revista Rock Estatal dedicou a súa portada a Aurora Beltrán, para realizar un percorrido histórico pola súa biografía e última etapa.

Discografía

editar

Con Belladona

editar
  • Las mujeres y los negros primero (1986)

Con Tahúres Zurdos

editar

En directo

editar

En solitario

editar
  • Clases de baile (Aurora Records, 2008)
  • Museo Púrpura (Aurora Records, 2012)
  • Usiana (Aurora Records, 2017)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar