Wikipedia:Usuarios autoconfirmados
Os usuarios autoconfirmados son aqueles usuarios que pasan certos requirimentos de antigüidade e mais de número de edicións. O status de autoconfirmación é comprobado cada vez que o usuario leva a cabo unha acción restrinxida: por conseguinte, é concedido polo software e non pode ser retirado. Os requirimentos precisos para acadar o status de usuario autoconfirmado varían segundo as circunstancias: para a maioría dos usuarios da Galipedia, as contas que teñen máis de 4 días de antigüidade e teñen realizado, polo menos, 10 edicións son considerados autoconfirmados. Non obstante, os usuarios que editan mediante unha rede Tor están suxeitos a normas máis estritas para a súa autoconfirmación: actualmente 90 días e 100 edicións.
O status de usuario autoconfirmado permite:
- Mover páxinas.
- Editar páxinas semiprotexidas
- Subir ficheiros
- Subir unha nova versión dun ficheiro xa existente.
- Non precisan teclear o código CAPTCHA de comprobación para cando engaden ligazóns externas e outras cousas.
- Non precisan previsualizar a páxina antes de gardala.
- Marcar as páxinas como patrulladas en Especial:Páxinas novas.