Sílvia Pérez Cruz

cantante catalá
(Redirección desde «Silvia Pérez Cruz»)


Sílvia Pérez Cruz, nada en Palafrugell (Provincia de Xirona) o 15 de febreiro de 1983, é unha cantante catalá de diversos xéneros de música popular.

Infotaula de personaSílvia Pérez Cruz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de febreiro de 1983 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Palafrugell, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantautora , actriz , música Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoJazz, música clásica, Flamenco, folk, música de cantautor, Rumba flamenca, fusion music genre (en) Traducir, music of Mediterranea (en) Traducir e Música experimental Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua castelá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisCàstor Pérez Diz Editar o valor em Wikidata  e Glòria Cruz i Torrellas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websilviaperezcruz.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2645889 Facebook: silviaperezcruz Twitter: Sperezcruz MySpace: silviaperez Musicbrainz: c532c746-29b7-46a1-b37e-705a62827bab Songkick: 909778 Discogs: 2121576 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Desde nena estudou solfexo, piano clásico e saxo clásico. Licenciouse en canto-jazz pola Escola Superior de Música de Catalunya.

Traballou con Joan Díaz Trio no disco de jazz We sing Bill Evans (premio Jaç 2009 mellor disco), con Joan Monné, Perico Sambeat, Javier Colina, Jerry González e Jeannette. Cantou para os bailaríns Damián Muñoz (danza contemporánea) e Israel Galván e a compañía de Sol Picó (flamenco contemporáneo, Premios Max 2007). Formou parte de Coetus (orquestra de percusión ibérica, co que colaborou con Eliseo Parra) e un dúo con Raül Fernández (Refree) con varios proxectos e repertorios, con quen gravou tamén o disco Immigrasons.[1]

Formou parte do grupo Las Migas, cuarteto feminino multicultural creado en Barcelona en 2004 xunto a Marta Robles, Isabelle Laudenbach e Lisa Bause. En 2010 editaron o seu primeiro disco, Reinas del matute (Nuevos Medios), onde tamén toca o caixón. Deixou o grupo no verán de 2011 para seguir con outros proxectos[2]. Co grupo Xalupa, de música tradicional catalá, xunto a Chiara Giani (guitarra e arranxos), Lisa Bause (violín) e Aleix Tobias (percusión) editou tamén en 2010 o disco Un sordo s'ho escoltava (Temps Record).

Tocou tamén canda a Javier Colina+Sílvia Pérez Cruz (boleros en clave de jazz), ou Ressons de l'Al-Andalus (xunto ao coro de Lleida e 4 músicos).

Co grupo Llama (dúo de hang e voz) editou en setembro de 2011 o disco Rompiendo aguas (Harmonia Mundi) xunto co músico israelí de hang Ravid Goldschmidt.

En 2009 participou na obra de teatro El jardí dels cinc arbres, adaptación de textos do poeta Salvador Espriu dirixida por Joan Ollé e estreada no Festival Temporada Alta de Girona, representada tamén no Teatre Nacional de Catalunya (TNC),[3]. Entre outras pezas cantou "He mirat aquesta terra" con música composta por Raimon. Con este poema musicado que interpretou posteriormente xunto a Toti Soler nunha xira conxunta, participaron no acto de inauguración do Any Espriu que celebra o centenario do poeta, o 23 de xaneiro de 2013 no Palau de la Música Català de Barcelona.[4]

Antes participara no espectáculo flamenco Camarón, La leyenda del tiempo, 30 anys després xunto a Juan Gómez "Chicuelo", Duquende e Rafaela Carrasco. En 2010 e 2011 deu recitais xunto ao guitarrista Toti Soler. Con Buena Cara Trio, xunto ao pianista Javier Galiana e o contrabaixo José López, ofreceu un repertorio latinoamericano a ritmo de jazz.

En 2011 editou o disco En la imaginación (Nuba Records/Produccions Contrabaix), no que interpreta boleros cubanos a ritmo de jazz acompañada por Javier Colina Trio (Javier Colina ao contrabaixo, Albert Sanz ao piano, Marc Miralta á batería e Perico Sambeat como saxo invitado).

O 2 de xullo de 2011 participou na 45 edición da Cantada de Habaneras de Calella de Palafrugell en homenaxe ao seu pai, Càstor Pérez Diz, referente do xénero finado en novembro de 2010.[5]. Nese verán preparou o seu primeiro disco en solitario como Sílvia Pérez Cruz.[6]

En 2012 editou o seu primeiro disco en solitario, 11 de novembre, con pezas en catalán, castelán, portugués e galego, algunhas de composición propia e outras de procedentes de versos de Feliu Formosa, María Cabrera e Maria-Mercè Marçal[7]. Presentou o disco en directo no Gran Teatre del Liceu de Barcelona o 13 de abril de 2012.[8]

En 2012 participou xunto a Juan Gómez "Chicuelo" á guitarra na banda sonora da película Blancanieves, de Pablo Berger. Amais, cantou en directo en proxeccións do filme en setembro de 2012 en Barcelona e Madrid baixo o título "Gran-concierto película Blancanieves".[9] O tema "No te puedo encontrar" gañou o Premio Goya 2012 na categoría de "Mellor canción original".[10]

En 2014 publicou o álbum de versións Granada, xunto ao produtor, guitarrista e compositor Refree.[11] O 11 de setembro de 2014 participou en Lisboa nun concerto do pianista portugués de jazz contemporáneo Júlio Resende. Cantou temas en catalán, castelán e portugués da fadista Amália Rodrigues, en solitario e tamén coa fadista Gisela João.

En 2017 logrou o Premio Goya á mellor canción orixinal coa película Cerca de tu casa e foi nomeada como mellor actriz revelación.[12]

En 2022 foi Premio Nacional das Músicas Actuais.[13]

Discografía [14] editar

Discografía como solista editar

  • 11 de novembre (2012)[15]
  • Freiheit (2013; banda sonora orixinal da obra teatral Informe per a una Acadèmia de Franz Kafka)
  • Granada (2014, Universal Music Spain, con Refree)[11]
  • Domus (2016, banda sonora da película Cerca de tu casa)[16]
  • Vestida de nit (2017, con quinteto de cordas)

Como membro doutros grupos editar

  • Unas voces (Las Migas, 2005)
  • Havanera (con Marc Timón)
  • Llama (2006; xunto a Ravid Goldschmidt)
  • Joan Monné Nou Nonet (Joan Monné, 2006)
  • We Sing Bill Evans (Joan Díaz Trio, 2008)
  • Reinas del matute (Las Migas, 2010)
  • Un sordo s'ho escoltava (Xalupa, 2010)
  • Rompiendo aguas (Llama, 2011)
  • En la imaginación (Javier Colina Trio, 2011)
  • Percussion Highway (Utròpic, 2012)

Notas editar

  1. "Silvia Pérez Cruz voz luminosa" Arquivado 31 de marzo de 2014 en Wayback Machine., La Coctelera, 5 de outubro de 2010 (en castelán).
  2. "Las Migas, punto y seguido", El Periódico, 15 de xullo de 2011 (en castelán).
  3. Programación El jardí dels cinc arbres - TNC
  4. "El Any Espriu arranca con un gran acto en el Palau de la Música", La Vanguardia, 23 de xaneiro de 2013 (en castelán).
  5. "Más de 30.000 personas llenan Calella en la tradicional Cantada de Habaneras" Arquivado 18 de setembro de 2019 en Wayback Machine., La Vanguardia, 3 de xullo de 2011 (en castelán).
  6. "Una voz para muchas músicas". El País. 3 de setembro de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2011. 
  7. "Cantautora de lo indefinible", El País, 9 de abril de 2012 (en castelán)
  8. "Silvia Pérez Cruz presenta su primer disco en solitario, 11 de novembre", RTVE, 14 de abril de 2012 (en castelán).
  9. "Blancanieves con banda sonora en directo", Será por cine, setembro de 2012 (en castelán).
  10. "El accidentado Premio Goya al flamenco de Silvia Pérez Cruz" Aireflamenco.com, 18 de febreiro de 2012
  11. 11,0 11,1 Palacios, Iñigo López (29 de abril de 2014). "Estrenamos ‘granada’, el disco de Sílvia Pérez Cruz y Raül Fernández Miró". El País (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2017. 
  12. "Silvia Pérez Cruz, Goya a la mejor canción original". La Vanguardia. Consultado o 23 de xuño de 2017. 
  13. "Sílvia Pérez Cruz, Premio Nacional de las Músicas Actuales 2022". www.lamoncloa.gob.es. Consultado o 2023-10-09. 
  14. Cancionero-Discografía
  15. Sílvia Pérez Cruz: 11 de novembre Arquivado 09 de abril de 2018 en Wayback Machine., en Rockedelux.
  16. "Escucha en exclusiva el nuevo disco de Sílvia Pérez Cruz". El País (en castelán). 23 de febreiro de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2017.