Mosteiros e conventos de Galicia

artigo de listas da Wikimedia

Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias.

Sitúa tódalas coordenadas usando OSM
Descargar coordenadas como: KML · GPX
Sala capitular ou "das palmeiras" do Mosteiro de Santa María de Oseira, o cumio da arquitectura monacal galega

Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións:

  • Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal, o que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio.
  • Fundación: data, o máis aproximada posible, da primeira fundación, deixando ben sabido que moitos cenobios, sobre todo os máis antigos, cambiaron de orde titular, de status, foron abandonados e de novo ocupados etc.
  • Estilo: case tódolos mosteiros e conventos, sobre todo os de historia máis longa e de economía máis próspera, pasaron por transformacións e ampliacións, en distintas épocas e con distintos estilos. Na táboa consígnase o estilo ou estilos dominantes na construción tal como se conserva na actualidade. A maior parte dos casos en que se dá como estilo o románico, fálase de edificios románicos con engadidos ou transformacións posteriores.

A Coruña

editar

 

MOSTEIROS E CONVENTOS DA PROVINCIA DA CORUÑA

A capitalidade relixiosa de Santiago de Compostela e a comarca de Betanzos e do Eume, principais focos de atracción do monacato na provincia. Tamén chama a atención a relativa densidade de mosteiros na Costa da Morte.

Tres zonas destacan neste mapa: A Mariña, herdeira da vella diocese de Britonia; os mosteiros do Camiño; e, por enriba de todas, a Ribeira Sacra. Pola contra, chama a atención a ausencia de conventos na Terra Chá.

Ourense

editar

En Ourense, os mosteiros concéntrase na zona da ribeira do Sil, que mereceu o nome da Ribeira Sacra ou da Tebaida galega, na Comarca do Ribeiro e nas terras de Celanova.

Pontevedra

editar

Pontevedra é a provincia con menor densidade de mosteiros de toda Galicia. É un monacato urbano onde destaca a concentración de mosteiros arredor das dúas cidades historicamente máis importantes: Pontevedra e Tui. Tamén destaca a forte presenza monacal na Comarca do Salnés, o que lembra a histórica relación entre os monxes bieitos e o cultivo do Albariño.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar