The Small Faces
The Small Faces foi unha banda inglesa de rock and roll procedente de East London, fortemente influenciada polo rhythm and blues estadounidense. O grupo fundárono en 1965 Steve Marriott, Ronnie Lane, Kenney Jones e Jimmy Winston, aínda que en 1966 Winston foi substituído por Ian McLagan como teclista da banda.
The Small Faces | |
---|---|
Orixe | Londres, Inglaterra ![]() |
Período | 1965 – 1969 1975 – 1978 |
Xénero(s) | rock, rhythm and blues, pop psicodélico, beat |
Selo(s) discográfico(s) | Decca, Immediate, Atlantic |
Membros | Steve Marriott Ronnie Lane Kenney Jones Jimmy Winston Ian McLagan Rick Wills Jimmy McCulloch |
Na rede | |
http://www.thesmallfaces.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A banda é recordada como un dos grupos mod máis aclamados e influentes dos anos 60. Con memorables éxitos coma son os temas "Itchycoo Park", "Lazy Sunday", "All or Nothing", "Tin Soldier", e o seu álbum conceptual Ogdens' Nut Gone Flake, posteriormente convertéronse nun dos grupos británicos máis exitosos da psicodelia, antes de separarse en 1969. Despois da disolución, tres dos seus membros uníronse a Ronnie Wood e a Rod Stewart, ambolosdous en The Jeff Beck Group, e a nova formación foi bautizada como Faces. Unha renovada versión do Small Faces orixinal existiu entre 1975 e 1978.
Small Faces son tamén coñecidos por ser unha das maiores influencias orixinais do movemento britpop dos anos 90. A pesar só durou catro anos na súa primeira encarnación, a música de Small Faces de mediados a finais dos 60 está entre a máis aclamada do movemente mod e psicodélico británico do seu tempo.
DiscografíaEditar
- Small Faces - 1966 (Decca Records)
- From The Beginning - 1967 (Decca Records) recompilatorio
- Small Faces - 1967 (Immediate Records)
- Ogdens' Nut Gone Flake - 1968 (Immediate Records)
- The Autumn Stone - 1969 (Immediate Records) recompilatorio
- Playmates - 1977 (Atlantic Records)
- 78 in the Shade - 1978 (Atlantic Records)
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en inglés)