Celso Álvarez Cáccamo
Celso Álvarez Cáccamo, nado en Vigo o 15 de decembro de 1958, é un escritor e sociolingüista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1958 (65 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, sociolingüista |
Familia | |
Pai | Xosé María Álvarez Blázquez |
Irmáns | Xosé María Álvarez Cáccamo Berta Álvarez Cáccamo Alfonso Álvarez Cáccamo |
Sitio web | blogue.celsoalvarezcaccamo.org |
Traxectoria
editarFillo de Xosé María Álvarez Blázquez e irmán de Xosé María, Alfonso, e Berta Álvarez Cáccamo, entre 1975 e 1990 estudou e viviu en Compostela, Barcelona, Buffalo (EUA) e Berkeley (EUA).
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Central de Barcelona. Doutor en Filoloxía Hispánica, a súa tese de doutoramento: The Institutionalization of Galician: Linguistic Practices, Power, and Ideology in Public Discourse foi presentada na UC Berkeley. É mestrado en Lingua e Literatura Españolas pola State University of New York en Buffalo. Actualmente é profesor de Lingüística xeral na Universidade da Coruña.
É autor de múltiples artigos académicos relacionados coa sociolingüística. Xestiona a páxina Versão Original e a revista çopyright de pensamento crítica e intervención. Tamén foi colaborador de Vieiros.
Obra
editarPoesía
editar- Os distantes (1995), Espiral Maior.
- Os passos da procura (2018, Através).
Obras colectivas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.