Río Loio
O río Loio é un río galego afluente do Miño, que transcorre por terras de Portomarín e Paradela, en Lugo. Trátase dun curso de auga que avanza paralelamente ao Camiño de Santiago e está situado nas inmediacións dun importante conxunto paisaxístico e arquitectónico, con lugares de referencia como a capela de Portocarneiro ou o Santa María de Loio. Morre no encoro de Belesar. Ten varios saltos de auga, o maior deles de oito metros de altura.[1]
Río Loio | |
---|---|
![]() O leito do río Loio antes de converxer coas augas do encoro de Belesar. | |
País | ![]() |
rexión | ![]() |
Conca | Río Miño |
Desembocadura | encoro de Belesar |
![]() | |
Conca do río Miño no territorio galego | |
En 2012 a asociación ecoloxista ADEGA denunciou a intención de abrir tres minicentrais no seu curso[2].
NotasEditar
- ↑ "Ruta: fervenzas da Ruxidoira (río Loio)". www.adelaleiro.com. Consultado o 2021-04-03.
- ↑ "Nova relacionada en EL Correo Gallego". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 14 de marzo de 2012.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |