Pucho Boedo
José Boedo Núñez, coñecido como Pucho Boedo, nado na Coruña o 4 de xaneiro de 1929 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 1986, foi un cantante e compositor galego, considerado un mito da canción galega.
Pucho Boedo | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José Boedo Núñez |
Alias | Pucho Boedo |
Data nacemento | 4 de xaneiro de 1929 |
Nado en | A Silva |
Falecemento | 26 de xaneiro de 1986 |
A Coruña | |
Soterrado | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Irmáns | José Antonio Boedo Núñez |
Ocupación | Cantante |
Xénero | Folk, pop |
Instrumento(s) | Voz |
Selo(s) discográfico(s) | Bel-Air (1962)[1] Zafiro (1964) Marfer (1974) Ruada (1984)[2] |
Relacionado con | Los Trovadores Los Satélites Los Tamara |
Tempo en activo | 1948–1985 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Naceu na aldea da Silva en 1929,[1] fillo de José Boedo, membro da CNT asasinado en 1936. Un ano despois, o seu irmán José Antonio foi tamén fusilado. Outro irmán, Manuel, con só dezaseis anos, conseguiu fuxir. Anos despois, lograrían reencontrarse.
A finais da década de 1940 comezou a cantar Radio Juventud no Kiosco Alfonso. Gañou un concurso e foi fichado pola orquestra Los Trovadores de Alfonso Saavedra. Fíxose profesional primeiro con este grupo e despois con Los Satélites. Con eles viaxou a Venezuela, a primeira orquestra galega que cruzaba o Atlántico. Los Satélites trouxeron de América aos campos da festa a música tropical, vinte anos antes de que en Nova York se inventase a palabra salsa. Pucho, porén, ficou en Venezuela.
Popularidade editar
Pucho volveu para xuntarse de novo con Los Trovadores, quen tocaban en Madrid no inverno. Con eles gravou os primeiros discos. Fíxose popular a partir da súa incorporación a Los Tamara en 1959, chamado por Prudencio Romo. Cantou boleros, rancheiras, xotas, tangos, canción italiana e merengues. Actuou no Teatro Olympia de París, no que compartiu cartaz con Charles Aznavour e Jacques Brel. En Suíza, entre as comunidades de emigrantes, a súa voz protagonizou o renacemento da canción en galego, unha lingua prohibida polo franquismo.[3]
Musicou versos de Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro. Deixou Los Tamara en 1976 por problemas de saúde e non volvería cantar até 1982, cando comezou a súa carreira en solitario.
Morte editar
Faleceu na noite do 26 de xaneiro de 1986 na súa casa da Coruña, por mor dun fallo cardíaco.[4] Está enterrado no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.[5]
Discografía editar
Con Los Tamara editar
- Na fermosa Galicia (1970)
- De Santiago vengo... al mundo voy (1972)
- Miña Galicia verde (1974)
- Los Tamara (1976)
En solitario editar
- Volvendo con Os Tamara (1982)
Filmografía relacionada editar
Paco Lodeiro produciu un documental, conxuntamente con Xurxo Souto, Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo[6] e un disco sobre a súa figura, Sempre Pucho[7].
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 "Veinticinco aniversario de la muerte de Pucho Boedo. elcorreogallego.es". Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013.
- ↑ Pucho Boedo El crooner infinito. lafonoteca
- ↑ Un crooner na fin do mundo
- ↑ "José 'Pucho' Boedo, cantante y compositor". El País (en castelán). 28 de xaneiro de 1986.
- ↑ Na tumba número 885: Ventureira, Rubén, ed. (2012). O cemiterio de Santo Amaro (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 12 de outubro de 2015.
- ↑ Ficha en Culturagalega.org
- ↑ Ficha do CD