I Asemblea de CCOO de Galicia

A I Asemblea Nacional de CCOO de Galicia tivo lugar nun local parroquial de Bastiagueiro (Oleiros, A Coruña) en 1968. O obxectivo era dotar de estrutura o movemento sindical agrupado ao redor das Comisións Obreiras, que eran unha organización que desenvolvía o seu traballo na clandestinidade.

Nesa asemblea foron elixidos os primeiros órganos de dirección: unha coordinadora e un secretariado, do que formaron parte Rafael Pillado e Manuel Amor Deus (dos estaleiros Bazán, en Ferrol); Salvador Pérez (estaleiro Vulcano, en Vigo); Manuel Fernández Andrade (do estaleiro Barreras, en Vigo) e Jaime Mondelo[1].

NotasEditar

  1. Gómez Alén, José (1996). Historia de Comisións Obreiras de Galicia nos seus documentos. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-790-0.