Alejandro Rodríguez Rodríguez
Alejandro Rodríguez Rodríguez, nado en 1954, é un político galego do PPdeG. Foi alcalde de Oia dende o 2003 ata o 2015.
Alejandro Rodríguez Rodríguez | |
Alejandro Rodríguez Rodríguez á esquerda e José Manuel Domínguez Freitas na XXI Feira do Viño do Rosal | |
2003 – 2015 | |
Precedido por | Álvaro Miniño Rodríguez |
Sucedido por | Rosa María Otero Carballa |
Datos persoais
| |
Nacemento | 1954 Oia |
TraxectoriaEditar
É corretor de seguros. Presentouse ás eleccións municipais de 2003 no concello de Oia encabezando a candidatura do PPdeG en substitución de Álvaro Miniño Rodríguez e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Continuou como alcalde de Oia nas eleccións de 2007 e 2011, sempre con maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta, pero acadando a maioría simple con 4 concelleiros, sendo 6 a maioría absoluta. Pero o PSdeG con 3 concelleiros, Converxencia Galega con 3 e o BNG con 1, votaron conxuntamente para desbancar o PPdeG, convertendo a socialista Rosa María Otero Carballa na primeira alcaldesa de Oia.[1] Meses máis tarde, en outubro de 2015 renuncia á súa acta de concelleiro en Oia motivado pola perda de votos nas eleccións municipais[2].
NotasEditar
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Predecesor: Álvaro Miniño Rodríguez |
Alcalde de Oia 2003 - 2015 |
Sucesor: Rosa María Otero Carballa |