Rosa María Otero
Rosa María Otero Carballa, nada en 1962, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) valor descoñecido |
Alcaldesa de Oia | |
xuño de 2015 – novembro de 2015 (moción de censura) ← Alejandro Rodríguez Rodríguez – Cristina Correa → | |
Actividade | |
Ocupación | política, enfermeira |
Traxectoria
editarATS de profesión. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Oia e foi elixida concelleira, sendo a segunda forza máis votada. Nas eleccións municipais de 2015 presentouse de novo como cabeza de lista do PSdeG-PSOE, resultando ser de novo a segunda forza e perdendo o PPdeG a maioría absoluta, polo que foi elixida alcaldesa ó contar co apoio na investidura de Converxencia Galega e do BNG[1], pasando a gobernar en minoría en solitario cos concelleiros socialistas. En novembro dese mesmo ano foi desaloxada da alcaldía por unha moción de censura impulsada polo PPdeG e Converxencia Galega. En agosto de 2016 renunciou á súa acta como concelleira[2].
Predecesor: Alejandro Rodríguez Rodríguez |
Alcaldesa de Oia 2015 (xuño - novembro) |
Sucesor: Cristina Correa |