Xan María Castro

empregado de banca e sindicalista galego

Juan María Castro Paz[1], máis coñecido Xan María Castro, nado en Monelos (A Coruña) o 19 de maio de 1945[2] e finado o 5 de novembro de 2023, foi un empregado de banca e sindicalista galego[3].

Infotaula de personaXan María Castro
Biografía
Nacemento19 de maio de 1945 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempregado de banca , sindicalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militancia na clandestinidade editar

Comezou a súa actividade profesional como empregado do Banco Central[4]. Ao pouco tempo comezou a militar nas Xuventudes Comunistas e tomou contacto co sindicalismo a través das Comisións Obreiras, que naquela época eran clandestinas. En xullo de 1967, mentres estaba a facer o servizo militar en Parga, prendérono por asociación ilícita e propaganda ilegal e estivo preso e foi torturado[5] no castelo de San Filipe e no cárcere da Coruña. Xulgárono en Madrid en xaneiro de 1970, polo Tribunal de Orde Pública.

Detido en diversas ocasións, volveu ao cárcere sen xuízo[5] tras ser detido nas protestas polo Proceso de Burgos. Durante as súas estadías en prisión realizou dúas folgas de fame[2].

O seu paso a militar nas CCOO clandestinas deuse máis tarde, preto da celebración da I Asemblea de CCOO de Galicia, en Bastiagueiro (Oleiros), en 1968. Pouco despois, en 1972, foi detido e multado, e despedido do Banco Central[5]; logo atopou traballo no sector do metal, en ITELSA[4], participada por Telefónica.

Responsabilidades durante a democracia editar

En 1977, o Goberno de Adolfo Suárez legalizou as organizacións sindicais, entre elas Comisións Obreiras (CCOO). En 1978, tras a constitución do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Xan María Castro foi elixido responsable provincial da Coruña[6]. A partir de 1981 pasaría á dirección autonómica do sindicato, coa responsabilidade de secretario de organización[4].

En 2000, no VII Congreso Nacional, foi elixido secretario xeral de CCOO de Galicia. Revalidou esta responsabilidade no VIII Congreso, en 2004, entre protestas do denominado sector crítico[7].

En xaneiro do 2009[8] anunciou que non optaría a un terceiro mandato, e en marzo dese ano, no IX Congreso Nacional, foi substituído polo seu colaborador Xosé Manuel Sánchez Aguión[9].

Desde o ano 2013 foi presidente da Fundación 10 de Marzo[10], a fundación do sindicato, e colaborou con diversas entidades, como a Agrupación Cultural O Facho da Coruña[11]. En outubro de 2023, unhas semanas antes do seu falecemento, rendéuselle unha homenaxe pública[12].


Predecesor:
Suso Díaz Díaz
 Secretario xeral de CCOO de Galicia 
Xan María Castro
2000-2009
Sucesor:
Xosé Manuel Sánchez Aguión

Vida persoal editar

Nos seus últimos anos viviu en Bertamiráns (Ames)[2].

Casou[5] coa mestra Victoria Díaz Cabanela, da que enviuvou en agosto de 2007. Tiveron dous fillos[2].

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. "La candidatura democrática para el Senado, un acierto" (PDF). Diario 16 / Archivo Linz de la Transición Española. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02-06-2021. Consultado o 2-6-2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 P. Vilar, Mónica (2023-01-05). "Xan María Castro, ex secretario xeral de Comisións Obreiras: «Os sindicatos tamén teñen que mudar»". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-11-05. 
  3. "Cumpleaños 19-05-2021". El Correo Gallego. Consultado o 2-6-2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "CC.OO. galardoa a Xan María Castro, Paz Pena e Alvarez Corbacho co 'Premio 10 de Marzo'". El Correo Gallego. Consultado o 2-6-2021. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Castro, Xan María. "2021 Decembro Texto de Xan María Castro no acto de homenaxe na Coruña a Josefa Paz e Antonio Otero". YouTube. Consultado o 2023-11-05. 
  6. "Entrevista Xan María Castro" (PDF). Escola de Relacións Laborais da Coruña. Consultado o 2-6-2020. 
  7. "Xan María Castro, reelegido secretario de CC. OO. en medio de la polémica". La Voz de Galicia. Consultado o 2-6-2021. 
  8. "Aguión se perfila como sustituto de Xan Mª Castro al frente de CCOO en Galicia". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2-6-2021. 
  9. "Sánchez Aguión será el nuevo líder de CCOO en Galicia". El Correo Gallego. Consultado o 2-6-2021. 
  10. "Xan María Castro, novo presidente da Fundación 10 de Marzo". CCOO. Arquivado dende o orixinal o 02-06-2021. Consultado o 2-6-2021. 
  11. "Xan María Castro: "Hai presións moi grandes contra a sanidade pública" antonio hernández". El Correo Gallego. Consultado o 2-6-2021. 
  12. V, R. (2023-11-05). "Muere Xan María Castro, ex-secretario xeral de CCOO en Galicia". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-11-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar