Paradela
Coordenadas: 42°45′56.11″N 7°34′3.62″O / 42.7655861, -7.5676722
Paradela é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria, que forma parte da Ribeira Sacra. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 1.851 habitantes (2.307 no 2006, 2.367 no 2005, 2.408 no 2004, 2.463 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «paradelense».
Paradela | |
---|---|
![]() Río Miño ó seu paso por Paradela. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | paradelense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Sarria |
Poboación | 1.723 hab. (2021)[2][3] |
Área | 121,12 km²[3] |
Densidade | 14,23 hab./km² |
Entidades de poboación | 18 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | José Manuel Mato Díaz (PPdG [6]) |
Concelleiros | PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 3 |
Eleccións municipais en Paradela | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 92,36% |
Na rede | |
www.paradela.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo Total | 1.851 (2017) |
Menores de 15 anos | 97 (5.24 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.027 (55.48 %) |
Maiores de 65 anos | 727 (39.28 %) |

XeografíaEditar
Paradela sitúase no suroeste da provincia de Lugo, entre o val do río Miño e a depresión de Sarria. Limita ao norte co Páramo, ao sur con Bóveda e O Saviñao, ao leste con Sarria e O Incio, e ao oeste con Taboada e Portomarín. Ten uns 121,12 km²,[8] repartidos en 18 parroquias.
Polo oeste pasa o río Miño, e atravesando a parte norte está o río Loio. O punto máis alto é Pena Ventureira (838 m), sendo a altitude media do concello de 600 m.
HeráldicaEditar
O concello de Paradela aprobou o 16 de abril de 1986 o proxecto de Estudo Heráldico e Estandarte para o Concello redactado por Vicente Cárdenas y Vicent, sendo aprobado definitivamente pola Xunta de Galicia o 16 de outubro do mesmo ano.
No escudo aparece a mitra, representando o mosteiro de Santa María de Loio, que aparece nomeado na Bula aprobatoria da Constitución canónica da Orde de Santiago, expedida polo Papa Alexandre III.
A campá representa a de San Miguel, á que sempre se lle atribuíu unha axuda milagreira nos partos dificultosos.
A grande Cruz de Santiago, no centro, lembra o paso do camiño francés a Santiago de Compostela polo concello, onde houbo importantes hospitais de peregrinos, así como unhas das primeiras posesións e casas matrices da Orde.
Os dous castiñeiros representan a destacada riqueza forestal de Paradela.
PatrimonioEditar
No concello sitúanse o mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (século XIII), o mosteiro de Santa María de Castro de Rei e o mosteiro de Santa María de Loio.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Paradela.
Lugares de ParadelaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Paradela vexa: Lugares de Paradela.
ParroquiasEditar
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2021) "Paradela".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.Este produto emprega a API de datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), pero non está certificado ou aprobado polo IGE.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia (Escribir o nome do concello e premer en Buscar)
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Paradela". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "Superficie". IGE. 27-01-2020. Consultado o 26-04-2021.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paradela |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |