Brenda Navarro
Brenda Navarro, nada na Cidade de México (México) o 26 de febreiro de 1982, é unha escritora, socióloga e economista mexicana. Traballou en distintas ONG relacionadas cos dereitos humanos. Foi a fundadora de #EnjambreLiterario, un proxecto editorial enfocado en publicar obras escritas por mulleres. A súa primeira novela foi Casas vacías.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de febreiro de 1982 (42 anos) Cidade de México |
Educación | Universidade Nacional Autónoma de México Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | escritora, editora literaria |
Xénero artístico | Novela, conto e ensaio |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarNavarro é egresada da Universidade Nacional Autónoma de México onde estudou socioloxía e economía. Así mesmo, estudou unha mestría en Estudos de Xénero, Mulleres e Cidadanía na Universidade de Barcelona.
Colaborou con diversas ONG, tales como Artigo 19 Capítulo México e Cátedra UNESCO de Dereitos Humanos da Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Nacional Autónoma de México.
Fundou #EnjambreLiterario, un proxecto integrado por un grupo de persoas na procura de abrir espazos de difusión para voces femininas en Latinoamérica desde 2016 e até o 2020.[1] Deste xeito, editou as seguintes obras: Agosto de Tatiana Maillard, El libro de Aisha de Sylvia Aguilar Zéleney, Brazilian no es una raza de Wendy Treviño e Una casa con jardín de Itzel Guevara del Ángel.
Participa en obradoiros como A miña casa é un campo de batalla? e Escribiremos o mundo ou o mundo reescribiranos? da Casa Encendida de Fundación Montemadrid así como Talleres de Escritura Creativa e Talleres e cursos de Economía con perspectiva de xénero.[2]
No 2018, xunto a Kaja Negra, un proxecto de xornalismo independente, publicou Casas Baleiras, a súa primeira novela. Nesta cuestiona a maternidade imposta pola sociedade e sobre todo a dor dunha muller ante a desaparición dun fillo.[3]
Forma parte da rede Elas Coidan, a cal busca pór de manifesto que o traballo creativo implica para as mulleres unha tripla xornada. A través desta rede búscase promover o diálogo ao redor da escritura e ao traballo doméstico.[4]
Participou no comité organizador do Atopo Escritoras e Coidados que leva a cabo no marco do Día da Escritora en España, e ten por obxectivo visibilizar o traballo das mulleres na literatura, e con iso facer fronte á discriminación.[5]
Premios
editar- 2020: Premio Tigre Juan.[6]
- 2019: English Pen Translation Award.[7]
Obra
editarNovela
editarContos
editar- "El asalto a Raúl Castro",[10] en El último apaga la luz, compilado por Sebastián Gatti (2011).
- "La cobija azul", na Revista Hysterias, nº 2 (2013).[11]
- "Jauría de perros", en República de los Lobos. Antología del cuento mexicano reciente (2015), de José Manuel García Gil (compilador).
Ensaio
editar- La construcción de redes, una respuesta antes las políticas migratorias de Estados Unidos (2018). [12]
Poesía
editar- 4 diatribas y media en la Ciudad de México, en Tsunami 2 (2020).
Notas
editar- ↑ "Enjambre Literario: un espacio que busca nuevas escritoras". www.milenio.com (en castelán). Consultado o 2021-10-27.
- ↑ "Talleres 2020" (en castelán). 2020-05-21. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2021. Consultado o 2021-03-29.
- ↑ C.V, DEMOS, Desarrollo de Medios, S. A. de (2019-10-30). "La Jornada: Las escritoras ‘‘no necesitamos la validación del canon literario’’". www.jornada.com.mx (en castelán). Consultado o 2021-10-27.
- ↑ "El trabajo creativo implica para las mujeres una triple jornada" (en castelán). 2019-06-14. Consultado o 2021-03-27.
- ↑ C.V, DEMOS, Desarrollo de Medios, S. A. de (2020-05-24). "La Jornada: Autoras ya preparan la segunda edición del encuentro Escritoras y Cuidados" (en castelán). Consultado o 2021-03-27.
- ↑ Escritores.org. "Premios literarios resultados" (en castelán). Consultado o 2021-03-27.
- ↑ "English PEN translation award winners revealed | The Bookseller". Consultado o 2021-03-27.
- ↑ "Casas Vacías" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ "Sexto Piso - Editorial Independiente". Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ says, Ángel Fierro (31 de agosto de 2013). "EL ASALTO A RAÚL CASTRO. Brenda Navarro" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ "LA COBIJA AZUL. Brenda Navarro" (en inglés). 30 de xuño de 2013. Consultado o 5 de xaneiro de 2019.
- ↑ "La construcción de redes, una respuesta ante las políticas migratorias de Estados Unidos" (en castelán). 6 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2019. Consultado o 5 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista a Brenda Navarro Arquivado 27 de outubro de 2021 en Wayback Machine. en Casa de América.
- Presentación Ceniza en la bocaen Espacio Fundación Telefónica.