Wikipedia:Segunda malla de artigos da Galipedia
Esta é a segunda malla de artigos da Galipedia, e que despois do éxito que tivemos na primeira edición, temos que volver a repetir porque o traballo non baixa! :)
A malla
editarA malla é un antigo traballo agrícola que en moitos casos, e mentres non houbo maquinaria para realizala, se facía en comunidade xa que era un labor moi pesado, e que era moito máis sinxelo de facer coa colaboración dos veciños e familiares. Na Galipedia tamén temos moita palla que separar do gran, pero é un traballo pesado e pouco agradecido, mais que se o facemos entre moitos pode facerse de forma máis rápida e menos laboriosa.
A idea
editarComo na edición pasada non rematamos a tarefa, temos que seguir choiando nela. E cal era esta tarefa? Que pouca memoria tes, eh? Pois moi sinxelo, temos que acabar cos artigos da Categoría:Wikipedia:Atención para que eles non acaben con nós.
Por que é bo para o proxecto facer isto? Porque isto é unha enciclopedia e a xente espera que a calidade dos seus contidos sexa excepcional, pero se deixamos que os artigos con problemas se poñan a medrar sen control podemos chegar a unha situación na que os usuarios atopen máis artigos con erros que artigos de calidade, e iso non é unha enciclopedia nin é nada.
Entón temos que poñernos co coio, os que estean interesados nesta tarefa terán como obxectivo amañar os artigos desa categoría durante unha semana, deixando un pouco aparcadas as súas tarefas individuais para así facer unha tarefa colectiva (valga a redundancia neste proxecto colectivo :).
Non fai falta adicarse a isto todos os días da semana, pero está claro que canto máis traballo adiquemos mellor quedará a cousa.
Tamén podemos aproveitar esta actividade para dar a coñecer un pouco máis o proxecto, ó facer unha cousa nova, diferente, é posible que algunha xente se anime a comezar a participar e ó mellor algún queda enganchado. Teremos que facer tamén unha labor de difusión nos medios de comunicación e nas redes sociais. Será como cando na malla tocaban o corno para que a xente se achegara á eira!
O mes pasado houbo 270 editores activos na Galipedia, se redondeamos a 100, só con que cada un deles amañe 3'52 artigos esta semana xa deixamos a categoría baleira!! :) |
O traballo
editarNa categoría Atención hai artigos con diferentes problemas: algúns son relevantes pero demasiado curtos, outros pode que non sexan relevantes e habería que borralos, outros teñen problemas de estrutura e redacción... hai un pouco de todo. Os máis urxentes serían os de Categoría:Atención desde maio de 2007 e seguintes que son os máis antigos. En total son 352 artigos os que hai que amañar, 28 menos dos que había na anterior malla así que algo mellorou a cousa. Como nota para navegantes dicirvos que nesa edición a categoría quedou nuns míseros 270 artigos, este ano teñen que quedar menos de 250!!, sentiende? :)
Nesas categorías hai artigos para tódolos niveis: os novatos poden adicarse a ampliar os artigos que son curtos de máis, dende as súas propias fontes ou traducindo os artigos das outras wikipedias. Outra tarefa sinxela sería facer a revisión ortográfica, problema que teñen algúns destes artigos, tarefa que pode simplificarse con distintas ferramentas. Tamén é unha tarefa sinxela revisar as traducións ou posibles autotraducións que tamén están nesta categoría. Os usuarios máis avanzados poden adicarse a dar o formato ós artigos que carecen del e das outras tarefas máis complicadas. O que hai que facer é ir buscando nos artigos da categoría os que teñen o nivel que se axeita ás nosas capacidades.
Hai unha categoría con tódolos artigos con estes problemas >>aquí<<, por se queredes rebuscar entre todos os que hai.
Cando
editarEsta Segunda malla de artigos da Galipedia terá lugar entre o luns 19 de outubro e o domingo 25, ámbolos dous incluídos, segundo esta votación.
Organización!
editarAínda que os artigos son bastantes sempre podería darse o caso de que varios usuarios se puxesen a editar o mesmo artigo ó mesmo tempo. Para evitar isto a solución é sinxela: cando un usuario decida meterlle o dente a un dos artigos o primeiro que debe facer é poñerlle o modelo Modelo:Enuso e gravar. Dende ese momento o resto da xente saberá que ese artigo está collido por outro compañeiro e que ten que poñerse con outro distinto. Hai que traballar, pero facer dúas veces o mesmo non, grazas! :)
Tamén é moi recomendable que os usuarios máis avanzados concentren o seu traballo en amañar os artigos máis complexos e longos, así deixaremos o traballo máis sinxelo para os usuarios máis novos.
Evolución do número de artigos na categoría Atención
editarQuen
editarTodo o que estea interesado nesta actividade pode participar, cantos máis mellor! Tampouco hai necesidade de apuntarse en ningún sitio, o que fai falta é xente que choie! :), pero os que queiran poden apuntarse nesta lista, por se fose necesario coordinar algunha parte do traballo ou outras cousas.
- Eu apúntome á malla. Elisardojm (conversa) 16 de setembro de 2015 ás 13:14 (UTC)
- Conta comigo. Breogan2008 (conversa) 21 de setembro de 2015 ás 10:47 (UTC)
- Haberá que ir, logo Servando2 (Dime) 21 de setembro de 2015 ás 10:13 (UTC)
- Que wai, que ben me convenciches. Se a variable t mo permite, aí estarei. --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de outubro de 2015 ás 06:19 (UTC)
- Veña Xabi que son só 4 artigos para amañar e terás toda a semana... :), iso ou convences a catro persoas para que amañen un artigo cada unha... ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de outubro de 2015 ás 00:34 (UTC)
- Botaréin unha mau no que poda Viascos (conversa)
- A ver se podo axuda cun ou dous.Tommyhilfiger (conversa) 20 de outubro de 2015 ás 09:18 (UTC)
- Espero ter axudado algo e, sobre todo, algo ben ;)Castelao (conversa) 24 de outubro de 2015 ás 16:34 (UTC)
Os resultados
editarMáis de 130 artigos amañados nunha semana!, isto ten que ser un récord Guinnes! Un gran traballo feito entre todos, parabéns polo traballo!!
A categoría quedou con 206 artigos con atención, e por iso temos que seguir traballando ata que eses artigos con problemas queden amañados, cando estes aburridos botádelle un ollo a ver o que hai por alí :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2015 ás 00:36 (UTC)