Mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro

edificio relixioso en Montecubeiro, Castroverde

O mosteiro de San Cibrao é un mosteiro medieval situado na parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde.

Mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro
Mosteiro de San Cibrao
PaísEspaña
LocalizaciónMontecubeiro (Castroverde)
Coordenadas43°05′07″N 7°19′36″O / 43.08527778, -7.32666667Coordenadas: 43°05′07″N 7°19′36″O / 43.08527778, -7.32666667
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Ten orixe nos séculos XII-XIII e pertenceu á orde de San Bieito. A finais do século XV incorporouse ó convento de San Domingos de Lugo.

Estaba formado polo templo, o claustro e as dependencias dos monxes. O claustro está en ruínas. Na porta do patio exterior consérvase un chamador de ferro, cun martelo en forma de can e a cruz dominica. A igrexa foi reconstruída no ano 1787, cunha ampla nave con teito de madeira a dúas augas, e unha sala frontal no que se conserva unha primitiva pía bautismal. No interior hai un retablo con columnas salomónicas, e outros tres retablos laterais.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar