Comisións Obreiras de Galicia

sindicato galego

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (usualmente Comisións Obreiras ou CCOO) é un sindicato galego federado á Confederación Sindical de CCOO. O seu congreso fundacional tivo lugar en Vigo en 1978, dous anos despois da creación da Confederación estatal, e o actual secretario xeral é Ramón Sarmiento.

HistoriaEditar

Artigo principal: Historia da Confederación Sindical de CCOO.

As resolucións da Asemblea de Barcelona (11 de xullo de 1976), na cal se constituíu CCOO no ámbito estatal, deron paso ao congreso constituínte do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, que tivo lugar en xuño de 1977.[1] O metalúrxico Manuel Amor Deus foi elixido primeiro secretario xeral.[2]

Idioma oficial do Sindicato Nacional de CCOOEditar

No congreso constituínte, decidiuse que o idioma oficial da organización é o galego.[2] Desde aquela, nos nove congresos do sindicato sempre hai un artigo que invariabelmente di o seguinte:

O galego é o idioma oficial do S. N. de CCOO de Galicia.[3]

10 de Marzo, Día da Clase Obreira GalegaEditar

Artigo principal: Día da Clase Obreira Galega.

O 10 de marzo de 1972, dous membros da dirección de CCOO en Ferrol que traballaban nos estaleiros de Bazán, Amador Rey e Daniel Niebla, foron asasinados pola policía franquista. O congreso constituínte do Sindicato Nacional de CCOO aprobou instaurar esa data como Día da Clase Obreira Galega. Desde 2006 a efeméride ten rango oficial.

FundaciónsEditar

Do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia dependen as seguintes fundacións:[4]

NotasEditar

  1. "Ramón Sarmiento: «A loita de Ascon hai corenta anos é como a loita de Alcoa hoxe, que precisa do apoio de todo o sindicato»". ccoo.gal. 22 de novembro de 2018. Consultado o 28 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Historia do S.N. de CCOO de Galicia Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 6 de febreiro de 2010.
  3. Estatutos aprobados no 9.º Congreso do S.N. de CCOO de Galicia, páxina 3, artigo 6. Consultado o 6 de febreiro de 2010.
  4. Apartado dedicado ás fundacións na web do S.N. de CCOO de Galicia Arquivado 10 de marzo de 2010 en Wayback Machine.. Consultado o 6 de febreiro de 2010.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar