Xosé Vilas Nogueira

xurista e profesor galego

Xosé Vilas Nogueira, nado en Vigo o 25 de xullo de 1936 e finado o 19 de agosto de 2010, foi un xurista e profesor galego.[1][2]

Xosé Vilas Nogueira
Nacemento25 de xullo de 1936
Lugar de nacementoVigo
Falecemento19 de agosto de 2010
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxurista e profesor universitario
Na rede
Dialnet: 26245
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo e doutorouse na de Santiago de Compostela en 1973, coa tese El proyecto de Estatuto de autonomía de Galicia bajo la II República española.[1]

Como bolseiro do Goberno francés estivo en París, e logo tamén o estivo como bolseiro do Goberno español.[1]

Comezou a docencia como profesor adxunto de Teoría do Estado da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais compostelá, e posteriormente foi catedrático de Ciencia Política e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.[1]

Ademais de profesor, participou na organización desas dúas facultades, sendo decano da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais dende 1984 ata 1986, e da facultade de Ciencias Políticas e Sociais entre 1991 e 1996.[1]

Realizou diferentes investigacións que divulgou en conferencias en diferentes centros, tanto de España coma no estranxeiro.[1]

Integrado nun primeiro momento no Partido Obreiro Galego, participou no Consello de Forzas Políticas Galegas e na redacción das Bases constitucionais de 1977.[Cómpre referencia]

Colaborou con artigos en diferentes revistas e xornais, en especial en El Correo Gallego.[1]

Formou parte da Asociación Española de Ciencia Política y de la Administración, e do Seminario de Estudos Galegos.[1]

ObrasEditar

  • O Estatuto galego, 1975.[1]
  • Dende Galicia: Marx, 1985.
  • Las elecciones autonómicas en Galicia: 1981-1990, 1992, separata de Revista de Estudios Políticos.[1]
  • Introducción a la ciencia política, 1994.[1]
  • O sistema político galego, 1994, realizado xunto con outros especialistas.[1]
  • Gobierno y Administración en las CC.AA., 2000.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar