Barricada (grupo musical)

grupo de rock español

Barricada foi un grupo de rock de Pamplona (España) formado en 1982 no barrio da Txantrea e disolto en 2013. Con 15 álbums de estudio e máis de mil concertos ás súas costas foi un dos grupos máis importantes do panorama roqueiro español.[1]

Barricada
Barricada en directo extremúsica 2006
OrixePamplona, España
Período1982 - 2013
Xénero(s)hard rock
Selo(s) discográfico(s)Soñua 1983-85; BMG Ariola 1986; Polygram 1987-97; DRO East west 2000-actualidade
MembrosEnrique Villareal El Drogas
Javier Hernández
Alfredo Piedrafita
Ibon Segarra
Na rede
www.barricada.com.es
Facebook: Barricada.Oficial MySpace: barricada1 Spotify: 5llr3wJl6JrJoHSJAR804R iTunes: 23960903 Last fm: Barricada Musicbrainz: 8fe43356-6902-4311-a80c-f221bfcf3efb Songkick: 245569 Discogs: 1007583 Allmusic: mn0000118583 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O grupo foi creado orixinalmente por Enrique Villareal (O Drogas), voz e baixo; José, batería; Sergio Osés como segundo guitarrista (os tres procedentes de Kafarnaún); e Javier Hernández (Boni), voz e guitarra.

Xuntos deron o primeiro concerto en abril de 1982 na praza da Txantrea, en Pamplona.

A eles uníuselles para a gravación do seu primeiro disco Mikel Astrain á batería. O seu primeiro disco, Noche de Rock and Roll, foi lanzado pola discográfica independente Soñua e contou coa produción de Ramoncín. En palabras do Drogas, o disco pódese definir como «o carajillo feito disco».

Despois do lanzamento do disco, Sergio tivo que realizar o servizo militar, e para non frear a progresión do grupo foi substituído por Alfredo Piedrafita. En 1984 Mikel morreu dun derramo cerebral e Fernando Coronado pasou a ser o novo batería. A gravación do segundo disco, Barrio conflictivo, e en especial a canción Pon esa música de nuevo, serviron de sentida homenaxe a Mikel.

En 1986, para a gravación do terceiro disco (No hay tregua), Barricada asinou un contrato coa multinacional RCA. Pero as diferenzas entre o grupo e a discográfica fixeron que este contrato se rompese tralo lanzamento do disco, producido por Rosendo Mercado.

Foi entón cando se uniron á discográfica Polygram Iberia, no lanzamento de No sé que hacer contigo, en 1987. Malia a presión do grupo, a discográfica censurou a canción Bahía de Pasaia, que recorda as controvertidas mortes de catro integrantes dos Comandos Autónomos Anticapitalistas, sendo un deles amigo do barrio do Drogas.

Tamén foi censurado o tema En nombre de Dios, en 1989, do disco Pasión por el ruído, e ao cal ía darlle nome. A canción é unha crítica ao Opus Dei.

O contrato con Polygram Iberia terminou en 2000, fichando así o grupo coa discográfica independente DRO, para sacar ao mercado o álbum Besame, unha volta ao máis puro rock das orixes do grupo. Despois do lanzamento deste disco, Fernando Coroado abandonou o grupo e foi substituído por Ibi, que fora compañeiro de Piedrafita en In vitro. É así como deuse orixe á formación actual.

En 2003 saíu ao mercado o disco homenaxe ao grupo Un camino de piedras, formado por 13 temas de Barricada versionados por vellos amigos do rocanrol.

En xuño de 2006 saíu un novo disco dobre en directo, gravado o 16 de decembro de 2005, no pavillón Anaitasuna de Pamplona e o 24 de febreiro de 2006 no teatro Gayarre de Pamplona, este último en formato acústico acompañados de tres coristas, un saxofonista, un teclado e unha harmónica.

O 18 de abril de 2007 celebraron o 25 aniversario do seu primeiro concerto, tocando no mesmo lugar e á mesma hora: na praza da Txantrea, ás 12 do mediodía, e a ras de chan, sen escenario, efectos de luz nin valas. O concerto fora anunciado con só 2 días de antelación na súa páxina web e aínda así reuniu a numerosas persoas.

O director de cine vasco Juanma Bajo Ulloa foi o encargado de dirixir algúns dos seus vídeos musicais. Ata participaron como extras na película deste director Airbag.

Membros editar

  • Enrique Villareal «El Drogas»: voz e baixo.
  • Javier Hernández «Boni»: voz e guitarra.
  • Alfredo Piedrafita: guitarra e coros.
  • Ibon Sagarna «Ibi»: batería e coros.

Discografía editar

  • Noche de Rock&Roll - 1983
  • Barrio conflictivo - 1985
  • No hay tregua - 1986
  • No sé qué hacer contigo - 1987
  • Rojo - 198
  • Pasión por el ruido - 1989.
  • Barricada (Dobre directo) - 1990 (Disco de Ouro).
  • Barricada 83–85 - 1990.
  • Por instinto - 1991 (Disco de Platino).
  • Balas blancas - 1992 (Disco de Platino).
  • La araña - 1994 (Disco de Ouro).
  • Los singles - 1995.
  • Insolencia - 1996.
  • Salud y rocanrol (directo) - 1997.
  • Acción directa - 2000.
  • Bésame - 2002.
  • Hombre mate hombre - 2004.
  • Latidos y mordiscos (dobre directo) - 2006.
  • 25 años de rocanrol, (2 CD + 2 DVD) - 2008.
  • Otra noche sin dormir (CD + 2 DVD), con Rosendo e Aurora Beltrán - 2008 (Disco de Ouro).
  • La tierra está sorda, (CD + Libro) - 2009.

Notas editar

  1. "Barricada dice adiós" (en castelán). 1 de outubro de 2013. Consultado o 19 de novembro de 2020.