Teatre Nacional de Catalunya
Coordenadas: 41°23′59″N 2°11′10″L / 41.39972, 2.18611
O Teatre Nacional de Catalunya (tamén coñecido como TNC) é un teatro da cidade de Barcelona, en Cataluña. Inaugurado en 1996 naceu co obxectivo básico de consolidar unha oferta teatral de alta calidade tanto a nivel nacional como internacional que, dende a capacidade de risco estético e a voluntade de servizo propia do teatro público, completase un panorama teatral caracterizado pola creatividade e a riqueza das iniciativas.
Teatre Nacional de Catalunya | |
---|---|
![]() Teatre Nacional de Catalunya | |
Enderezo | Plaça de les Arts, 1 |
Cidade | Barcelona |
País | ![]() |
Capacidade | Sala Grande: 866 Sala Pequena: 266-500 |
Inauguración | 1996 |
Anos en activo | Dende 1996 |
Uso actual | Representacións teatrais |
Páxina web | www |
O edificio do Teatre, situado na plaça de les Arts da Cidade condal, diante do Auditori e preto da plaça de les Glòries Catalanes, conta con dúas salas aptas para facer representacións: a Sala Gran (Sala Grande), con bancadas de teatro grego e capacidade para 866 espectadores, e a Sala Petita (Sala Pequena), con bancadas móbiles e capacidade para entre 266 e 500 persoas. Deseñado polo arquitecto catalán Ricard Bofill i Leví, é un dos edificios emblemátics de Barcelona.
Véxase tamén Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teatre Nacional de Catalunya |