Fundación 10 de Marzo

A Fundación 10 de Marzo foi promovida polo sindicato CCOO de Galicia no ano 1991 ao abeiro da Lei de Fundacións de Interese Galego [1]. O nome fai referencia aos sucesos do 10 de marzo de 1972, os cales son lembrados anualmente co gallo do Día da Clase Obreira Galega. Debido á súa orixe, o estudo do movemento obreiro galego forma parte dos obxectivos principais desta institución. O seu actual presidente é Xan María Castro Paz [2], ex-secretario xeral de CCOO de Galicia.

NotasEditar

  1. "Fundación 10 de Marzo". Fundación 10 de Marzo. Consultado o 2017-01-26. 
  2. "Fundación 10 de Marzo". Fundación 10 de Marzo. Consultado o 2017-01-26. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar