Abrir o menú principal

Paradela, Paradela

San Miguel de Paradela é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 285 habitantes, deles 132 eran homes e 153 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Paradela
SMiguelParadelaVista.jpg
Igrexa de San Miguel de Randulfe.
ConcelloParadela
Poboación231 hab. (2017)
Entidades de poboación8

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial de San Miguel de Paradela é un templo románico que conta cunha artística pia bautismal do século XVIXVII. Preto da igrexa atópase un cruceiro composto por un capitel de follas e volutas e un fuste monolítico decorado con motivos da Paixón de Cristo.

Na capitalidade do concello existe un paseo que acompaña o regato Ruxidoira, que o leva ata un conxunto etnográfico formado por unha fervenza e un muíño.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar