Barán, Paradela
parroquia civil do concello de Paradela
San Pedro de Barán é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 129 habitantes, deles 64 eran homes e 65 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006. En 2021 tiña 114 habitantes segundo o INE.
Barán | |
---|---|
Igrexa de Barán | |
Concello | Paradela[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°44′59″N 7°31′36″O / 42.7497, -7.5266 |
Poboación | 107 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarO Castro de Barán, onde se atoparon valiosos restos en 1930.
A igrexa parroquial de San Pedro de Barán é barroca do século XVIII. No lintel aparece a data de 1786. O retablo maior é do século XVI. A nave é a dúas augas, con entaboado abovedado; o frontispicio esvelto, porta alintelada, ventanal cadrado, espadana a dous vans protexidos por balaustrada de granito e acripterios elegantes. Ten unha pía bautismal con gallóns oblicuos.
Lugares e parroquias
editarLugares de Barán
editarLugares da parroquia de Barán no concello de Paradela (Lugo) | |
---|---|