Dámosche a benvida á Galipedia, Jorge Armesto!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Xas (conversa) 4 de marzo de 2023 ás 17:13 (UTC)Responder

Conflito de intereses editar

Ola, se ti eres Jorge Armesto, por favor ten en consideración o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses. Calquera dúbida, podes contactar comigo. Xas (conversa) 4 de marzo de 2023 ás 17:16 (UTC)Responder

Ola, sí que o son. En primeiro lugar grazas polo esforzo da entrada, foi unha curiosa sorpresa atopala. Tentei eliminar o da militancia de Podemos porque non se axusta á realidade. Y, dende logo, no día de hoxe non se axusta en absoluto, todo o contrario. Cando aparecín nese enlace dunha lista foi máis como acto simbólico de apoio, de feito non figurei en lista algunha.
Igualmente, creo que é unha invasión á intimidade especificar o lugar onde traballo. Vexo que existe conflito de intereses en facer a propria autobiografía. Paréceme completamente lóxico e pediríavos que retiredes, entón, os temas dos que che falei e deixedes o resto como mellor vos cadre. Un saúdo, apertas e graciñas. Jorge Armesto (conversa) 4 de marzo de 2023 ás 17:55 (UTC)Responder
Ah, Antes de facer cambio algún, tentei comunicarme cos administradores, pero non sabía como. Jorge Armesto (conversa) 4 de marzo de 2023 ás 17:56 (UTC)Responder

Verficabilidade editar

Ola, Jorge Armesto. O artigo sobre a túa persoa axústase aos criterios especificados en Wikipedia:Verificabilidade. A Wikipedia non é unha fonte primaria, senón que toma a información doutros lugares. Neste caso, a información respecto ao lugar onde traballas está tomada da hemeroteca, co cal é información pública. Respecto a Podemos, mudei o termo 'militante' por 'simpatizante', explicando o das listas primarias para o Parlamento. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de marzo de 2023 ás 07:56 (UTC)Responder

Ola. A palabra "simpatizante" tampouco recolle en absoluto á verdade. E o artigo está en presente e a miña relación con ese partido é absolutamente inexistente e mesmo conflitiva. Para min ten tanto valor informativo como dicir que ós 8 anos ía a misa. En todo caso, as "simpatías" non sei porqué teñen carácter público. Un dos criterios de wikipedia é que a información debe tratarse de forma conservadora. Con respecto a isto, dise textualmente: " Los editores deberán limitarse a incluir solo los aspectos que formen parte de la notabilidad de la persona". As "simpatías" políticas do pasado non teñen en absoluto nada que ver coa miña "notabilidad" que, en todo caso, ven dada por criterios artísticos xa que, que eu saiba, non están na wikipedia todas aquelas persoas que ocuparon nalgún momento da súa vida postos secundarios en candidaturas.
En todo caso, se non queredes eliminar esta información que, na actualidade, considero falsa e escrita dun modo tendencioso que esaxera a súa importancia, por favor, infórmame acerca de a qué outra instancia podo recurrir.
Con respecto ó meu destino profesional, tras un concurso de traslados, teño destino noutro municipio -e espero que non sexa o último- polo que a información con respecto ó meu lugar de traballo, ademáis de irrelevante, é falsa. Jorge Armesto (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 08:54 (UTC)Responder
O artigo pon: "Nese mesmo ano [2011] deixou o posto de programador cultural e pasou a ser funcionario xudicial en Santiago de Compostela". Esa información non é falsa. O artigo pode estar desactualizado, ao non ter información máis recente, pero non inclúe información falsa. Ademais, escribes "O artigo está en presente", o cal é mentira; no artigo só se empregan formas verbais con tempo pasado, seguindo as indicacións de Wikipedia:Libro de estilo. Respecto á información relativa á inclusión en postos secundarios en candidaturas, podes ver que aparece tamén, a modo de exemplo, nos artigos de José Manuel Pérez Afonso, Uxía Blanco, Kiko da Silva ou Javier Lojo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de marzo de 2023 ás 09:12 (UTC)Responder
Moi ben. Podes indicarme a que outra instancia podo recurrir para manifestar a miña queixa? Jorge Armesto (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 09:15 (UTC)Responder
En todo caso, a expresión "Simpatizante", tal como está, é equívoca e non evoca pasado. De feito, o lóxico e facer unha lectura en presente.
Mentres que a miña inclusión naquela candidatura de 2020 é un dato obxectivo, a expresión "simpatizante" é un xuízo de valor que, rigurosamente, só podería ser afirmado en primeira persoa ou, de ser o caso, se houbese algún tipo de rexistro de "simpatizantes" onde figurase. Como non se dan ningunha das circunstancias, trátase dunha apreciación subxetiva do autor do artigo -que eu refuto- e que debería ser eliminada. Jorge Armesto (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 09:52 (UTC)Responder
Suprimido o termo "simpatizante", mais os artigos non se fan en presente, senón que cómpre recoller as traxectorias completas das persoas biografadas para ter unha perspectiva xeral. Doutra banda, non entendo moi ben o de "outra instancia para recorrer", pois a Wikipedia en lingua galega é unha enciclopedia autónoma, que forma parte da Fundación Wikimedia pero que se rexe polas propias normas que establece a comunidade. Se cadra xudicialmente, pero coido que só se crearía un efecto Streisand, coma nos casos de Antonio Luis Baena Tocón ou a Estación de radio militar de Pierre-sur-Haute. En fin, iso xa queda nas túas mans. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de marzo de 2023 ás 10:03 (UTC)Responder
Refírome a se hai algún modo de facer unha reclamación en wikipedia a unha instancia superior a túa ou se a túas decisións persoais son irrevocables. Se acaso hai algún grupo de persoas que poidan valorar unha reclamación.
Insisto en que a mención ó meu destino profesional non é unha información relevante, e menos aínda actualizada. Consideroa unha invasión á miña privacidade. Jorge Armesto (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 16:35 (UTC)Responder
Se consideras que tal cousa é un dato importantísimo, eu creo que, en todo caso, basta con dicir que son funcionario da administración de xustiza. Jorge Armesto (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 16:38 (UTC)Responder