Benvido á Galipedia, Pontesiño!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Ola Pontesiño, moi bo traballo o que estás facendo con Ponte. Pero teño que comentarche algunhas cousas: Non podes modificar o Modelo dos lugares de Ponte sen xustificar. O que existía está tirado do Nomenclator Oficial da Xunta de Galicia. Así que para poder cambiar o nome dos lugares ou introducir novos lugares debes xustificalo, aportando fontes que o acrediten. Para calquera dúbida, podes contactar comigo, con outros usuarios ou con calquera dos administradores. Un saúdo. Xas (conversa) 00:09, 28 febreiro 2010 (UTC)

Mais do mesmoEditar

Ola Pontesiño eu fun o que propuxo eliminar a páxina A Regueira, Ponte, Silleda e é que o motivo esta en que dito lugar non aparece ni no nomenclátor ni no INE ainda que eu penso que tes razón e que esiste dito lugar pois no concello no que eu vivo pasa unha cousa parecida cos nomes de lugares mal postos e otros que non veñen pero claro a politica da wikipedia e esta, pois no seu día o usuario Xas xa mo retificou a min tamen con lugares do meu concello e da miña parroquia. Sin mais un saudo e perdoa por volber a poñer o marcador--Alfonso Márquez 01:17, 28 febreiro 2010 (UTC)

Insisto no que che di Xas, o criterio é o do nomenclástor. Volvín reverter as túas edicións. Por favor, fai caso do que che din. Se tes dúbidas, pregunta sen medo (para este caso en concreto a Xas, que é quen máis controla do asunto). Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:03, 28 febreiro 2010 (UTC)

Sobre PonteEditar

Ola Pontesiño, é normal o que che aconteceu co Modelo:Lp Ponte. E tamén ocorre que moitas veces hai erros no Nomenclator Oficial da Xunta, como pode ocorrir co lugar da Regueira: no Nomenclator figura como un lugar da parroquia de Taboada: A Regueira, Taboada, Silleda. Pero isto pódese cambiar (de feito, xa se fixo noutros casos de erros do Nomenclator) sempre que exista algunha fonte na que se poda corroborar a información. Se non é así temos que aternos ao que di o Nomenclator... Estas son as Normas da Galipedia...

Naturalmente podes (e debes) facer referencia a isto (os dez lugares) no propoio artigo Ponte. Por outra banda reitéroche os meus parabéns polo que estás facendo co artigo sobre a parroquia de Ponte. Fas un traballo impecábel...

Para poñer fotos (que estaría moi ben), debes cargalas primeiro na Galipedia. Para iso hai un botón na caixa de ferramentas á dereita: Cargar un ficheiro. Aí están as instrucción de como facelo. Pensa que só se poden cargar na Galipedia aquelas imaxes que non teñan dereitos de autor (copyright). Lembra cubrir todos os campos e sobre todo o último: Licenza (se as fotos on túas pon Obra propia).

Saúdos, e aquí estamos para o que precises. Xas (conversa) 15:52, 28 febreiro 2010 (UTC)

Velaquí a ligazón para cargar ficheiros[1]. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 16:18, 28 febreiro 2010 (UTC)

Jose MourinhoEditar

Ola Pontesiño, movín o artigo que creaches sobre Jose Mourinho a José Mourinho, poñéndolle o til, por ser o nome correcto. Saúdos. --Xas (conversa) 15:07, 9 de agosto de 2010 (UTC)

Moitas grazas, Xas --Pontesiño 15:14, 9 de agosto de 2010 (UTC)
Ola de novo. Lembra responder ás mensaxes na páxina de conversa do usuario que che deixa a mensaxe e non na túa, pois senón o usuario non se entera. Lembra tamén que nos artigos non se pon negriña salvo cando se repite o título do artigo. E tamén que hai que poñer categorías e interwikis. Se tes algunha dúbida, non dubides en preguntar. Saúdos e a seguir creando artigos...--Xas (conversa) 18:51, 9 de agosto de 2010 (UTC)

ConsultasEditar

Ola de novo, Pontesiño. A ver se podo responder ás túas dúbidas:

Imaxes: Na Galipedia e en todas as Wikipedias só se poden empregar imaxes que estean explicitamente no dominio público, é dicir que ou ben as cargas ti mesmo e lle pos Licenza PD-propia ou ben as podes coller de [2]. O que non podes é coller unha imaxe dunha web, porque o máis seguro é que a imaxe teña copyright e polo tanto non pode ser usada na galipedia.A política da Galipedia respecto das imaxes podes vela aquí: [3]. O que si podes poñer é a ligazón á web onde esta a imaxe ao final do artigo como Ligazóns externas.

Negriña: Pode empregarse para resaltar algún termo ou nome, pero non a podes poñer moitas veces. O libro de estilo da Galipedia di: negra con uso opcional, pero sen abusar. O concepto que dá pé ao artigo debe aparecer no primeiro parágrafo en negra. Podes consultalo aquí: [4], serache útil á hora de facer os artigos.

Índice: a Galipedia xérao automaticamente, cando ti vas separando os contidos con == ==

Non sei se souben responderche ben. Ti segue preguntando. Saúdos. --Xas (conversa) 22:26, 9 de agosto de 2010 (UTC)

Orixe descoñecidaEditar

Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Ficheiro:Banda de música de Silleda (1985).jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Ficheiro:Banda de música de Silleda (1985).jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes.

--Xas (conversa) 23:16, 9 de agosto de 2010 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixeEditar

Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 
Image:Igrexa de Ponte.JPG

Ola Pontesiño, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.. HombreDHojalata.conversa 21:24, 10 de agosto de 2010 (UTC)

Imaxe sen licenza e/ou orixeEditar

Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 
Image:Km3Po205.jpg

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.. HombreDHojalata.conversa 21:27, 10 de agosto de 2010 (UTC)

Orixe descoñecidaEditar

Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Banda de música de Silleda (1985).jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Banda de música de Silleda (1985).jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

--. HombreDHojalata.conversa 22:03, 10 de agosto de 2010 (UTC)

Orixe descoñecidaEditar

Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Bandaprado.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Bandaprado.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

--. HombreDHojalata.conversa 22:05, 10 de agosto de 2010 (UTC)

ImaxesEditar

Ola Pontesiño. Cando subas unha imaxe á Galipedia cómpre que poñas unha:

Datos dos ficheirosEditar

Ola Pontesiño, grazas por subires ficheiros á Galipedia.

Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information

|Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se colleu o ficheiro, se o ficheiro é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor do ficheiro.
|Date= Data en que se fixo o ficheiro.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións do mesmo ficheiro (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres chaves.
Garda a páxina

Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).

Graciñas, un saúdo e a seguir.

Ten en conta que poñer, por exemplo, "igrexa de Ponte" é moi descritivo para ti pero para un galego de A Cañiza que vive dende fai corenta anos en Sydney... A cousa cambia se pos "igrexa de Ponte, Silleda" ligando ó artigo de Ponte cos corchetes.

Olla tamén que poñendo Usuario:Pontesiño entre corchetes xa ligas a túa páxina de usuario, non fai falla poñer toda a dirección web.

Por último, se a coñeces, é bo poñerlle unha categoría, por exemplo [[Categoría:Imaxes de Ponte, Silleda]]. Se non a sabes ponlle exactamente: [[Categoría:PendenteCategoría]] e xa lla porá outro usuario ata que ti vaias aprendendo.

Es ti persoalmente o autor de todas e cada unha das fotografías que subiches [5]?

Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 19:42, 24 de agosto de 2010 (UTC)

Nicolas HülkenbergEditar

Ola, Pontesiño. Vin que creaches o artigo Nico Hülkenberg traducíndoo de es:Nicolas Hülkenberg. Lembra que os termos da licencia baixo a que se publican os artigos da Wikipedia obrigan a indicar a orixe cando o seu contido sexa empregado noutros proxectos, mesmo noutras wikipedias. Na Galipedia adoitamos facelo na caixa de resumo da edición, pero se o esqueces sempre podes deixalo indicado na páxina de conversa do propio artigo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:25, 10 de setembro de 2010 (UTC)

Wikiproxecto F1Editar

Boas e benvido! Toda axuda é sempre boa, así que sen medo! Se precisas de axuda ou calquera cousa, xa sabes onde me tes. Un saúdo.-- Fryant 02:05, 11 de setembro de 2010 (UTC)

FormatoEditar

Boas, Pontesiño. Fixen algúns arranxos de formato no artigo do piloto alemán. Bótalles un ollo e así xa aprendes para a próxima. [6] Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:23, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Pontesiño, arranxo isto[7], que así non pode quedar. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 15:00, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Escoller unha licenzaEditar

Pontesiño, nesta imaxe cal é a licenza que queres empregar, {{GFDL-propia}} ou {{PD-propia}}? escolle, ou unha ou a outra--. HombreDHojalata.conversa 20:32, 13 de xullo de 2011 (UTC)

MentirEditar

Ola Pontesiño.

Ninguén de nós nace aprendido e ninguén é perfecto. Todos cometemos erros e eu o primeiro.

O que non pode ser e tentar enganar aos demais. Subiches unha imaxe dicindo que é túa cando realmente é copiada [8]. Comprenderás que accións coma esa poñen baixo sospeita achegas pasadas e futuras e que se segues a facer cousas dese tipo acabarás sendo bloqueado.

Veña, un saúdo, e a seguir, pero con tino. --. HombreDHojalata.conversa 20:06, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

A Wikipedia non é unha fonte primaria. Non cabe, polo tanto, achegar contidos inéditos. Lee, por favor Wikipedia:Verificabilidade--. HombreDHojalata.:conversa 20:48, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)
Ola, Pontesiño. As referencias son imprescindibles para poder manter determinadas afirmacións. Ademais de subscribir o que che comenta HombreDHojalata canto da verificabilidade, quixera apuntar que tampouco non debería ser tan difícil o atopares referencias válida que confirmen o que escribiches, pois ten en conta que non só podes botar man de bibliografía en papel senón tamén de enlaces autorizados en rede. O único que debes ter presente e que as referencias sexan comprobables polo resto de usuarios. Calquera dúbida, aquí nos tes. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:58, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)
Ok. Se cambias de opinión, aquí seguirá o proxecto. Un saúdo e que todo vaia ben, Pontesiño. --Atobar (conversa comigo) 21:08, 29 de xaneiro de 2012 (UTC)

RebenvidaEditar

Ola, Pontesiño. Alédame verte de volta. Canto á túa pregunta, así é como se citan as fontes. Ti vai probando, e se dás con problemas pide axuda. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:05, 22 de marzo de 2012 (UTC)

  • Hai diversas formas. A opción máis correcta e clara sería esta --Atobar (conversa comigo) 19:24, 22 de marzo de 2012 (UTC)
Ola, Pontesiño. Bo traballo. O artigo está moi ben, se acaso -postos a lle pór pexas- adolece de falta de referencias nalgunha afirmación concreto así como dun ton pouco enciclopédico para determinadas partes, poucas (desde tempos inmemoriais...). Xa digo: está moi ben. Segue así, e se tes tempo e ganas, arránxalle eses detalles. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:45, 30 de maio de 2012 (UTC)

coordenadasEditar

Ola, Pontesiño; anímote a que nos artigos que creaches onte (Fortaleza de Cira, A Copa do Castro e Castro de Toiriz) achegues o apartado das coordenadas; sería bastante interesante para que apareza visualizado nos mapas; podes velo, por exemplo, no artigo San Xurxo de Sacos, do cal podes copiar o modelo e ir modificando os datos. Para situalo, podes axudarte do Google Earth ou doutro programa similar. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de decembro de 2012 ás 02:24 (UTC)

Artigo sobre Igrexa de San Martiño de FiestrasEditar

Boas Pontesiño, acabo de ver o artigo Igrexa de San Martiño de Fiestras e tiven que poñerlle a marca de violación de copyright porque é unha copia do contido da páxina que indicaches no resumo de edición, http://www.turismosilleda.es/roma_fiestras.php. Esa páxina ten tódolos dereitos reservados e non se pode copiar na Galipedia, o que se pode facer é incluir a información que contén no artigo da Galipedia, e iso implica redactalo de novo. De non facelo así haberá que borralo, prégoche que se copiaches algún outro artigo desa páxina ou doutras revises as súas licenzas e en caso de que non sexan libres refagas os artigos ou pidas que os borren. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de decembro de 2012 ás 19:40 (UTC)

Se precisas algunha axuda co artigo avísame na miña conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2013 ás 00:13 (UTC)

Artigos de lugaresEditar

Ola, Pontesiño; nalgúns artigos que estás a crear de Vila de Cruces estás poñendo "Vila de Cruce", supoño que por un erro ao copiar e pegar; podes revisalo, porfi?

Outra cousa: sería interesante que completases información sobre os habitantes do lugar (consultando a web do IGE), e que incluíses as coordenadas do mesmo. Podes obter o modelo de coordenadas aquí, e obtelas usando o Google Earth. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de febreiro de 2013 ás 22:06 (UTC)

Ola, Pontesiño; non entendo moi ben o de que non aparecen no Nomenclátor; refíreste a que non aparece nos datos ige ou no nomenclator da Xunta? Se ter refires ao primeiro caso, pode deberse a que están deshabitados, co cal debes incluír esa información no artigo.
Para outra vez, vai facendo os artigos de vagar, un a un, con todos os datos, en vez de facer bosquexos a esgalla. É preferible ter menos artigos pero bos, a moitos pero malos. De nada serve ter 100.000 artigos se son mediocres. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de marzo de 2013 ás 18:19 (UTC)

Sábado e papatoriaEditar

Boas, vas a achegarte a Santiago mañá? Se te achegas e queres vir despois a comer, ¿podes apuntarte na taberna para saber máis ou menos con cánta xente contamos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 14:09 (UTC)

Moi ben, para outra vez será. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2013 ás 22:51 (UTC)

Engadir na páxina de homónimosEditar

Ola Pontesiño. Cando crees un lugar ou unha parroquia, por favor engádeo no páxina de homónimos. Como A Torre, Vilatuxe, Lalín, que non o engadiches en A Torre Saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 4 de abril de 2013 ás 15:11 (UTC)

Bandas de músicaEditar

Boas Pontesiño!!! Vexo que andas a crear artigos das bandas de música galegas, vin que na Banda Popular de Moimenta puxeches a caixa de información de {{Grupo musical}}, non sei se sabes que existe o modelo {{Música clásica}} (o nome engana, en realidade debería ser orquestra ou ensemble), que é máis completo que o dos grupos e podes incluír o enderezo das bandas ou o teatro no que adoitan actuar (para a banda da Coruña pode estar ben, xa que ten programación anual). Bo traballo!!! Piquito (conversa) 17 de abril de 2013 ás 20:32 (UTC)

PropostaEditar

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:33 (UTC)

Gràcies/Thank youEditar

Viquimarató 35 hores a la Fundació Miró (abril 2013)
35-hour edit-a-thon at Miró Foundation (April 2013)

Hola, gràcies a la teva firma donant suport a la nostra associació. El passat dia 5 de juny Amical Wikimedia (Associació Amical Viquipèdia) va ser reconeguda pel Consell d'Administració de la Fundació Wikimedia com a Organització Temàtica. Pots veure el comunicat de l'associació en català aquí o el comunicat de la WMF en anglès aquí. Per a la nostra associació és una fita molt important, portàvem 5 anys demanant ésser un organisme oficial. Nosaltres continuarem la nostra tasca de promoció al carrer i a les institucions de la Viquipèdia i els seus projectes germans arreu dels territoris de parla catalana.

Hello, thanks for your signature giving support to our association. Last 5th of June Amical Wikimedia (Associació Amical Viquipèdia) was recognised by the Wikimedia Foundation Board of Trustees as a Thematic Organization. You can read the news bulletin of our association in Catalan here or the WMF's bulletin in English here. For our association, this is a very important achievement: we have been pursuing the official recognition for the last 5 years. We are going to continue the task of promoting Wikipedia and its sister projects all around the Catalan-speaking regions.

Moltes gràcies, Thank you --Davidpar (conversa) 15 de xullo de 2013 ás 11:23 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra WikipediaEditar

Ola Pontesiño.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --JaviP96 1 de outubro de 2013 ás 20:09 (UTC)

InterwikisEditar

Ola Pontesiño.

Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata.

Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.

Premes na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento do Wikidata que contén os interwikis.
 
Logo, premes no botón "engadir".
 
No campo "sitio", pos o código da Wikipedia, neste caso gl; e en "artigo" introduces o título do artigo.
 
Para finalizar, premes en "gardar".

Un saúdo e a seguir! --JaviP96 1 de outubro de 2013 ás 20:09 (UTC)

De nada, bótalle tamén un ollo a WP:LE, para adaptar os artigos ao formato utilizado na Galipedia, xa este que non é igual aos doutras wikis. Saúdos. --JaviP96 1 de outubro de 2013 ás 20:34 (UTC)

Proposta de categorizaciónEditar

Boas Pontesiño! Fixen unha proposta na taberna para organizar as categorías sobre entidades de poboación. Se queres podes opinar. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 15:43 (UTC)

Re:Erros nos nomes de imaxesEditar

Ola, Pontesiño. Tes razón ao respecto dos nomes das imaxes de Abades, Silleda. A verdade eu púxenllos fixándome no encabezamento do artigo, que como ben dis ti, era incorrecto. Xa procedo a corrixilas. Grazas. Un saúdos. --Xas (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 20:46 (UTC)

OpiniónEditar

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)

Aviso de wikimaratón en VigoEditar

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)

Galencontro en PontevedraEditar

Boas, estamos organizando un galencontro en Pontevedra para o día 27 deste mes, por se che interesa tes máis información en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Galencontro_en_Pontevedra. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2015 ás 13:24 (UTC)

WikiEncontro Porto, PortugalEditar

Bos días excelentísimo usuario Pontesiño. No día 7/14 de agosto de 2016 na cidade do Porto (Portugal) vai haber unha reunión de Wikipedistas e queriache convidar e saber se gústariache participar; se coñeces outros colaboradores da Galipedia tamén son benvid@s! Se estiveres interesado dín na miña conversa na Wikipedia en Portugués. Se estiveres interesado manifesta a túa opinión aqui. Grazas pola súa atención, Defensor da Língua   (Fala!) 26 de xullo de 2016 ás 08:54 (UTC)