Conversa usuario:HombreDHojalata/Arquivo 17

Último comentario: Breogan2008 hai 5 anos no fío "Durante la tormenta"
Este é un arquivo da Conversa usuario:HombreDHojalata

Nesta páxina atópanse os fíos tratados na Conversa usuario: HombreDHojalata que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:HombreDHojalata.

Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18

Poñemos esta mensaxe nos dous perfís, por se acaso. Aquí, wikiaprendendo, e wikidubidando, sobre as correccións a Inés Pérez de Ceta --Elisardojm, na sección "Traxectoria", suprimes esta cita: "Cumprido un ano da creación do beaterio, primeiro instalado nunhas casas humildes do Areal, solicítalle ao nuncio licenza para que a casa profesase baixo a Regra da Terceira Orde de San Francisco. Ao ser concedida chega á comunidade Dna. María de Melide, monxa de Santa Clara en Pontevedra, que fixo as veces de superiora. Nun primeiro momento dependeron do bispado de Santiago e logo pasou a depender de Tui.[1]" Agora ben, (1) a cita aporta información exacta sobre a fundación da comunidade; (2) coa súa supresión resulta inintelixíbel o parágrafo resultante, pois non se entende a referencia á rápida constitución e aparece repetido o nome da biografiada de maneira innecesaria. Xohanatorres somos partidarixs de manter a edición con cita. Poderías resolver? --HombreDHojalata, engades, e con razón, unha variación no nome, "Pérez de Zeta", que, segundo a nosa pescuda está documentada no s. XVII (vid. España Sagrada. Theatro geográfico-histórico de la Iglesia de España, t. XXIII, 1767); non sabemos se antes. Agora ben, revisamos a bibliografía á nosa man e comprobamos que o nome no documento de constitución do beaterio, de 1553, aparece como "Pérez de Çeta", con cedilla (vid., desde Bibliografía do artigo, Otero Piñeiro, que estudia e transcribe fragmentos desa constitución, p.e., nas páxinas 218-219. En documentos notariais de Baiona -de onde procede a familia- e escritos en galego, aparece como nome de rúa: no de 1274 documéntase unha "rúa Ceta" e noutro, de 1319, aparece "rua Çeta" (vid. reproducción en Xulián Maure, https://issuu.com/pontederosas/docs/documentos_baiona_xiii_e_xiv). Cremos que se debería consignar, xa que iso explica de seu a evolución cara ao antropónimo moderno "Ceta", que é a forma regularizada nas fontes dos s. XX e XXI. Xohanatorres non sabemos de paleografía e nin como wikiconsignar esta variante Çeta, máis antiga que Zeta, no nome de Inés Pérez de- con wikicriterios. Alén diso, os datos anteriores ofrécennos dúbidas sobre como debería ser denominada a familia: "Casa de Ceta" ou "Casa de Çeta"? Descoñecemos cal é a denominación máis adecuada segundo os wikicriterios; desde logo a actual é "Casa de Ceta".

Saúdos.--Xohanatorres (conversa)

Referencias

  1. PARES, [s.d.].
Ola Xohanatorres: Fixen un retoque e redirección para incluír a forma con "Ç" e engadín a bibliografía.
Para outra, é mellor que escribas na conversa do propio artigo, para non dispersar partes do diálogo por varias páxinas de varios usuarios y para futuras referencias. Por exemplo: dentro de cinco anos seguirá sendo doado para calquera seguir (e participar) o fío do tema na páxina do artigo e complicado seguilo nas páxinas varias de varios usuarios.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 5 de setembro de 2018 ás 20:30 (UTC)Responder

Recordatorio de revisión dos estatutos da asociación

editar

Boas, na taberna hai un recordatorio para a revisión dos estatutos da futura asociación de promoción da Galipedia e do día da asemblea constituínte que será o vindeiro día 22, sábado, en Santiago. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 8 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de aviso na cabeceira sobre a votación da proposta de directiva sobre dereitos de autor no Parlamento Europeo

editar

Boas, na taberna hai unha proposta para poñer un aviso os días 11 e 12 de setembro en tódalas páxinas da Galipedia, para pedir a mobilización de todo o mundo para pedir ós parlamentarios da UE que protexan o Dominio Público na próxima reforma das leis europeas de dereitos de autor. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 10 de setembro de 2018 ás 00:27 (UTC)Responder

Fernanda Tabarés

editar

Ola. Eliminaches a Categoría:Premios Mestre Mateo, acaso non hai tal Categoría? --XoioÉche o que hai 12 de setembro de 2018 ás 19:58 (UTC)Responder

Haina, pero, como podes ver, o seu contido son as convocatorias, non os premiados. --. HombreDHojalata.conversa 12 de setembro de 2018 ás 20:01 (UTC)Responder

Continuamos organizando a asociación de apoio á Galipedia

editar

Boas, na taberna xa está indicado o lugar e a hora para revisar e rematar os estatutos da futura asociación de apoio á Galipedia. A reunión será no Centro Sociocultural As Fontiñas de Santiago de Compostela, este sábado día 22 a partir das 11:00. Hai máis detalles no comentario da taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 20 de setembro de 2018 ás 22:39 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Fotografias Biblioteca nacional de España

editar

Boas @HombreDHojalata, polo que eu entendin aí -> http://www.bne.es/es/NavegacionRecursiva/Pie/avisoLegal/ as fotografias que subín do estatudo do 36 están baixo a licenza: (CC BY-SA 4.0). Non é asi? Saudos Cossue (conversa) 21 de setembro de 2018 ás 22:25 (UTC)Responder

Segundo isto https://es.wikipedia.org/wiki/Propiedad_intelectual#La_mera_fotograf%C3%ADa son 25 anos após a realización da fotografía. One2 (conversa) 21 de setembro de 2018 ás 22:59 (UTC)Responder
Ola Cossue.
Non. As fotografías que subiches non están baixo CC BY-SA 4.0. Iso non é o que di [2]
O que di a BNE nesa páxina e:
  1. Esta autorización no es aplicable a obras que no estén en dominio público, y cuyos derechos de explotación sigan bajo protección de la ley sobre propiedad intelectual.
  2. ...las imágenes en dominio público que se encuentren en el dominio bne.es están bajo una licencia de Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional de Creative Commons.
Lembra que as licencias para uso non comercial non son compatibles co noso proxecto. Os contidos que achegamos teñen que poder ser válidos para calquera uso, mesmo obras derivadas e o uso comercial.
Inda así, o que di a BNE é absurdo. Se unha obra está en dominio público, está en dominio público, e calquera pode facer o que lle pete con ela. A BNE non é ninguén para impoñer unha CC BY-NC 4.0.
Se esas obras estivesen en dominio público a licencia correcta sería {{PD-...}}, pero é que non o están:
As obras dos fotógrafos Luís Casado (1887-1972), Juan Cancelo (1892-1988)... non están no dominio público. Pasarán a dominio público 80 anos despois dos seus pasamentos. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2018 ás 11:30 (UTC)Responder
Ola Usuario:One2.
Efectivamente. Pero quen di que estas son "meras fotografías"? Ti? Eu?
Ese é o quid da cuestión
Pra min non o son.
En España hai que agardar 80 anos após o pasamento dos autores para que calquera obra pase a dominio público.
Polo tanto, e aplicando o principio de precaución, as imaxes deberían borrarse. --. HombreDHojalata.conversa 22 de setembro de 2018 ás 11:30 (UTC)Responder

Suxestións de uso de linguaxe inclusiva na Galipedia

editar

Boas, na taberna están a comezar os debates sobre unhas propostas para mellorar a linguaxe inclusiva na Galipeida, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de setembro de 2018 ás 00:00 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

cemiterio de San Francisco

editar

Ola, HdH! Moitas grazas pola colaboración á hora de preparar a WM-Nós. Sería fantástico se te animases a vir o día 20 a Ourense.

Vexo que puxeches en varios modelos Biografía "soterrado = Cemiterio de San Francisco". Se cadra érache mellor facer o ítem en WikiData e indicar alí o lugar de enterro (P119). Estiven o mércores alí tomando fotos de nichos e lápidas, pero hei volver esta semana cando faga peor tempo (con moito sol, as fotos saen mal). Tamén teño pendente, por certo, facer varrido fotográfico no cemiterio de Vigo.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de outubro de 2018 ás 21:29 (UTC)Responder

Grazas a ti pola iniciativa. Teño cargas familiares que non me animan a desprazarme.
Certamente a solución de Wikidata é mellor, mañá me poño a iso.
En Pereiró tíralle ao monumento grande que hai a Concepción Arenal (mesmiño na entrada), que de cando estiven tirando eu, inexplicablemente, non conservo foto ningunha. --. HombreDHojalata.conversa 7 de outubro de 2018 ás 21:42 (UTC)Responder

Modiificación en texto de portada

editar

Boas, hoxe comeza unha votación para decidir se cambiar ou non un pequeno texto da portada. Anímase a participar a tódalas persoas usuarias que poidan votar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 00:18 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Pedro Ignacio Wolcan Olano

editar

Hola, querido HombreDHojalata, como estàs? Yo bien!

He abierto esta pagina, en la Galipedia, y te pido por favor 4 minutos de tu tiempo por un contextito rapido.

Muchas gracias por todo, y si quieres te contexto en Italiano y Francès. Hasta luego

Rei Momo (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 08:04 (UTC)Responder

Cine > Cinema

editar

Xa desfixen os cambios. Perdoa pola confusión e polas molestias.--Breogan2008 (conversa) 15 de outubro de 2018 ás 10:11 (UTC)Responder

FC Barcelona

editar

Boas HombreDHojalata, poderías mirar nalgunha das túas enciclopedias, se o nome do FC Barcelona ven con til en Fútbol ou non? Hai un debate aberto en Conversa:Futbol Club Barcelona#FC Barcelona. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 17 de outubro de 2018 ás 11:28 (UTC)Responder

Preparación do servizo ORES na Galipedia

editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia coméntase a preparación da aplicación do servizo ORES na Galipedia. Precísase xente que avalíe algúns artigos para ensinar ó servizo automático antes de que este poida comezar a traballar, os interesados teñen máis información na taberna. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

gramática da lingua galega

editar

Discrepo de que sexa unha lista "porque se pronuncian ou escriben igual", máis ben é porque tratan un mismo tema. Axuda á navegación, pero tamén dá unha visión da evolución das obras nese tema. Por iso non quitaría algunhas, nin as ilustracións. E dos autores, non sei o criterio que hai para poñer iniciais nuns autores e non noutros. De feito, quizais nin debería ir marcada como homónimos. Polo demais, pois nada, e edición é libre. ※ Sobreira ►〓 parlez 31 de outubro de 2018 ás 13:10 (UTC)Responder

Ola Sobreira.
Pois esa é cuestión principal e primeira que hai que concretar. Se é unha páxina de homónimos ou un artigo. Se é o primeiro ten que levar o formato dunha páxina de homónimos e se é o segundo o formato dun artigo. Mesturar as dúas cousas no é bo e da resultados turbios.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 31 de outubro de 2018 ás 20:32 (UTC)Responder

Pois se che parece quitámoslle homónimos, porque non pode ser que a categoría homónima non teña o seu artigo. (como non puxeches PING nin respondiches na miña de discusión case nin me entero de que o fixeches) ※ Sobreira ►〓 parlez 31 de outubro de 2018 ás 21:20 (UTC)Responder

@Sobreira: Se consideras que é mellor darlle formato de artigo, adiante, quítalle o de homónimos (que lle puxeches ti  ).
Por certo que eu non quitei ningunha entrada da listaxe. Pola contra, engadín tres. Ti comezaches cunha ducia e agora ten quince.
Fíxenche "ping", fixen. Puxen "Ola [[User:Sobreira|Sobreira]]" (con ligazón interna). Facendo iso o sistema avísate da mención. De feito, o Modelo:Resposta a (alias Modelo:Resposta, alias Modelo:@, alias Modelo:Responder a, alias Modelo:Responder, alias Modelo:Ping) non fai, en esencia, máis que iso, poñerlle ligazón interna a un nome de usuario dado. Non che chegou o aviso?! --. HombreDHojalata.conversa 31 de outubro de 2018 ás 21:33 (UTC)Responder
Dis á campaíña? ※ Sobreira ►〓 parlez 1 de novembro de 2018 ás 15:26 (UTC)Responder
Si. --. HombreDHojalata.conversa 1 de novembro de 2018 ás 17:20 (UTC)Responder

Lista de wikipedias

editar

Boa idea a de jem. Saúdos, Agremon(contacto) 1 de novembro de 2018 ás 18:57 (UTC)Responder

Castelo de Maside, non Masid ou de Ferreira

editar

Boa noite, quería comentar unha cousa. O castelo de Maside é Maside non Masid, de feito empregar Masid é un erro. Realizáronse obras sobre el dende o século XX é a forma correcta é Maside. Hai unha casa próxima a el que conserva o nome correcto Maside. Ademáis tamén quería puntualizar que chamalo de Ferreira é un erro dado que o topónimo de Ferreira é toponimicamente incorrecto sendo o correcto Castro de Ferreira. Quería dicircho por que mudaches ti o nome da páxina a Masid, mesmo a xente do lugar da Torre onde atópase o castelo sempre emprega Maside nunca Masid, quería ver se podías mudar o nome da páxina e quitar o de Ferreira para sermos rigurosos. E moitas grazas!!!!!!--Segredos de Pantón (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 21:58 (UTC)Responder

Ola Usuario:Segredos de Pantón.
A cousa é que nós temos que dicir o que din as fontes acreditadas (WP:V, WP:CITE, WP:FF, WP:NFP...).
En base a iso, fixen uns arranxos e penso que agora queda máis claro.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2018 ás 22:17 (UTC)Responder

É que segue sen ser correcto, certo é que temos que empregar fontes acreditadas pero a fonte que debe de primar neste caso é a toponimia se miras en calquer plano observas que ese lugar chámase Maside non Masid, empregar esta última forma é unha clara invención. Nos mapas de Información Xeográfica de Galicia aparecen en tódolos planos ese lugar como Maside nunca como Masid.--Segredos de Pantón (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 22:23 (UTC)Responder

Xa, pero estamos a falar do nome/s do castelo, non do nome do lugar, non si?
En calquera caso, quedan reflectidas no artigo as variantes coas súas referencias. --. HombreDHojalata.conversa 4 de novembro de 2018 ás 22:49 (UTC)Responder

Votación sobre icona para artigos do Wikiproxecto de 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos

editar

Boas, en Wikipedia:Votacións/Icona nos artigos do Wikiproxecto para alumnado 12/16 comezou a votación para decidir se engadir ou non unha icona nos artigos do Wikiproxecto dos 1000 artigos de calidade para o alumnado de 12 a 16 anos. A votación durará ata o 4 de decembro de 2018. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 13:16 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Mover a galifontes

editar

Boas HombreDHojalata, como vexo que es administrador en Galifontes, poderíaste encargar de mover alí Categoría:Normativa oficial do galego e as citas de Stanley Matthews? Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 18:45 (UTC)Responder

Ola AMPERIO. Apúntoo.
No caso das citas, deberían ir a outro proxecto, as Galicitas. En Galicitas non hai administradores.
En calquera caso, calquera pode trasladar contidos a un ou ao outro. Eso si, hai que facer bo uso do resumo de edición e/ou da páxina de conversa da páxina de destino, poñendo, por exemplo: contido procedente de gl.wikipedia.org... engadido orixinalmente en data X polo usuario:fulano. --. HombreDHojalata.conversa 6 de novembro de 2018 ás 20:38 (UTC)Responder
Non me decatara que o que hai en Stanley Matthews son citas... estiven mirando varios artigos e me pareceu ver Galifontes. Non sabía que calquera podía facelo, como pon que hai que avisar a un administrador e o primeiro que vin fuches ti por iso te escribín. Para a próxima xa o sei. Grazas. --AMPERIO (conversa) 7 de novembro de 2018 ás 16:00 (UTC)Responder
@AMPERIO:. Si. Conste que, para páxinas completas, a opción do administrador é a mellor (se hai un dispoñible). Os administradores dispoñen dun botón "Especial:Importar", que traslada automaticamente todo o contido e todo o historial de edición, dun proxecto ao outro. Porén, se non hai administrador dispoñible, pode facerse como che dixen antes. --. HombreDHojalata.conversa 7 de novembro de 2018 ás 20:18 (UTC)Responder

Caixa Vigo

editar

Boa noite!

Escríboche por se che apetece crear un artigo relacionado coa historia de Vigo do século XX: Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Como o ves?

Graciñas! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de novembro de 2018 ás 20:34 (UTC)Responder

Ola Adrián.
Tomo nota. Grazas pola suxestión. --. HombreDHojalata.conversa 6 de novembro de 2018 ás 20:38 (UTC)Responder

Manuela Barreiro

editar

Ola, HdH. Vin que corrixindo o artigo Manuela Barreiro, variaches a minúsculas títulos que viñan en maiúscula en orixe e como tal os puxen. Por iso non entendo o porque. Saúdos, Agremon(contacto) 11 de novembro de 2018 ás 17:52 (UTC)Responder

  Ola Agremon.
Refíreste a títulos que nas publicacións de orixe están con tódalas letras en maiúsculas?
P. ex.: "CON TÓDOLOS PERMISOS. A PRIMEIRA UNIVERSITARIA GALEGA: MANUELA A. BARREIRO PICO"*
Esas publicacións teñen o seu estilo e este proxecto ten o seu (WP:LE). Non hai motivo para que aquí poñamos os títulos con tódalas letras en maiúsculas.
Ese é o motivo de que o mudase por "Con tódolos permisos. A primeira universitaria galega: Manuela A. Barreiro Pico".
Nesa mesma publicación [3] ese mesmo título aparece tres veces (páxinas 6, 10 e 107), a primeira e a segunda en minúsculas e unicamente a terceira con tódalas letras en maiúsculas, por una cuestión estética, supoño, de preferencia do editor desa publicación, que non ten por que coincidir co noso criterio.
De feito, fágolle unha edición máis, para darlle un formato, coido, máis acaído [4].
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11 de novembro de 2018 ás 20:59 (UTC)Responder
  Grazas pola completa explicación! (mesmo ó contestar xa aprendín a sorrir) Agremon(contacto) 11 de novembro de 2018 ás 21:20 (UTC)Responder

Luiz Caracol

editar

Bo día, moitas grazas por mencionarme na "Votación para borrar Luiz_Caracol". Se non fose polo aviso, non sabería desta votación. Mesmo así cheguei tarde para expresar o meu punto de vista.

Penso que todos artistas nos seus inicios teñen páxinas similares que van completándose a medida que pasa o tempo e van creando e publicando os seus traballos. Por exemplo, na páxina A_Viñeta_de_Schrödinger podemos atopar nomes de debuxantes noveis, algúns sen páxina e outros con ela, como Aldara. É difícil determinar o momento en que se poden considerar relevantes, mais desde o momento en que están relacionados con un produto que si o é, desde a miña modesta opinión, deberían poder ter a súa entrada na Wikipedia. En caso contrario podiamos caer no paradoxo de eliminar unha entrada para ter que creala de novo un ou dous anos máis tarde cando o/a artista "consolide" a súa carreira.

Eu propoño centrar os esforzos en completar publicacións sobre artistas recoñecidos que teñen páxinas cativas como por exemplo Pilocha en vez de buscar páxinas para o seu borrado ;-)

Grazas de novo!

--Marcos Vence Ruibal (conversa) 17 de novembro de 2018 ás 08:42 (UTC)Responder

Cuarta malla de artigos da Galipedia

editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Cuarta_malla_de_artigos_da_Galipedia fíxose unha proposta para organizar a Cuarta malla de artigos da Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 22:05 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

rexistro de borrados: grandes áreas metropolitanas do mundo

editar

por favor gustaríame recuperar o artigo do que fun autor e para o meu uso particular pois quero confeccionar a súa actualización de 2020 preciso os datos e perdín a copia ¿qué teño que facer si hai algunha posibilidade? graciñas --2.143.70.95 28 de novembro de 2018 ás 04:58 (UTC)Responder

Tes que socilitalo en: Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios. --. HombreDHojalata.conversa 28 de novembro de 2018 ás 07:35 (UTC)Responder

Entrega do Premio Rosalía de Castro

editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Entrega_do_Premio_Rosalía_de_Castro hai información sobre a cerimonia de entrega do Premio Rosalía de Castro de Lingua á Galipedia, será o día 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). As persoas interesadas en asistir deben anotarse nese lugar para indicar a asistencia á Deputación. Tamén se pode facer entre todos unha nota en nome da comunidade para ler no momento da recollida. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Modelo:Xunta de Galicia

editar

Boas HombreDHojalata, en setembro engadiches o modelo desactualizado en Modelo:Xunta de Galicia... lembras que sección é a que hai que actualizar? Un saúdo.--AMPERIO (conversa) 10 de decembro de 2018 ás 18:58 (UTC)Responder

AMPERIO: as consellerías mudaron de nome e distribución de competencias, non si? --. HombreDHojalata.conversa 10 de decembro de 2018 ás 19:39 (UTC)Responder
As que daquela eran actuais e que mudei por outras, deberían pasar a antigas, non?
Inda que o tema destes artigos e os dos ministerios é moi lioso para min, porque con tanta xuntanza e división de competencias e cambios de nomes ao longo dos tempos... amais hai que entrar no universo das redireccións, e ¿que pasa se unha consellería recupera un nome dunha lexislatura de hai anos? ¿comparten artigo? ¿levarían dous artigos distintos? Supérame.
Do modelo, quizais deberiamos, directamente, retirar a sección "antigas", non creo que lle reste utilidade, ao contrario. --. HombreDHojalata.conversa 10 de decembro de 2018 ás 19:51 (UTC)Responder
A verdade é que non sei se mudaron de nome recentemente. Antes de preguntarte consultei na web da Xunta e vin que as consellerías actuais son as que aparecen no modelo, por iso preguntei. Non pensei que puidera ser polas antigas.--AMPERIO (conversa) 10 de decembro de 2018 ás 23:11 (UTC)Responder
Vale, xa entendín o que queres dicir, non vira esta edición. Saúdos. --AMPERIO (conversa) 10 de decembro de 2018 ás 23:16 (UTC)Responder

Nova firma dos estatutos de A3GAL

editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Seguindo_coa_asociación hai información sobre a nova firma dos estatutos da asociación A3GAL e a posibilidade de aparecer como socio fundador da mesma. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 16:06 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Referencias nalgunhas páxinas

editar

Boas HombreDHojalata. Unha pregunta, existe algún motivo polo que as páxinas de Mosteiros e conventos de Galicia e Castelos de Galicia non levan referencias? Saúdos Cossue (conversa) 15 de decembro de 2018 ás 07:10 (UTC)Responder

Ola Cossue. Non hai ningún motivo. Poderían (e deberían) levar referencias.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de decembro de 2018 ás 09:44 (UTC)Responder

Enciclopedias galegas

editar

Ola, HombreDHojalata. Poderías mirar nas enciclopedias que tes pola casa se figura Cassivelaunus, sexa así ou como Cassivelauno? Eu non o dou atopado. Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 18 de decembro de 2018 ás 20:35 (UTC)Responder

Non atopo res. Nin Cassiv..., nin Casiv.... --. HombreDHojalata.conversa 18 de decembro de 2018 ás 20:47 (UTC)Responder
E disto atopas algo? Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 19 de decembro de 2018 ás 16:34 (UTC)Responder
Dos hibernianos/hibernios?! Nop. --. HombreDHojalata.conversa 19 de decembro de 2018 ás 19:02 (UTC)Responder
Vaites! Mágoa. --Atobar (conversa comigo) 20 de decembro de 2018 ás 17:26 (UTC)Responder
  • Por se che interesa, ao fío de Casivelauno, un colega latinista respóndeme isto: "Coido que a forma máis acaída é "Casivelauno" (latín Cassivellaunus). Como en "Craso", que en latín é "Crassus", o "s" xeminado latino sempre se adapta como "s" simple. En portugués optan polo dobre "s" debido á distinción gráfica que fan entre /s/ xordo e sonoro. Pero en galego, como en castelán, é tradición simplificar o "s" xeminado latino. O mesmo pode dicirse do "l" xeminado, que tamén se simplifica. Tocante ó ditongo /au/, coido que non cómpre aplicarlle a evolución fonética propia das palabras patrimoniais (/ou/ a galego, e /o/ a castelán), por tratarse dun nome propio, latinizado ademais a partir dunha lingua allea ó propio latín; se tal fixésemos, nomes romanos como "Aulus" deberían adaptarse como "Oulo" en galego, e non existe tradición nese senso (na miña opinión, afortunadamente)." --Atobar (conversa comigo) 23 de decembro de 2018 ás 17:20 (UTC)Responder

Consulta nome

editar

Boas HombreDHojalata, cando teñas un momentiño poderías mirar se ven recollido nalgunha das túas enciclopedias o río Yarkon. É un río israelí (en árabe coñecese como Nahr el Auja). Se non encontras entrada propia, o río pasa por Tel Aviv, Petah Tikva e Rosh HaAyin, polo que pode que apareza mencionado nalgún deses artigos. Sinto que sexa tan complexa a pregunta, se ves que te vai levar moito tempo déixao estar. Un saúdo!--AMPERIO (conversa) 22 de decembro de 2018 ás 12:01 (UTC)Responder

Ola AMPERIO.
No atlas Do Cumio (1992) non aparece.
A DS21 di de Israel que o Xordán é "o único río importante".
Bingo!: "Tel-Aviv-Yafō". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 513. ISBN 84-7680-288-9. Capital do maḥoz de Tel-Aviv, Israel (348.100 h [1998]). Situada na desembocadura do Yarkon [...]  --. HombreDHojalata.conversa 22 de decembro de 2018 ás 12:34 (UTC)Responder
Estupendo! Moitas grazas! --AMPERIO (conversa) 22 de decembro de 2018 ás 12:40 (UTC)Responder

HMS Pandora

editar

Boas de novo. Corrixín unha edición que fixeches onte en Motín do HMS Bounty, o artigo para referirse á/ao/o??? HMS Pandora cando non leva o HMS debería ser a Pandora, xa que estamos falando dunha fragata. Na primeira vez que aparece, ven co HMS, pero non sei se levaría antes o ou a (penso que o, por que é His Majesty's Ship e non me soa moi ben que vaia aí con a, seguramente estea trabucado eu.) Non sei se me expliquei, espero que si. :) --AMPERIO (conversa) 24 de decembro de 2018 ás 16:49 (UTC)Responder

Vale, pero nese caso debería incluír a palabra "fragata": (a fragata Pandora). --. HombreDHojalata.conversa 24 de decembro de 2018 ás 16:56 (UTC)Responder

Listas xeradas automaticamente no espazo de nomes principal

editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(axuda)#Listas_xeradas_automaticamente no espazo de nomes principal, está a falarse do uso de listas xeradas por bots a partir dos datos de Wikidata. Tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de decembro de 2018 ás 20:22 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Atlas Cumio

editar

Ola, HdH! Unha curiosidade: do Atlas de Cumio non tes a edición de 2016? Non ten moitos cambios con respecto ao de 2009, vaia (independencia de Sudán, unión de Oza-Cesuras e pouco máis). Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de decembro de 2018 ás 06:42 (UTC)Responder

Non, a que teño é a 1ª ed., de xullo de 2009. Feliz ano! --. HombreDHojalata.conversa 30 de decembro de 2018 ás 10:41 (UTC)Responder
A primeira é de 2003, reimpresa en 2005. Strictu sensu son tres volumes distintos 2003 (2005), 2009 e 2016, pero en realidade son continuacións/actualizacións/melloras. É curioso a nivel bibliográfico, máis nada. Unha aperta! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de decembro de 2018 ás 12:49 (UTC)Responder

Sueiro Gómez de Soutomaior

editar

Ola, vexo que revertiches o meu cambio sobre o nome deste persoeiro medieval. Se seguides a política da wikipedia en español de españolizar os nosos nomes, avísame, por favor, que me absterei de seguir colaborando coa galipedia. Como advertía na nota sobre o cambio que eu fixen, "Este personaxe aparece como Sueyro Gomes de Soutomayor na grafía medieval (por exemplo, no libro de Notas de Álvaro Peres,notario de Rianxo, no TMILGa). Na moderna, debería escribirse Sueiro Gómez de Soutomaior." Quizais isto non vos pareza xustificación abonda, pero é que en realidade non a necesita, porque na Idade Media os personaxes todos tiñan o nome en galego, como é natural. A historiografía española afíxose a españolizala, e parece que tiveron éxito ata a Galipedia. Síntoo.--Anox 7 de xaneiro de 2019 ás 14:47 (UTC)

Sueiro Gómez de Soutomaior, again

editar

Vexo que incluíches referencias bibliográficas onde veñen os nomes Sueiro, Suero ¡e ata un inclasificable Soro! (isto é un hiperenxebrismo que debías retirar da galipedia, aínda que si vale para demostrar como se deturpan os nomes). Intentaba explicarche que os nomes medievais foron castelanizados sistematicamente, e iso fixo tamén a historiografía, que se elaborou desde un prisma español ata hai moi pouco (non só coa castelanización sistemática dos nomes dos personaxes nas edicións dos textos medievais, senón tamén coa tradución dos persoeiros nos textos de historia). Mesmo Carlos Barros, o maior coñecedor dos irmandiños, utiliza a forma española (nun artigo en castelán, ¿quizais llo impuxeron?). Que o fagan outras fontes (aínda que sexan galegas) non fai máis que continuar unha política onomástica que vén de moi vello. A min paréceme que a Galipedia non debía contribuír á castelanización da nosa onomástica: non se trata de facer unha contaxe de como están citados os nosos persoeiros medievais nas fontes modernas, senón de ver como se chamaban realmente no seu tempo. E nos textos galegos, asegúroche que eran en galego. Apreciaría unha resposta, para eu valorar se vou seguir colaborando. Un saúdo, --83.47.59.227 8 de xaneiro de 2019 ás 18:35 (UTC)Responder

Ola 83.47.59.227. Aquí non queda outra que cinguirse ao que din as fontes fiables (que é obrigatorio citar). Tes máis información sobre iso en: WP:NON; WP:PVN, WP:NFP; WP:CITE; WP:FF e WP:V. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xaneiro de 2019 ás 19:13 (UTC)Responder

Depuración franquista do maxisterio

editar

Boas, onte escribíchesme para me avisar que quedaran atrás as fontes neste artigo Depuración_franquista_do_maxisterio, para que as incluíse, mais vexo que traballaches moito nel. Dás o traballo por completado? Lles (conversa) 15 de xaneiro de 2019 ás 06:56 (UTC)Responder

Militares

editar

Ola, HombreDHojalata, pregúntoche a ti porque intúo que tes máis coñecemento nisto. Teño aí uns datos para a bio dun xeneral de división ferrolán que morreu o outro día. Pero cústame ver a relevancia. Alcaldes de Galicia, aínda que o sexan só unha vez, si. Escritores que publican un libro, si. Pero un xeneral de división... só por selo e porque sexa galego, debería ter artigo? Cantos xenerais galegos pode haber nun momento dado? Máis ou menos ca árbitros de primeira división? Saúdos, e moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de xaneiro de 2019 ás 11:55 (UTC)Responder

Ola Xabi. Penso que si, que é relevante abondo. Un Xeneral de Brigada manda a BRILAT, que é a maior unidade do Exército de Terra no noroeste peninsular. Xeneral de División é o emprego inmediatamente superior. E, non, non hai moitos galegos. Inda que dicir que un oficial da Escala Superior é galego ou andaluz é encasillalo moito. Máis ben son nómades. Pasan a vida saltando de provincia en provincia por ir mudando de destino. Amais a maioría son fillos, tamén, de militares, e naceron no lugar X por estar alí destinado o seu pai. Tiveron unha infancia, tamén, chea de mudanzas. --. HombreDHojalata.conversa 17 de xaneiro de 2019 ás 07:52 (UTC)Responder

Hóckey a patíns en Vigo

editar

Ola HombreDHojalata. Estou traballando de xeito intermitente en artigos relacionados co hóckey a patíns galego e quería pedirche axuda para algunha cousas relacionadas con este deporte na cidade de Vigo. Poderías tirar unhas fotos do pavillón de Bouzas para ilustrar o artigo do Vigo Stick e outras do pavillón do Carme onde xoga o Traviesas? E se puideras investigar cando desapareceu definitivamente o Vigo Stick, eu mirei na rede pero non atopei nada... Estaría ben ter algún artigo completiño do tema que non fora de equipos da província da Coruña (que a día de hoxe son todos menos Traviesas en sénior). Un saúdo e xa me contas calés das cousas podes facer ou non. Piquito (conversa) 20 de xaneiro de 2019 ás 20:38 (UTC)Responder

Anotado queda na miña lista de fotos por tirar [5] --. HombreDHojalata.conversa 20 de xaneiro de 2019 ás 20:51 (UTC)Responder

Categorización de persoas por etnia, raza, sexo, xénero, relixión, orientación sexual, ideoloxía política

editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(políticas)#Categorización_de_persoas_por_etnia,_raza,_sexo,_xénero,_relixión,_orientación_sexual,_ideoloxía_política,_etc. comezou un debate para falar sobre diferentes categorizacións dos artigos de biografías, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xaneiro de 2019 ás 14:11 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Programa Copérnico

editar

Póñome. Saúdos, --Agremon(contacto) 31 de xaneiro de 2019 ás 11:27 (UTC)Responder

Coido que revisado (cría que xa o estaba...)--Agremon(contacto) 31 de xaneiro de 2019 ás 12:23 (UTC)Responder

Dereito de cita

editar

Graciñas pola axuda!. A ver se un día teño tempo e fago un diagrama xeitoso do código recollendo este tipo de dúbidas para poñer nalgures, que eu esquezo todo de cada vez...

Maria zaos (conversa) 1 de febreiro de 2019 ás 08:36 (UTC)Responder

Certamente,( e perdón a ti e a Usuario: Atobar) non dixeches nada do fair use e non é exacto o que dixen. Certo é que son cousas distintas. A miña interpretación da túa achega foi que hai un marco máis amplo que o establecido no artigo 32 Citas y reseñas e ilustración con fines educativos o de investigación científica, xa que a lei española tal como está no artigo 32 é bastante restritiva. Era na cuestión da proporcionalidade do uso na que estaba pensando, lieime, perdoade. Por outra banda tiña entendido que o fair use priorizaba os fins non-lucrativos, pero non por iso excluía o posible uso comercial de entrada... Bueno, nada, nos vos lío máis, que teño que miralo ben e expresarme mellor. Saúdos e grazas de novo --Maria zaos (conversa) 1 de febreiro de 2019 ás 13:02 (UTC)Responder

Latakia

editar

Xa vin os cambios que fixeches, e gustaronme moito. Moitas grazas HombreDHojalata. Un saúdo.

PD: Tomo nota para futuras traducións doutros artigos.

CristianCb (conversa) 9 de febreiro de 2019 ás 16:57 (UTC)Responder

Posible Conflicto de Intereses

editar

Boas! Gostaria saber de que crês que poderia estar a cometer o possível conflito, em concreto, qual da partes que engadim. Mas a verdade, estou tomando com tempo a ediçom da pagina, e polo de agora só estou sendo descritivo em quanto a feitos ou o que a organizaçom da sua linha e ideologia, posiçons, os seus congressos, mas acho que nom emitim "juiço devalor". Puidera ser que por defeto de forma sai-se da neutralidade?

O das gralhas já esta solucionado. Obrigado pola ajuda!--GZML (conversa) 9 de febreiro de 2019 ás 20:43 (UTC)Responder

Proposta de modificación en efeméride do 26 de agosto

editar

Boas, en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Modificación en efeméride do 26 de agosto presentouse unha modificación da efeméride Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de agosto que precisa a revisión da comunidade para acadar un consenso sobre a cuestión, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 00:12 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Consulta sobre Modelo: interese galegas

editar

Boas, estaba por comezar a poñerlle o modelo {{Interese galegas} a algunhas entradas que vin por aí sen el, pero entroume a dúbida. O criterio é básicamente por nacemento, non? Ou hai algún tipo de criterio máis que teña que ter en conta?. Outra cousiña. Cando a conversa xa ten sección, o modelo colócase ao inicio da conversa ou nunha nova sección? A ver se mo podes aclarar, non quería meter moito a zoca. Graciñas. Un saúdo Maria zaos (conversa) 12 de febreiro de 2019 ás 14:36 (UTC)Responder

Ola María.
O criterio, penso eu, debe ser inclusivo. De feito xa levan o {{interese galegas}} páxinas de conversa de mulleres que non naceron en Galicia, pero que, por exemplo, desenvolveron a súa actividade en Galicia ou son de orixe galega (Hildegart Rodríguez Carballeira, Kristina Berg, Dorotea Bárcena, Henrike Fesefeldt, Kathleen March...).
Ten en conta que unha mesma páxina podería levar máis dun carteliño deses, indicando que é de interese do wikiproxecto… -que sei eu- …Aragón (por ser aragonesa de nacemento), o wikiproxecto literatura, o wikiproxecto feminismo … etcétera.
Os carteliños eses adoitamos poñelos na parte superior da páxina de conversa, si, inda que a páxina xa tivese contido de texto anterior. E se houbese varios, todos xuntiños e non ciscados pola páxina.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2019 ás 20:02 (UTC)Responder
Perfecto, pois moitas grazas!:)

Dúbida

editar

Ola HombreDHojalata. Escribíchesme unha mensaxe o día 31 de xaneiro pedíndome non sei moi ben que con relación supoño ao único artigo que teño feito polo de agora, o do pintor Veloso Salgado. O tema é que me resulta moi confuso todo isto da edición. Case que dou grazas de ter sido quen de facer o artigo ao que te refires. Sinto non poder seguir co que pides das referencias, pero é que non sei nin de que me falas. Nin sequera estou seguro de estar escribindo esta mensaxe como e onde corresponde. (En relación coa tradución automática da que falas, debo dicir que a tradución fíxena eu mesmo, directamente do artigo en inglés, iso si). Un saúdo--Ogaiago (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 00:03 (UTC)OgaiagoResponder

Grazas polos comentarios. Estamos comezando a traballar coa Galipedia no IES Breamo da man dun dos vosos administradores pero aínda temos moitas dúbidas. Así que seguiremos facendo preguntas.--Creandoentradas (conversa) 18 de febreiro de 2019 ás 20:23 (UTC)Responder

Manuela Rey

editar

Bos días, HombreDHojalata. Grazas por pensar en min e polos teus parabéns. É unha honra que me fas vindo especialmente de ti. Por outra banda, o artigo que estás a escribir é interesantísimo. Non coñecía nada dela e é sorprendente o que conseguiu con só 24 anos de vida.

En canto ao que me preguntas, nestes momentos estou tan saturado de cousas que non podería facer unha boa análise da imaxe. Aínda así, a imaxe non me dá que sexa da década dos 50. Ten unha fantástica definición. Como pouco eu a levaría ata finais dos 60 ou os 70. É difícil que sexa un daguerrotipo (que nos 50 aínda era común), e o ton b/n que ten tan inmaculado, despístame. Ten de estar tratada a imaxe dalgún xeito para ser tan antiga (caso de ser dos 50). Ademais, en Galicia eran moi poucos os que traballaban a fotografía nos anos 50, así que peor se pon a cousa. Porén, non podo sabelo sen ver o orixinal (co cartón sobre o que está montada), e, sobre todo, ver quen asina esta imaxe polo dorso. O sillón sobre o que se apoia é moi estraño. Normalmente, nas décadas dos 50 e os 60, son cadeiras torneadas. Mais, unha cousa que si coincide cos primeiros tempos da fotografía é a simpleza da decoración: non hai pano de fondo decorado, e mesmo tampouco cortina. Tamén é certo que non estou tan familiarizado cos fotógrafos portugueses, que talvez sexa o caso.

Eu poría en solfa esta imaxe. Se podes poñerte en contacto co Arquivo para que te dean máis información, eu faríano. O que non podo é confirmarte que coincida co período vital de Manuela Rey. Eu miro a faciana da rapaza e compároa coas imaxes que hai no artigo e tampouco o teño claro. Cómpre máis info. Sinto non ser máis preciso, de veras. A ver se podo facer algo un pouco máis adiante (mirar fotos de coetáneos portugueses, por exemplo). Un saúdo--Castelao (conversa) 21 de febreiro de 2019 ás 09:59 (UTC)Responder

Wikimulleres

editar

Hola, agradecerte el seguimiento que estás haciendo de las fotos a partir del taller que ayer hicimos en el Centro de Documentación e Recursos Feminista de Vigo. Creo que el espacio tiene un gran potencial. Van a encontrarse semanalmente para aprender a editar y empezar a hacer grupo. La mayoría de las participantes quieren editar en gallego. Finalmente no vino nadie de Galipedia a pesar de que alguien se había inscrito según Corona. Ya comentamos que seguro que el equipo de Galipedia estaríais encantad@s en apoyar. Si sumamos fuerzas seguro que se fortalece un buen grupo. Un abrazo --Mboix (conversa) 27 de febreiro de 2019 ás 20:57 (UTC)Responder

Gracias a ti, Mboix. Por cierto, a ver si alguien se anima a traducir "Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo" (es) al gallego. Sería una buena cosa. --. HombreDHojalata.conversa 27 de febreiro de 2019 ás 21:04 (UTC)Responder
En eso ando. A ver si se animan ;-) aunque tendrán que asimilar un poco la info que ayer les di mucha tralla, je, je,--Mboix (conversa) 27 de febreiro de 2019 ás 21:27 (UTC)Responder

Contraste dunha data de nacemento Carmen Arias na obra de Aurora Marco

editar

Ola! Estaba revisando a entrada de Carmen Arias e no Album de mulleres indican 15 de abril de 1921 no canto do 14 de abril que aparece na entrada. Creo que tes a mán o dicionario de Aurora Marco, poderías comprobar a data que aparece nel, por favor?. Moitas grazas!Maria zaos (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 15:38 (UTC)Responder

Ola María.
Marco (2007) non dá mes, nin día de nacemento. Unicamente indica "A Coruña, 1921". Daquela temos que tomar a Portela (2014): "15 de abril de 1921 na Coruña" como referencia boa para eses datos. Olla, amais, estoutra: "...nace o quince de abril de 1921..." --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2019 ás 15:12 (UTC)Responder
Por certo, o artigo de Aurora Marco leva, ao final, a abreviatura "VM", que significa que a súa fonte é, precisamente, Voces da memoria. --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2019 ás 15:27 (UTC)Responder
Moitas grazas! Pois que ben que deras con esa fonte, vou apuntarma. Hei de facerme cun exemplar do dicionario, que se ve moi útil. Grazas pola axuda!:) Saúdos --Maria zaos (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 15:35 (UTC)Responder

Dar coa fonte foi doado, aparece (dúas veces) na columna da dereita no artigo do Álbum de Mulleres, na sección "Ligazóns" e na sección "Bibliografía". --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2019 ás 15:58 (UTC)Responder

Colaboración en evento sobre normalización lingüística

editar

Colaboración en evento sobre normalización lingüística

editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Colaboración_en_evento_sobre_normalización_lingüística presentouse unha solicitude para participar nun encontro de normalización lingüística organizado polo Consello da Cultura Galega. As persoas interesadas en participar poden comentalo nese fío. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de febreiro de 2019 ás 23:42 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Primeira asemblea de A3GAL

editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Primeira_asemblea_de_A3GAL anúnciase a primeira asemblea da Asociación de Amigas e Amigos da Galipedia e do Coñecemento Libre para o vindeiro 9 de marzo en Ourense. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de marzo de 2019 ás 14:02 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Poñer aviso nas páxinas da wikimaratona deste sábado

editar

Boas, ó final da proposta Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Contacto_da_concelleira_de_Igualdade_de_Ourense hai unha proposta para engadir un aviso na cabeceira de tódalas páxinas dos artigos para anunciar a todo o mundo a wikimaratona que se vai realizar este sábado 9 en Ourense. Se estás de acordo coa idea, pon un concordo ó final e asina co teu usuario. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de marzo de 2019 ás 09:03 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Causa da morte de Rosalía

editar

Bos días. Na entrada de Rosalía de Castro na Wiki en galego, aparece como causa de morte "sobredose". Eu non o dou cambiado. Poderías facelo ti? Moitas grazasJorgecasru (conversa) 13 de marzo de 2019 ás 08:34 (UTC)jorgecasruResponder

Ola Jorgecasru.
Foi un vandalismo en Wikidata (d:Q464264). Xa foi revertido e aparecerá corrixido en canto refresque a caché.
Grazas polo aviso.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 13 de marzo de 2019 ás 09:05 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019

editar

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Citar as fontes, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Citar as fontes/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 14 de marzo de 2019 ás 23:02 (UTC)Responder

Rally de Portugal

editar

Hola rapaz, un pracer saudarte. Imposible, voume a Estocolmo uns días. Teño pouco tempo para a wiki e teño moitos asuntos pendentes: Terra deixeino a medio arranxar hai un ano, e é artigo 1000 nivel 1, deixei o de Barbara McClintock coas referencias todas feitas un cristo, e como iso moito máis, demasiados frentes. Sintoo. Saúde --94.73.33.251 18 de marzo de 2019 ás 07:33 (UTC)Responder

modelo escritor

editar

Boas! Moitas grazas por corrixir o modelo escritor. Pensaba que só se modificara o de biografía polo momento, por iso non escribín na taberna e só o fixen no resumo de edición de Lucía Aldao. Afortunadamente non se che pasa unha, que marabilla! :) Moi ben entón e graciñas por estar pendente! Maria zaos (conversa) 19 de marzo de 2019 ás 12:20 (UTC)Responder

Accións a tomar contra o artigo 13 da Directiva Europea

editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Accións_a_tomar_contra_o_artigo_13_da_Directiva_Europea hai unha votación para decidir que accións realizar en contra do artigo 13 da Directiva Europea de dereitos de autor. Todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 21 de marzo de 2019 ás 14:24 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Dúbida

editar

Ola, HombreDHojalata. Non teño claro cal debe ser o proceder, e non é a primeira vez que se dan casos deste tipo. Olla para esta retirada de contido [6]. No resumo de edición explícase a motivación. En efecto, como sinala o usuario son 3 os fillos (o dato retirado puña 2), cousa que é fácil de referenciar; basta sumar os 2 fillos coa primeira esposa [7] e 1 da segunda [8]. En fin, como o ves? --Atobar (conversa comigo) 22 de marzo de 2019 ás 19:59 (UTC)Responder

Ola Alex. Por min, pode quedar borrado. Ao fin e ao resto, Perozo non está na Wiki por ter máis ou menos fillos. Ou dito doutro xeito, non é un dato especialmente relevante dende o punto de vista enciclopédico. --. HombreDHojalata.conversa 22 de marzo de 2019 ás 21:01 (UTC)Responder
Pois por min tamén. Así sexa. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 22 de marzo de 2019 ás 21:48 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam

editar

Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da redacción da política Wikipedia:Spam, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Spam. Un saúdo. Banjo tell me 29 de marzo de 2019 ás 08:54 (UTC)Responder

Aberto proceso de votación á administración

editar

Boas, en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Maria zaos está aberto unha votación para decidir se escoller, ou non, á usuaria Maria zaos como administradora. Anímase a votar a quen reúnan os requisitos para participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 30 de marzo de 2019 ás 15:39 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Seis poemas galegos

editar

Feito, ;). --Breogan2008 (conversa) 6 de abril de 2019 ás 11:19 (UTC)Responder

Acaba de comezar unha votación para a proposta de actualización da redacción da política Wikipedia:Páxina de usuario, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Páxina de usuario/proposta 2019. Un saúdo. Banjo tell me 12 de abril de 2019 ás 17:57 (UTC)Responder

Jean Laplace

editar

Poderíase engadir a Galicitas o poema Sextina a Laplace que lle dedicou Joan Brossa ó debuxante Jean Laplace en 1987. --Dodro (conversa) 15 de abril de 2019 ás 14:05 (UTC)Responder

Ola Dodro. En Galicitas poderíase engadir unha cita, acolléndose ao dereito de cita. É dicir, ten que ser moi breve para non entrar a violar os dereitos de autoría. Eu diría que se podería incluír un parágrafo, non máis. Podería poñerse, por exemplo, "en bilingüe", en dúas columnas, á esquerda na lingua orixinal (en catalán) e á dereita a nosa tradución ao galego. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2019 ás 16:45 (UTC)Responder
De acordo HombreDHojalata, deixo simplemente unha breve cita do poema no artigo e xa queda así. --Dodro (conversa) 15 de abril de 2019 ás 16:49 (UTC)Responder
Engado as dúas primeiras estrofas da Sextina a Laplace a Galicitas. --Dodro (conversa) 16 de abril de 2019 ás 14:55 (UTC)Responder
OK. Reduzo e copio en q:Wikiquote:Cita da semana/16 2019. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2019 ás 15:01 (UTC)Responder

Historia da Literatura Galega ou Historia da literatura galega (Xerais)

editar

Nos catro tomos, tanto na portada como no interior figura "Historia da Literatura Galega" (non "HISTORIA DA LITERATURA GALEGA" nin "Historia da literatura galega"), esa foi a razón de poñela con maiúsculas, ser fiel ao que poñen os propios libros. E con maiúsculas figura na ficha da Editora: https://www.xerais.gal/libro.php?id=5318016 --Ogalego.gal (conversa) 15 de abril de 2019 ás 21:15 (UTC)Responder

Ola Ogalego.gal. Boas noites.
Antes de nada, grazas por iniciares o artigo.
Seino (eu, de momento, so teño os tomos 2º e 3º). Iso é un grafismo, como cando, moitas veces, aparecen os títulos todos en maiúsculas, ou sen acentos, ou coas letras escritas do revés, ou facendo un círculo... É unha escolla da editorial e/ou do autor..., porén nós, neste proxecto, procuramos poñer os títulos co uso ortográfico correcto das maiúsculas. Para mostra un botón: Historia da literatura galega CONTEMPORANEA [sic].
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de abril de 2019 ás 21:31 (UTC)Responder

14 de abril

editar

Ola, grazas polas melloras nas Wikipedia:Efemérides destacadas/14 de abril. Estaría ben incluír para o ano unha máis, cousa que cumple co libro de estilo, xa que non superariamos o número recomendado e trátase dun evento relacionado co galego. Refírome a isto.

Notas

Referencias

  1. Alexandre Reimúndez
  2. "A historia do "Galician Programme" da BBC, a primeira programación radiofónica estable en galego - Benvida - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 15 de abril de 2019. 
  3. Fernández, Javier, ed. (14 de abril de 1947). "Galician Programme I (copia arquivada)" (PDF). Real Academia Galega. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 15 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2018. 

Onte engadinlle un par de referencias, que antes non tiña. Que che parece?.--Maria zaos (conversa) 16 de abril de 2019 ás 09:50 (UTC)Responder

Adiante Maria zaos. Edita con afouteza. Non pidas permiso. --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2019 ás 10:00 (UTC)Responder

Ferramentas para comprobación copyvio

editar

Ola, grazas polo avisoá ip co tema da páxina de Castro Caldelas. Cheiroume a copia, pero andaba apurada. Poderías dicirme se usas ou recomendas algunha ferramenta para comprobar estes casos? Moitas grazas Maria zaos (conversa) 23 de abril de 2019 ás 20:17 (UTC)Responder

Ola Maria: O meu método é rudimentario. Na maioría dos casos simplemente busco algunha frase exacta, a que máis me chame a atención, en [9] e despois comparo os dous textos, poñendo na metade esquerda da pantalla (hai anos que teño unha panorámica a 1920 px) a presunta orixe e na metade dereita a páxina da wiki, e vou lendo e comparando os parágrafos, un a un. Tamén hai que ter en conta que a orixe, en moitas ocasións, estará noutra lingua. Se se intúe que ese é o caso, para poder detectar a orixe hai que traducir a frase a esa lingua antes de facer a procura. --. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2019 ás 20:52 (UTC)Responder
Iso foi o que pensei neste caso, pero non tiña tempo a pararme moito (por certo o da panorámica deume moita envexa, para que negalo, a este portátil xa lle fallan as teclas, imaxina). Preguntábache porque estiven probando isto e terei que revisar ben os parámetros que lle metín, pero non atopou o que ti. Graciñas! :).-Maria zaos (conversa) 23 de abril de 2019 ás 21:03 (UTC)Responder

Vuelta a España 2016

editar

Ola compañeiro. Non me decatei e coleime nunha páxina na que tiñas o marcador "enuso". Só correxín un pouco a ortogafía. Perdoa. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 23 de abril de 2019 ás 21:51 (UTC)Responder

@MAGHOI: Ah! Non te preocupes. Non fun eu. Foi BREAMOA018 hai máis de dous meses [10]
Eu unicamente engadín un par de categorías co HotCat unhas semanas despois (o HotCat non produce conflitos de edición, creo).
O {{en uso}} debería retirarse. --. HombreDHojalata.conversa 23 de abril de 2019 ás 22:34 (UTC)Responder

Diario de Pontevedra

editar

Ola, como ti coñeces máis o tema da prensa galega, poderías botarlle un ollo á última edición de Diario de Pontevedra feita por unha ip. Ten varias etapas e non sei cal sería a mellor redacción. Grazas. --Maria zaos (conversa) 6 de maio de 2019 ás 19:50 (UTC)Responder

Ola Maria.
Si. É un tema algo subxectivo, penso. Depende de que fontes se consulten e se se consideran (ás distintas cabeceiras homónimas) continuadoras da precedente ou proxectos distintos. Chamo a consultas a Xas que seguro que ten un criterio máis claro que o meu. --. HombreDHojalata.conversa 6 de maio de 2019 ás 19:56 (UTC)Responder

Xestión dun premio

editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio, hai un comentario sobre a xestión do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018. Todos os comentarios e propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:49 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Carlos Taibo

editar

Ola, grazas polas melloras neste artigo. Inicialmente usei a lista de asteriscos, pero con tanto libro e co guion da máscara de autor pareceume máis estético sen eles.. Nada, queda así. Grazas.--Maria zaos (conversa) 14 de maio de 2019 ás 20:17 (UTC)Responder

Proceso de reválida como administrador de Elisardojm

editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Reválida_como_administrador_de_Elisardojm, hai un aviso do proceso de reválida como administrador do usuario Elisardojm. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Xurado do Premio Rosalía de Castro

editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xurado_do_Premio_Rosalía_de_Castro, hai un aviso para participar como xurado no premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. As persoas interesadas que avisen nese fío o antes posible xa que urxe responder á Xunta. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 13:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana

editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Proposta_de_novo_funcionamento_para_a_imaxe_da_semana, hai unha proposta para xestionar de forma diferente as imaxes da semana, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de maio de 2019 ás 22:37 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Pomba

editar

Ola. Gustaríame que lle botases unha ollada á Páxina de Conversa de Pomba. Tendo en conta que este artigo trata de todas as especies de pombas, rulas e afíns, é dicir, de todas as especies da familia dos colúmbidos, e non dunha única "pomba", creo que debería cambiarse o título polo de Colúmbidos (ou, de preferirse, polo nome científico Columbidae). --XoioÉche o que hai 1 de xuño de 2019 ás 16:38 (UTC)Responder

Votacións para xestión do premio da Galipedia

editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Votacións, están a votarse os proxectos que se van financiar co premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018, tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Begoña Paz

editar

Ola, amigo. No artigo "Begoña Paz" transformaches a información sobre a tradución ao esperanto nunha nota, tirándoa do corpo do artigo. Acho que non é o habitual nos artigos de escritores galegos, nos cales se informa sobre as exotraducións no corpo e non en notas (exemplos: Gonzalo Hermo, Chus Pato, Ledicia Costas, etc.). Por outro lado, é unha acción que invisibiliza o traballo da tradución, ao cal, afortunadamente, se presta cada vez maior atención e que, no meu caso concreto, non implica ningún interese lucrativo, xa que ten carácter absolutamente voluntarista. Pídoche por favor que consideres devolver a información ao corpo do artigo. Grazas.

--31.4.178.188 18 de xuño de 2019 ás 10:07 (UTC)Responder

Chelo Loureiro. Maiúsculas innecesarias

editar

Ola! atendendo ao aviso das maiúsculas innecesarias fixen cambios no artigo. Revisa cando poidas. Grazas. --Moniquiña (conversa) 22 de xuño de 2019 ás 13:40 (UTC)Responder

Solicitude para poñer anuncio do concurso de fotos na cabeceira dos artigos

editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Solicitude_para_poñer_anuncio_na_cabeceira_dos_artigos, hai unha solicitude para poñer un anuncio do próximo concurso fotográfico da Galipedia na cabeceira dos artigos. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:32 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Milicia e Carvalho Calero

editar

No artigo Carvalho Calero, desfixéchesme unha edición, na que eu vinculara o termo miliciano co artigo milicia (no que xa estaba definido "miliciano"). Noutras palabras, en vez dunha ligazón a un contido explicativo, desfixeches a miña edición para deixar unha ligazón rota. Non son tan activa coma ti, pero creo que o máis correcto nestes casos é manter a ligazón, aínda que non sexa pefecta, antes ca deixar unha ligazón orfa. Ou facer como fixen eu, un esbozo de artigo para miliciano. --Rosamf (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 08:01 (UTC)Responder

Ola Rosamf, bos días.
Miliciano, miliciana son palabras polisémicas en galego. No artigo emprégase coa segunda acepción que lle da o DiRAG. Penso eu (e sigo pensando) que a túa edición de ligar "milicia" por "miliciano" sería máis apropiada se estiveramos a falar da primeira acepción, non da segunda. Deixando, de momento, ese "miliciano" en vermello, quizais poderiamos ligar nun futuro cun artigo que falara dos corpos de voluntarios, durante a guerra civil española, que non estaban integrados no exército regular republicano. Por aí ía a miña edición, e iso foi o que quixen dar a entender no resumo de edición. E sobre este razoamento asemella que algo me dás a razón, pois ti mesma comezaches a facer un novo artigo, de "miliciano", distinto do artigo "milicia".
En todo caso a miña edición xa foi desfeita por user:Elisardojm e quedou como ti a puxeras. Eu non vou volver a tocarlle. Así que morra o conto.
Un saúdo, grazas. --. HombreDHojalata.conversa 27 de xuño de 2019 ás 09:26 (UTC)Responder

Suxestión para 100G100

editar

Proba con este código en 100 Galicia cen. Obxectos para contar unha cultura, a ver se che mola como queda. Podes probar con outros tamaños ou imaxes por fila (con dúas columnas quedaríalle mellor cunha 18ª imaxe para que sexan pares).

{| align=right
|-
| 
{{imaxe conxunta |porfila=2 |ancho=250 |alto=250 | borde = 1
| imaxe1 =Colar A Chousa Nova Silleda.jpg | lenda1 = 2. Colar da [[A Chousa Nova|Chousa Nova]] ([[Silleda]]).
| imaxe2 =Museu Arqueologico de Ourense 05.JPG | lenda2 = 11. Tabula hospitalis ([[Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense|Museo Arqueolóxico de Ourense]]).
| imaxe3 =Galicia - Quiroga Chi Rho.jpg | lenda3 = 14. [[Crismón de Quiroga]].
| imaxe4 =Museo da Cidade da Cultura de Galicia. Exposición Gallaecia Petrea (8182568517).jpg | lenda4 = 16. Lápida de [[mosteiro de San Pedro de Rocas|S. Pedro de Rocas]].
| imaxe5 =Martin of Braga Tomb.JPG | lenda5 = 17. Sarcófago de [[Martiño de Dumio]].
| imaxe6 =Beato de Liebana Burgo de Osma 1086.jpg | lenda6 = 19.
| imaxe7 =Alfons7.jpg | lenda7 =23. [[Diego Xelmírez|Arcebispo Xelmírez]] no [[tombo de Toxos Outos]].
| imaxe8 =Codex Calixtinus 02.jpg | lenda8 = 24. ''[[Códice Calixtino]]''.
| imaxe9 = Foro do Bo Burgo.jpg | lenda9 = [[Foro do bo burgo de Castro Caldelas|25. Foro do bo burgo de Caldelas]].
| imaxe10 =Kennicott Bible.jpg | lenda10 =28. [[Biblia Kennicott]].
| imaxe11 =Escudos no Claustro do Museo Provincial de Lugo 20VI2013 2.JPG | lenda11 =30. A Mariscala de [[Pardo de Cela]].
| imaxe12 =El Catón Compostelano.jpg | lenda12 = 47. ''[[El Catón Compostelano]]''.
| imaxe13 =Galicia 100 01-01a, bandeira do Consello de Galiza 1946.jpg | lenda13 = 77. Bandeira do [[Consello de Galiza]].
| imaxe14 =Fusil de Foucellas no Museo Militar da Coruña.jpg | lenda14 = 79. [[Mauser|Mosquetón]] de [[Benigno Andrade García|Foucellas]].
| imaxe15 =IBM1130 console.jpg | lenda15 = 90. Computador [[IBM 1130]].
| imaxe16 =Bata GOA.jpg | lenda16 = 91. Bata de [[Inditex|GOA]].
| imaxe17 =Albergue de pelegríns, Redondela.JPG | lenda17 =97. [[Pelegrín]].
}}
|}

Sen compromiso, só e unha suxestión de presentación.   Banjo tell me 29 de xuño de 2019 ás 19:46 (UTC)Responder

Modelo Wikidata list

editar

Ola, que tal? Estou a facer probas con este modelo nunha subpáxina de usuaria, pero aínda que aparentemente o SPARQL está ben, o listeria dá erro. Por casualidade é obrigatorio que a páxina estea no espazo de nomes Wikipedia? Graciñas. Saúdos. Maria zaos (conversa) 9 de xullo de 2019 ás 21:08 (UTC)Responder

Ola María.
O {{Wikidata list}} traballa, tamén, no espacio de nomes "usuario".
Podes velo funcionando en Usuario:HombreDHojalata/Taller. --. HombreDHojalata.conversa 9 de xullo de 2019 ás 21:36 (UTC)Responder
ergo son eu, que non me estou entendendo co modelo. Grazas, vou pelexarme un cacho máis, se desespero pétoche na porta de novo. Graciñas :)Maria zaos (conversa) 9 de xullo de 2019 ás 21:39 (UTC)Responder
Ola de novo! Era un problema puntual do Listeria nese momento, foi ao día seguinte. Mira, fixen un par de cousiñas:
  • Modificar o estilo do modelo, porque co novo cambio feito por Elisardojm (ou igual xa estaba, non sei) o texto explicativo montábase coas ligazóns
  • Nas listas de Galegos (+ homes e mulleres) por provincia, entrei a poñer unha liña na consulta SPARQL, porque saían tamén personaxes de ficción. O resto de listas, polo que vin, xa incluían o Q5. A miña intención é crear agora as de personaxes de ficción, pero vou tardar un cachiño, que quero traducir e revisar as propiedades necesarias antes. Se polo que sexa si necesitabas que estas listas incluísen personaxes ficticios (distinto de históricos) pois desfai a miña edición sen problema, vale? Saúdos. Maria zaos (conversa) 17 de xullo de 2019 ás 17:55 (UTC)Responder

OLA

editar

Era só pra saudarte. Tomo nota da info que me mandas con relación ás referencias. --Barto Fiallega (conversa) 16 de xullo de 2019 ás 17:50 (UTC) Barto FiallegaResponder

Artigos destacados na portada

editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_destacados_na_portada, hai unha proposta para modificar a escolla dos artigos destacados na portada. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Foto Manuel Quintana Martelo.

editar

Grazas, foi un erro. --XianMCG (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 07:30 (UTC)XianMCGResponder

Carballesa

editar

Boas, como se fai para retirar a votación sobre a carballesa?. Non pensara que podían existir aínda mais homónimos. Saúdos Cossue (conversa) 26 de xullo de 2019 ás 18:03 (UTC).Responder

Ola User:Cossue. Púxenlle {{Cab}} e {{}} para pechala. Corteina da páxina de votacións e pegueina na páxina de arquivo. --. HombreDHojalata.conversa 26 de xullo de 2019 ás 18:15 (UTC)Responder

Orografía en Nueva Pescanova

editar

Ola HombreDHojalata. Acúsome de cometer moitos erros na miña edición do artigo Nueva Pescanova, seguramente debidos, ademais da miña incompetencia, ás elevadas horas da madrugada en que a fixen. Hoxe, con calma, reviseina e correxín os erros que encontrei. Crero que seán suficientes, pero non quixen quitar o aviso de Ortografía porque non fun eu, evidentemente, quen o puxo, senón ti. Agradeceríache que lle boraras unha ollada e mira se estás conforme cos cambios. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 31 de xullo de 2019 ás 13:29 (UTC)Responder

Ola Xoio. Fixen algunhas correccións máis e quitei o carteliño. Polo resto non te preocupes: o que estea libre de pecado que tire a primeira [11]. --. HombreDHojalata.conversa 31 de xullo de 2019 ás 20:50 (UTC)Responder
Ola HombreDHojalata. Moitas grazas polas túas correccións aos erros que me quedaran, pese a que, cando fixen a revisión foi antes das 13:29 (UTC), e mesmo titulei esta conversa como orografía no canto de ortografía (que mesmo debería ser gramática), e por quitares o carteliño. Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 1 de agosto de 2019 ás 18:17 (UTC)Responder

Durante la tormenta

editar

Boas HombreDHojalata, botareille unha ollada, perde conta. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 21 de agosto de 2019 ás 16:32 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "HombreDHojalata/Arquivo 17".