Conversa usuario:HombreDHojalata/Arquivo 8
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:HombreDHojalata.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Este usuario non está dispoñible. GRAZAS A TOD@s, unha aperta e ata a volta. |
Graciñas pola imaxe e volve pronto! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:02, 12 de novembro de 2012 (UTC)
Xa estamos votando as propostas para celebrar o décimo aniversario, que remata mañá a última hora, pasa pola páxina e vota as que máis che interesen! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2012 ás 14:02 (UTC)Responder
Boas HombreDHojalata, da gusto ver que sempre queres ir pa diante. A ver si no vindeiro mes .... De momento unha aperta HombreDHojalata --Elvira (Conversa comigo) 28 de novembro de 2012 ás 21:34 (UTC)Responder
Prezado HombreDHojalata, grazas por te preocupares da miña ortografía. Aínda que penso que, neste caso, non era como para poñer o marcador pedindo revisión. Fíxena, e só tiven que corrixir:
- océanos por océnos
- lobo por lóbo (a RAG aceptou a miña proposta desta acepción, aínda que non que se acentúe diacriticamente para distinguir do lobo mamífero, como se fai noutros casos, cousa que acabo de comprobar no dicionario on line da Academia).
- ou por e
- lonxitude por lonxitud
- familia por familika
- e outros por outros
- perigosos por perigrosos, e
- velocidade por velocidad.
A verdade, non demasiados erros, se comparamos con outros artigos que están inzados de castelanismos, ou redactados case en portugués, e que non levan a marca de corrección. Pero doutores ten a Igrexa.
Outra cousa: non sei por que me cambiaches "|thumb|235px|" por "|miniatura|". Así quedan as imaxes mal encadradas con respecto ao cabezallo, e o artigo queda menos estético. Volvín a restablecer a situación anterior. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 3 de decembro de 2012 ás 13:34 (UTC)Responder
Ola, Hombre! Ben sei que non andas dispoñible, pero quería pedirche axuda para cando poida ser, e prefería deixar agora a mensaxe escrita que ando enleado co formato Wiki. Verás, quería facer a árbore xenealóxica da saga dos Álvarez, que serve tamén para Paz-Andrade. Intenteino a partir da árbore que fixeras de Paz-Andrade, mais non dou feito. Por se che apetece, ou por se algunha outra persoa le isto, deixo aquí os datos:
<1> Emilio Álvarez Giménez (1830-1911) casou con <2> Amalia Limeses Iglesias. Tiveron a <3> Xerardo Álvarez Limeses (1871-1940) e <4> Darío Álvarez Limeses (1877-1936).
<3> (Xerardo Álvarez Limeses) casou con <5> Dolores Gallego Martínez. Tiveron a <6> Xerardo Álvarez Gallego e <7> Amalia Álvarez Gallego; esta á súa vez casou con <8> Alexandre Bóveda (1903-1936), e tiveron a <9> Xela, <10> Alexandre, <11> Xosé Lois (n. 1934), <12> Dolores e <13> Amalia Bóveda Álvarez, nai á súa vez de <14> Valentín García Bóveda.
Por outra banda, <8> (Alexandre Bóveda Iglesias) era fillo de <15> Juan Bóveda Valcárcel e <16> Luisa Iglesia Sánchez, e irmán de <17> Vicente Bóveda Iglesias. <15> (Juan, Bóveda, o pai de Alexandre) era á súa vez fillo de <18> Manuel Bóveda e <19> Ramona Valcárcel (info).
Retomando o fío dos Álvarez: <4> (Darío Álvarez Limeses) casou con <20> María Blázquez Ballester, e tiveron seis fillos: <21> Darío (1910-1979), <22> Celso, <23> Xosé María (1915-1985), <24> Alfonso, <25> Emilio Álvarez Blázquez (1919-1988) e <26> Álvaro Álvarez Blázquez.
<23> (Xosé María Álvarez Blázquez) tivo catro fillos: <27> Xosé María (n. 1950), <28> Alfonso (n. 1952), <29> Celso e <30> Berta Álvarez Cáccamo (n. 1963).
Paréceme que hai personalidades abondo como para facer a árbore. Quizais así escrito parece lioso, pero con papel e boli vese máis claro.
Un saúdo, e ata máis contactar! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de decembro de 2012 ás 12:11 (UTC)Responder
Ola, Hombredé. Bota unha ollada a esta imaxe, que a min me parece do máis rariña, sobre todo polo da licenza e a orixe. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 1 de xaneiro de 2013 ás 23:12 (UTC)Responder
Outra polo estilo: Ficheiro:Laura-Bugalho-por-Marisol-Ramirez.jpg. Na web de orixe non falan de dominio público nin de nada parecido. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16 de xaneiro de 2013 ás 23:15 (UTC)Responder
Moi boas! Non sei se estas activo ou non, mais vin que realizaches algunhas edicións e pensei que poderías axudarme. O caso é que modifiquei o modelo Modelo:Actor para que apareza a nacionalidade deste, pero non consigo que apareza na páxina do actor a nacionalidade. Sabes cal pode ser o problema?. Bo ano! --AMPERIO (conversa) 4 de xaneiro de 2013 ás 19:35 (UTC)Responder
- Solucionado --AMPERIO (conversa) 4 de xaneiro de 2013 ás 19:45 (UTC)Responder
Como indicaches aquí, bloqueaches ó usuario/a ConcelloCabana, porque "o nome é demasiado similar ao dunha institución pública. Conflito de identidades." pero non hai ningunha norma que o prohiba. Así que soliciteille a Toliño que desbloqueara a conta por bloqueo improcedente, cousa que fixo. Así que pídoche que, por favor, non volvas a bloquear a ninguén por este motivo, nin por ningún outro que non estea aquí. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 1 de febreiro de 2013 ás 17:51 (UTC)Responder
Ola HombreDHojalata. Moitas grazas pola túa mensaxe. Vexo que no ano 2012 avanzastes moito e pouco ha faltar (se é que non se acada) para chegar aos 100.000 artigos para o décimo aniversario. Parabéns polo voso traballo na mellora da Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14 de febreiro de 2013 ás 15:41 (UTC)Responder
- Cóidate que Afganistán non semella un sitio moi seguro, espero que todo che vaia ben ata que podas estar de volta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15 de febreiro de 2013 ás 09:55 (UTC)Responder
Grazas pola benvida, e sintoo muito polo de non poñer referencias, pero e que aínda son novo e non sei moi ben como facer artigos. Aínda sí, moitas grazas pola tua advertencia, a tendrei en conta dende agora. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Alber1840 (conversa • contribucións) o 19 de febreiro de 2013 ás 19:07
Boas HombreDHojalata!! Lémbroche que tes un marcador "en uso" no modelo dos Camiños de Santiago en Galicia no que non editas dende o 31 de xullo. Non é que o quera editar eu (que teño choio abondo), é máis que nada por se non te lembrabas. Unha aperta!! Piquito (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 01:22 (UTC)Responder
Boas HombreDHojalata!! Sei que andas ausente estes meses, mais ocorréuseme unha idea e penso que te pode interesar. Pensei en crear un Portal sobre a ópera, xa que agora mesmo a Galipedia conta cun bo número de óperas, cantantes, teatros, cantantes, etc, e mesmo algúns artigos ben extensos (Wozzeck por exemplo). Non sei cómo funciona o tema dos portais, se é preciso que haxa un wikiproxecto, se ten que haber varios usuarios, cómo é o tema da elección dos artigos destacados... Non sei se controlas moito, en tal caso podo falar deses aspectos con algún outro usuario, o que che quería propoñer era se querías colaborar ampliando ou traducindo algún artigo e propoñendo ideas para o portal. Pensei nun cabezado sobre a ópera ao estilo da fórmula 1, un artigo destacado (nun principio podemos poñer un para un trimestre ou algo así), unha imaxe destacada, un apartado de curiosidades, un de actualidade (sinalando por exemplo que se vai celebrar algún acto relacionado co mundo da ópera en Galiza, algunha morte salientable...), un apartado de propostas de colaboración e outro no que aparezan os artigos que saian de calidade ou bos (se algún día engadimos esta categoría como na wiki en castelán, por exemplo). Son moitas ideas, temos tempo para falar delas, polo momento ando liado con Sibelius e aínda terei que completar o artigo ópera que teño un pouco deixado dende hai un tempo, así que non te preocupes nin agobies. Imos falando, sen compromiso, propóñocho porque penso que te gusta o tema, mais non hai compromiso ningún. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 2 de abril de 2013 ás 22:08 (UTC)Responder
- Ola HombreDHojalata, púxenlle o marcador {{En uso}} ao portal da ópera para cambialo un pouco e que non se parecera tanto ao de Galicia, se vas seguir traballando nel quítallo.
- Saúdos. --JaviP96 4 de abril de 2013 ás 13:30 (UTC)Responder
Boas HombreDHojalata!!! Quedan algúns retoques ao cabezado e algo de estética, pero alo menos os contidos xa están no portal!! O único que faltaría sería unha categoría para artigos de calidade, pero bueno, ao non haber aínda ningún non o crearei. Se queres vótalle un ollo por se se che ocorre algo. A parte de actualidade está un pouco breve, pero bueno, non hai moito movemento operístico en Galiza esta tempada, se cadra en Maio co Festival Mozart hai algo que engadir... se te enteras de algo nalgún momento o podes engadir, de eso se trata!! Graciñas!! Piquito (conversa) 6 de abril de 2013 ás 11:22 (UTC)Responder
Moitas grazas HombreDHojalata!! Vou poñer tamén un audio destacado. Sobre o da actualidade, o certo é que non tiven moito tempo, lóxicamente terá que ser actualidade dentro e fora de Galiza, porque aquí moita actividade non hai, ao crear a sección pensara en estreas, festivais e representacións (especialmente os galegos), e falecementos cando os haxa, pero pouco a pouco, a creación do portal me pillou traballando noutras cousas e tempo hai para mellorar. Por certo, grazas pola proposta de Wozzeck para destacado, se remato con Sibelius tentarei mirar se se pode ampliar algo con cousas da rede (na miña biblioteca non teño máis). Unha aperta!!! Piquito (conversa) 6 de abril de 2013 ás 19:16 (UTC)Responder
Podes ver esta petición, a da fusión de historiais? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 4 de abril de 2013 ás 07:56 (UTC)Responder
Podes ver esta conversa? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 7 de abril de 2013 ás 16:14 (UTC)Responder
Grazas!, onde está o manual de uso? ;) A ver se ós poucos vou mirando algunha cousa para ir facendo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2013 ás 08:02 (UTC)Responder
Marqueino como lixo, porque non teño pensado crear eu o artigo, e se alguén que o queira crear ve que redirixe cara Castela, ao mellor xa non o fai, e se fora un artigo de pouca importancia aínda se podería deixar como redirección, pero si que ten importancia (de feito ten case 50 iw) e penso que se debe deixar o espazo para a súa creación. De todas formas se crees que é mellor deixalo como redirección dimo. Saúdos! --JaviP96 12 de abril de 2013 ás 13:41 (UTC)Responder
Bos días, HombreDHojalata. Tes que modificar o mapa de parroquias de Pontevedra sen imaxes (Ficheiro:Wikiproxecto fotos de parroquias - Pontevedra.svg): Sanxenxo e Vilanova xa están completadas. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 14 de abril de 2013 ás 11:35 (UTC)Responder
Podes ver esta petición? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 14 de abril de 2013 ás 13:13 (UTC)Responder
Feito! E acabo de abrir esta votación Wikipedia:Votacións/Cambiar a hora predeterminada da Galipedia --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 15 de abril de 2013 ás 07:47 (UTC)Responder
Estaba facendo o subst co aviso de Benvida pero non me decatei de que tamén se pode usar con ese modelo. O subst pode usarse con calquera modelo de aviso ou só cos que o teñen indicado na táboa?
A conversa xa a gardara cos comentarios da segunda metade do 2012, gardei agora os comentarios do primeiro trimestre, agora xa non pesa tanto, a ver se non me despisto tanto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2013 ás 08:19 (UTC)Responder
- Ok, tomo nota, graciñas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2013 ás 08:57 (UTC)Responder
Cal é o modelo que se pon nunha categoría para indicar que hai que traslada? É que a mirei nunha categoría que contiña subcategorías co título "XXX español", e o marcador recomendaba trasladala a "XXX de España". E non é {{Redirección de categoría}} porque a súa categoría Categoría:Categorías pendentes de ser movidas está baleira. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 17 de abril de 2013 ás 16:26 (UTC)Responder
- Ah vale, grazas --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 18 de abril de 2013 ás 08:44 (UTC)Responder
- Non, non é ese, porque o teu bot non edita dende o ano pasado, e eu mireino o outro día. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 18 de abril de 2013 ás 09:46 (UTC)Responder
- Por que nalgúns modelos usan o código subst? É para non sobrecargar os servidores buscando o modelo? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 18 de abril de 2013 ás 15:29 (UTC)Responder
- Grazas. Bueno, a da benvida xa supuña que era así e a segunda explicación non a entendo. Sobre o teclado creo que podes cambialo e poñer o español, e poder usar o ñ es os tiles. Saúdos. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 18 de abril de 2013 ás 20:37 (UTC)Responder
- Por que nalgúns modelos usan o código subst? É para non sobrecargar os servidores buscando o modelo? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 18 de abril de 2013 ás 15:29 (UTC)Responder
- Non, non é ese, porque o teu bot non edita dende o ano pasado, e eu mireino o outro día. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 18 de abril de 2013 ás 09:46 (UTC)Responder
Esta imaxe, Ficheiro:Xunta cons priap.png, haberá que borrala, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de abril de 2013 ás 08:02 (UTC)Responder
- Perfecto! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de abril de 2013 ás 20:31 (UTC)Responder
Na wiki en castelán están traballando tamén no proxecto Wikipedia:Wikipedia_en_CD pero non sei en que estado está. O caso é que, polo momento, non lle vexo moito aquel ter a Galipedia en CD, pero penso que ó mellor estaría ben tratar o tema na taberna e saber o que opina a xente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de abril de 2013 ás 17:19 (UTC)Responder
Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 16:54 (UTC)Responder
Grazas pola información e parabéns!--Newsou (conversa) 24 de abril de 2013 ás 05:01 (UTC)Responder
Ola HombreDHojalata.
Para comezar, os artigos con problemas non só pode ser editados por min. Se o meu tempo me permite, traballo en eles.
O problema da miña páxina de conversa está resolto, espero.
As grazas e un saúdo para vos.----X4v13r3 (fálame) 28 de abril de 2013 ás 00:59 (UTC)Responder
Ola HombreDHojalata, cando topas un artigo que ten que ser borrado, porque non o fas ti, no canto de marcalo como {{lixo}}? Por certo, poderías ver esta proposta? Saúdos. --JaviP96 1 de maio de 2013 ás 08:38 (UTC)Responder
- Vale, grazas pola aclaración. Un saúdo. --JaviP96 1 de maio de 2013 ás 09:54 (UTC)Responder
Boas HombreDHojalata!! Cando teñas un momentiño poderías corrixir co bot todos os "Gioacchino Rossini" e trocalos polo nome correcto "Gioachino Rossini"? Moitas grazas e unha aperta!!! Piquito (conversa) 1 de maio de 2013 ás 19:13 (UTC)Responder
Quero introducir unha táboa a dereita coa información do sitio {Infobox website} (na versión inglesa) e non fun quen de facelo posto que non atopei a propia na galipedia. Para trata de remedialo púxeme aescribir o código html para suplila. Podrías decirme como teño que facer para insertar a plantilla adecuada ou ben para crear unha "ad hoc"a partir deste código.
Saúdos e grazas. UL ManuBlaP (conversa) 7 de maio de 2013 ás 17:48 (UTC)UL_ManuUL ManuBlaP (conversa) 7 de maio de 2013 ás 17:48 (UTC)Responder
Sí, grazas, téñoo habilitado desde fai algún tempo e corrixo os artigos que creo en base a él, aínda que penso que sería máis útil se tamén funcionara na previsualización. A min polo menos só se me marcan os erros unha vez que publico o artigo.
Un saúdo.--Xosema (conversa) 8 de maio de 2013 ás 16:29 (UTC)Responder
- Boas de novo. Acabo de darme conta de que posiblemente me recomendaches o uso do revisor ortográfico polo artigo Kaguya. Imaxino que viches o aviso de {{enprogreso}}, así que penso que non era necesario quitalo e poñer o de {{Ortografía}}, xa que o artigo non estaba acabado. Un saúdo.--Xosema (conversa) 8 de maio de 2013 ás 22:43 (UTC)Responder
Ola HombreDHojalata,
Grazas polos teus consellos, agora entendo todo moito mellor. Estou a traballar bastante na parte de botánica e creo que cada vez perfecciono máis cousas. Estes consellos serán de grande utilidade.
Un saúdo. Nachonion (conversa) 8 de maio de 2013 ás 16:48 (UTC)Responder
Oe, moitas gracias pola axuda ca páxina da Lista de episodios de Dragon Ball GT. ;). Saudos.--95.20.230.165 12 de maio de 2013 ás 20:31 (UTC)Responder
Boas, non entendo como é que revertiches a miña edición no artigo, xa ten as categorías militares galegos, nados en Viveiro, etc. ¿Hai outro problema? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2013 ás 08:48 (UTC)Responder
- Home, eu entendo que ese modelo é para usar cando un artigo non ten ningunha categoría xa que artigos ós que lle falta algunha categoría hai miles... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2013 ás 11:53 (UTC)Responder