Ola, son Rosa, e creo que xa vou coñecendo algo máis sobre como funciona a Galipedia.

2013Editar

Non cumprín os meus bos desexos para 2010 nin no 2010, nin no 11 nin no 12. A ver se o ano 13 é mellor. Polo momento, creado un artigo novo e revisada a miña lista de vixilancia :)

Bos desexos para 2010 =Editar

Para este ano 2010 gustaríame colaborar con artigos sobre:

- Animais

- Historia de Galiza

- Persoeiros de Galiza

- Banda deseñada

- Música e grupos galegos

- Lingua e literatura galegas

- Movementos sociais

Conseguirei colaborar en polo menos dez artigos desta temática en cada trimestre do ano?

Febreiro 2010Editar

Polo que estiven vendo, son incapaz de fixarme obxectivos. A Wikipedia é algo adictivo, e salto duns artigos a outros sen importar a temática.... a culpa é das ligazóns en cor vermella que aparecen ao acabar de editar. Artigo inexistente? E quen se resiste a crealo?

Marzo 2010Editar

Definitivamente son incapaz de cumprir os bos propósitos, ou polo menos de maneira ordenada. Salto casualmente dunha temática para outra e pim-pam-pum-dentro. Que caos. Pero é parte do encanto do formato wiki... como xa dixera, a culpa é das ligazóns en cor vermella. Outras veces éo dun pronome mal colocado, dunha vírgula a destempo, dun capricho do destino. Veremos.


Xuño 2010Editar

Posibelmente complete artigos con imaxes da miña autoría. Non estou moi segura das licenzas a usar para traballos propios, así que sigo as opcións "recomended" na Wikimedia.

Setembro 2010Editar

Traballar algo o meu Boimorto natal.