Banda Popular de Moimenta
A Banda de música Popular de Moimenta é unha agrupación musical con sede na parroquia de Moimenta, no concello pontevedrés de Lalín.
Anos de actividade | 1875-actualmente |
---|---|
Enderezo | Moimenta, Lalín |
Fundador | José Vilariño |
Estado | activa |
Sitio web | http://bandademuimenta.vifito.eu/ |
Historía
editarFundada no ano 1875, é a única banda do século XIX en activo no concello de Lalín, trala desaparición doutras como Filgueira, Goiás ou Sanxurdo, tamén fundadas nese século. É considerada como a nai da de Goiás, chegando a fusionarse con esta última ante a escaseza de membros da mesma. O seu fundador e primeiro director foi José Vilariño, ao que sucedeu o seu fillo, co mesmo nome. Outros directores da agrupación foron Eliseo Pedreira Fernández, que compuxo o Himno de Moimenta, desde 1946 ata 1972 e Secundino Pedreira Padro, que xa dirixira entre outras a veciña de Bermés, ao que seguirían Anatole Pallás Fuertes e Manuel Gato Soengas. Os máis recentes foron Cándido Alvarado, José Luis Represas Carrera e José Bugallo Senra, que no 2011 foi substituído polo actual director, o lalinense Alberto Iglesias.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alvarellos Iglesias, Enrique (1986). Bandas de música de Galicia. Lugo: Alvarellos.
Ligazóns externas
editar- Web da Banda de MoimentaArquivado 23 de abril de 2013 en Wayback Machine.
- Unha terra de bandas (II), Faro de Vigo.