Vivaelcelta   Conversa   Contribucións   Global   Pendente   Laboratorio   Laboratorio2   Laboratorio3  
Benvido á Galipedia, Vivaelcelta!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 11:56, 1 novembro 2008 (UTC).

Arquivos

RE: Conversa modelo:Wikipediairmáns#Actualizar modelo editar

Estamos nas verzas, ou? Fíxeno hai 5 horas! :P Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18 de xaneiro de 2013 ás 18:38 (UTC)Responder[responder]

RE: Wikidata editar

Si, habémolo ter dispoñible a medio prazo (supoño). De momento están comezando as primeiras probas coas ligazóns interlingüísticas na Wikipedia en húngaro. Axiña han activar o servizo tamén na hebrea e mais a italiana, que o solicitaron. O resto de proxectos habémonos ir sumando aos poucos, supoño, unha vez que vexan que todo vai indo ben. O que aínda queda un chisco máis lonxe é a posibilidade de incorporar outro tipo de datos (poboacións, datas de nacementos e mortes), que aínda está en fase de desenvolvemento. Hai que agardar máis novas, para ver como evoluciona este interesantísimo proxecto. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19 de xaneiro de 2013 ás 20:42 (UTC)Responder[responder]

modelo wikilinguas editar

Ola! Xa está a info actualizada; moitas grazas! Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de xaneiro de 2013 ás 10:37 (UTC)Responder[responder]

correo electrónico no modelo concello editar

ola, está moi ben mellorar o modelo info dos concellos engadindo o correo electrónico PERO, se non ten ese parámetro a táboa non debera aparecer {{correo electrónico}} na caixa. Tamén debera un bot engadir esa opción en tódalas páxinas dos concellos galegos. Saúdos --Nemigo     30 de xaneiro de 2013 ás 00:06 (UTC)Responder[responder]

RE: Peticións editar

Con algo de retraso (estou algo atarefado ultimamente e non podo pasar tanto como querería pola Galipedia), completei as peticións que me deixaches. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 1 de febreiro de 2013 ás 12:45 (UTC)Responder[responder]

RE:Corrector editar

O da wikipedia xa o teño activado, pero tarda un pouco en localizarme as faltas e ás veces nin me aparecen ata que pasa un rato (longo). Se existira para Safari (Mac) seríame de gran axuda. --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2013 ás 15:38 (UTC)Responder[responder]

Xa sei que hai Firefox para Mac, o que pasa é que utilizo Safari posto que é ao estou acostumado. --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2013 ás 15:48 (UTC)Responder[responder]
Supoño que o corrector este funcionará de xeito similar ao de MS Word non?--AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2013 ás 15:52 (UTC)Responder[responder]
En efecto, funciona bastante ben, e de xeito similar ao de Word. Gracias pola información. Un saúdo --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2013 ás 15:58 (UTC)Responder[responder]
Si que a vin, pero non ten moita ciencia activalo. --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2013 ás 16:02 (UTC)Responder[responder]

Fácil. --AMPERIO (conversa) 2 de febreiro de 2013 ás 16:09 (UTC)Responder[responder]

Re:Manuel Igrexas Rodríguez editar

Si, son Manuel Igrexas Rodríguez. Un saúdo. --Xas (conversa) 9 de febreiro de 2013 ás 20:50 (UTC)Responder[responder]

RE: Formulario de cargas editar

De feito, renovar a páxina do formulario de cargas éche unha das moitas cousas que teño pendentes. Pensaba que estaría ben simplificar ao máximo a interface, pero deixando o máis claro posible o tema das licenzas (ámbito do que non son moi coñecedor). Apuntado queda! --Toliño Fala aquí comigo 11 de febreiro de 2013 ás 14:35 (UTC)Responder[responder]

Wikipedia:Detector de homónimos editar

Moitas grazas polo aporte. A verdade é que é un trebello ben útil e xa llo tiña visto a algún usuario na súa páxina, pero nunca me parei a fedellar nas preferencias. Un saúdo. --Breogan2008 (conversa) 12 de febreiro de 2013 ás 16:43‎ (UTC)Responder[responder]

Hialeah editar

Ola Vivaelcelta, vin que mudaches Hialeah, Florida a Hialeah, mirando a wikipedia inglesa, non ten ningunha páxina de homónimos para Hialeah, pero aparecen varias Hialeah, como por exemplo: Hialeah Gardens, Florida (a única cidade que atopei ademais de Hialeah, Florida), Hialeah Gardens High School, Hialeah (Metrorail station), Hialeah High School, Hialeah-Miami Lakes High School, Hialeah Middle School, Hialeah Market (Tri-Rail station) ou Hialeah Park Race Track, por isto ao mellor debería deixarse o artigo en Hialeah, Florida. Que che parece? Saúdos. --JaviP96 12 de febreiro de 2013 ás 21:51 (UTC)Responder[responder]

RE: Barra de ferramentas editar

As imaxes da negra e mais da cursiva deben ser algo global, porque podes velos se cambias a lingua da interface aquí na Galipedia (exemplo). Quédame pendente de investigar. O outro vouno engadir decontado (en calquera caso, tes esas comiñas na sección "Símbolos" do menú despregable que hai ao carón. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 13 de febreiro de 2013 ás 12:51 (UTC)Responder[responder]

Preguntaches isto? --Toliño Fala aquí comigo 21 de febreiro de 2013 ás 14:20 (UTC)Responder[responder]
Neste tema, eu centraríame só no galego, que é o que nos ocupa. Podes propoñer as outras linguas se queres nalgures (non sabería onde). En calquera caso, as solicitudes deben facerse por separado, así que non afectaría o feito de que o queiras facer para as variantes do inglés. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 26 de febreiro de 2013 ás 21:49 (UTC)Responder[responder]
Dei por suposto que ías facelo ti, non sei por que. Entón xa fago eu a solicitude en Bugzilla. --Toliño Fala aquí comigo 5 de marzo de 2013 ás 10:27 (UTC)Responder[responder]
Entendo que o que me fas é unha pregunta. Nese caso: Si, xa indiquei na Taberna que fixen a solicitude. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 13:52 (UTC)Responder[responder]

Subpáxinas no espazo de nomes usuario editar

Ola Vivaelcelta. Supoño que non o coñeces pero o criterio na Galipedia é que as páxinas e subpáxinas no espazo de nomes usuario só poden editarse, por pequena que sexa a edición, polo propio usuario desas páxinas e por aqueloutros autorizados (se así se manifesta) agás en casos excepcionais. Dito isto neste caso non hai problema pola edición que fixeches pero é preferible aterse ao criterio marcado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22 de febreiro de 2013 ás 23:09 (UTC)Responder[responder]

Hai razóns para seguir ese criterio, por iso se estableceu ese xeito de actuar no seu momento. Sei que aparentemente non é unha cuestión moi importante, pero a túa resposta paréceme máis relevante que a propia edición porque se coñecías a regra non entendo porque fixeches a edición. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22 de febreiro de 2013 ás 23:23 (UTC)Responder[responder]
Non hai problema. Que fora nunha subpáxina propia só influíu en que vin a edición no momento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de febreiro de 2013 ás 19:59 (UTC)Responder[responder]

RE: Varios editar

Xa corrixín a ligazón en {{Wikipediairmáns}}. E a páxina onde están os fitos da Galipedia é Wikipedia:Actualidade (está ligada desde a barra lateral: é a terceira ligazón). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 25 de febreiro de 2013 ás 11:43 (UTC)Responder[responder]

RE: Traducir editar

A "tradución" xa está. Non era unha palabra, senón un código de lingua. Traducín o modelo asociado para poder poñer gl no canto de en. Sobre o outro, a solicitude faise en Bugzilla, se non lembro mal. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 26 de febreiro de 2013 ás 12:56 (UTC)Responder[responder]

RE: Función {{GENDER:}} editar

A función {{GENDER:}} para a distinción de sexos unicamente se pode utilizar se a mensaxe ten soporte para o seu uso. É dicir, debe haber un parámetro especificado ($1, $2, $3 ou o que sexa) no código onde está definida a mensaxe no software (cousa dos desenvolvedores) que habilite o soporte para distinguir a mensaxe en función do sexo da persoa á que se refira. Isto quere dicir que non se pode empregar o formato {{GENDER:|home|muller}} (por exemplo, para o parámetro $2 o correcto sería: {{GENDER:$2|home|muller}}). Pódese solicitar na páxina correspondente de translatewiki.net que se engada o soporte para a función. Non obstante, cómpre ter tino porque as diferentes linguas teñen diferentes tratos para a distinción de sexos (hai linguas que nuns casos necesitan distinción, mentres que noutros non). Ademais, o contexto da mensaxe tamén é importante. Outra cousa importante é a persoa á que afecta que se mostre dun ou doutro xeito (pode ser a persoa que le a mensaxe, a persoa á que se refire a mensaxe...). Tes algo máis de información nesta páxina e nestoutra. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 27 de febreiro de 2013 ás 21:46 (UTC)Responder[responder]

RE: Rexistros e parámetro editar

O único que podes ver nos rexistros son todas as páxinas que borrei, non se pode seleccionar un espazo de nomes. Quizais haxa algunha ferramenta externa que si proporcione esta información. Sobre o outro, coido que non hai ningún modelo igual ou semellante ao que dis. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 12:48 (UTC)Responder[responder]

Lista non teño. E son bastantes. O que fago é ir eliminando aquelas que se van actualizando en translatewiki.net. Ás veces tamén elimino grupos de mensaxes que teñen o mesmo prefixo. Éche un pouco como cadre. Se tes interese, a lista de todas as mensaxes está en Especial:Todas as mensaxes. --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 12:54 (UTC)Responder[responder]

RE: Modelo:Zona de probas editar

Éche unha cousa que se chama plainlinks. Xa o arranxei. Por certo, boa idea engadir a ligazón; moi útil. --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 13:50 (UTC)Responder[responder]

Xa creei a categoría. O modelo é {{Sensinatura}}. --Toliño Fala aquí comigo 28 de febreiro de 2013 ás 20:41 (UTC)Responder[responder]

RE: Categoría con homónimos editar

Grazas polos apuntamentos. Semella que se arranxou o problema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 1 de marzo de 2013 ás 11:26 (UTC)Responder[responder]

Múltiplo editar

Tes toda a razón! --Agremon(contacto) 4 de marzo de 2013 ás 12:13 (UTC)Responder[responder]

Wikipedia:Detector de homónimos editar

Ola! Non o coñecía, moitas grazas polo aviso, agora o activo. Un saúdo!--Adorian (fálame) 4 de marzo de 2013 ás 14:01 (UTC)Responder[responder]

RE: Wikipedia:Detector de homónimos editar

Moitísimas grazas pola aclaración. Toda ferramenta para a mellora é sempre ben recibida, e non a tiña controlada. Unha aperta! --Krisko (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 10:29 (UTC)Responder[responder]

Detector de homónimos editar

Non coñecía esta ferramenta, cada día un aprende algo novo aquí. Grazas!.Nachonion (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 10:40 (UTC)Responder[responder]

Wikidata editar

Creo que non entendín o de Wikidata. Acabo de facer xusto agora a páxina neurofilamento baseándome na páxina inglesa. Fun ao artigo inglés, premín en Edit links, e apareceu a lista dos interwikis de wikidata pero alí non había ningún botón de Add para engadir a ligazón galega (gl:Neurofilamento). Parece que estaba desactivado ou algo así. Non sei se noutro momento estará activado o add ou se hai que facer algunha outra cousa, pero quedou sen poñer. Polo momento o que fixen foi copiar unha lista de interwikis que a collín na páxina castelá, polo que na páxina galega hai interwikis, pero non sei se sairá a ligazón á páxina galega nas outras wikipedias, porque en wikidata non a puiden meter.--Miguelferig (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 13:10 (UTC)Responder[responder]

RE: Bugzilla editar

Eu tampouco che sei dicir moi ben, que non son experto niso. Éche un pouco ler as axudas que se van mostrando no formulario. Normalmente se te equivocas adoita vir outro usuario máis experimentado a corrixirte. Mais o mellor é non cargar outras persoas con tarefas como esa. Queres axuda nun caso en particular? Faime unha pregunta máis concreta se queres que che explique algo máis polo miúdo. --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 19:28 (UTC)Responder[responder]

Nese caso, trátase dunha cousa relacionada cunha extensión de MediaWiki, polo tanto vai na categoría MediaWiki extensions. Logo diso, hai que encher varios campos:
  • Component: A que extensión de MediaWiki se refire? (No teu caso, vas falar dun compoñente do WikiEditor.)
  • Version: Se a cousa se refire a unha versión en particular, cómpre indicala aí. (No teu caso, refírese a calquera versión.)
  • Summary: Resumo do que se pide. Aparecerán outros erros con títulos similares para comprobar se está repetido.
  • Severity: Severidade do erro, segundo o grao de urxencia. (No teu caso, non ten urxencia, senón que vai á categoría de melloras ou enhancements.)
  • Hardware: Por se o erro se producise nalgunha plataforma en concreto. (No teu caso, é loxicamente en todas.)
  • OS: Por se o erro se producise nalgún sistema operativo en concreto. (No teu caso, é loxicamente en todos.)
Finalmente no campo de descrición explicas o erro ou mellora ou o que sexa. Pódese engadir tamén un ficheiro anexo se fose o caso (por exemplo, unha imaxe que mostre o erro que se quere arranxar; non é o teu caso). E debería bastar.
Como te digo, se pasas o rato por riba de cada cousa ves a axuda. Hai tamén algunha páxina no propio Bugzilla coas preguntas máis frecuentes. --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 20:05 (UTC)Responder[responder]

Wikidata outra vez editar

Insisto en que se entras nas wikis noutros idiomas e premes Edit links aparece a páxina de wikidata coa lista, pero moitas veces non ten o botón de Add, nin sitio nin edit nin nada; está como desactivado. Algunha vez me ten pasado que aparecían eses botóns, pero non deben de aparecer sempre, porque hoxe non me aparecían na páxina neurofilamento (iso xa está solucionado), pero acabo de facer a páxina dímero e tampouco me aparecen, polo que a páxina está sen interwikis. Debe haber outra forma de facelo (non abonda con premer en Edit links nas páxinas doutros idiomas), ou deben de telo activo só ás veces.--Miguelferig (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 19:48 (UTC)Responder[responder]

Dímero wikidata editar

A páxina é, por exemplo, en:Dimer (chemistry). Pero nas dos outros idiomas tampouco funciona. Quero dicir se premes a Edit link ao final da columna de interwikis, sae wikidata, pero non ten os botóns.--Miguelferig (conversa) 7 de marzo de 2013 ás 19:58 (UTC)Responder[responder]

RE: Categorías nos modelos editar

Calquera cousa que poñas despois dunha barra vertical nas categorías serve para ordenalas segundo a clave de ordenación que especifiques. É dicir, [[Categoría:<nome da categoría>|Clave]], ordenaría a páxina na que está incluída a categoría na letra C. O feito de poñer {{PAGENAME}} é para que o modelo vaia ordenado segundo o nome que ten despois do prefixo "Modelo:". Ademais, deste modo a ordenación consérvase se o modelo cambia de nome, cousa que non pasaría se a clave se especificase directamente. --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 22:04 (UTC)Responder[responder]

O que dicía antes faise para que non aparezan todos os modelos ordenados pola letra M por mor do prefixo "Modelo:". E sobre o modelo {{Navbox}}, xa ves que na documentación tes para copiar o código para substituír directamente o nome do modelo. --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 22:14 (UTC)Responder[responder]
Non obstante, grazas á túa mensaxe acabo de comprobar que deberon facer un cambio nalgunha actualización porque agora os modelos ordénanse automaticamente segundo o nome que teñan despois do prefixo "Modelo:". Así que supoño que xa non é necesario facer o que fixen. --Toliño Fala aquí comigo 7 de marzo de 2013 ás 22:20 (UTC)Responder[responder]

Intentarei traducilo, cando teña tempo. --Toliño Fala aquí comigo 8 de marzo de 2013 ás 11:02 (UTC)Responder[responder]

Module editar

Hola, por una vez pido yo una traducción :-) Se trata del nuevo espacio de nombres Module que se implementará en breve. He abierto la página m:Lua deployments/Localization of Module. Se trata de un término muy técnico por lo que hay que asegurarse si es adecuada la traducción obvia. Tienes más información en en:Wikipedia:Lua. --Vriullop (conversa) 11 de marzo de 2013 ás 13:14 (UTC)Responder[responder]

Vale, gracias. :-) Ya se lo paso a Usuario:Toliño, que es un experto en esto. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11 de marzo de 2013 ás 13:30 (UTC)Responder[responder]

RE: Traducións editar

Fíxenlle unha poucas correccións á tradución de Commons e optei por traducir o novo espazo de nomes co obvio, "Módulo" (se son páxinas con códigos de programación, ben poden chamarse módulos de programación). En calquera caso, se vemos que logo non é acaída a tradución, sempre se pode pedir un cambio. --Toliño Fala aquí comigo 11 de marzo de 2013 ás 14:45 (UTC)Responder[responder]

Non investiguei abondo o uso do espazo dese novo espazo de nomes. De feito, estás seguro de que se vaia incluír aquí? Por certo, xa fixen a tradución solicitada. --Toliño Fala aquí comigo 12 de marzo de 2013 ás 12:47 (UTC)Responder[responder]

Comezo editar

Ola Vivaelcelta, estou comezando nisto, e aínda non sei moi ben como vai, así que agradeceríache, que en lugar de ameazarme con bloquearme me deras consellos sobre como mellorar, para que poida facelo mellor, saúdos e humildade. Manuel gonzalez coego (conversa) 11 de marzo de 2013 ás 16:07 (UTC)Responder[responder]

Casteláns, Covelo editar

  Feito! --Beninho (conversa) 16 de marzo de 2013 ás 17:00 (UTC)Responder[responder]

Os artigos de parroquia levan todos no seu nome o concello ao que pertencen. --Beninho (conversa) 16 de marzo de 2013 ás 17:20 (UTC)Responder[responder]

Bloqueo usuario editar

Ola, Vivaelcelta. Non sei se entendín ben o que me dis. O voto, se Nemigo o fixo antes do bloqueo, eu entendo que si é válido (de calquera maneira, seguro que isto nolo pode confirmar HombreDHojalata, que estuda as normas sempre a fondo). Canto ao usuario rexistrado e a ip, ao bloquear a Nemigo, queda bloqueada a súa ip. Non é que usase varias contas nin que tivese varias ip's nin nada diso. Simplemente facía un logo in/log out para editar como usuario rexistrado ou non rexistrado segundo lle cadrase. Se non era iso o que me dicías, repítemo e trato de contestalo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20 de marzo de 2013 ás 12:06 (UTC)Responder[responder]

Wikidata editar

Pois non sabía o das categorías, xusto onte estiven mirando varias categorías na Galipedia e non viña a ligazón a Wikidata, por iso pensei que non funcionaban alí--Sernostri (conversa) 20 de marzo de 2013 ás 14:46 (UTC)Responder[responder]

Españoleando editar

De nada, meu. Ah, feliz cumpreanos! --Angeldomcer (conversa) 23 de marzo de 2013 ás 22:35 (UTC)Responder[responder]

vandalismos editar

Ola! na mensaxe que me deixaches supoño que te referirás ás reversións que fixen no artigo Lista de presidentes de México. Nese caso concreto, como podes ver no historial, as edicións foron feitas desde distintas IPs. E en moitos outros casos os vandalismos son feitos desde IPs de institucións educativas, polo que as mensaxes deixadas nas páxinas de conversa non adoitan chegar á persoa que fai o vandalismo. Polo mesmo motivo, o bloqueo non adoita servir de moito neses casos, chegando a poder ser contraproducente, pois desde unha mesma IP dun instituto pode haber no mesmo día vandalismos e edicións moi válidas. E nos casos en que os vandalismos son a única edición dunha IP, prefiro non darlle cancha á persoa, prefiro ignorala para non chamar a súa atención e que poida volver a vandalizar.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de abril de 2013 ás 09:00 (UTC)Responder[responder]

RE: Varios editar

A lista negra funciona con expresións regulares, polo que o nome "Imagens SM" coincidía (parcialmente) con esta liña que eliminei:

.*(?i:image|imaxe).* <newaccountonly>

A opción <newaccountonly> impide a creación de contas novas.

Sobre o outro, por suposto que coñezo a páxina especial que citas (úsoa de cando en vez). Seleccionando nela a opción "Modificadas" aparecen unicamente as mensaxes que estean nese momento creadas localmente no wiki onde te atopes. De todos os xeitos, non necesito ver esa páxina para saber que en translatewiki.net están todas as mensaxes. Realmente, o que vou facendo é o seguinte:

  1. Cando actualizan unha mensaxe aló, actualízoa e despois veño ata a Galipedia para comprobar se existe e borrala.
  2. Ás veces dedícome tamén a borrar mensaxes que comezan polas mesmas letras (agás as que temos personalizadas localmente). Por exemplo, podes comprobar en Especial:Todas as mensaxes que empezan por A e B. Vouno facendo aos poucos e cando cadra, non teño présa.

Por último, a mensaxe pola que preguntas é MediaWiki:Templatesandbox-text. E coido que está todo. Se algo non quedou claro, xa sabes onde estou. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 3 de abril de 2013 ás 12:58 (UTC)Responder[responder]

Acabo de enterarme... Gracias polo aviso. --Angeldomcer (conversa) 3 de abril de 2013 ás 20:12 (UTC)Responder[responder]

RE: Consellos editar

Moitas grazas polos consellos, tereinos en conta. Unha aperta. --Krisko (conversa) 4 de abril de 2013 ás 18:08 (UTC)Responder[responder]

RE: Engadir na páxina de homónimos editar

Ola Vivaelcelta. Grazas polo consello. Seguramente se me pasou en máis dun caso. Saúdos. Pontesiño (conversa) 4 de abril de 2013 ás 23:29 (UTC)Responder[responder]

RE: Varios 2 editar

É certo que non é habitual ter ese tipo de aclaracións nas páxinas de homónimos, pero non diría que está mal. Sobre o da mensaxe, non é necesario cambiar nada, a ligazón é automática: é dicir, leva á páxina de conversa da páxina na que apareza. Por isto na páxina da mensaxe vai á súa conversa, non é por outra cousa. --Toliño Fala aquí comigo 5 de abril de 2013 ás 11:12 (UTC)Responder[responder]

Fagaceae editar

Ola!, grazas polos consellos. Si, de feito si existe en varias linguas. Deime de alta en Wikidata, chego á páxina de Fagacea a través da Wikipedia en español, por exemplo, pero non dou engadido a ligazón galega, non sei como...a ver se me podes botar unha man. Grazas.Nachonion (conversa) 5 de abril de 2013 ás 12:19 (UTC)Responder[responder]

Sangomiño editar

Ola! Si, pensaba creala, estou a traballar moito na parte botánica, e para me organizar adianto algunha información coa intención de non perder a riqueza en sinónimos que vou atopando en diferentes publicacións. A mairía dos dicionarios non conteñen entradas botánicas de abondo ou hai erros, homónimos para moitas especies; estou intentando elixir os nomes aceitafos e que aparezan en máis fontes. Grazas pola túa man. Un saúdo!Nachonion (conversa) 5 de abril de 2013 ás 21:44 (UTC)Responder[responder]

Categorías editar

Ola de novo, non me molesta, aínda que non supoñas que non o comprobei. Rașnov non é unha cidade de Romanía, o mesmo que Bran, son vilas, que aínda que en galego pode ter significado de cidade, tamén pode ser unha entidade poboacional menor, incluso unha aldea. Non pode logo axeitarse á categoría de cidades, por iso creei esta categoría.Nachonion (conversa) 5 de abril de 2013 ás 22:13 (UTC)Responder[responder]

  • A categoría: Salicáceas, é un erro, froito dalgún vestixio dunha tradución. Prefiro empregar os termos latinos para as familias, para evitar galeguizacións moi forzadas nalgúns casos; non sei que che parece.
    • Hai claramente diferentes xeitos de contestar aos comentarios. Hai xente que quita as ganas de editar na Galipedia.

RE: Dafne editar

Boas Vivaelcelta!! Grazas por avisarme do marcador, non me lembraba de que o tiña, vou rematar estes días a tradución e xa o retiro. Graciñas!! Piquito (conversa) 7 de abril de 2013 ás 09:48 (UTC)Responder[responder]

Interwikis editar

Ola Vivaelcelta. Graciñas pola explicación. Estou aostumado ao método vello e aínda coloco unha interwiki agardando que os bots se encarguen de poñer o resto. Terei que ir acostumándome a facelo así jeje. Un saúdo! --Beninho (conversa) 8 de abril de 2013 ás 11:30 (UTC)Responder[responder]

RE:Modelos editar

Vale, tomo nota, grazas polo aviso! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2013 ás 12:49 (UTC)Responder[responder]

RE: Varios 3 editar

O código <nowiki></nowiki> xa está en dous lugares: na barra de edición superior (baixo a opción "Avanzado") e na parte inferior, deispois de {{ORDENAR:}} (así que non é necesario engadilo). O outro pódoo engadir ao carón de <s></s>. Os <onlyinclude></onlyinclude> son equivalentes (unha versión vella e vestixial, diría eu) aos <includeonly></includeonly>, e xa non deben quedar moitos polo wiki. En calquera caso, os <includeonly></includeonly> son para engadir o código que rodeen unicamente na páxina na que se transclúa esoutra páxina ou modelo (é dicir, non aparece na propia páxina, faino nas que inclúan o código a través das chaves {{...}}). As referencias nos artigos engádense só mediante {{Listaref}} (ou {{Referencias}}), que son modelos que dan formato ao código propio de MediaWiki para facelo: <references/> (que, polo tanto, non se emprega nos artigos). Para eliminar as ligazóns do modelo {{A}} que non poden usar os usuarios que non sexa administradores habería que introducir tamén unha clase como teñen en es.wp (a súa chámase "para_biblios"). Por último, dicir que a páxina de axuda está ben redactada, quizais poida mellorala (e facer capturas de pantalla), pero o texto é correcto. Se non podo acabar todo agora, xa intentarei volver á noitiña. --Toliño Fala aquí comigo 8 de abril de 2013 ás 13:23 (UTC)Responder[responder]

Coido que non esquezo nada. Quédame pendente o tema de cargar as captura de pantalla que fixen para a páxina Axuda:Fusión. --Toliño Fala aquí comigo 9 de abril de 2013 ás 10:23 (UTC)Responder[responder]
Por certo, a votación de Elisardo aínda non rematou! E non facía falla que mo recordases que xa estaba eu pendente. --Toliño Fala aquí comigo 9 de abril de 2013 ás 10:29 (UTC)Responder[responder]
Si, xa o comprobei eu tamén saíndo do sistema, pero poida que sexan temas de caché e haxa que agardar un anaco. E volvendo ao tema do que me preguntabas antes sobre os <onlyinclude>, deiche mal a información: non son o mesmo. Tes aquí unha pouca axuda. En calquera caso, o seu uso na Galipedia, como dixen, é testimonial. --Toliño Fala aquí comigo 9 de abril de 2013 ás 10:34 (UTC)Responder[responder]
Eu véxoas sen problema. Non obstante, xa advirten na Wikipedia en inglés dos problemas coñecidos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 9 de abril de 2013 ás 10:53 (UTC)Responder[responder]
Como dixen na miña mensaxe anterior, é un problema coñecido do que xa avisan na Wikipedia en inglés (On some systems, the text only displays when user hovers over the curly braces, not over the link itself). --Toliño Fala aquí comigo 10 de abril de 2013 ás 22:43 (UTC)Responder[responder]

RE: Interwikis editar

Moitísimas grazas! Líome moito co novo sistema, pero a imaxe aclaroume. Grazas de novo. --Krisko (conversa) 8 de abril de 2013 ás 15:55 (UTC)Responder[responder]

Estándar gl editar

Quere dicir que o estándar da Wikipedia-gl é exemplo "Palma, Santa Maria" e non "Palma (Santa Maria)"?

Se pensas importante, podo transferir si durante esa semana. Ademais dos nomes dos artigos tamén vou renomear os afluentes para que ningunha páxina link para "artigo (Santa María)" e si para "artigo, Santa María".

Creo entón, que debo renomear tamén "Santa María (Rio Grande do Sul)" a "Santa Maria, Río Grande do Sur".????

Queda así: Ata o domingo no maximo eu trasteiro tempo para realizar a tarefa.

Grazas,

Imagens SM (conversa) 8 de abril de 2013 ás 16:02 (UTC)Responder[responder]

Petición de modelo editar

Boas Vivaelcelta!!! Se tes tempo poderías crear un modelo que ligara un artigo dun compositor ou obra presente na Galipedia á súa páxina respectiva de IMSLP? Se non me explico ben podes ver un exemplo en es:Johannes Brahms. Moitas grazas de antemán, unha aperta!!! Piquito (conversa) 9 de abril de 2013 ás 17:10 (UTC)Responder[responder]

Xa o creei eu Vivaelcelta, us saúdo! --JaviP96 9 de abril de 2013 ás 17:34 (UTC)Responder[responder]
Vale. Un saúdo. --JaviP96 9 de abril de 2013 ás 17:55 (UTC)Responder[responder]

Grazas, tan pronto poda crearei o artigo. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 9 de abril de 2013 ás 19:07 (UTC)Responder[responder]

Boas!! Xa está creado International Music Score Library Project e o nome en galego quedou como redirección ao orixinal, se te animas a crear o das obras... cando teñas tempo, non é urxente. Unha aperta e bo traballo!!!! Piquito (conversa) 10 de abril de 2013 ás 00:34 (UTC)Responder[responder]
Boas!! Coido que me entendiches mal, non me refería a que crearas ningún artigo de compositores, referíame a se podías crear o modelo para as obras. Se tes tempo e ganas, claro está, se non te apetece pídollo a outro usuario, é máis que nada porque eu de técnica non teño nin idea. Un saúdo!! Piquito (conversa) 10 de abril de 2013 ás 08:51 (UTC)Responder[responder]
Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 10 de abril de 2013 ás 12:06 (UTC)Responder[responder]

RE:Conversa editar

Lista a tradución, é un pouco de andar por casa pero penso que se entende ben. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de abril de 2013 ás 23:24 (UTC)Responder[responder]

Revisou a tradución Toliño e agora penso que xa quedou ben. Sobre o da administración: moitas grazas a ti polo teu apoio :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de abril de 2013 ás 09:21 (UTC)Responder[responder]

Eliminar páxinas editar

Por favor eliminar as seguintes páxinas(redireccións):

Categorias vazias:

Motivos:

  • Foron estandarizados
  • Non posúen afluentes
ou me informe como podo propoñer a eliminación

Imagens SM (conversa) 10 de abril de 2013 ás 01:46 (UTC)Responder[responder]

Grazas, eu non sabía cal Modelo usar para propor para eliminación. Gustoume saber que existe unha global "delete". En canto ao wikidata, eu pensei na posibilidade da execución por un robot. De calquera xeito o meu tempo onte foi esgotado, e eu sempre verifico o wikidata a ver se modificacións foron feitas ou precisan ser feita. Grazas por solicitar a borrar os artigos - Imagens SM (conversa) 10 de abril de 2013 ás 12:26 (UTC)Responder[responder]

RE:Petición editar

  Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2013 ás 12:20 (UTC)Responder[responder]

Grancima editar

Si, claro, hei de incluílo en Wikidata. É que a páxina aínda non está rematada, por iso ten o aviso de "en tradución". O que me pasa é que eu uso xeralmente o Internet Explorer (nel o Wikidata non me funciona) e teño que abrir despois o Mozilla Firefox para poder introducir o nome en Wikidata, e por iso non o fago desde o principio. Pero xa está feito. O principal problema con esta páxina non é ese, senón que é se se pon grancima ou granzima (o mesmo pasa con encima/enzima, lisocima/lisozima, coencima/coenzima, ribocima/ribozima, etc.). Puxen de nome grancima e como redirección granzima, porque no dicionario da Academia só aparece actualmente "encima", pero teño entendido que van admitir tamén como correcta (xunto con encima) a ortografía "enzima" na próxima edición do dicionario. Tamén estou engadindo máis referencias á páxina.--Miguelferig (conversa) 11 de abril de 2013 ás 16:51 (UTC)Responder[responder]

Eu uso O Explorer máis que nada por costume e porque o teño personalizado dunha determinada maneira, pero o corrector ortográfico tamén funciona no Explorer. Non é un corrector moi bo, proque pasa por alto moitas palabras, como moitos erros de tecleado (por exemplo, se escribes célulaf en vez de células, non o detecta, e antes escribín proque en vez de porque e non o detectou). Pero si que funciona, e tamén o detector de homónimos. Non sei se será o mesmo corrector que en Mozilla.--Miguelferig (conversa) 11 de abril de 2013 ás 18:20 (UTC)Responder[responder]

Modelos editar

Penso que non é o mesmo. Atopeime co problema de que nos títulos de barcos moitos adoitan a levar elementos antes ou despois (SMS, HMS, o ano se hai barcos co mesmo nome....) que non deben estar en cursiva, e o modelo tradicional non serve. Busquei na wiki en inglés e eles teñen un modelo distinto, que é de onde o copiei. Por certo, non puxen a interwiki porque non me aparecían as ligazóns para engadio, e no Wikidata non din atopado. Un saúdo. --Beninho (conversa) 12 de abril de 2013 ás 09:56 (UTC)Responder[responder]

Hemocromatose editar

Ola, o artigo si existe, e normalmente adoito poñer sempre as interwikis con wikidata, pero non sei por qué desta vez non me deixa facelo. Se puider facelo ti, ou dicirme cal pode ser o problema, estaria agradecido. Saúdo! --Tommyhilfiger (conversa) 12 de abril de 2013 ás 14:37 (UTC)Responder[responder]

RE:Wikipedia:Marcadores de bandeira/listaxe editar

  Feito! Saúdos. --JaviP96 14 de abril de 2013 ás 10:10 (UTC)Responder[responder]

Noz (homónimos) editar

Non comparto a conversión de noz nun artigo con parénteses noz (froito da nogueira). O significado principal da palabra é precisamente ese, e tódalas demais acepcións son por extensión ou figurados. Por iso, e atendendo a títulos simples (hai que pensar nos usuarios), o título simple de "noz" tina o significado principal e os demais conceptos se puntualizaban co paréntese. Vin que xa cambiaches as lig. int., polo que terá que quedar así, pero quería que coñeceras a miña opinión sobre este tema. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14 de abril de 2013 ás 17:32 (UTC)Responder[responder]

Fusións editar

Boas tardes. Polo que vexo, "GNU" é agora unha simple redirección a "Proxecto GNU", e a fusión xa a fixo Toliño o pasado día 9. Entendo que só queda por facer 1) Borrar esta redirección, e 2) Mover "GNU (homónimos)" a "GNU", sen deixar redirección. ¿É isto o que queres que faga? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14 de abril de 2013 ás 17:44 (UTC)Responder[responder]

RE:Nova petición editar

  Feito! con algúns cambios. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2013 ás 23:00 (UTC)Responder[responder]

Charolés (homónimos) editar

Marcaches con {{lixo}} Charolés (homónimos), porén había, e aínda hai, páxinas que ligan cara a ela. Podes revisalo? Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2013 ás 07:41 (UTC)Responder[responder]

peticións editar

Xa fixen os traslados; para os artigos de fusión, incluínlles os marcadores pertinentes para que queden incluídos entre as tarefas pendentes por facer. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de abril de 2013 ás 11:36 (UTC)Responder[responder]

Os marcadores de fusión deben manterse até que se leve a cabo a fusión dos historiais dos artigos, non até que se inclúan os contidos no artigo de destino. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de abril de 2013 ás 17:25 (UTC)Responder[responder]

Petición3 editar

Exactamente que petición? Creo que xa están feitas todas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2013 ás 12:40 (UTC)Responder[responder]

Fixen o traslado de Hispania Racing F1 Team pero o de Cabezo, seguro que hai que facer o traslado a esa páxina? Eu penso que haberá que trasladala a Cabezo I que é o nome co que se coñecía..., non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2013 ás 13:09 (UTC)Responder[responder]
Si, non me esquecín é que aínda non tiven tempo :). Esas cousas prefiro facelas cando teña algo de tempo porque son cousas novas que teño que facer con coidado. Cando esté xa che aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2013 ás 11:44 (UTC)Responder[responder]
Tes razón, a cousa xa estaba pasando de rosca, xa está feita a fusión de Cabezo e Cabezo I. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de maio de 2013 ás 23:24 (UTC)Responder[responder]

reversión e razóns editar

Boas, Vivaelcelta. Será verdade que o usuario xa non está bloqueado, pero a súa edición segue sendo intolerable: non podemos aceptar que unha votación sexa un pucherazo (iso ninca, e menos cun resultado tan abrumador coma nesta ocasión), non podemos aceptar esa velada e incomprensible acusación ós administradores por non pasar pola páxina de votación (¿e que se así fose?), nin podemos permitir mesturar os obxectivos (¿ocultos?) da Galipedia coa política toponímica da eswiki. Dificilmente se poden concentrar en tan poucas liñas tantos ataques á Galipedia, tan gratuítos e tan fóra de lugar. Se agora, despois destas explicacións, cres que estou errado, somete o tema ós outros administradores, propón o meu cese ou toma as medidas que estimes oportunas, pero non volvas reverter a miña reversión. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de abril de 2013 ás 20:05 (UTC)Responder[responder]

  • Alégrame que, no fondo, esteamos de acordo e que o único problema que nos queda é recoñecer o meu erro ó crer que Nemigo seguía bloqueado. O tempo pasa voando. Pero como xa sabes é máis fácil de explicarse en seis liñas que nun resumo de edición. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16 de abril de 2013 ás 20:30 (UTC)Responder[responder]

RE: Traducións e outros editar

A primeira tradución xa está solicitada. Para a outra dáme un anaco. Sobre a interface de translatewiki.net, non se pode cambiar. Ten cousas boas (mellor que antes) e outras que prefería como estaban na anterior, pero hai que afacerse a ela. En calquera caso, aínda está en proceso de mellora. O modelo polo que preguntas é, se estou no certo, {{Redirección de categoría}}. Sobre a clase sysop-show, non che sei o que pode ir mal. Arestora non teño tempo para botarlle unha ollada. En calquera caso, é un problema menor xa que o propio software dá erro aos usuarios sen permiso que premen nas ligazóns "borrar". Perdoa por tardar, pero ando algo liado e non podo pasar tanto como quero por aquí. Teño cousas pendentes por facer aquí e non atopo tempo para facelas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17 de abril de 2013 ás 13:15 (UTC)Responder[responder]

Comentarios editar

Ola Vivaelcelta! Agradeceríache que non fagas xuízos no resumo de edicións dos artigos, o digo porque o teu comentario Que mal, un artigo que pretende ser destacado con erratas non me parece para nada oportuno. As erratas ás que te refires poden deberse a que o editor que redactou a sección non pulsara unha tegra o suficiente (a calquera lle pode pasar, non somos perfectos). O artigo o propuxen polo seu contido, que penso é ben completo, e seguro que ten eivas de redacción e outras cousas que seguro se poden mellorar, pero para eso hai un mes de votación, para que se poidan solucionar as eivas que se lle vexan e propoñer cousas para que mellore e leve o distintivo de calidade. Reitero a miña petición de non faceres comentarios desafortunados nos resumos e prégote que se ves algo que non estea ben te limites a corrixilo. Un saúdo, Piquito (conversa) 17 de abril de 2013 ás 17:16 (UTC)Responder[responder]

Mover categorías editar

Pois é ese, é.

Non debe haber ningunha pendente. Ahí atrás estiven movendoas co BotDHojalata. --. HombreDHojalata.conversa 18 de abril de 2013 ás 03:37 (UTC)Responder[responder]

Subst editar

Subst pode te, a lo menos, d'uas utilidades.

  1. Reemprazar o modelo polo contido. Quer dicir que "volca" o c'odigo. Por exemplo, se lle mandas un subst:benvida a algu'en queda inalterable. Queda dito o que queda dito. A'inda que se mude o modelo con posterioridade, manh'an, o mes que ven, o ano que ven... a mensaxe non var'ia.
  2. Engadir funcionalidades: Nalg'uns modeloso "subst" provoca que a p'axina en cuesti'on caia nunha categor'ia ou caia noutra: "xaneiro mantementodetalcousa", "febreiro mantementodetalcousa" ou "mesactual mantementodetalcousa".

Se non me expresei faimo saber, e perdoa os erros tipogr'aficos (edito dende un ciber en Asia, a configuraci'on de teclado 'e extrana pra min}--. HombreDHojalata.conversa 18 de abril de 2013 ás 20:19 (UTC)Responder[responder]

teclado editar

claro q podo. o que pasa e que fisicamente o teclado non ten a tecla enhe. tenho limitado o tempo. as veces non vai a conexion. etc

tenho que inserir caracteres especiais. codigo asci...

e a mensaxe pode asemellar. a lo menos. irespetuosa. por iso che pedia desculpas

en fin. nun mes todo iso solucionatase

no de mover categorias non che podo axudar mais se non me das mais datos

que e o q viches exactamente e onde?

asinado hdh. editando dende un telefono —o anterior comentario sen asinar foi feito por HombreDHojalata (conversacontribucións)

Track listing editar

Foi un erro ao traer a información das cancións de en.wiki, pasáronseme esas dúas liñas e non as traducín. O modelo correspondente é {{Listaxe de cancións}}. Un saúdo. --Beninho (conversa) 22 de abril de 2013 ás 18:17 (UTC)Responder[responder]

Proposta editar

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 16:58 (UTC)Responder[responder]

Petición técnica... para cando teñas un momento editar

Boas Vivaelcelta!! Quería pedirche se podes facer un modelo para o clima das cidades similar ao que aparece na wiki en inglés no que se asocie unha cor á temperatura (non sei se me explico, se tes algunha dúbida tentareicho explicar o mellor posible), hai tempo consulteino con outro usuario (creo que Toliño) e díxome que habería que crear moitos modelos e que era un pouco engorroso e ao final non se fixo. Se podes miralo cando acabes coas cousas que andes a facer, non é urxente, o problema é que temos táboas do clima en cidades pero non hai un criterio para as cores e ao final todas son distintas ou van sen cores. Unha aperta!!!! Piquito (conversa) 26 de abril de 2013 ás 09:30 (UTC)Responder[responder]

Ola!! Creo que o mellor será que mires nun artigo sobre algunha cidade na wiki en inglés, porque eu non teño nin idea de qué modelos son, Toliño díxome que había que traer moitos pero non sei cáles son, o único que sei é que teñen esto, mais penso que debe haber máis cousas. Sinto non poder axudarche máis, eu destas cousas non teño nin idea. Apertas!!! Piquito (conversa) 27 de abril de 2013 ás 10:29 (UTC)Responder[responder]

Si, parece que é ese. Se non me engaño asocia automáticamente un número a unha cor, que nos viría moi ben para que as táboas sexan todas iguais no que respecta ás cores. Supoño que se pode facer de xeito xenérico para que nos sirva para todas as cidades. Moitísimas grazas!! Un saudazo!!!! Piquito (conversa) 11 de maio de 2013 ás 14:59 (UTC)Responder[responder]

Si, si, xa sei que é o da wiki inglesa. Piquito (conversa) 11 de maio de 2013 ás 15:28 (UTC)Responder[responder]

RE:Traslado dunha sección editar

Vale, para a próxima vez xa indico para onde movo, de todas formas, indicarei agora na conversa de ambos artigos o traslado. Saúdos. --JaviP96 1 de maio de 2013 ás 18:15 (UTC)Responder[responder]

homónimos editar

Ola! Movín o artigo sobre o adestrador a Luis Fernández Toledo, pois o criterio é evitar na medida do posible o uso das parénteses. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de maio de 2013 ás 18:40 (UTC)Responder[responder]

Traslado editar

Desculpa, Vivaelcelta, lin a túa mensaxe o outro día e ía facelo, pero pasóuseme... Agora acabo de ver que o traslado do modelo que me pides está marcado como fusión. A min iso dáseme moi mal. Se non hai ninguén que o faga póñome eu, pero preferiría non facelo. Saúdos. --Xas (conversa) 25 de maio de 2013 ás 14:21 (UTC)Responder[responder]

  Feito! --Xas (conversa) 25 de maio de 2013 ás 14:59 (UTC)Responder[responder]

Bruxelas editar

Boas Vivaelcelta! Por que lle pediches a HombreDHojalata que trasladara a páxina de Cidade de Bruxelas cara Bruxelas? Os motivos estaban argumentados na Taberna na proposta que fixeches e non houbo ningunha obxección, non me parece axeitado o teu proceder, e menos pedindollo sen dicirlle que era un tema tratado na Taberna. Un saúdo, Piquito (conversa) 3 de xuño de 2013 ás 22:56 (UTC)Responder[responder]

Topónimos editar

Vivaelcelta, por afavor, agarda a que se peche a votación antes de comezar cos traslados. Eu tamen estou ansioso :) --Norrin_strange (Fala-me) 11 de xuño de 2013 ás 07:48 (UTC)Responder[responder]

  Feito! --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de xuño de 2013 ás 23:39 (UTC)Responder[responder]
Quirguistán   Feito! --Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de xuño de 2013 ás 14:07 (UTC)Responder[responder]

topónimos editar

Bótalle un ollo, please: Wikipedia:Wikiproxecto Exotopónimos. --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de xullo de 2013 ás 10:59 (UTC)Responder[responder]

RE: Descargar unha imaxe editar

Non vexo o problema... Vai á páxina da imaxe, preme nela ou en "Imaxe na máxima resolución" e despois fas clic dereito e xa sae a opción "Gardar como..." ou similar. Queda aclarado? Senón, que é o que pasa exactamente? --Toliño Fala aquí comigo 7 de xullo de 2013 ás 11:41 (UTC)Responder[responder]

votacións á administración editar

Ola! Grazas polo aviso; o que fixen ao iniciar a votación para a elección de Javi96 foi seguir os pasos da anterior elección. Queda pendente para futuras votacións. Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de xullo de 2013 ás 11:01 (UTC)Responder[responder]

RE:Traslado editar

  Feito! Saúdos! --JaviP96 23 de agosto de 2013 ás 00:12 (UTC)Responder[responder]

RE: En uso editar

Grazas polo aviso Vivaelcelta. Xa sabía que tiña esas páxinas e dúas máis, andei con outros artigos e se me foi acumulando o choio. Un saúdo!! Piquito (conversa) 28 de agosto de 2013 ás 07:40 (UTC)Responder[responder]

En uso editar

Rematado José Creo Liste. Grazas. Un saúdo! --Xas (conversa) 28 de agosto de 2013 ás 08:21 (UTC)Responder[responder]

Retirar marcador "en uso" editar

Ola Vivaelcelta.

Está ben que retires o marcador cando pasou o tempo [2].

Porén, a maioría do artigo quedou en inglés!

Haberá que retirar o texto en inglés, ou poñer un marcador de mantemento {{atención}}, ou {{nongalego}}, ou algo, senón que? O artigo queda así?

Se non vas amañar nada do anterior é mellor deixar quedar o marcador {{en uso}} para que quede dentro da categoría mantemento, ata que outro usuario o revise.

Graciñas, un abrazo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 28 de agosto de 2013 ás 18:37 (UTC)Responder[responder]

RE: Modelo:Cidade de Alemaña editar

  Feito! --Toliño Fala aquí comigo 28 de agosto de 2013 ás 20:13 (UTC)Responder[responder]

Ulloa editar

  Feito!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de agosto de 2013 ás 14:49 (UTC)Responder[responder]

RE: En uso editar

  Feito! Xa rematei o artigo e lle retirei o marcador. Saúdos. --JaviP96 1 de setembro de 2013 ás 22:44 (UTC)Responder[responder]

RE: Tradución editar

  Feito! Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 7 de setembro de 2013 ás 13:22 (UTC)Responder[responder]

11 de setembro editar

Ola, Vivaelcelta! Borrei o artigo 11 de setembro (homónimos) porque os contidos que ligabas xa están incluídos no propio artigo 11 de setembro, non hai necesidade de facer un artigo redundante. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de setembro de 2013 ás 16:22 (UTC)Responder[responder]

RE: Palabras máxicas editar

Ata onde eu sei, non hai tal cousa. O que cómpre facer neses casos é especificar o nome correcto no parámetro correspondente. Non hai outra. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16 de setembro de 2013 ás 14:41 (UTC)Responder[responder]

fusións editar

Ola, Vivaelcelta!

O artigo de Aeroporto de Alvedro non é para marcar como fusión, pois era unha redirección; se ó que te referías é que o primeiro debería quedar como redirección, tampouco sería correcto, pois o formato utilizado é poñer o lugar onde está o aeroporto (Peinador, A Lavacolla). Procedo, pois, a deixar aeroporto da Coruña como redirección a aeroporto de Alvedro. En calquera caso, para outra ocasión é mellor que inicies un debate na correspondente páxina de conversa do artigo. Un saúdo! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Estevoaei (conversacontribucións)

RE:Restaurar artigo editar

Listo, como nota estaría ben que o artigo tivera polo menos a superficie de cada concello xa que ese é un dato mínimo e que ademais non hai que actualizar nunca, como pasa coa poboación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2013 ás 08:21 (UTC)Responder[responder]

Morbihan editar

  Feito! Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de outubro de 2013 ás 08:16 (UTC)Responder[responder]

Checa   Feito!; Unha cousa: ao marcares unha redirección como lixo (como fixeches co modelo:Morbihan) asegúrate de que non hai artigos que liguen cara aí; de feito, aínda hai 9 artigos que ligan aí, e habería que corrixir as ligazóns a "modelo:comunas de Morbihan" antes de eliminar a redirección. Podes encargarte? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de outubro de 2013 ás 19:23 (UTC)Responder[responder]

Re: País Vasco editar

  Feito! Perdón pola tardanza, estes días non estiven moito por aquí, quitando algunha edición pequena dende dispositivo portatil.

Para outra, para que non teñas que agardar, recoméndoche que pidas as cousas no taboleiro dos administradores, así non dependes de que alguén en concreto estea dispoñible. --. HombreDHojalata.conversa 19 de outubro de 2013 ás 19:06 (UTC)Responder[responder]

RE:Traslado editar

  Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2013 ás 15:12 (UTC)Responder[responder]

fusións editar

Ola, Vivaelcelta! Creo que xa fixen a fusión do artigo sobre os presidentes de Senegal (aínda que non estou seguro de se recuperei ben o historial); para outra ocasión é mellor que en vez de avisar a unha persoa en concreto, deixes unha mensaxe no taboleiro dos administradores. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de outubro de 2013 ás 08:44 (UTC)Responder[responder]

RE:Traslados editar

Si, eu tamén penso que hai que trasladalos xa que ese é o nome que aparece no dicionario da RAG. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de outubro de 2013 ás 09:31 (UTC)Responder[responder]

Si, pero quedan na cola porque aínda teño unha restra pendente dos que me mandou Xoacas... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de outubro de 2013 ás 10:45 (UTC)Responder[responder]

RE:Traslados editar

  Feito! Saúdos. --JaviP96 4 de novembro de 2013 ás 17:24 (UTC)Responder[responder]

complementos directos editar

Ola, Vivaelcelta! Desfixen a túa edición en Galipedia porque en galego os complementos directos non van precedidos de preposición. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de decembro de 2013 ás 12:45 (UTC)Responder[responder]

Proposta nova editar

Boas Vivaelcelta! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:04 (UTC)Responder[responder]

A proposta non vai da música galega, leo ben. Eu propuxen uns artigos para unha lista moito máis extensa que fale de moitas máis cousas. Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:44 (UTC)Responder[responder]

modelo:homónimos editar

Ola! Por favor, revisa a túa edición no Modelo:homónimos; agora nos artigos en que está incluído (por exemplo Penela), aparece no inicio un texto que forma parte dos parámetros que modificaches. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de decembro de 2013 ás 01:13 (UTC)Responder[responder]

Especial:Páxinas_que_ligan_con_esta/Covas_(homónimos) editar

Feito, agora hai que modificar tódalas páxinas que ligan cara ela. --. HombreDHojalata.conversa 15 de decembro de 2013 ás 17:51 (UTC)Responder[responder]

artigos de lugares editar

Ola, Vivaelvelta! Para saber os datos de poboación dun lugar podes coñecelos a través do IGE. Ao crear un artigo dun lugar, como o que fixeches da Cachada, sería interesante que incluíses as coordenadas do mesmo. Podes copiar o modelo por exemplo de San Xurxo de Sacos, e atopar as coordenadas correspondentes mediante Google Earth.
Por certo, ten coidado ao facer copia-pegas, pois deixaches A Cachada, O Rosal, O Rosal categorizado como "lugares de Borio". Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de xaneiro de 2014 ás 09:02 (UTC)Responder[responder]

Ola! Non me soa que exista unha páxina coa superficie das parroquias de Galicia. Ás veces están os datos nas webs de cada concello. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xaneiro de 2014 ás 10:14 (UTC)Responder[responder]

Re: Poboación dos lugares de Galicia editar

Ola, Vivaelcelta. Todos os datos poboacionais sácoos do INE (exactamente na base de datos do nomencátor: www.ine.es/nomen2/index.do). Aquí podes buscar por localización ou ben por concellos enteiros. Por exemplo, para saber os datos de todas as localizacións de Boiro basta poñer en "Búsqueda Avanzada" o código de provincia "15" e o do municipio "011", conseguindo así todos os datos poboacionais do concello. Moitos nomes non están correctos (B por V, J por G, ou toponimia en castelán, por exemplo), pero creo que é a base de datos máis completa para este tipo de información. Ademais inclúe información desde o ano 2000, que vale para facer comparanza. Un saudiño. Krisko (conversa) 9 de xaneiro de 2014 ás 13:33 (UTC)Responder[responder]

Proposta na taberna editar

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 09:34 (UTC)Responder[responder]

cabezallo personalidades editar

Ola, Vivaelcelta! Nos cabezallos de artigos de persoas non se inclúe a provincia do concello de nacemento ou defunción (mira, por exemplo, Manuel Fraga); e no caso de coñecerse a parroquia, o nome do concello vai entre parénteses (mira, por exemplo, Fina Casalderrey). Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xaneiro de 2014 ás 05:01 (UTC)Responder[responder]

Roko editar

Ola! Deixeiche unha mensaxe en Conversa usuario:Vivaelcelta/Roko; podes botarlle un ollo? Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de xaneiro de 2014 ás 02:53 (UTC)Responder[responder]

Juan de Borbón editar

Ola, Vivaelcelta! Por favor, revisa o artigo de homónimos. No caso dos primeiros, ao serren franceses deberían chamarse Jean ou Xoán de se traducir, pero non ten sentido referirse a Juan para un conde francés do século XV.

Lembra que nas páxinas de homónimos de personalidades hai que poñelas por orde cronolóxica.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xaneiro de 2014 ás 18:19 (UTC)Responder[responder]

Parabéns! editar

Polo que parece hoxe é o teu aniversario así que parabéns!--AMPERIO (conversa) 18 de marzo de 2014 ás 11:00 (UTC)Responder[responder]

@AMPERIO: Moitas grazas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 18 de marzo de 2014 ás 11:44 (UTC)Responder[responder]

Votación para anunciar as votacións de artigos de calidade editar

Boas, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:14 (UTC)Responder[responder]

Re:Mover editar

  Feito! Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 30 de marzo de 2014 ás 22:41 (UTC)Responder[responder]

RE: Logos conmemorativos da Galipedia editar

Xa pasei o logo do 11 aniversario, creo que hai outros logos cargados por aquí, pero... necesítalos para algo en concreto? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2014 ás 08:16 (UTC)Responder[responder]

Pois entón mellor será que quede para outra ocasión porque teño moito choio pendente. O que habería que facer sería pedir a algún bot, si é que se pode, que pasara todos os ficheiros da Galipedia a Commons, pero non sei quen o podería facer. Podes preguntar na taberna de Commons en castelán a ver se alguén sabe se iso se podería facer e con quen habería que falar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2014 ás 20:01 (UTC)Responder[responder]

Opinión editar

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)Responder[responder]

CAM editar

Non fixen exactamente o que ti dicías, pero está amañado, :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de maio de 2014 ás 13:11 (UTC)Responder[responder]

Transliteración editar

Boas Vivaelcelta! Xa está a política de transliteracións para votación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 28 de maio de 2014 ás 09:36 (UTC)Responder[responder]

Opinión editar

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)Responder[responder]

Nomenclátor editar

Ola, Vivaelcelta. Para os nomes dos artigos a Galipedia guíase polo Nomenclátor oficial da Xunta de Galicia. Este establece que en Covelo hai una parroquia chamada Covelo e outra chamada Santa Mariña de Covelo, e que no concello de Pantón hai unha parroquia chamada Cangas e outra chamada San Fiz de Cangas, polo que che pido que desfagas as mudanzas que fixeches ao respecto.

Noutra orde de cousas, non entendo a túa obstinación en repetir ligazóns internas, cando a tendencia na Galipedia é evitar esas repeticións. Non lle atopo o sentido ao que fas nos artigos de homónimos que só inclúen o nome do concello, da parroquia e do lugar que dá nome aos dous anteriores, ligando tres veces o artigo do concello e dúas veces o artigo da parroquia, cando abonda con indicar "dita parroquia" e "dito concello", simplificando a lectura e evitando ler tantas veces a mesma palabra repetida.

Amais, nas páxinas de homónimos debe indicarse a que fai referencia o título: se é un topónimo, un apelido, un termo científico etc.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de agosto de 2014 ás 15:36 (UTC)Responder[responder]

Ola, Vivaelcelta; ao creares páxinas de homónimos comproba os topónimos que escribes; en Nacimiento puxeches "rexión de *Bío Bío" en vez de rexión de Biobío, e en Oria puxeches "provincia de *Brinsidi" en vez de Brindisi e *Apulia en vez de Puglia. Se copias a información dalgunha outra wiki lembra indicar a orixe, pois é sumamente importante respectar a licenza de uso.
Noutra orde de cousas, non se poden borrar as mensaxes que outr@s usuari@s che deixan na túa páxina de conversa a menos que sexan edicións vandálicas, polo que che pido que restaures a edición que desfixeches da i.p. anónima. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de agosto de 2014 ás 19:08 (UTC)Responder[responder]


Serramoura editar

Ola, Vivaelcelta. Son o editor que creou o artigo de Serramoura. Na túa descrición da edición dis que corrixiches inumerables erros. Só querería saber cales era se eran tantos para outras veces evitalos. Graciñas e saúdos --Tommyhilfiger (conversa) 11 de outubro de 2014 ás 20:05 (UTC)Responder[responder]

Departamentos e outros movementos editar

Boas Vivaelcelta. Veño de pedir no taboleiro dos administradores que desfagan algúns dos movementos que fixeches. O motivo e que o título "simple" ou "principal" debe corresponder co da entrada máis común. Así, por exemplo, non levamos Galicia a "Comunidade Autónoma de Galicia" porque non tería sentido, por máis que haxe unha rexión homónima centroeuropea, senón que creamos Galicia (homónimos). Aplicado aos movementos que fixeches:

  • O uso máis común de "Miguel Ángel Blanco" é o mozo do PP. O actor, como di na súa entrada, é coñecido como "Mighello Blanco", polo que a páxina de homónimos no título ppal non é necesaria.
  • O mesmo co caso de "Somme" (e outros departamentos). O uso máis xeral é o do departamento, xa que dos outros mencionados ou ben son accidentes xeográficos (e teñen por tanto que levar no título o "Río" ou "Canle", ou trátase dun feito histórico co que ninguén vai confundir o departamento.

Non sei se fixeches algún movemento máis, pero che pregaría que tiveras isto en conta. Xa sinto o traballo e a chapa ;) Saúdos! --Norrin (Fálame) 13 de outubro de 2014 ás 15:37 (UTC)Responder[responder]

Galencontro 2014 editar

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)Responder[responder]

RE: Modelo:País editar

Arranxei parcialmente o problema. Agora, se non se especifica a imaxe, aparece o código incompleto na táboa. A ver se consigo solucionalo por completo. (Sinto a tardanza, estou moi ocupado na vida real e non podo dedicar todo o tempo que querería á Galipedia.) --Toliño Fala aquí comigo 23 de outubro de 2014 ás 18:44 (UTC)Responder[responder]

Finalmente, conseguín darlle unha volta ao código (hoxe estaba máis fino ca onte) e agora xa non debería dar problemas. Coido que non é a mellor solución en canto a rendemento, mais é o que funciona ben. Agradécese calquera mellora. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 24 de outubro de 2014 ás 09:21 (UTC)Responder[responder]

Direccións IP de centros educativos editar

Ola Vivaelcelta, quería facerche unha pregunta a ver se me podes axudar. Resulta que na taberna Piquito propuxo tentar reducir o vandalismo dende os centros de ensino, para iso o que se quere facer é mandarlles un correo ás direccións dos colexios con IPs que vandalizaran dicíndolles o artigo, a edición, o día e a hora para que eles fixeran o que lles parecera mellor, pero polo menos que se decaten do que pasa. Pero temos un problema, non sabemos que direccións IP son de centros educativos, por un casual, ti non saberás se hai algún sitio da Xunta onde se poida atopar esa información? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2014 ás 15:37 (UTC)Responder[responder]

Vale, grazas de tódolos xeitos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de outubro de 2014 ás 23:33 (UTC)Responder[responder]

Machi no sei editar

Non cho sei, mais penso que non. Judcosta (conversa) 24 de outubro de 2014 ás 18:50 (UTC)Responder[responder]

Editatón en Vigo editar

Ola!, mira se estás interesado neste evento podes apuntarte na sección de Participantes de esta páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2014 ás 19:28 (UTC)Responder[responder]

@Elisardojm: Grazas polo aviso. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de novembro de 2014 ás 01:45 (UTC)Responder[responder]
De nada :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2014 ás 00:00 (UTC)Responder[responder]

Nova proposta na taberna editar

Fixen unha nova proposta na taberna, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 01:53 (UTC)Responder[responder]

Aviso de wikimaratón en Vigo editar

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC) @@Elisardojm: Grazas, polo aviso. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 23 de febreiro de 2015 ás 21:50 (UTC)Responder[responder]

respostas editar

Ola, Roi;

respecto ao bloqueo do Usuario:Tuputavida, podes botarlle un ollo a Wikipedia:Política de bloqueo#Nomes de usuario;

respecto ao nome da categoría que mencionas, non deixa de ser un erro ortográfico máis (*ca -> coa) que convén mudar; procuro ir mudando calquera erro que veo nos artigos da Wikipedia, pero non entrei en cadanseu artigo logo de corrixir o nome da categoría.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de febreiro de 2015 ás 07:35 (UTC)Responder[responder]

Agradecemento a tua axuda. editar

Grazas --Andurino Netgames (conversa) 28 de febreiro de 2015 ás 10:54 (UTC)Responder[responder]

RE:Idioma interface da Galipedia editar

Si, tes razón, é posible que cambiara algo no software ou algo así. O da protección xa o amañou HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2015 ás 01:55 (UTC)Responder[responder]

Opinión editar

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:12 (UTC)Responder[responder]

Doce aniversario da Galipedia editar

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Nova proposta editar

Boas! Fixen unha nova proposta na taberna, podes vela aquí e opinar. Un saúdo!! Piquito (conversa) 14 de marzo de 2015 ás 22:33 (UTC)Responder[responder]

Adaptación do formato dos números no sistema wiki editar

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña editar

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Hello Dear, please help creation this article in your Language. Thank you very much.

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade editar

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Pronunciación editar

Boas Vivaelcelta, mira un detalle, os ficheiros que estás engadindo de pronunciación tes que poñelos entre parénteses como amañei no artigo Galicia. Cando poidas vai poñendo ben os que engadiches por favor. Moi boa iniciativa :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de abril de 2015 ás 09:49 (UTC)Responder[responder]

@Elisardojm: Vale --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 24 de abril de 2015 ás 15:09 (UTC)Responder[responder]

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras editar

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:45 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

RE:Movemento editar

Xa está. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2015 ás 23:34 (UTC)Responder[responder]

Estouno a revisar, xa che conto algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2015 ás 00:38 (UTC)Responder[responder]
Listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2015 ás 14:49 (UTC)Responder[responder]

Cores gráficas eleccións editar

Boas, veño de ver os cambios que estás facendo nos modelos para axeitar as cores dos partidos en cada concello. Paréceme ben e penso que hai un pouco de descontrol entre modelos. Danse casos en que os mesmos partidos saen con cores diferentes dependendo de cada concello. O ideal sería asignar a cada partido unha cor fixa para aplicar o mesmo criterio en todos lados, e que esa cor sexa o máis parecida posible á "corporativa" do partido. Que che parece?--Breogan2008 (conversa) 26 de maio de 2015 ás 10:06 (UTC)Responder[responder]

@Breogan2008: Paréceme ben, e que hai que saber usar as cores RGB, porque antes creo que non sabían e como o azul (oscuro) está usado polo PP, pois o BNG puxéronlle o amarelo. Pois habería que facelo canto antes, xa que agora se están engadido os datos destas eleccións. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 26 de maio de 2015 ás 10:17 (UTC)Responder[responder]
Trasladei a proposta á Taberna.--Breogan2008 (conversa) 26 de maio de 2015 ás 11:12 (UTC)Responder[responder]

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama editar

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia editar

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para o 2017 editar

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional editar

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro editar

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)Responder[responder]

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia editar

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Segunda malla de artigos da Galipedia editar

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego editar

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)Responder[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proceso de escolla de artigos bos editar