Edicións revertidasEditar

Algunhas das túas edicións presentan dúbidas. Por favor, mira de artellar as túas edicións co máximo de rigor. E a ver se te animas a diversificar os teus coñecementos, que fan falla colaboradores multiusos, dos que lle dan un pouquiño a todo, e non soamente aos coches, ás cidades ou ao reintegracionismo, como semella ser o teu caso. Se tes calquera dúbida, non temas en me contactar, que che hei axudar gustoso. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:32, 26 xuño 2009 (UTC)

ReintegracionismoEditar

Ola Rosamf. A función da Wikipedia non é servir de altofalante propagandístico de ningún movemento. Por exemplo non se admiten edicións (sempre que son detectadas) de propaganda por activistas de partidos políticos ou de organizacións relixiosas, de persoas que crean o seu propio artigo para autopromocionarse ou de persoas directamente relacionadas con eles, de empresas que publicitan a súa marca ou os seus produtos,... Por outra banda, é contrario ás regras da Wikipedia a edición concertada en temas como os relacionados antes, ese tipo de edicións xeran grande alarma nos colaboradores habituais do wiki, sexa coincidencia ou non estes días teñense detectado edicións concurrentes nos temas que vostede edita. Por favor, como xa teñen comentado outros compañeiros tente axudar noutras materias e evite aqueles temas cos que poida estar directamente relacionada do xeito exposto antes. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:09, 26 xuño 2009 (UTC)

  • Acabo de reparar en que as vosas edicións se limitaron a suprimir categorías referidas ao reintegracionismo e a pór baixo sospeita as condicións de creación dun artigo. Tamén editei un tema sobre as vacalouras e a ninguén lle pareceu mal. Sinto dicilo. Que é o que é relevante e que non o é? Por qué non é interesante unha categoría sobre o reintegracionismo (algo que está en Galiza) pero si artigos sobre algunhas series americanas? Por outra parte, creo que só creei un artigo e que as miñas edicións foron mínimas. Creei o artigo sobre o actual presidente da AGAL porque dous dos presidentes anteriores tamén o tiñan, pensei que era un motivo para que fose relevante, laméntoo.--Rosamf 17:18, 26 xuño 2009 (UTC)
  • Non é a primeira vez que usuarios que editan en temas relacionados co reintegracionismo nos reprochan que falemos de aplicar as regras do wiki, o mesmo que no resto dos temas, ás edicións refiridas ao reintegracionismo. A realidade é que non se poden esquecer as normas da Wikipedia para o reintegracionismo, non é posible nin desexable, quizais escoitara falar ou lera estes días o que ocorriu na Wikipedia en inglés cos artigos da Ciencioloxía, a outro nivel exemplifica o que estamos tratando aquí, ningún grupo ou persoa ten deireito a usar a Wikipedia como plataforma para promocionar as sús ideas ou a si mesmo. É responsabilidade dos usuarios habituais do wiki, se o vemos, tratar de evitar que se utilice a Wikipedia para a devandita promoción. Diso trata a miña mensaxe anterior, non se trata do que pensemos cada un de nós, individualmente, senón de traballo que se adecúa as regras do wiki e, polo tanto, resulta beneficioso para o proxecto. Con respecto ao tema ds mensaxe na miña páxina de discusión respondereille noutra mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:52, 26 xuño 2009 (UTC)

Cales?Editar

As miñas edicións están todas documentadas. Pídovos o mesmo rigor. E cada un(nha) colabora sobre o que sabe.--Rosamf 17:11, 26 xuño 2009 (UTC)

Aquí podes ver as túas edicións. Un saúdo e lembra que para falar con outro usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, non na túa propia, se non corres o risco de que non nos decatemos. De novo saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:20, 26 xuño 2009 (UTC)
    • Vale, pero se fago así, como sei se teño mensaxes novas?--Rosamf 17:27, 26 xuño 2009 (UTC)
  • Nós escribimos na túa e xa che aparece o recadriño de mensaxe nova, e ti falo na daquela usuario ao que te queiras dirixir, así o usuario sabe que ten unha mensaxe nova. Por exemplo, eu agora sei que retrucaches algo unicamente porque viñen ver a túa páxina de conversa, pero non porque ti me respondeses debidamente na miña páxina de conversa, que tería sido moito máis doado. --Atobar (conversa comigo) 17:32, 26 xuño 2009 (UTC)

Re: Este si que é un artigo sospeitosoEditar

Teño que dicir que me sorprende a súa mensaxe porque dita acusación coincide coa que repite por diversos foros e sitios de Internet con diversos nomes un usuario que no pasado entrou en conflito por temas relacionados co reintegracionismo neste wiki. Certo, un colaborador con historial de edicións neste wiki creou o artigo María Yáñez. No seu momento non se produciu ningunha controversia sobre dito artigo. Como todo o que se edita neste proxecto está en continua revisión, pasado o tempo e unha vez que o usuario foi elixido administrador e por el mesmo foi proposto para borrar en Wikipedia:Votacións para borrar/María Yáñez. Sometido á consideración da comunidade a decisión foi mantelo, polo tanto é lexítima a presenza dese artigo e dito administrador non cometeu ningunha irregularidade como vostede semella suxerir. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:21, 26 xuño 2009 (UTC)

    • Non é tan sorprendente, porque é un tema bastante coñecido. O que fagan ou deixen de facer outros non me atinxe, pero amólame que exista dobre criterio en función de se es ou non es adminitrador. En fin, dedicareime só a editar artigos de natureza, a ver se así podo facer algo útil polo noso idioma.--Rosamf 18:54, 26 xuño 2009 (UTC)
Para que quede absolutamente claro, para que non haxa dúbidas e para que non se fagan interpretacións erróneas: a Wikipedia non é un medio de promoción, o criterio sobre o tema da promoción é o mesmo para todos, as decisións sobre a Wikipedia deben tomarse na propia Wikipedia, os administradores non teñen ningunha prerrogativa, interpretar un procedemento limpo como signo de dobre criterio falsea a verdade. No caso de que queira axudar, benvida sexa toda a axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:11, 26 xuño 2009 (UTC)
    • Pois entón morra o conto e traballemos polo proxecto común :) Pódesme pasar ligazón para ver os termos de uso das imaxes? Teño algunhas que poden interesar, pero non entendo o das licenzas. Son fotografías feitas por min e que quería pór ao dispór da comunidade.--Rosamf 21:08, 26 xuño 2009 (UTC)
  • Sobre imaxes

As cuestións fundamentais a ter en conta nas fotografías son: a autoría, a orixe e a licenza. Se vostede é a autora das imaxes por esa parte non vai haber problema porque vostede mesma pode dicidir que licenza lle outorga ás súas imaxes (ollo fotografar algo que teña dereitos de autor non invalida os dereitos orixinais). A licenza determina o uso posterior que se pode facer coas imaxes que cargue. As imaxes compatibles coa Wikipedia son aquelas que permitan obras derivadas e uso comercial, obras derivadas significa que un terceiro poida facer uso desa imaxe facendo unha transformación (por exemplo cortando un parte ou inserindoa como parte dun collage) sempre e cando na obra derivada se recoñeza a autoría e a orixe, en caso contrario sería unha violación da licenza. A imaxe derivada debe licenciarse nas mesmas condicións. Tamén se require que as imaxes cargadas na Wikipedia permitan uso comercial sempre e cando se licencie con posterioridade nas mesmas condicións, iso faise para evitar limitacións e poder espallar o coñecemento libre con maior facilidade.

No momento da carga da imaxe aparece un formulario onde hai que inserir un código que determina a caixa coa información da imaxe (autoría, orixe, data, descrición; o código da caixa está en inglés para facilitar que a imaxe se exporte a outros wikis e a Commons o repositorio multimedia común dos proxectos Wikimedia; na Galipedia a caixa visualízase en galego, en Commons en inglés):


{{Information
|Description=
|Source=
|Date=
|Author=
|Permission=
|other_versions=
}}

Exemplo de código nunha imaxe: ver código Exemplo visual de caixa de información e licenza para a mesma imaxe: Ficheiro:Figuras do pórtico da Catedral de Ourense (1).JPG

Por exemplo para unha imaxe súa:


{{Information
|Description= texto que describe o contido da imaxe
|Source= self made; imaxe propia
|Date= data da fotografía
|Author= [[:gl:Usuario:Rosamf|Rosamf]] na Wikipedia en galego
|Permission= GFDL; Cc-by-sa-2.5-es
|other_versions=
}}

basta con copiar e pegar en cada imaxe a caixa coas súas variacións para ter os datos correctos.

Tamén hai que incluír a licenza iso faise poñendo: {{GFDL}}; {{Cc-by-sa-2.5-es}} (Ver a licenza: GFDL, ver a licenza Cc-by-sa-2.5-es).

Isto significa que se trata dunha licenza dual: GFDL (a licenza da Wikipedia) e Creative Commons versión 2.5 (a licenza GFDL require que se inclúa naqueles sitios web ou publicacións nas que se reproduza o texto da licenza, é un texto longo que en Internet pode enlazarse pero en publicacións en papel fai impracticable reproducir a imaxe por iso é preferible a licenza dual e en pouco tempo vai ser esixible por un cambio de licenza na Wikipedia; por outra banda xa hai a licenza Creative Commons 3 pero aínda non temos adaptado o texto á Galipedia).

En conxunto o código a poñer no formulario de carga de imaxes ao que se accede pola ligazón da columna da esquerda é:


{{Information
|Description= texto que describe o contido da imaxe
|Source= self made; imaxe propia
|Date= data da fotografía
|Author= [[:gl:Usuario:Rosamf|Rosamf]] na Wikipedia en galego
|Permission= GFDL; Cc-by-sa-2.5-es
|other_versions=
}}

{{GFDL}}

{{Cc-by-sa-2.5-es}}

Un cordidal saúdo. --Prevertgl 22:38, 26 xuño 2009 (UTC) Engadido: no caso de que a información inserida no formulario de carga sexa incompleta ou errónea pode modificarse a posteriori incluíndo os datos correctos na páxina de descrición da imaxe. --Prevertgl 22:42, 26 xuño 2009 (UTC)

ImaxesEditar

  • Rosamf, insisto: tes que comentar na páxina de conversa daquel usuario ao que te queiras dirixir, se non non o vemos e polo xeral non acharás resposta ningunha. Ao respecto das fotos, en tanto que sexan da túa autoría non haberá problema se así o indicas na ficha de carga de ficheiros. Para máis información mira as seccións de axuda onde se explican estas cousas ou diríxite a usuarios coma Toliño, Albert galiza ou Xabier Cid, que, até onde eu sei, controlan bastantes destes temas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:43, 26 xuño 2009 (UTC)

Día do Orgullo GaiEditar

Por favor, mira de alongar o artigo, pór referencias, cinguirte ao Día -xornada- en cuestión e non ao concepto, que se cadra precisa doutro artigo, e de comprobar as palabras dubidosas cun corretor ortográfico, dicionarios e outros. Vouche deixar unha ligazón a unha paxiniña que fixen para termos a axuda lingüística máis a man. Preme aquí para botarlle unha ollada. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:36, 28 xuño 2009 (UTC)


Benvido(a) á Galipedia, Rosamf!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

  Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

  Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

  Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.    
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación  Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
  Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Atobar (conversa comigo) 22:41, 20 xuño 2009 (UTC)

RetreteEditar

Rosa, o IrIndo si trae a etimoloxía: cat retret ‘retirado’. Búscao e verás. --Atobar (conversa comigo) 14:28, 1 marzo 2010 (UTC)

Carallo, tamén eu ando de despiste. Acabo de ver que o repuxeches. Perdoa! --Atobar (conversa comigo) 14:29, 1 marzo 2010 (UTC)
Nada, foi culpa miña. E o peor é que xa antes de pór as 'miñas' dúas referencias xa mirara no Ir Indo e non vira a etimoloxía, ou sexa, que por dúas veces non a vin. Ás veces cando estou parva, estou parva!--Rosamf 18:22, 2 marzo 2010 (UTC)

títulos de películas con versión galegaEditar

Prezada Rosa: Bótalle un ollo ao segundo párrafo da introdución deste artigo; Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:09, 3 marzo 2010 (UTC)

  • Vexo, grazas. Concordo entón con que se manteña o título como está. --Rosamf 08:54, 4 marzo 2010 (UTC)

subida de imaxesEditar

Ola Rosa! Alégrame ver que te animas a subir fotos. Se tes calquera dúbida sobre como cargalas, non teñas medo a facer preguntas. Dígoche o proceso que fago eu.

Súboas na propia Galipedia, non en Commons. Vou aos datos dunha das últimas fotos que carguei (por exemplo esta), e copio e pego a caixa de información (o que está entre "resumo" e as categorías), e vou mudando os datos. Despois miro cal é a categoría que máis lle acae, e doulle a licenza. A licenza que adoito usar é a GFDL-propia.

Un saúdo, e parabéns polas túas tarefas! Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:44, 16 de xuño de 2010 (UTC)

    • Graciñas. Son moi inconstante no de colaborar... gustaríame facelo todos os días, pero éme imposíbel. Hei facer así. Só subín unhas poucas (as que tiña máis a man) como proba, así aproveito para ter menos que corrixir. Agora non podo, pero cando teña un anaquiño miro con calma.--Rosamf 16:47, 16 de xuño de 2010 (UTC)
Ola, Rosa! Non esquezas que cando queiras responder unha conversa, tes que facelo na páxina de conversa da persoa á quen te queiras dirixir, para que sexa avisado. Agora decateime de que me respondiches porque ando fedellando nos cambios recentes e vin que editaches aquí, pero é preferible que para dirixirte a alguén o fagas na súa páxina de conversa. Ánimo, non te preocupes polo da constancia que cada quen achega o que pode, e iso é o importante. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16:54, 16 de xuño de 2010 (UTC)

Nados enEditar

Rosa: os usuario Beninho, Xabier Cid e vexo que tamén Paradanta aínda comezaron onte a categorizar segundo a fórmula nados en .... Xa logo, está de máis o de persoeiro de... Se che reina, bótalle unha man, que aí si que hai traballo arreo. Ah, e graciñas por esa información que achegaches en Maañón. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:40, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Atopeino[1]. Bótalle un ollo. --Atobar (conversa comigo) 10:47, 1 de setembro de 2010 (UTC)

CategoríasEditar

Rosa, para as categorías, así. --Atobar (conversa comigo) 10:56, 1 de setembro de 2010 (UTC)

fotosEditar

ola Rosa! Quería darche os parabéns polas fotos que cargaches ultimamente, especialmente a de Carlos Taibo e a de Carlos Meixide. Tamén me gustou a de Pepe Cáccamo (resúltame un autor divertidísimo) e a do pedregal de Irimia, que non coñecía. Ánimo, e a seguir! Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:15, 2 de setembro de 2010 (UTC)

V de VendettaEditar

Ola, Rosa. Dálle adiante sen medo á proposta de facer dous artigos distintos para V de Vendetta, deixando unha páxina de homónimos. Categoricei a imaxe que subiches da pintada, por certo.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de febreiro de 2013 ás 12:36 (UTC)

Ok, xa o fago eu. Alégrame moito ver que retomaches a actividade galipédica ultimamente. Que dure! :) Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de febreiro de 2013 ás 12:40 (UTC)
Xa está feito; respecto á banda deseñada, deixei a ligazón ao título orixinal de V for Vendetta, dado que (creo) non existe tradución ao galego, e a norma é deixar o título orixinal se aínda non se publicou a versión galega. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de febreiro de 2013 ás 12:45 (UTC)

A mandar! :) Cando teñas dúbidas podes contactar comigo na miña páxina de conversa e tentarei axudarche co que poda. Tamén podes preguntar na taberna pero ás veces na taberna as cousas resólvense máis despacio porque non se vixilan tanto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de febreiro de 2013 ás 13:08 (UTC)

toxo en florEditar

Ola, Rosa.

Como saberás, as imaxes están categorizadas en principio segundo dous criterios: que é a foto (imaxes de escritores galegos, imaxes de vehículos, imaxes de igrexas...) e en que lugar foi tomada (imaxes de tal parroquia e tal concello, imaxes da illa de Ons...).

Categoricei a imaxe do toxo galego en flor como Imaxes de flores de Galicia, mais cúmprelle indicar en que lugar foi tomada; podes engadilo, porfi?

Outra cousa: incluín nos datos da imaxe o recadro de información, que é máis cómodo de visualizar. Se non che importa, inclúeo tamén nas próximas imaxes que subas, si?

Algo que adoito facer, na medida do posible, é incluír as coordenadas xeográficas do lugar onde foi tomada a foto; podes ver un exemplo nesta imaxe; para coñecer as coordenadas, adoito usar o Google Earth, pero tamén hai outros programas dispoñibles.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de febreiro de 2013 ás 15:33 (UTC)

Ola, Rosa; non teñas medo a pedir explicacións, que aquí ninguén naceu sabido e todos preguntamos a todas horas. Se tes preguntas concretas sobre algunha cousa avisa, e aos poucos iremos aprendendo como funciona a Galipedia, si? Un saúdo, e ánimo co de seguir fotos, que tes algunhas ben lindas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de marzo de 2013 ás 18:21 (UTC)

Artigo en usoEditar

Boas Rosamf, o artigo Resistência Galega que modificaches ten o marcador En uso, é dicir, outro editor está a traballar nel e para evitar conflitos de edición e deixar que a xente faga as súas edicións non se poden modificar os artigos con esa marca. Se precisas cambiar algo nun artigo que teña ese aviso, o único que tes que facer é poñerte en contacto co editor que está traballando nel e deixarlle un comentario na súa páxina de conversa para coordinar as vosas edicións. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xuño de 2019 ás 14:51 (UTC)

De nada, se precisas axuda con algunha cousa podes contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2019 ás 15:58 (UTC)