Francos, Paradela
parroquia civil do concello de Paradela
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Francos.
Santa María de Francos é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 40 habitantes, deles 21 eran homes e 19 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006. En 2021 tiña 28 habitantes segundo o INE.
Francos | |
---|---|
Concello | Paradela[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°46′39″N 7°33′22″O / 42.77746, -7.55603 |
Poboación | 27 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarSegundo Nicandro Ares de Francos di J.M. Piel que ten un dobre significado, o de individuos procedentes da Francia ou o de homes libres, alén de descendentes dun home chamado Franco.[2]
Patrimonio
editarConsérvanse vestixios dun castro. A igrexa parroquial de Santa María de Francos é barroca; posiblemente foi cemiterio de personaxes francesas que camiñaban a Santiago.
Lugares e parroquias
editarLugares de Francos
editarLugares da parroquia de Francos no concello de Paradela (Lugo) | |
---|---|
Ferrería | Francos | Guimarás | Outeiro de Pena | As Rozas |
Parroquias de Paradela
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2011). Estudios de toponimia galega, tomo I. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-83-0.