Igrexa de San Salvador de Vilar de Donas

igrexa parroquial de Vilar de Donas, no concello de Palas de Rei
(Redirixido desde "Igrexa de Vilar de Donas")

Coordenadas: 42°53′33″N 07°48′34″O / 42.89250, -7.80944

Igrexa de Vilar de Donas.
Portada da igrexa.

A igrexa de San Salvador de Vilar de Donas é a igrexa parroquial de Vilar de Donas, parroquia do concello lugués de Palas de Rei, polo que transita o Camiño Francés a Santiago. Foi declarado Monumento Histórico Artístico no ano 1931.[1]

Orixinariamente foi unha igrexa monástica. A fundación do mosteiro atribúeo a tradición a unhas donas (representadas nas pinturas góticas da capela maior), co que se explicaría o topónimo. En realidade, o seu fundador foi Arias Pérez de Monterroso, a mediados do século XII.

DescriciónEditar

ExteriorEditar

É de planta de cruz latina, e na cabeceira tres ábsidas semicirculares. A portada principal adórnase con arcos de medio punto con axadrezados (datados cara ao ano 1230). A portada enmárcase entre contrafortes e un beirado con arquiños sostidos por canzorros. Na cornixa consérvanse tres imaxes: unha Virxe gótica co Neno, un San Miguel e un San Bartolomeu. Son de destacar as ferraxes das portas, conformando parellas de barras en forma de C rematadas en palmas coetáneas do edificio.

InteriorEditar

 
Interior da Igrexa.

A nave principal cóbrese con tellado de madeira a dúas augas, igual que o brazo norte do cruceiro, o brazo sur cóbrese con bóveda de canón rebaixado e o cruceiro cóbrese con bóveda de crucería cuadripartita.

Accédese á capela maior a través dun triplo arco. Esta decórase con pinturas góticas de tempos do rei Xoán II. No brazo norte do cruceiro destaca un baldaquino en pedra e un retablo tamén en pedra que representa a Misa de San Gregorio.

No interior atópanse os sepulcros de Fernán Ares Noguerol, de 1378, o de Santiago Pérez de Ulloa, cabaleiro da Orde de Santiago falecido no ano 1410

Galería de imaxesEditar

Panorámica da igrexa 
Ábsidas da igrexa 
Vista xeral 
Sepulcro 
Pezas do antigo mosteiro expostas no interior 
Retablo en granito branco 
Porta medieval 
Detalle das pinturas 

NotasEditar

  1. Decreto de 3 de xuño de 1931. Gaceta de Madrid, do 4.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar