Charles Aznavour
Shahnourh Varinag Aznavourian, coñecido como Charles Aznavour, nado en París o 22 de maio de 1924 e finado[1] en Mouriès o 1 de outubro de 2018, foi un cantante, compositor e actor francés de orixe armenia, considerado en todo o mundo como “o embaixador da canción francesa”. Trátase dun dos cantantes franceses máis populares e de carreira máis extensa, e o máis coñecido internacionalmente; vendeu máis de 100 millóns de discos.[2]
Charles Aznavour | |
---|---|
Nome completo | Շահնուր Վաղինակ Ազնավուրյան |
Nacemento | 22 de maio de 1924 |
Lugar de nacemento | 6.º arrondissement de Paris |
Falecemento | 1 de outubro de 2018 |
Lugar de falecemento | Mouriès |
Causa | edema pulmonar |
Soterrado | cemetery of Montfort-l'Amaury |
Nacionalidade | Francia e Armenia |
Etnia | pobo armenio |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | cantautor, guionista, actor de cinema, letrista, compositor, poeta, actor, diplomático, escritor, artista discográfico, director de cinema, chansonnier e cantante |
Pai | Misha Aznavourian |
Cónxuxe | Micheline Rugel, Evelyne Plessis e Ulla Thorsell |
Fillos | Seda Aznavour, Misha Aznavour e Katia Aznavour |
Irmáns | Seda Aznavour |
Premios | comendador da Lexión de Honor, Oficial da Ordem do Canadá, Officer of the National Order of Quebec, National Hero of Armenia, honorary citizen of Yerevan, star on Hollywood Walk of Fame, Officer of the Order of Leopold, Commander of the Order of the Crown, Coraza do Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia pola súa contribución á cooperación internacional, Songwriters Hall of Fame, The Order of the Rising Sun, Gold Rays with Rosette, César Honorário, Commander of the National Order of Merit, doutor honoris causa pola Universidade de Montreal, Comendador das Artes e as Letras, Raoul Wallenberg Award, officier de l'ordre national du Mérite, Cabaleiro da Lexión de Honra, Oficial da Lexión de Honra, Victoires de la Musique – Male artist of the year, Bernard Lecache Prize, cabaleiro da orde das Artes e as Letras, Ordem Nacional do Mérito (França), Ordre des Arts et des Lettres, Ordem do Canadá, National Order of Quebec, Ordem do Sol Nascente, Ordem de Leopoldo, Ordem da Coroa (Bélgica), Order of St. Mesrop Mashtots e Queen Elizabeth II Diamond Jubilee Medal |
Na rede | |
https://aznavourfoundation.org/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Debutou na canción xunto á súa irmá Aida, ao mesmo tempo que no teatro, onde interpretou desde os 11 anos diferentes papeis infantís.
O seu encontro en 1941 con Pierre Roche foi decisivo para el: os dous homes escribiron xuntos cancións e interpretáronas a dúo. J'ai bu, cantada por Georges Ulmer, gañou en 1947 o Grand Prix. O dúo actuaba entón na primeira parte dos concertos de Édith Piaf, ata que Roche marchou ao Quebec. Aznavour escribiu cancións para estrelas como a Piaf (Jézébel), Juliette Gréco (Je hais les dimanches), Eddie Constantine (Et bâiller, et dormir), pero ao principio da súa carreira tivo moitas dificultades para triunfar. Máis tarde, soubo explotar este período da súa vida nunha canción que recolle o estado de ánimo dun fracasado no mundo da canción: Je m'voyais déjà.
O seu primeiro triunfo data de 1953, cando actuou no teatro Olympia: Sur ma vie converteuse no seu primeiro grande éxito. Cancións como Viens pleurer au creux de mon épaule, Tu t'laisses aller, La mamma, Comme ils disent, son cada unha delas un pequeno bosquexo da vida cotiá, un fragmento de vida.
Moi pronto conquistou o público estadounidense e, máis tarde, percorreu o mundo coa súa música. Paralelamente mantivo unha carreira cinematográfica, demasiado discreta para o seu gusto[Cómpre referencia], revelándose como un actor de talento en Tirez sur le pianiste (Disparen sobre o pianista) (1960) de François Truffaut, Un taxi pour Tobrouk (Un taxi por Tobruk) (1961) de Denys de La Patellière, Dix Petits Negres (Dez negriños) (1974) de Peter Collinson e en Die Blechtrommel (O tambor de folladelata) (1979) de Volker Schlöndorff.
En 2009 unha das súas cancións (For me, formidable) soaba na banda sonora da película Seven Pounds protagonizada por Will Smith. Tamén neste ano, Aznavour publicou un álbum dobre, Dúos, onde canta con estrelas de varias xeracións como Liza Minnelli, Elton John e Laura Pausini. Grazas ao uso de novas tecnoloxías, Aznavour puido gravar un dueto coa defunta Édith Piaf, con quen actuou en moitas ocasións pero sen chegar a rexistrar as ditas actuacións.
Notas editar
- ↑ Morre Charles Aznavour, xigante da chanson, aos 94 anos Arquivado 01 de outubro de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 1 de outubro de 2018.
- ↑ bbc.co.uk
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Sitio oficial Arquivado 29 de maio de 2010 en Wayback Machine. (en francés)