Benvido(a) á Galipedia, Imagens SM!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2013 ás 08:10 (UTC)Responder

Nomes dos lugares editar

Ola Imagens! Na Wikipedia en galego a Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos, aínda que non sexa oficial, indica cando hai que indicar a provincia ou o país nos topónimos (nomes dos lugares), ponse cunha coma. Por exemplo: Passo d'Areia (Santa Maria)Passo d'Areia, Santa Maria. Así que trasladas ti os artigos? Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de abril de 2013 ás 11:06 (UTC)Responder

Si, que para os nomes de lugares NON se pode usar parénteses (Passo d'Areia (Santa Maria)), hai que usar a coma (Passo d'Areia, Santa Maria), como na Wikipedia en inglés. E si, por favor, traslada todos os artigos, se podes, como "Santa Maria (Rio Grande do Sul)" a "Santa Maria, Rio Grande do Sur". Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de abril de 2013 ás 16:07 (UTC)Responder
Ola. Primeiro que eu non son Wikipedia:Administradores, e os administradores son os únicos que poden eliminar páxinas. Para pedir unha eliminación tes que poñer ó principio do artigo, sen modificar nada, o modelo {{lixo|Motivo}}, substituíndo a palabra Motivo polo motivo que sexa. Isto faise así en todas as Wikipedias, e a redirección que funciona en todas é {{delete}}. Cando queiras solicitar algo a un administrador diríxete ó taboleiro dos administradores, e solicítao alí. Cando movas unha páxina, modifica os interwikis en Wikidata, porque na Galipedia, por agora, case non hai bots que o fagan automaticamente. E xa solicitei eu o borrado destas páxinas. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10 de abril de 2013 ás 06:37 (UTC)Responder
De nada. Ó final ás 10:30 (hora galega, UTC+2) un bot cambiou as ligazóns. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 10 de abril de 2013 ás 12:27 (UTC).Responder

Proposta editar

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:05 (UTC)Responder