Emilio Álvarez Blázquez

escritor e editor galego

Emilio Álvarez Blázquez, nado en Tui o 16 de abril de 1919 e finado en Vigo o 22 de decembro de 1988, foi un escritor e editor galego.

Emilio Álvarez Blázquez
Nacemento16 de abril de 1919
Lugar de nacementoTui
Falecemento22 de decembro de 1988
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e editor
PaiDarío Álvarez Limeses
NaiMaría Blázquez Ballester
IrmánsXosé María Álvarez Blázquez, Darío Álvarez Blázquez e Álvaro Álvarez Blázquez
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Familia Álvarez Blázquez. De esq. a der.: Celso, o pai Darío Álvarez Limeses, Darío, a nai María, Álvaro, Alfonso, Emilio e Xosé María de pé.[1]

Fillo de Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester, irmán de Darío e Xosé María Álvarez Blázquez. Comezou o bacharelato por libre no Instituto de Pontevedra no curso 1931-32, rematando en Tui no verán de 1936. Durante a guerra civil española a súa familia foi represaliada. O 21 de abril de 1941 trasládase coa súa nai e irmáns a Vigo, e inicia por libre a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. En 1944 comeza a dar clases de letras no Colexio Mezquita. En 1947 empeza a traballar nos escritorios do consulado do Uruguai, e ao pouco tempo pasa a ser Chanceler. En 1960 pasou a traballar como administrativo no Colexio de Farmacéuticos.

Foi cofundador xunto cos seus irmáns Álvaro e Xosé María de Edicións Castrelos, e participou así mesmo da fundación de Galaxia, creando a colección "Salnés". Nesa época frecuenta o café Derby canda a Valentín Paz-Andrade, Xaime Isla Couto, Francisco Fernández del Riego, Plácido Castro, Urbano Lugrís ou Laxeiro.

O 4 de xaneiro de 1964 casou en Vigo con Josefina Pazos Vilas, mestra, coa que tivo dous fillos: Emilio e Cristina. En 1974 deixou as conferencias e recitais por mor dun cancro de larinxe. Finou por mor dun cancro de fígado.

Obra editar

 
Sinatura de Emilio Álvarez Blázquez nunha acción de Editorial Galaxia, empresa da que foi secretario.

Os seus primeiros textos literarios coñecidos foron publicados en 1935 en Tude, revista do instituto de Tui que dirixía o profesor Xesús Ferro Couselo. Canda ao seu irmán Xosé María escribiu dúas obras: El libro del por qué (1946) e a peza teatral Los pazos altivos, estreada en Xixón en 1947. En 1947 estreouse no Teatro García Barbón de Vigo El zapato de cristal, poema dramático en tres actos e prólogo, con escenografía de Pucho Boedo.

Tamén de 1947 é Poemas de ti e de min, con dezasete poemas breves de Emilio, un volume editorial compartido con Xosé María, con dúas cubertas independentes. Foi o primeiro libro en galego da Colección Benito Soto, editada en Pontevedra. O libro, terceiro tomo da colección, foi publicado como volume III e IV.

En 1957 foi nomeado académico correspondente pola Real Academia Galega. Na década de 1960 colaborou en Faro de Vigo. En 1962 pronunciou a conferencia «Viaxe en torno á cantiga popular galega» no Centro Galego de Montevideo, presentado por Lois Tobío Fernández. En 1964 gañou o Premio de Poesía Galega de Buenos Aires cun poemario que nunca se publicou e sobre o que non existen noticias precisas. O 15 de maio de 1966 participou en Ourense na homenaxe a Celso Emilio Ferreiro antes da súa marcha a Venezuela.

Obras editar

Poesía editar

Obras colectivas editar

  • Poemas de ti e de min, 1949, con Xosé María Álvarez Blázquez.
  • El libro del por qué, 1945, con Xosé María Álvarez Blázquez.
  • Los pazos altivos, 1947. Poema dramático en tres actos e prólogo. Con Xosé María Álvarez Blázquez.
  • El zapato de cristal, Conto escénico en tres actos.

Notas editar

  1. "Real Academia Galega. Boletín n.º 369, 2008, p. 220" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 08 de maio de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar