Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Proposta da política Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións
Período de votación: 17/3/2017 - 16/4/2017
SI: 14 — NON: 0 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: aprobada |
Proposta de aprobación da política Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións, proposta inicialmente por Norrin e que xa tivo un debate e acadou un certo nivel de consenso na súa propia páxina de conversa. A política indica unha serie de directrices e normas a seguir á hora de decidir os títulos para artigos sobre organizacións de varios tipos: partidos políticos, universidades, equipos deportivos etc., co propósito de unificar un criterio ó máximo posible neste ámbito e acadar un maior nivel de homoxenización neste aspecto.
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:07 (UTC)[responder]
- Concordo. --Xas (conversa) 17 de marzo de 2017 ás 19:23 (UTC)[responder]
- Concordo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17 de marzo de 2017 ás 19:43 (UTC)[responder]
- Concordo. Pero hai que corrixir a posición dos pronomes átonos en moitas frases do texto.--Miguelferig (conversa) 17 de marzo de 2017 ás 20:00 (UTC)[responder]
- Concordo. -- JonnyJonny (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 09:22 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 12:57 (UTC)[responder]
- Concordo. --RubenWGA (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 12:59 (UTC)[responder]
- Concordo. --Norrin (Fálame) 18 de marzo de 2017 ás 14:12 (UTC)[responder]
- Concordo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 21 de marzo de 2017 ás 15:50 (UTC)[responder]
- Concordo.--AMPERIO (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 19:48 (UTC)[responder]
- Concordo Servando2 (Dime) 24 de marzo de 2017 ás 11:20 (UTC)[responder]
- Concordo --Vivaelcelta (conversa • contribucións) 25 de marzo de 2017 ás 18:54 (UTC)[responder]
- Concordo, aínda que igual no futuro igual debemos plantexarnos ampliala. Piquito (conversa) 27 de marzo de 2017 ás 19:42 (UTC)[responder]
- Concordo ----Alfonso mande 8 de abril de 2017 ás 05:22 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Neutro. Polo que leo, a efectos prácticos dáselle preferencia á forma diferencial ou á galega. Non estou en desacordo, pero este criterio debería mencionarse explícitamente. ※ Sobreira ►〓 「parlez 」 20 de marzo de 2017 ás 08:45 (UTC)[responder]
Comentarios
editar- Pregunta:. Antes de emitir un voto gustaríame saber que nomes recibirían institucións como a Åbo Akademi, Royal Academy of Music, Royal Opera House, London Symphony Orchestra, Metropolitan Opera House... xa que todas esas institucións son coñecidas polo seu nome en inglés, e en sueco (a primeira delas). Polo que indica a política, pasarían a denominarse Academia Turku (xa que o nome da cidade en galego é o nome finlandés), Academia Real de Música, Orquestra Sinfónica de Londres, Casa da Ópera do Metropolitan... os dous primeiros casos son especialmente estraños, no da universidade sueco-finlandesa o nome oficial é o nome en sueco (nome que recollen a maioría das Wikipedias), no segundo caso, ningún músico galego vaiche dicir que estudou ou que fixo un exame de ingreso na Academia Real de Música, dirá que foi á Royal; no caso da orquestra londinense non vexo tan mal a tradución, aínda que creo que nunca escoitei a ninguén dicir o seu nome traducido; no caso do Met supoño que non se traduce, aínda así o pregunto. A política polo que vin non é moi extensa, non explica moitos casos, e isto pode levar a que no futuro haxa problemas, supoño que ao final haberá que discutir nas conversas ou na taberna moitos casos particulares de institucións amplamente coñecidas polos seus nomes orixinais. Considero que a política debería incluír unha nota na que especificara que as institucións artísticas, científicas e culturais coñecidas amplamente polo seu nome orixinal serán chamadas por ese nome. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de marzo de 2017 ás 23:30 (UTC)[responder]
- Unha aclaración, todas as palabras que inclúen a palabra harmonía tales como filharmonía, filharmónico, filharmónica... teñen h. Dígoo porque no texto fálase da Filarmónica Checa cando debería poñer Filharmónica Checa. Piquito (conversa) 26 de marzo de 2017 ás 23:35 (UTC)[responder]
- Åbo Akademi -> Universidade Åbo Akademi (seguindo as traducións a outras linguas coma Åbo Akademi University ou Universidad Åbo Akademi)
- Royal Academy of Music -> Royal Academy of Music (non adoita traducirse a outras linguas, college)
- Royal Opera House -> Entra nos criterios concretos pero non adoita traducirse a outras linguas. A revisar como caso concreto.
- London Symphony Orchestra -> Orquestra Sinfónica de Londres (criterio xeral de traducir)
- Metropolitan Opera House -> Metropolitan Opera House (empresa privada, "The Met" é marca rexistrada)
☣Banjo tell me 27 de marzo de 2017 ás 07:32 (UTC)[responder]