Meli Pérez
Amelia Pérez Álvarez, máis coñecida como Meli Pérez, nada en Moaña en 1970, é unha sindicalista galega, secretaria xeral de Comisións Obreiras de Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Moaña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Membro de |
Traxectoria
editarDiplomada en turismo, traballou na cadea Zara[1], na tenda que Inditex ten no centro comercial Camelias de Vigo. Alí converteuse en delegada sindical en 1999, xa como sindicalista de Comisións Obreiras[1][2]. En 2012 foi elixida na secretaria comarcal de Comisións Obreiras en Vigo, a primeira muller e a primeira que non era unha traballadora vinculada aos sectores do metal[1] (automóbiles e estaleiros). Revalidou o seu cargo en 2017, pero en 2021 renunciou a seguir e substituíuna Montserrat Carrera[3].
Foi elixida o 21 de maio[4] de 2021 secretaria xeral de Comisións Obreiras de Galicia, en substitución de Ramón Sarmiento, tamén da comarca viguesa, pero empregado do estaleiro Barreras[1]. A elección produciuse no XII Congreso da entidade, celebrado en Santiago de Compostela. Nesa cita electoral impúxose co 64,24 % dos votos,[4] e foi a única candidatura.
Predecesor: Ramón Sarmiento |
Secretaria xeral de CCOO de Galicia Amelia Pérez Álvarez 2021 |
Sucesor: no cargo |
Vida persoal
editarVive en Moaña. Ten un fillo nado en 2013 que se chama Brais. [5].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Amelia Pérez se convierte en la primera mujer que llevará las riendas de CC.OO. en Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-05-21. Consultado o 2021-05-22.
- ↑ Atlántico (2021-05-22). "Amelia Pérez: “Liderar Comisiones Obreras en Galicia es un hito”". Atlántico (en castelán). Consultado o 2021-05-22.
- ↑ Galicia, Economía en. "Amelia Pérez, nova secretaria xeral de Comisións Obreiras en Galicia". Economía en Galicia (en castelán). Consultado o 2021-05-22.
- ↑ 4,0 4,1 "Amelia Pérez, nova secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia". CCOO. Arquivado dende o orixinal o 22-05-2021. Consultado o 28-5-2021.
- ↑ "«Hai que ser pelexona e persistente»". La Voz de Galicia. 2021-05-29. Consultado o 2021-05-29.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web de CCOO de Galiza Arquivado 05 de xuño de 2021 en Wayback Machine.