Ramón Sarmiento
Ramón Sarmiento Solla, nado en Baiona en 1973[1], é un sindicalista e político galego, secretario xeral de Comisións Obreiras en Galicia entre maio de 2017 e maio de 2021.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1973 ![]() Baiona, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político ![]() |
Partido político | Sumar ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarAos 20 anos comezou a traballar nos estaleiros vigueses Barreras e dous anos máis tarde xa formaba parte do comité de empresa. Afiliado a Comisións Obreiras desde o ano 1997[2], no ano 2004 incorporouse ao organigrama sindical, exercendo de responsable do sector naval. Catro anos despois foi elixido secretario comarcal do metal e en 2009, secretario comarcal de industria, cargo revalidado tres anos despois. Así mesmo, nos últimos catro anos foi o responsable estatal do sector naval.[3]
Desde o congreso comarcal do 2012, compatibilizou as súas responsabilidades sectoriais coa pertenza á Comisión Executiva de CCOO de Vigo, amais de ser un dos representantes da Federación de Industria no Consello Nacional de CCOO de Galicia. A finais do 2016, despois de que Xosé Manuel Sánchez Aguión lle comunicase ao Consello Nacional que non se presentaría a un terceiro mandato, Ramón Sarmiento anunciou a súa intención de converterse en candidato á Secretaría Xeral no XI Congreso (maio de 2017), o que conseguiría co apoio do 82,55 % dos votos.[4]
O 20 de maio de 2021, na apertura do XII Congreso Nacional do sindicato, anunciou que non presentaría a súa candidatura para repetir como secretario xeral.[5]
Notas
editar- ↑ "CCOO acometerá no seu 11.º Congreso Nacional unha «profunda renovación» de persoas e do traballo sindical". CCOO. Consultado o 2 de febreiro de 2022.[Ligazón morta]
- ↑ "Ramón Sarmiento deja vía libre a Amelia Pérez al frente de CCOO Galicia". El Correo Gallego. Consultado o 28-5-2021.
- ↑ "Amelia Pérez disputará la dirección gallega de CCOO a Ramón Sarmiento". Faro de Vigo. Consultado o 26-5-2021.
- ↑ "Ramón Sarmiento é elixido novo secretario xeral de CCOO". CCOO Galicia. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-02.
- ↑ "Amelia Pérez, primera mujer al frente de CC.OO. en Galicia". La Vanguardia. Arquivado dende o orixinal o 02-06-2021. Consultado o 2-6-2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón Sarmiento |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: Xosé Manuel Sánchez Aguión |
Secretario xeral de CCOO de Galicia Ramón Sarmiento 2017-2021 |
Sucesor: Amelia Pérez Álvarez |