Igrexa de San Miguel de Eiré

construción relixiosa en Eiré, Pantón

A Igrexa de San Miguel de Eiré, tamén chamado Mosteiro de Eiré, é unha igrexa románica de orixe monástica e un dos mellores exemplos conservados en Galicia de arquitectura románica. Está situada no lugar do Mosteiro na parroquia de Eiré, no concello lucense de Pantón.

Igrexa de San Miguel de Eiré
Eiré 1.jpg
Vista do conxunto.
Datos xerais
TipoIgrexa parroquial
AdvocaciónVirxen María
LocalizaciónPantón, Lugo, Galicia
Coordenadas42°31′06″N 7°38′53″O / 42.518288, -7.648131Coordenadas: 42°31′06″N 7°38′53″O / 42.518288, -7.648131
Culto
CultoCatólico
DioceseLugo
Arquitectura
Construciónséculo XVI
Estilorománico
editar datos en Wikidata ]
Pinturas do interior.

HistoriaEditar

Adoitase situar a súa fundación como mosteiro de monxas de San Bieito nos primeiros anos do século XII, e da primeira metade deste século data a igrexa. Porén conserva elementos arquitectónicos anteriores que puideron ser reaproveitados de anteriores construcións.

Respecto a esta igrexa existen numerosas lendas. Unha delas é sobre o motivo do seu abandono por parte das monxas que o habitaban, existen unha historia entre as xentes do lugar onde atópase que conta que a igrexa de San Miguel de Eiré foi invadida por formigas e por este motivo tiveron que deixar a igrexa. Outra lenda sobre este templo pantonés é sobre a onde foron as monxas trala invasións do mosteiro por formigas. E conta que tras irse de alí foron a veciña aldea de Pedragude, monte arriba, onde as tristes relixiosas observaban o seu templo dende o penedo alcumado "A Pena da Monxa".

DescriciónEditar

De nave única cuberta con teito de madeira agás o cruceiro que se cobre con bóveda. Na cabeceira a ábsida semicircular decórase con catro columnas acaroadas con capiteis con cabezas de serpes. No interior o acceso á cabeceira faise a través dun arco triunfal triplo. Nesta cabeceira consérvanse pinturas murais do século XVI. A porta norte decórase cun Agnus Dei con cruz e unhas xambas con curiosa decoración de follas que rematan en cabezas humanas.

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar