Kristina Berg
escritora sueca en lingua galega
Karin Anna Kristina Berg Casares, nada en Halmstad en 1948 e finada en Vigo o 3 de xullo de 2012, foi unha escritora sueca en lingua galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 condado de Halland, Suecia |
Morte | 3 de xullo de 2012 (63/64 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Xénero artístico | Infantil |
Familia | |
Cónxuxe | Carlos Casares |
Fillos | Håkan Olof Casares Berg, Christian Casares |
Traxectoria
editarDurante a mocidade participou en episodios de series televisivas suecas e nalgún proxecto relacionado coas artes plásticas. Despois de formarse en labores mariñeiros en embarcacións clásicas (entre outras, a goleta "Meta"), embarca con rumbo á India como radiotelegrafista no ano 1971. Nunha recalada en Galicia coñece a Carlos Casares, con quen casa pouco despois, principiando así as viaxes do escritor a Suecia, que exercerán influencia na súa ideoloxía socialdemócrata e en certos aspectos da súa obra.
Exerceu a presidencia da Fundación Carlos Casares dende a súa constitución no ano 2003.
Obra (Literatura infanto-xuvenil)
editarNotas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Blanco García, Carmen (1988). "Literatura infantil e xuvenil" (PDF). Festa da Palabra Silenciada (FIGA) (5): 5–24. ISSN 1139-4854.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.